O PSOE móstrase crítico co anuncio da peatonalización
do centro do casco urbano estradense. Para Luis López Bueno trátase dun
anuncio “precipitado” e destaca que “agora mesmo non hai ningún proxecto
sobre a mesa nin informes técnicos que determinen cales van a ser as
consecuencias concretas para a mobilidade e para o comercio”.
O voceiro socialista cualifica de “tiranía” a situación que viven os veciños e
veciñas, sobre o que valora “que esta actuación ten a base na decisión
dunha persoa que se pensa que el é A Estrada”. Considera “intolerable” que
o rexedor “mentira” cando afirmou que se farían enquisas para pulsar o
sentir dos veciños e veciñas. Como tantas outras veces toma unha decisión
“a traizón”, porque se comprometera a consultar aos veciños e veciñas pero
finalmente “di unha cousa e fai a contraria”.
López Bueno tira de hemeroteca para retratar os “bandazos” do alcalde: “en
2014 estableceuse unha zona azul para favorecer o movemento dos
vehículos nas rúas interiores do casco urbano. O argumento que esgrimía o
goberno era que o comercio sairía beneficiado da rotación no
estacionamento. Resulta que agora o alcalde pensa que ao comercio lle
convén pechar a cal e canto o centro da vila. É un absoluto despropósito.
López Campos non ten ningún plan para o futuro da vila e corre cara
adiante coma un polo sen cabeza”.
López Bueno tamén destaca que durante a campaña electoral, López
Campos dicía que a peatonalización era imposible mentres non estivera lista
a variante e pregúntase “que pasou agora? Por que non se presentou á
alcaldía con isto no programa electoral?” mentres tacha ao alcalde de
“cobarde” ao declinar unha votación de todos os veciños e veciñas: “tenlle
medo ás urnas”, sentencia o socialista.
O líder socialista pon en tela de xuízo os beneficios que poida ter para a
vida na Estrada “a rúa Calvo Sotelo é ancha e non hai problemas de
convivencia entre os peóns e os vehículos. Ademais os veciños e veciñas
que residen na vila xa mercan sen utilizar os coches” e céntrase na
situación que van a padecer os veciños do rural: “os aparcamentos
disuasorios fan unha labor de desconxestión que non se pode deixar de
lado, pero tanto ten que ao alcalde lle pareza que as zonas de aparcamento
estean preto da zona comercial, a quen llo ten que parecer é aos veciños
que van a mercar na vila”.
Anunciaron tamén que solicitarán un informe económico que determine o
impacto que pode traer este proxecto para o comercio local, e tamén
estudarán os informes que se acheguen segundo avance o procedemento.
López Bueno tamén remarca que o proxecto de peatonalización “irá
acompañado doutra obra de grande orzamento” mentres que o rural está
“completamente abandonado” pola política de “investimento cero” nas
parroquias. “É unha tomadura de pelo” opina López Bueno, que considera
que o PP mira tan só pola vila mentres as parroquias “viven no terceiro
mundo”.
LÓPEZ BUENO CARGA CONTRA A “DECISIÓN UNILATERAL” DE PEATONALIZAR O CENTRO DA VILA
O FÚTBOL AMATER POR PRIMEIRA VEZ NA HISTORIA XUNTO REVELASE A COMPETIR
Sr. Rafael Louzán Abal
Presidente da Federación Galega de Fútbol.
Santiago de Compostela a 20 de Setembro de 2020
A relación dos 56 equipos que abaixo se citan representamos o 62,22% dos clubes de 1ª,
2ª e 3ª rexional da Subdelegación de Santiago e, aínda que, de seguro esta porcentaxe se
pode extrapolar a calquera das subdelegacións da FGF, por medio do presente escrito,
queremos facerlle chegar a nosa posición respecto á proposta da FGF de comezar as
ligas rexionais o vindeiro 1 de novembro, permitir adestramentos con contacto dende
outubro e sobre a viabilidade dun posible protocolo de actuación debido á COVID-19.
