O PSOE VE UNHA IRRESPONSABILIDADE CELEBRAR O SAN PAIO NESTES MOMENTOS

 

O PSOE móstrase moi crítico coa organización das festas do
San Paio e considera que “é unha absoluta irresponsabilidade” organizar
actos a estas alturas. López Bueno remarca que “seguimos nunha situación
de pandemia” e considera que “López Campos e Gonzalo Louzao queren ser
os campións da nova normalidade, pero estamos vendo exemplos de
rebrote en países onde o virus parecía controlado, e en localidades que
levaban dous meses sen contaxios”.
O líder dos socialistas considera que “é un disparate celebrar o San Paio
mentres a atención ao público no Concello está en mínimos, non se están
abrindo os locais das parroquias para as actividades das asociacións, as
consultas na sanidade son telefónicas e as escolas están pechadas, por
exemplo”.
López Bueno pregúntase “cal é a diferenza entre traer a unha orquestra e
traer un concerto de Luar na Lubre ou María do Ceo?, son eventos moi
parecidos” e pensa que “este goberno está moi mal asesorado” se cre que
poderá garantir a seguridade sanitaria durante os eventos “non hai
protocolo aprobado pola Xunta de Galicia, pero parece que algúns
concelleiros da Estrada xa son expertos en organización segura de eventos”.
O socialista considera que “neste momento é imposible organizar o San Paio
con garantías” e sabe que a súa postura quizais sexa “impopular” pero
parécelle que a dos socialistas é “a única actitude responsable que hai na
Corporación agora mesmo”.
O voceiro tamén mostra a súa completa indignación polo sistema de
invitacións para acceder aos concertos, que tacha como “discriminatorio”.
López Bueno carga con dureza contra o sistema de invitacións e asegura
que “está deseñado para que os amigotes do goberno poidan ir aos
concertos. Non hai ningunha transparencia no reparto de entradas nin
información de cantas prazas haberá”.
López Bueno cuestiónase por que “hai un sistema de recollida en locais
privados” e pregúntase tamén “cal foi o criterio para establecer os puntos
de retirada de invitacións”. Ademais, fai fincapé en que “ocultáronnos esa
información cando preguntamos no Pleno” e lamenta o comportamento
“opaco” do PP órganos colexiados do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA CELEBRA UN SAN PAIO CUN MARCADO ACENTO CULTURAL

 

A Estrada prepara un programa de actividades para celebrar as Festas de San Paio, unhas festas que, como non pode ser doutro xeito, veñen marcadas pola difícil conxuntura sanitaria que estamos a atravesar. Deste xeito, a programación incide en dous aspectos claves para poder desenvolver os actos previstos. Un, a de cinguirse escrupulosamente ás medidas de seguridade marcadas polas autoridades sanitarias e administrativas en relación aos eventos en exterior; e outro, o de acentuar o carácter cultural da presente edición.

 

Para salvagardar a seguridade do público asistente aos distintos eventos, a organización conta cos servizos da empresa Mare, dedicada á produción de eventos musicais multitudinarios e pioneira, da man do estradense Fernando Campos, dun protocolo de produción de espectáculos ao aire libre que dá cumprimento rigoroso ás normas de prevención e saúde laboral nos servizos e producións de eventos e espectáculos ante o coronavirus ditadas polo Instituto de seguridade e saúde laboral de Galicia (Consellaría de Economía, Emprego e Industria).

 

Neste senso, as medidas de hixiene, seguridade e prevención establecen a acotación e perimetraxe dun recinto limitado a 400 persoas na Praza do Concello os días 26 e 27 de xuño, e outros dous de 90 e 85 persoas nas prazas do Mercado e da Feira con corredores de acceso, entradas a platea, butacas individuais e dobres (só na praza do Concello e para membros da mesma unidade habitacional), acompañadas por puntos de hixiene e persoal de produción entre o que se atopan acomodadores, controladores de entrada, persoal de seguridade e auxiliares de limpeza e hixiene.

Segundo este protocolo, a entrada de espectadores ao recinto escénico principal situado na praza do Concello e onde terán lugar as actuacións de Luar na Lubre, a Banda de Música Municipal e María do Ceo, producirase 45 minutos antes do evento e sempre portando un convite que se poderá retirar a partir do luns 22 en Robert´s Café, Café Restaurante Andalucía e na delegación de Cultura do Concello da Estrada. Non se asignarán máis de 4 entradas individuais ou 2 dobres por persoa. Pola súa banda, nos recintos situados na praza da Feira e na praza do Mercado, as butacas asignaranse por orde de chegada.

