O maneo de Anxeriz fai homenaxe o persoal sanitario é esencial dende Tequexetéldere

 


Onte fixose público o vídeo dun baile que aprenderon os membros de Tequexetéldere  nestos meses de confinamento, é unha peza nova, non recuperada e gravada:
Trátase dun maneo recollido en Anxeriz, parroquia do concello de Tordoia e co cal se quixo recoñecer a labor dos compañeiros e compañeiras (enfermeiras e doutores, así como persoal de supermercados e mantemento) de Tequexetéldere, que tiveron que seguir traballando durante as datas máis dificiles da pandémia en Galicia, traballadoras nalgúns casos das plantas COVID do Hospital de Santiago.

Tal é como poñen na descrición da publicación, o agradecemento é extensible a outros colectivos.

Era unha asignatura pendente de Tequexetéldere cos  compañeiros.

A día de hoxe seguimos traballando para aprender outra peza, esta vez, trátase dunha muiñeira recollida na zona de Carcacía.


Por outra banda, tamén contarvos que as escolas de Tequexetéldere abrirán as súas matrículas para o curso 2021-2022 en próximos días.
Teremos a información na  web www.tequexeteldere.gal e nas nosas redes sociais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

INFORMACIÓN CONCILIA RURAL 2020

• A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre
os 3 e 12 anos.
• DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata o inicio do curso escolar. En
horario de 9:00 a 14:00, de luns a venres.
• PRAZAS: 20 rapaces/as por quincena.
• LUGAR DE CELEBRACION: instalacións dos CEIP de Oca, Foxo, Codeseda e
Villar Paramá.
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN:
– O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de
xullo e agosto) e 23€ por participante durante os días do mes de setembro.
– O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€,
xullo e agosto; e 18,40€ os dias de setembro) sobre o prezo, e a partir do
terceiro membro será gratuíto.
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán
presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00
horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da
Estrada (https://aestrada.sedeelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:
▪ Fotocopia do D.N.I do neno/a
▪ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor
▪ Fotocopia da libro de familia
▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas,
certificado de vida laboral ou último recibo de cora á S.S. no réxime
especial de traballadores por conta propia.
▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as
solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos
acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
4. Familias con renda máis baixas (IPREM)
5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
6. Orde de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén
empadroados no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas
vacantes en calquera das quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as
nenos/as non empadroados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

INFORMACIÓN ESPAZO CONCILIA CONCELLO DA ESTRADA

 

 

• A QUEN VAI DIRIXIDO: é un espazo adicado a rapaces e rapazas con idades
comprendidas entre os 3 e 12 anos, que os pais-nais precisen conciliar vida
familiar e laboral, onde a finalidade é que os nenos/as se divirtan e aprendan ao
mesmo tempo que ocupan o tempo de ocio, sempre guiados e acompañados por
un equipo de profesionais con experiencia no traballo coa infancia.
• LUGAR: Espazo Concilia atópase ubicado na Rúa Padrón s/n (Novo Mercado 1º
andar)
• HORARIO:
▪ Nos períodos lectivos: de luns a venres de 15:30 a 8:30
▪ Nos períodos non lectivos: de 9:00 a 14:00
• TEMPORALIZACIÓN: mensual
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán
presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00
horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal).
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN: a contía a abonar pola unidade familiar, marcarase en
función do Indicador Público de Renda a Efectos Mútiple (IPREM)
• DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
▪ Fotocopia do documento nacional de identidade da nai, pai e, se é o caso,
dos representantes legais
▪ Fotocopia do libro de familia ou, no seu defecto, outro documento que
acredite oficialmente a situación familiar
▪ Fotocopia do título de familia numerosa, de ser o caso.
▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas,
certificado de vida laboral ou último recibo de cota á s.s. no réxime especial
de traballadores por conta propia.
▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos os proxenitores.
▪ Fotocopia do xustificante ou acreditación de ser demandante de emprego,
de ser o caso.
▪ Documentación acreditativa no caso de acollemento
▪ Certificado médico no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións
alegadas polos membros da unidade familiar
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados
no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das
quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CAMPAMENTO URBANO DE VERÁN 2020

 

 