1.- Co actual estado da pandemia (máis de 4.000 infectados en Galicia, levamos case un
mes practicamente con algunha morte diaria, seguen incrementándose as persoas
ingresadas nas UCI e os hospitalizados, etc) e sen tan sequera ter rematado o verán,
consideramos unha irresponsabilidade comezar as ligas de fútbol rexional (non
profesional) en novembro, e adestramentos con contacto en outubro, sen saber como se
vai a comportar o virus na época de frío coincidindo con outras enfermidades como a
gripe, por exemplo.
Se non se autorizou o deporte de contacto no mes de xuño, cando apenas había
contaxios e tiñamos todo o verán por diante. Que sentido ten autorizar o deporte de
contacto nas portas do inverno cando nos atopamos nun situación epidemiolóxica
moitísimo peor e, tendo en conta que asociacións coma a “Sociedad Española de
Medicina Deportiva” consideran que non debe haber deporte de contacto nestos
momentos.
2.- Somos clubes de fútbol afeccionado, non somos profesionais, e polo tanto non
supoñemos unha actividade económica. Ningún dos xogadores das ligas rexionais
dependen economicamente do fútbol. Todo o contrario, o fútbol é unha afición, un
hobbie, estes xogadores dependen de outros traballos (en empresas que son necesarias
para a recuperación económica) ou son estudantes. Na maior parte dos supostos, o
fútbol supón máis gastos e sacrificios que ingresos ou beneficios.
Polo tanto cremos que non ten sentido comezar unhas ligas que non aportan
economicamente nada mentres no país temos unha serie de actividades económicas con
bastantes restricións e outras, coma o ocio nocturno, verbenas, etc continúan pechados.
3.- Os clubes consideramos inasumible tanto por parte dos directivos coma dos
xogadores asumir o risco de contaxiar a terceiras persoas. Moitos deles conviven cos
avós, pais, persoas de risco, etc. Cre vostede dende a FGF que é necesario que estas
persoas se expoñan ao contaxio?
Dende as directivas dos clubes non queremos vivir co cargo de conciencia de que algún
dos nosos xogadores poida perder a súa propia vida ou a un ser querido por xogar nunha
liga rexional, ou poida perder o seu posto de traballo por verse sometido a unha ou
varias corentenas durante a tempada de fútbol.
4.- No protocolo vanse a incluír unha serie de condicionantes e requisitos no uso dos
vestiarios. Tal e como están a maioría das instalacións deportivas, os clubes nos
veríamos na obriga de non poder utilizar os vestiarios, pola imposibilidade de cumprir a
distancia de seguridade entre os xogadores mentres se cambian ou mentres os
adestradores dan as indicacións.
Isto conleva a que, en pleno inverno, con choiva, con temperaturas baixas, os xogadores
teñan que ir de volta nos coches para a casa sen ducharse nin cambiarse, con
desprazamentos de preto dunha hora. Con esta medida o único que estamos é pondo en
risco a saúde dos nosos xogadores, posto que o feito de non poder ducharse no campo
despois dunha actividade física intensa vai favorecer que haxa máis casos de resfriados,
febres e gripes. En consecuencia, máis síntomas compatibles coa COVID-19, polo tanto
máis corentenas e máis PCRs, cun sobrecuste económico e social innecesario.
5.- A FGF que vostede preside preténdenos vender o argumento que se non hai liga
rexional esta tempada, os clubes desaparecemos. Non é certo, é todo o contrario. Se esta
tempada non xogamos, os clubes apenas imos a ter costes, polo tanto non habería
ningunha razón para que desaparezamos.
Sen embargo, se temos que vernos inmersos nunha competición ligueira, imos ter os
mesmos costes de tódolos anos, os sobrecostes por mor da COVID-19 e moitos menos
ingresos. Non imos poder vender practicamente entradas, non imos poder explotar a
cantina, debido a crise, vai ser máis difícil conseguir socios ou buscar patrocinadores,
moitos clubes realizaban actividades en festas ou verbenas que agora non poden levar a
cabo, etc
En definitiva, competir este ano SÍ pode ser a ruina de moitos clubes.
