O BNG insta á Xunta e ao concello a mellorar a estrada que une Baloira con Pontecesures

 
A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “esta estrada da Xunta, que é a única via que une o noso concello con Pontecesures e Padrón, que é tamén única vía de acceso coa autovía da Barbanza, non só ten un trazado sinuoso, senón que ten un apreciábel deterioro da capa de rodadura, que en algún tramo é intransitábel”.

“Os veciños e veciñas que utilizan este estrada están fartos deste desleixo por parte da administración autonómica e por parte do concello que non esixe a mellora desta estrada”, afirma a concelleira nacionalista. “O alcalde non levanta a voz por esta estrada, porque a xestiona o PP, se chega a estar xestionada por outra organización faltaríalle tempo para colocarse detrás da pancarta”,  engade a concelleira do BNG.

“Por outra parte, por se foran poucos os problemas desta estrada, esta ten aínda por riba un grave problema cos enormes eucaliptos que hai ao longo do seu trazado, xa que cando hai temporal ou refachos fortes de vento, a estrada énchese de pólas, algunhas de gran calibre, que fan intransitábel esta vía”, explica a concelleira do BNG.

“Xa hai algúns anos que a Xunta do PP anunciou que ía cortalos”, engadiu Susana Camba, “mais foi un anuncio, xa que os enormes eucaliptos aí seguen”. “Neste sentido, é curioso como a Xunta toma medidas contra os propietarios que plantan eucaliptos nas fincas, mais a Xunta non se auto-aplica a lei, que tamén está obrigada a cumprir”, afirma.

O BNG da Estrada insta ao alcalde e á Xunta “a mollarse pola PO-214; o noso concello necesita infraestruturas modernas e ben coidadas, que para algo pagamos impostos” afirma a concelleira nacionalista.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE APOIA A PLATAFORMA ONLINE PARA O COMERCIO E RECLAMA AXILIDADE NO SISTEMA DE VALES DE COMPRA

 

O PSOE mostra o seu apoio á plataforma de comercio online
da Estrada. López Bueno estima que “servirá para competir mellor pero non
se deben marcar grandes obxectivos. “Non será un maná, pero é unha
ferramenta máis para chegar aos clientes”.
O portavoz incide en que “estamos convencidos do compromiso dos
comerciantes”. Critica que López Campos “manifeste en privado opinións
totalmente contrarias ao que fará como goberno” e pídelle “coherencia”.
López Bueno reclámalle ao rexedor que “se non cre no proxecto, que o diga
en público”.
Os socialistas pídenlle ao goberno que poña “especial atención nos criterios
técnicos” dos orzamentos que se están solicitando, e valoran que “a
experiencia no desenvolvemento de plataformas coma esta é chave para
cumprir os prazos sen que se existan sobrecustos”.
López Bueno mantén unhas expectativas optimistas sobre a plataforma e
chama á “tranquilidade e implicación” co proxecto. Afirma que “o deseño e
a posta en funcionamento levarán meses, e este proxecto esixe
implicación”. Tamén advirte de que “a plataforma debe ser sinxela para o
uso dos comerciantes” porque “se non é fácil de utilizar, nin os clientes a
utilizarán nin os comerciantes sacarán rendemento”.
Ademais, o voceiro socialista reclámalle “traballo” ao Goberno municipal.
“As nosas propostas para o comercio levan dous meses enriba da mesa, e
xa están debatidas cos representantes do comercio, empresarios e
hostaleiros”. Culpa ao Goberno de “non estar á altura” da xestión que se
require nestes momentos e recorda que “xunto coas propostas pedimos un
informe de intervención que é fundamental para aplicar as medidas dun
plan anticrise”.
O edil socialista reclamou tamén “axilidade” para comezar canto antes co
sistema de vales de compra no comercio local. O voceiro considera que
“este mecanismo é aceptado polo comercio, garante a actividade e polo
tanto, o emprego”. Valora que cos vales se resolven problemas económicos
“das familias e dos comercios, e contribúese á economía local con cartos
que seguirán circulando aquí”. Remarca que “a nosa proposta de vales de
compra fíxose antes que a de Vilagarcía, e alí xa están executándose”.
Os socialistas valoran que “tanto a plataforma como os vales de compra son
medidas que non estarán a pleno rendemento inmediatamente” e afirman
que “os comerciantes teñen que facer pagos que vencen en poucos días, e
coñecemos moitos casos nos que carecen de liquidez para facelos”.
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
Asimesmo critican que o goberno da Estrada aínda non aprobara “nin unha
soa medida de auxilio inmediato como si fixeron Lalín e Silleda, por
exemplo”.
Para resolver eses problemas do comercio, o grupo municipal socialista
propón “artellar unha liña de axudas directas ligada aos pagos inmediatos
que demostren os comerciantes”. López Bueno considera que “hai que
contemplar uns requisitos” para que “os cartos cheguen aos empresarios
que realmente o precisan. “Convén que existan límites de financiamento e
valoracións obxectivas sobre a procedencia ou non das solicitudes”.
Os socialistas consideran que “sería necesario achegar os comprobantes da
existencia desas obrigas e tamén a documentación que demostre a
imposibilidade de afrontar os pagos”. Sentenciou que “non se trata de que
os comercios vivan das axudas, pero si que é un momento no que debemos
atender esas necesidades”.
López Bueno cre que “o goberno municipal vai tardísimo” na aprobación de
medidas e valora que “López Campos non se preocupou en absoluto polos
problemas do comercio, e están sobrevivindo a pesar do abandono por
parte do Concello”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Un ano despois das Municipais, López sigue instalado no pasotismo