• A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3
e 12 anos.
• DATAS E HORARIO: mes de xullo, agosto e ata o inicio do curso escolar. En
horario de 8:30 a 14:30, de luns a venres.
• PRAZAS: 40 rapaces/as por quincena. (20 en instalacións deportivas do Colexio
Perez Viondi e 20 en instalacións deportivas do Colexio de Figueroa)
• PRAZO DE INSCRICIÓN: do 15 ó 23 de xuño (ambos incluídos)
• COTA DE INSCRICIÓN:
– O prezo será de 35€ por participante e quincena (durante os meses de xullo e
agosto) e 23€ por participante durante os días do mes de setembro.
– O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (28€, xullo e
agosto; e 18,40€ os dias de setembro) sobre o prezo, e a partir do terceiro
membro será gratuíto.
• PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán
presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de 9:00 a 14:00
horas de luns a venres; ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada
(https://aestrada.sedeelectronica.gal).
A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:
▪ Fotocopia do D.N.I do neno/a
▪ Fotocopia do D.N.I do pai, nai ou titor
▪ Fotocopia da libro de familia (Só se solicita bonificación por 2º/3º irman
participante)
▪ Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas,
certificado de vida laboral ou último recibo de cora á S.S. no réxime especial
de traballadores por conta propia.
▪ Fotocopia da declaración do IRPF de ambos proxenitores.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as
solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
2. Rapaces e rapazas empadroados no termo municipal.
3. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos
acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición das actividades.
4. Familias con renda máis baixas (IPREM)
5. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa.
6. Orde de entrada das solicitudes.
Terán preferencia no momento da inscrición, aqueles nenos/as que estén empadroados
no Concello da Estrada. No caso de que se dispoña de prazas vacantes en calquera das
quendas poderán formalizar a sua inscrición os /as nenos/as non empadroados.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA DESTINA 1M€ Á CONTRATACIÓN DE 71 PERSOAS DESEMPREGADAS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA A PREVENCIÓN DE INCENDIOS

 

 

 

A Xunta dá un novo paso na súa aposta por fomentar o emprego local e informa da resolución da orde de axuda do Aprol Rural que permitirá que os concellos das comarcas do Deza e do Tabeirós contraten a un total de 16 persoas desempregadas para desenvolver servizos de interese xeral, en este caso, para previr incendios forestais.

 

A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina este ano un total de algo máis de 1M€ para a contratación de 71 persoas desempregadas en 49 municipios da provincia de Pontevedra para a realización de tarefas relacionadas, maioritariamente, coa prevención de incendios nas faixas secundarias definidas pola Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (planificación preventiva, valorización forestal, silvicultura, limpeza de montes ou xestión de biomasa). Como novidade con respecto a anteriores edicións, os concellos rurais de menos de 2000 habitantes poden contratar a persoas que xa fosen contratadas por un período igual ou superior a 9 meses con cargo a axudas concedidas no ano 2019 pola Consellería de Economía, Emprego e Industria no eido da colaboración coas entidades locais e sen ánimo de lucro.

 

Nestas dúas comarcas pontevedresas beneficiaranse 4 desempregados de Lalín, 2 de Vila de Cruces, 4 de Agolada, 2 de Silleda, 2 en Dozón, e 1 en Forcarei e outro en Rodeiro. En total, a Xunta destinará a estes municipios 223.041,25 euros.

 

Estas medidas, enmarcadas nas políticas de emprego da Xunta, teñen como obxectivo mellorar a empregabilidade das persoas participantes, así como apoiar a integración laboral de persoas vulnerables co obxectivo de dinamizar o mercado laboral galego

Publicado en Portada | Deja un comentario

O MERCADO MUNICIPAL RETORNA PAULATINAMENTE Á “NOVA NORMALIDADE”

 

O Concello da Estrada está inmerso na volta paulatina do total dos postos das Feiras cas óptimas medidas sanitarias, como afirmou o seu Concelleiro Gonzalo Louzao.

Este mércores, tras a entrada da Comunidade Autónoma Galega na fase 3, actívase o acceso do 50% dos postos ó mercado, entrando á superficie de venta postos de textil e calzado, ata o de agora non autorizados no mercado de alimentación, productos da horta e prantas que se fixo nas citas feirais durante as primeiras fases da desescalada. Ós 15 postos de alimentación e 12 hortícolas que asistiron regularmente ata o de agora, sumaranse dous grupos distintos de unha trintena de postos cada un para cadansúa feira, a do 10 e 17 de xuño, sumando medio cento de postos cada un dos días. Desta maneira, de forma progresiva farase a integración de toda a variedade e amplitude de postos que acolle o Mercado Municipal. Será o mércores 24 de xuño cando a totalidade dos postos volverán ó mercado, cas medidas habituais (marcarilla, xel hidroalcoholico para o posto e separación de dous metros entre os mesmos e os clientes).

O sábado serán unha vintena os citados na Praza do Mercado, de iguales condicións.

Outro dos grandes atractivos máis tradicionais das nosas feiras é a volta dos pulpeiros cas súas carpas para degutar o pulpo da forma tradicinal, pero cas medidas de hixiene e distanciamento entre mesas que se aplican a toda a hostalería. Así pois haberá pulpeiros o mércores na Feira e o sábado na Praza do Mercado nas súas ubicacións habituais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

As probas do Covid-19 voltan A Estrada

O Centro de Saúde da Estrada comezou onte coa segunda ronda dos test serolóxicos, que determinarán se os pacientes desenvolveron anticorpos contra o coronavirus. Así, ata o día 19 de xuño realizaranse 461 probas aos veciños e veciñas estradenses. Segundo informou a coordinadora de Enfermería, Maite Matalobos, os test realizaranse en turnos de mañá e de tarde e, esta vez, non se habilitará unha carpa na entrada do ambulatorio, senón que as probas realizaranse no laboratorio do centro.

Cabe recordar que na primeira ronda detectáronse só dous casos de positivos dun total de 534 test.
Publicado en Portada | Deja un comentario