6.- Non ten sentido o fútbol rexional a porta pechada ou con aforos limitados. Segundo
o protocolo tódolos aficionados que asistan ao campo teñen que estar sentados e con
distanciamento de 1,5 metros. Vostede coñece os campos destas categorías e as
dimensións das gradas (cando as hai) pero, nun día de choiva, a cuberto, apenas
collerían 10 persoas. En realidade cre vostede que todo isto é necesario?
7.- A FGF non pode descargar a responsabilidade dun posible brote nun encontro de
fútbol rexional na figura do chamado ‘’responsable de protocolo e hixiene’’ que será o
responsable último de que se cumpran os protocolos, distanciamento, aforo, uso de
máscaras, desinfección, etc. Como ben dixemos antes, estes clubes son totalmente sen
ánimo de lucro e, por tanto, consideramos que non é de recibo que toda esa gran
responsabilidade recaia sobre ningún membro do clube, se non que tiña que recaer na
propia FGF que é a que nos OBRIGADES a xogar baixo ameaza de descenso de
categoría.
8.- Non pode ser, que nos pretendan cargar os costes dos test serolóxicos para tódolos
xogadores, adestradores e delegado, porque a FGF non está disposta a asumir este custe.
Nos ofreceron a posibilidade da realización dun test rápido ao inicio da competición e a
partir dese momento todos os contactos estreitos sen máscara, durante os adestramentos
e partidos, non van ter ningún tipo de control sanitario salvo que aparezan síntomas
compatibles coa COVID-19. Se no protocolo se obriga á realización dos test, a 60€ o
test, supón uns 2.000€ para cada clube cada vez que se repitan as probas. Eu non sei se
vostede señor Louzán sabe que o orzamento medio dun clube de 2ª e 3ª rexional pode
rondar entre os 10.000 €e 15.000 € anuais. É dicir, queren que gastemos nos test entre
un 20% e un 13% do noso orzamento, sen contar que os gastos federativos se manteñen
igual, e os ingresos vanse ver moi limitados.
Tampouco está aclarado aínda a quen se lle vai a imputar o coste da instalación da
cámara con sensor de temperatura. De ser a cargo dos clubes, estaríamos a falar de máis
de gastos. INVIABLE.
Por outra banda, a FGF tampouco nos dá ningunha garantía de que nos vaian a devolver
a parte non consumida da prima da mutualidade desta tempada (tal como aconteceu o
ano pasado no que non se disputou aproximadamente o 25% da competición sen que
nos devolveran un só euro), no suposto máis que probable de ter que suspender a
competición.
9.- Nos parece unha irresponsabilidade que se permita que todas as semanas, en cada
partido de fútbol, se xunten 22 persoas como mínimo, que non son da mesma unidade
de convivencia para realizar un deporte de contacto ao aire libre e baixo as inclemencias
meteorolóxicas. Estas persoas, como dixemos antes, non van a ter ningún control
sanitario salvo que teñan síntomas, o que significa que podemos estar espallando a
COVID-19 porque non se fai ningún seguimento e as autoridades sanitarias son
coñecedoras que un dos maiores vectores de transmisión neste momento son os
enfermos asintomáticos. Seríamos cómplices e partícipes da propagación da pandemia
polo interese puramente económico da FGF de activar as competicións de fútbol a
calquera custe.
10.- Recoméndase o uso de máscaras, pero neste deporte é imposible xogar con elas,
porque se ve reducida a capacidade respiratoria, móllanse polo suor ou a choiva, e como
se trata dun deporte de contacto en calquera momento pode ser desprazada, arrincada…
E xogar sen elas é romper con todas as recomendacións sanitarias que existen en
calquera outro eido neste nova normalidade que nos toca vivir.
11.- Nos parece intolerable que, de disputarse as Ligas Rexionais, se un partido non se
pode disputar por ter xogadores COVID positivos, ou porque un determinado municipio
ten as instalacións pechadas, se lle poida dar o partido por perdido ao ‘’causante’’. Polo
tanto, entendemos que nos atoparíamos ante unha competición totalmente adulterada.