 

Entre outras medidas de seguridade, o público deberá acceder e abandonar o recinto escénico con máscara, respectando a distancia de seguridade e os horarios e medidas previstas pola organización do evento.

 

 

 

 

No tocante á programación en si, ante a imposibilidade de organizar unhas festas no sentido tradicional do termo; é dicir con verbenas, atraccións, postos de artesanía ou fogos de artificio; incidiuse na idea de abundar no sentido cultural das festas, dándolle prioridade a artistas locais e galegos tan prexudicados pola situación de paro no sector e que ofrecen un espectáculo axeitado para a súa visualización desde unha butaca.

Deste xeito, ao lado de propostas musicais como a de Luar na Lubre, María do Ceo, Plan Siberia, ou os Bichos, contaremos tamén con propostas escénicas como a das Lerchas, a de Magín Blanco ou a de Chelo do Rejo, Pablo Chichas e Toño Pena xunto co Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso, ademais de animación de rúa e a presentación de dous libros de Manuel García Barros e un de Xosé Luna sobre A Estrada Románica. Todo co san propósito de dinamizar, na medida do posible, a hostalaría local e o sector cultural, ao tempo de adoptarmos unhas medidas de control e seguridade que permitan realizar estes actos nas condicións que marca a nova normalidade.

Seguramente non son as festas que soñamos programar, nin a bo seguro as festas que merece a nosa vila; son as festas que a situación de excepcionalidade que estamos a vivir nos permite facer. Velaquí o programa de actividades:

 

 

FESTAS DE SAN PAIO 2020

 

 

MÉRCORES 24

 

Pasacalle da Banda Cultural da Estrada  / 12.00 h

Animación a cargo de Pulpiño Viascón / 12.00 h e 18.00 h

Chelo do Rejo, Toño Pena e Pablo Chichas + Obradoiro de Música Moderna Carlos Barruso / Praza do Mercado / 20.00 h

Plan Siberia / Praza da Feira / 21.30 h

 

XOVES 25

 

Animación a cargo de Lume na Lareira / 18.30 h

Presentación do libro de Xosé Luna, A Estrada Románica / Praza da Feira / 20.00 h

Os Bichos / Praza  do Mercado / 20.00 h

As Lerchas / Praza da Feira / 21.30 h

 

VENRES 26

 

Animación a cargo dos Xirimbaos / 12.00 e 18.00 h

Concerto de piano da escola Musikenos /13.00 h / Praza do Mercado

A Banda das Apertas con Magín Blanco / Praza do Mercado / 20.00 h

LUAR NA LUBRE / Praza do Concello / 22.00 h  (CON INVITACIÓN)

 

SÁBADO 27

 

Animación a cargo dos Atrevidos / 12.00 h e 18.00 h

Animación a cargo de Ce Orquestra Pantasma / 13.00 h

Presentación do libro as Aventuras de Alberte Quiñoi  / 18.00 h / Praza do Mercado

Pasacalle da Banda Municipal da Estrada / 19.00 h

BANDA MUNICIPAL DA ESTRADA / 20.00 h / Praza da Constitución (CON INVITACIÓN)

MARÍA DO CEO / 22.15 h / Praza da Constitución (CON INVITACIÓN)

 

 

Recollida de invitacións no Concello da Estrada, Robert´s Café e Bar Restaurante Andalucía (só 4 individuais ou 2 dobres por persoa)

 

A Estrada, 18 de xuño de 2019

Publicado en Portada | Deja un comentario

Acto público do BNG da Estrada con Ana Pontón

 

O BNG da Estrada ponse en marcha cara as Galegas de 2020 cun acto público na Praza do Concello o vindeiro domingo 21 de xuño, ás 20 horas, que contará coa candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón, e o cabeza de lista por Pontevedra Luís Bará. Así mesmo, tamén intervirán Susana Camba, que concelleira nacionalista na Estrada, Pablo Carracedo Goldar “Jasper” (foi integrante do grupo NAO, é veciño da Estrada e candidato ao Parlamento Galego), e Ariadna Fernández (veciña de Lalín, veterinaria e activista cultural, candidata ao Parlamento, e perfecta coñecedora das problemáticas agro-gandeiras da comarca).

Con este evento o BNG, onde se explicarán as principais propostas para o noso concello e para o noso país, os nacionalistas porán en marcha a maquinaria electoral coa vista posta no 12 de xullo, onde prevén mellorar os resultados de hai catro anos a nivel local, e co obxectivo de liderar o goberno da Xunta de Galiza. Ademais deste acto, aberto a todos os veciños e veciñas, o BNG da Estrada tamén ten previsto encontros con diversos colectivos do noso concello.


O acto, que será ao aire libre, contará coas medidas de seguranza e distanciamento social previstos na legalidade vixente contra o Covid-19.

Publicado en Portada | Deja un comentario

MARCOS LORENZO ASUME LA PRESIDENCIA DEL CD. BERRES

El campo de «O Pardiñeiro» acogió anoche la presentación de la nueva junta directiva del CD Berres.
Marcos Lorenzo Carballude será el nuevo presidente acompañado de Fernando Nogueira como vicepresidente, Manuel Villar como Secretario, José Rosados Crespo como tesorero, Jesús Aris como director deportivo y tres vocales José Manuel Lodeiro, David González y David Lorenzo Carballude que también hará funciones de delegado. El nuevo presidente destacó en su intervención el labor de la anterior directiva en especial a su antecesor Juan Antonio Rivadulla Fernández por tantos años dedicados al club. En el plano deportivo esperan presentar el nuevo entrenador en los próximos días y seguidamente nuevos refuerzos para formar una plantilla para no pasar apuros en Segunda Autonómica.

O tesorero e José Rozados

Publicado en Portada | Deja un comentario

XI CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA 2020

 

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a undécima edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada.
Todas as actividades están especialmente dirixidas ás idades e desenvolvemento psíquico-físico das persoas participantes e todas elas desenvolven tamén, de xeito transversal, valores de disciplina, esforzo, perspectiva de xénero, integración, hixiene e respecto ás normas.
O Concello da Estrada, coordinará con especialistas tódalas medidas de seguridade, de prevención da saúde e de hixiene que a situación require para coidar ao máximo a saúde tanto dos participantes coma do persoal que leva a cabo á actividade.
As bases do XI Campus Deportivo de Verán Concello da Estrada inclúen
protocolos de actuación para a adaptación deste programa deportivo, ás directrices das autoridades competentes en relación coa Covid-19. Polo tanto, é posible que tanto antes do inicio como durante a actividade, se as indicacións das autoridades sanitarias ou da Xunta de Galicia cambian, tamén se teñan que adaptar tanto estas bases e protocolos. Se hai algún cambio, será publicado e comunicado as familias dos
participantes na actividade.
2.- DESTINATARI@S.
Ofértanse un total de 70 prazas por quenda/quincena.
A actividade está dirixida para nenos/as de 5 a 15 anos, nados/as entre o ano 2005 e o ano 2015, e terá lugar nas instalacións da zona deportiva do Concello, en horario de 9.00 ás 14.00 horas. As instalacións onde se realizarán as actividades, cumpren cos protocolos de hixiene e prevención en relación o covid-19.
Ante a situación extraordinaria deste ano, a inscrición no XI Campus Deportivo de Verán, será por quincenas. O prezo será de 40 euros por participante e quincena. O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% sobre o prezo (32 euros), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuito.
A formación e organización dos grupos dependerá dos seguintes criterios:
1. Instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias e da Xunta de Galicia sobre o desenvolvemento e organización dos programas e actividades a desenvolver
2. Idades e características individuais dos nenos e nenas inscritos/as.
Os participantes poderán solicitar as quendas/quincenas que consideren necesarias ata un máximo de 4, cubrindo na folla de inscrición, a orde de prioridade.
No formulario de inscrición deberá indicar se o rapaz ou rapaza ten calquera tipo de enfermidade e/ou discapacidade. Estes datos só se tratarán co fin de facilitar os apoios e as adaptacións necesarias para o mellor desenvolvemento das actividades. O programa non
dispón de persoal sanitario, polo que non se responsabiliza da administración de calquera tipo de medicación.
3.-ACTIVIDADES.
O programa deportivo que detalla as actividades desta edición, estarán orientadas a crear hábitos de hixiene relativos á Covid-19. Priorizaranse as actividades ao aire libre e aquelas tarefas que se poidan levar a cabo dentro da práctica da disciplina deportiva, que requiran o menor contacto posible.
Os horarios e a programación das actividades de cada quenda faranse en función das idades dos nenos/as polo que non todos os/as participantes do campus deportivo farán as mesmas actividades.
As actividades que oferta o Campus Deportivo de Verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, actividades acuáticas, tenis, atletismo e xogos predeportivos de iniciación para os máis pequenos. Todas estas actividades adaptadas as normativas existentes, atendendo á distancia correspondente e seguindo os protocolos sanitarios.
Nesta edición do campus deportivo, non están incluidas as actividades da excursión o Aquapark de Cerceda, así como acampada nas instalacións das piscinas municipais.