Xa que mentres un equipo teña os xogadores en corentena quince días, ademais de
perder dous partidos consecutivos 3-0, non vai poder adestrar, e mentres, que os demais
equipos si o van a facer.
Por todo o anteriormente exposto, rexeitamos o comezo da competición ata que as
condicións sanitarias sexan as óptimas, os nosos xogadores e directivos non corran
riscos de contaxio, e os cubles non se vexan perxudicados polas aplicacións dos
protocolos. Con isto non nos negamos a que haxa tempada, posto que o que todos
queremos é xogar, pero non nestas condicións. No caso en que as condicións cambien
en xaneiro, febreiro, marzo ou cando sexa, estaríamos dispostos a valorar comezar a
competición pero, os clubes somos conscientes que comezar a competición neste
momento pode traer máis perxuicios que benefecios para toda a sociedade e para a
evolución da pandemia.
Así pois, rogamos que se aplique o sentido común, se lle dea prioridade á saúde da
xente, á economía e que os centros educativos se poidan desenrolar con normalidade.
Non tiremos co traballo e sacrificio feito dende o 14 de marzo, teñamos un pouco de
consideración co persoal sanitario que segue ao pé do canón combatendo o virus
mentres que outros pensan en xogar ao fútbol.
O FÚTBOL REXIONAL PODE AGARDAR UN ANO MÁIS, A SAÚDE NON
NOTA: Para a presentación deste escrito consultouse a tódolos clubes da delegación de
Santiago de 1ª, 2ª e 3ª Rexional sendo o resultado o seguinte:
A favor do escrito e, polo tanto, de non competir ata que a situación sanitaria o permita
e non represente un risco para os nosos xogadores, directiva, aficionados e toda a
familia do fútbol rexional, nin conleve unha merma económica para os clubes.
56 EQUIPOS (62,22%)
1.- SD ABANQUEIRO 29.- SP LAMPÓN
2.- AGRÓN-BARCALA CF 30.- LARO CF
3.- SD ARAÑO 31.- LESENDE CF LOUSAME
4.- CD ARTES 32.- SD LUAÑA
5.- ATLETICO OLEIROS 33.- MANUEL PELETEIRO
6.- ATLETICO OROSINO 34.- MILLADORIO SD
7.- SD BANDEIRA 35.- O PINO SD B
8.- BAROÑA CF 36.- SH PALMEIRA
9.- CD BERRES 37.- PORTO DO SON
10.- CF BIDUIDO 38.- PORTOMOURO CF
11.- SD BRIÓN 39.- PRAÍÑA SP CLUB
12.- SD CACHEIRAS 40.- UD QUEIRUGA
13.- SR CALO 41.- RACING SAN LORENZO
14.- SR CALO B 42.- CF RARÍS
15.- CAMPO DA ANGUSTIA 43.- SDC RECESENDE
16.- CAMPORRAPADO 44.- RESMÓN CF
17.- SD CARCACIA 45.- SANTA CRUZ DE MONTAOS
18.- CARREIRA CF 46.- CCD TARAGOÑA
19.- COGALRODEIRO CF 47.- TORDOIA CF
20.- CROCHA BALOMPÉ 48.- TORDOIA CF B
21.- CURES SD 49.- TRAZO CF
22.- SD DEIXEBRE 50.- URDILDE SD
23.- SD DUBRA B 51.- VEA CF
24.- ESCLAVITUD SD 52.- VILATUXE FC
25.- FLAVIA SD 53.- VAL DO ULLA UD
26.- FURIA ATHLETIC 54.- VAL DO ULLA UD B
27.- CD GALICIA-BEALO 55.- CF VISTA A LEGRE
28.- CD GUIMAREI 56.- CF VISTA ALEGRE B
No día da presentación do escrito, quedan pendentes de apoiar ou non o presente
documento, por ter que realizar unha xuntanza previa a directiva e/ou os socios ou ben
porque por algún motivo aínda non se decidiron a pronunciarse nin a favor nin en
contra, os seguintes clubes:
25 EQUIPOS (25,56%)
1.- ATLÉTICO FÁTIMA 13.- SD NEGREIRA
2.- ATLÉTICO RIVEIRA 14.- AD NICRARIENSE
3.- SD AGOLADA 15.- CF NOIA B
4.- AMIO SD 16.- PUEBLA CF B
5.- UD BASTAVALES 17.- CD ROIS
6.- CD BELVÍS 18.- CD SAN MAMED
7.- CIDADE DE RIBEIRA 19.- CF SILLEDA
8.- CF CIRE DE MELIDE 20.- CF SILLEDA B
9.- CORDEIRO CF 21.- CD UNIÓN
10.- SD CRUCES 22.- VALIÑO CABO DE CRUZ
11.- SD CRUCES B 23.- SD VILLESTRO
12.- CD LALÍN
ESTOS CLUBES CONSULTARANSE Ó LONGO DA VINDEIRA SEMANA E
FARASE PÚBLICA AS DECISIÓNS QUE NOS TRASLADEN.