O XI Campus Deportivo de Verán ofertará as seguintes quendas, e o participante
poderá solicitar as que considere necesario, marcando unha orde de preferencia. Aquela
quenda que marque como primeira, será na que poderá entrar de xeito preferente. Nas
quendas marcadas como, segundas, terceiras e/ou cuartas opcións, so entrará no caso de
que haxa prazas libres:
QUENDAS DATAS
1ª QUENDA (Q1) DO MÉRCORES 1-7 O MÉRCORES 15-7
2ª QUENDA (Q2) DO XOVES 16-7 O VENRES 31-7
3ª QUENDA (Q3) DO LUNS 3-8 O VENRES 14-8
4ª QUENDA (Q4) DO LUNS 17-8 O LUNS 31-8
5.- PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN.
➢ PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse
PREFERENTEMENTE a través da sede electrónica do Concello da Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal), ou no seu defecto no Rexistro Xeral do Concello
da Estrada, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres.
➢ PRAZO DE INSCRICIÓN: DO 17 O 23 DE XUÑO DE 2020.
➢ DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
A documentación a presentar xunto coa solicitude segundo modelo, é a seguinte
✔ 1 foto do/a neno/a
✔ Fotocopia do D.N.I do/a neno/a
✔ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor.
✔ Fotocopia tarxeta da Seguridade Social do/a menor
✔ Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que acredite
oficialmente a situación familiar
✔ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado
de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de
traballadores por conta propia.
✔ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
✔ Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións
alegadas polos membros da unidade familiar
➢ CRITERIOS EVALUACIÓN:
No caso de que o nº de solicitudes supere as prazas ofertadas, atenderanse as
solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
✔ Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
✔ Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
✔ Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos
acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
✔ Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
✔ Orde de rexistro de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados
no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das
quendas poderán formalizar a sua inscrición no XI Campus Deportivo de Verán nenos/as non
empadroados sen necesidade de acreditar a actividade laboral dos pais no termo municipal.
➢ PAGAMENTO:
Unha vez confirmada a participación do neno/a no XI Campus Deportivo de Verán,
deberase de realizar o pagamento, de xeito presencial na oficina do Banco Sabadell ou de
xeito telemático, achegar o xustificante de pago o primeiro día da actividade e entregarllo o
monitor/a.
Nº CONTA PAGO CAMPUS (BANCO SABADELL): ES78 0081 2208 230001012603
6.- SEGURIDADE E HIXIENE.
Control e prevención durante a actividade.
✔ As persoas participantes e os seus titores legais responsabilizaranse da súa situación
particular fronte á Covid-19, de tal forma que se algunha presenta sintomatoloxía
asociada coa Covid-19 non acudirá e contactará inmediatamente coa dirección do XI
Campus Deportivo de Verán
✔ As persoas responsables da actividade (coordinador e monitores) velarán pola
seguridade da actividade mediante a declaración de saúde á entrada das instalacións
e o adecuado cumprimento de todos os protocolos e normas de seguridade
establecidos.
✔ Reforzaranse as mensaxes de recordo dos comportamentos e distancia de
seguridade, medidas de hixiene, etc.
✔ Limitaranse os aforos en espazos pechados para que garantan os principios de
distancia de seguridade e prevención de contacto.
Cumprimento de medidas personais de hixiene e prevención obrigatorias.
✔ A organización subministrará xabón e xel hidroalcólico. Os rapaces e rapazas maiores
de 6 anos deberán levar a súa propia máscara e recoméndase que os menores de 6
anos tamén a leven.
✔ Asignarase un monitor ou monitora responsable por grupo que vele pola recollida e
entrega das persoas participantes aos seus titores legais. Esta persoa responsable
velará polo respecto das medidas de distanciamento interpersoal e evitará
aglomeracións. Controlará comportamentos e equipos sanitarios e distribuirá os
equipos de protección individual aos rapaces e rapazas que non dispoñan del de
maneira puntual.
✔ En todos os casos garantirase o cumprimento de protocolos de seguridade (medidas
persoais de hixiene e prevención obrigatorias).
✔ Aqueles participantes ou as súas familias que incumpran as normas establecidas
relativas as medidas de protección ante a Covid-19, poderán ser expulsados da
actividade.
Adecuación, organización e distribución das actividades.
✔ Sempre que sexa posible, terán prioridade as actividades ao aire libre. Durante a
programación diaria, cada grupo contará cunha sala ou instalación propia.
✔ Os espazos pechados que se utilicen serán amplos e estarán ben ventilados.
✔ Procurarase que cada grupo teña o menor número de nenos e nenas posible, polo que
a división dos grupos será estrita e tendo en conta a data de nacemento dos rapaces e
rapazas inscritos. Poderá darse o caso de que rapaces e rapazas pertencentes a un
mesmo curso escolar estean en grupos diferentes e non poderán facerse cambios.
✔ Cada grupo contará cun/ha monitor/a responsable que velará polo respecto das
medidas de distanciamento físico na medida do posible e evite aglomeracións.
✔ Evitarase a realización de actividades que impliquen contacto físico constante.
✔ Cando os participantes e o seu monitor/a teñan que desprazarse desde unha
instalación a outra, durante a transición, deberán levar obrigatoriamente máscara a
partir dos 6 anos e é recomendable para os menores desta idade sempre que non
sexa posible manter a distancia de seguridade.
✔ Cada participante deberá levar a súa merenda e auga. Estará prohibido compartila.
Durante a programación, durante o momento do recreo media mañá, os participantes
e o seu monitor/a, situaranse con distancia seguridade de dous metros dos outros
grupos.
Desprazamentos, entrega e recollida de participantes.
✔ O punto de encontro marcado de xeito oficial son as instalacións das piscinas
municipais. O recollida dos nenos/as será na entrada principal e a recollida pola
entrada lateral que hai cara o campo de fútbol municipal Manuel Regueiro.
✔ No caso de familias con participantes pertencentes a diferentes grupos, deberán
deixar a cada neno/a o monitor/a responsable do grupo correspondente, aínda que
sexan diferentes.
✔ O monitor/a responsable de cada grupo será o/a encargado/a de xestionar a recollida
e a entrega dos nenos/as participantes.
✔ Cada neno/a acudirá ás instalacións do Campus Deportivo de Verán acompañado por
unha única persoa adulta, co fin de evitar aglomeracións tanto na hora da entrada
como na de recollida.
✔ Para facilitar o tránsito entre persoas nos horarios de inicio e peche das actividades,
de xeito escalonado, as familias poderán chegar á actividade entre as 8:45 horas e as
9:00 horas e poderán recoller os/as nenos/as entre as 14:00 e as 14:15 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A FUNDACIÓN CONVOCA A XXV EDICIÓN DO PREMIO XORNALÍSTICO “MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA”.

• O concurso mantén as bases con respecto a edicións anteriores.
• O fallo emitirase no mes de setembro.
• O galardón (1000€, talla conmemorativa e diploma acreditativo)
A sala “Reimóndez Portela”, sita na Fundación de Exposicións e Congresos,
acolleu hoxe, ás 12.00 horas, a presentación das bases pólas que se rexerá a
XXV edición do “Premio Xornalísitico Manuel Reimóndez Portela”.
O acto asistiron os membros integrantes do Comité de Seguimento, Juan
Manuel Constenla Carbón e Juan Andrés Fernández Castro.
As bases mantéñense inalterables con respecto á pasada edición, así, o
premio outorgaráse ao mellor traballo ou serie de traballos –ata un máximo de
cinco- publicados en língua galega, en calqueira médio de comunicación
escrito. A dotación económica do premio será de 1000 €. O prazo de recepción
de traballos, rematará o vindeiro dia 04 de setembro, ainda que, deberán estar
publicados antes do 29 de agosto. Os autores ou calqueira lector poderán
enviar un exemplar dos traballos nos que conste a data de publicación, o autor
e o médio de comunicación no que se publicaron.
O xurado cualificador, estará presidido pólo Concelleiro de Cultura e
igualmente integrado pólos vocales que o Comité decida no seu intre e por un
secretario con voz pero sen voto. A resolución do xurado será inapelable e
faráse pública no mês de setembro. A entrega de galardóns levaráse a cabo
perante a celebración da XXXIV Feira do Moble de Galicia. O xurado resérvase
a licencia de declarar deserto o premio se os traballos presentados a concurso
non reúnen o nível necesario para obter o galardón.
A Fundación, resérvase o dereito de publicación dos traballos premiados e
agarda repetir o éxito de participación de pasadas edicións, animando a todos
os escritores e xornalistas de Galicia a participar nun certame de recoñecida
fama en toda a Comunidade Autónoma galega.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE INSTA AO GOBERNO A RESOLVER OS PROBLEMAS NOS APARCAMENTOS ACTUAIS E A ESTABLECER “PRIORIDADES”