Rexeitaron, por diversos motivos, apoiar a presentación do presente documento, os
seguintes equipos:
11 CLUBES (12,22%)
1.- BERTAMIRÁNS CF
2.- EF BOQUEIXÓN
3.- SD COMPOSTELA B
4.- CD DODRO
5.- CD ESTRADENSE B
6.- CLUB LAMELA
7.- EF SAN LÁZARO
8.- UD SANTISO FC
9.- CD DAR-EXTRAMUNDI
10.- SD TOURO
11.- XUVENTÚ AGUIÑO
O departamento de emprego ven de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a implantación dunha nova plataforma de apoio á cidadanía en materia de emprego, formación e emprendemento.
O Concello da Estrada a través do departamento de emprego ven de asinar un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia para a implantación dunha nova plataforma de apoio á cidadanía
en materia de emprego, formación e emprendemento.
A plataforma XatEmpego reúne baixo ese dominio o acceso á toda a rede de Técnicos de Emprego de Galicia; recolle todas as axudas e subvencións convocadas pola Xunta de Galicia e outros
organismos; ten acceso á accións formativas e permite ás persoas que se suscriban á mesma recibir información sobre todas as novidades que teñan lugar neste sentido. As persoas interesadas xa se podes suscribir.
Alén disto dispón dun servizo de cita previa para que calquera persoa poida solicitar ser atendida por algún dos técnicos de emprego de toda Galicia e como non na Estrada.
A plataforma é de moi fácil acceso e moi intuitiva polo que calquera persoa se pode rexistrar con facilidade.
A sinatura deste convenio enmárcase dentro do reforzo que o Concello quere prestar á cidadanía en materia laboral e formativa. A administración local é a que máis preto se atopa da veciñanza, esa na que o veciño lle pon cara e nome á persoa que o atende e por iso se pretende facilitarlle as
cousas e máis nun momento como o actual, no que o emprego e a formación son un esencial.
Se ben, a pesares de que a plataforma permite pedir cita para ser atendidos polo departamento na modalidade en liña e presencial, desde o concello queremos deixar claro que se seguirá a primar
a atención presencial e que en particular para acudir o departamento de emprego non será necesario pedir cita previa.
Noutra orde, queremos destacar o papel que este departamento veu desempeñando desde a pandemia, o mesmo, operou durante o confinamento como un servizo esencial, axudando nos trámites que a veciñanza tiña que facer con outras administracións como o SEPE ou a Seguridade Social.
Desde o departamento inscribiase as persoas demandantes de emprego no servizo de emprego; cubrianse os formularios de pre-solicitude para ser atendidos telefónicamente e para tramitar as prestacións; tramitaronse as solicitudes do subsidio extraordinario para as persoas empregadas do
fogar; tramitouse o bono social para as persoas autónomas manténdose o servizo de trámite de bono social para persoas vulnerables e de axudas urxentes para evitar os cortes de subministración eléctrica. Prestabase información puntual e apoio na tramitación de todas as axudas que tanto a
nivel estatal como autonómico e local se foron implementando etc.
Alén disto, o departamento tramita as solicitudes de ingreso mínimo vital desde a súa convocatoria e as bolsas para estudos obrigatorios e postobrigatorios.