 

O PSOE interésalle ao Goberno municipal o establecemento de
“prioridades” para desenvolver aparcamentos públicos. López Bueno
considera que “é unha boa nova que exista a previsión de novos
desenvolvementos, pero hai puntos críticos que convén atacar primeiro” e
pide “cabeza” para non facer investimento en “zonas de aparcamento que
non usará ninguén”.
O líder socialista considera que “vendo as condicións nas que se atopan os
aparcamentos, calquera podería ter creado 3.000 prazas novas” xa que boa
parte dos aparcamentos existentes “non están en condicións de ser usados,
están cedidos en precario e o mantemento é case inexistente”.
López Bueno afirma que “estes problemas son recorrentes” e valora que “o
Goberno municipal xa demostrou que é incapaz de conseguir condicións
mellores para os aparcamentos da Casa das Letras, Correos e Avenida de
América”.
Sobre a creación de novas bolsas, para o voceiro socialista existe máis
urxencia en dúas áreas concretas do casco urbano. Asegura que “as prazas
actuais na Baiuca serán insuficientes contra final de ano e o entorno da
Praza da Feira tamén se verá seriamente afectado pola humanización que
está en trámite”.
López Bueno defende a súa postura respecto da zona do Centro Médico
poñendo por diante a “seguridade”. Afirma que “o número de prazas xa
creadas no entorno estará ocupado polo persoal do Centro de Saúde e a
Galiña Azul. As alternativas máis próximas e sinxelas son as da Avenida da
Torre e as prazas da N-640, e tal e como están ordenadas esas rúas poden
crearse problemas de seguridade para os peóns”.
O socialista tamén considera oportuno “valorar o sentido único” na conexión
entre a Rúa da Torre e a N-640, que pasa por diante do Centro de Saúde,
“convén minimizar os riscos porque haberá persoas maiores e nenos nese
entorno, ademais débese facilitar a entrada e saída de ambulancias”. Tamén
pensa que unha actuación completa esixirá “repoñer o firme no cruce da
Casa da Música”.
López Bueno tamén se referiu á perda de prazas de aparcamento na Praza
da Feira e asegura que “esas prazas son cruciais para o comercio local”.
Valora que actualmente “hai alternativas de estacionamento” pero considera
que “os consumidores de maior idade buscan a proximidade aos comercios,
e a Praza da Feira ofrécelles esa posibilidade mellor que ningún outro
aparcamento”.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
A ese respecto, o líder socialista pide “desenvolver unha bolsa alternativa
nesa zona, como contempla o PMUS” e reclama “a máxima axilidade” para
tela operativa “canto antes”.
O concelleiro tamén se pronunciou sobre o carrusel de aparcamentos que
anunciou onte o Goberno, “agora mesmo non ten sentido habilitar a
explanada da Estación de Autobuses” porque está convencido de que “non
resolverá ningún problema”. López Bueno pensa que “se existe un
acontecemento puntual podería habilitarse o aparcamento nesa área, pero ”

Publicado en Portada | Deja un comentario