Cabe detacar que o departamento atende a diario a unha media de 10 persoas tanto presencial como telefónicamente e que se produxo un aumento na solicitude deste servizo inclusive por parte de persoas residentes noutros concellos.
A actividade diaria do departamento xira en torno ao portal de emprego “emprego.aestrada.gal e á páxina de facebok que ten asociada “emprego a estrada” a cal na actualidade supera os 10.100 seguimentos e ten un alcande pornmmedio de 56.436 persoas diarias, o cal nos enorgullece xa que
nos coloca en alcalce ao nivel dos servizos que se prestan nas grandes cidades.
Outros dos eixos fundamentais do departamento xira en torno á formación, polo que se manteñen as colaboracións coa Deputación de Pontevedra para a posta en marcha do Programa SmartPeme de apoio ás pemes e autónomos e emprendedores; acabamos de asinar un convenio de colaboración
coa Asociación Ciber Voluntarios para a posta en marcha de formacións gratuítas en todolos tramos de idade e estamos a traballar para solicitar ser entidade colaboradora no plan de Garantía Xuvenil.
*PRESENTACIÓN AULA VIRTUAL TEQUEXETÉLDERE*
Na mañá de hoxe ven de facerse pública unha aula virtual de Tequexetéldere, unha ferramenta que se pon en marcha para traballar co alumnado en caso dun posible confinamento ou que se cancelen as clases extraescolares.
Ademais disto con esta aula virtual, Tequexetéldere pretende ofertar outros cursos como iniciación ao baile galego, obradoiros de instrumentos de música tradicional, iniciación á música tradicional ou outros similares.
Banda-Escola Municipal da Estrada, estrease este Sábado
Neste concerto de presentación, que terá unha duración aproximada de 30 minutos interpretarán entre outras pezas a banda sonora da película Titanic. O frente da Banda-Escola está o tamén director da Banda Municipal, Santiago Mella.
No concerto garantizaranse as medidas de seguridade e distanciamiento social contra a Covid-19 prescritas polas autoridades sanitarias.
|
ResponderReenviar
|
Xosé Luna gana por segunda vez el premio de poesía Avelina Valladares de A Estrada
Recupera palabras pouco habituais, seleccionadas pola súa sonoridade e connotacións». Asimismo, el acta subraya también que el original de Xosé Luna «fai referencia a diferentes lugares da contorna estradense e dos territorios máis cercanos».O goberno municipal do PP pasa do galego
No BNG xa perdemos a conta das veces que o goberno municipal atenta contra a nosa lingua. A última foi incorporar nas bases do concurso do proxecto da feira un delirante punto no que na práctica, invalida a nosa lingua para que calquera empresa se relacione coa administración pública, neste caso o concello.
“Todos los concursantes presentarán la documentación, en castellano o en gallego con traducción al castellano”. Esta frase que figura no punto 1.12 das bases mencionadas, conculca o artigo 1.3 da ordenanza de normalización lingüística, aprobada por unanimidade, que di explicitamente que “as actuacións administrativas realizadas en galego no territorio municipal terán plena validez”. A pesar do clara que esta ordenanza, as bases invitan claramente a presentar as ofertas en castelán, ignorando o noso idioma.
Por outra parte, a ordenanza recolle que todas a documentación elaborada polo concello estará nosa lingua. Actas, documentos públicos e contractuais, estudos, proxectos, … calquera documento que elabore o concello ou se elabore no nome do concello ten que estar na nosa lingua, sen embargo, as bases están en castelán e só en castelán.
Desde o BNG instamos ao goberno do PP a tomarse en serio a nosa lingua e a cumprir a ordenanza municipal de normalización lingüística, que tamén contou co voto favorábel do PP. Como dixemos, non é a primeira vez que o PP atenta contra a nosa lingua, a instamos ao goberno municipal a rectificar e a cumprir a lei e a ordenanza municipal, e especialmente a respectar a nosa lingua.









