“López leva un ano máis no cargo de alcalde, mais continúan os mesmos vicios e os mesmos problemas de sempre”, afirma a concelleira do BNG, Susana Camba, logo dun ano das eleccións municipais.

“O goberno de López sigue instalado no pasotismo que caracterizou os mandatos anteriores, un pasotismo que parece que contaxia tamén aos novos membros do seu goberno que non dubidan en desfrutar da praia en Sanxenxo no medio da semana, mentres os problema amoréanse no noso concello”, explica a concelleira nacionalista.

“Sen embargo, os mesmos problemas de sempre están aí”, engade, “non temos solo industrial público, a Cidade do Moble sigue en stand-by, non se abren novas rúas, a recollida do lixo no rural sigue igual de deficiente que sempre, os viais teñen as mesmas fochancas que hai un ano (Santo André de Vea, Vinseiro, Guimarei…)… e por suposto, tampouco temos orzamentos, a pesar de estar case no mes de xuño e no medio dunha crise económica sen precedentes.”

A concelleira nacionalista insta ao goberno municipal do PP “a moverse e a traballar polos veciños e veciñas durante todo o mandato, non só dous ou tres meses antes das eleccións municipais”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE SOLICITA A PRESENZA DA ITV MÓBIL EN OCA ANTES DO 31 DE XUÑO

O PSOE pide explicacións pola ausencia da unidade móbil de
ITV na parroquia de Oca este ano. López Bueno argumenta que “o Goberno
municipal aproba os lugares e días onde se colocará a estación móbil da
ITV, non ten sentido que cando lle foi solicitada a autorización, non se
desen conta de que faltaba unha parroquia”.
O voceiro socialista rexistrou un escrito no Concello para “recibir
explicacións por escrito de cales foron as xestións que se fixeron con SyC
ITV sobre a ausencia en Oca” e instou ao Goberno a obrigar á concesionaria
a dispoñer a unidade móbil en Oca durante tres días antes do 31 de xuño,
“como acontece nas demais parroquias que gozan deste servizo”.
López Bueno considera que “o Goberno volve a ignorar as necesidades dos
veciños” e recorda que “é un servizo esencial para unha parte importante
do Concello, e o Goberno ten capacidade para esixir que Oca se inclúa no
calendario”.
Asimesmo valorou que “a unidade móbil de Oca recibe vehículos dunha
zona da Estrada con arredor de 2.500 veciños, e ademais achéganse a ela
persoas de Concellos limítrofes como Silleda, Vedra e Boqueixón” e por iso
lle parece que “é unha cuestión coa suficiente importancia como para
tomala en serio”.
O líder dos socialistas espera que “a nosa solicitude se atenda con
prontitude” aínda que opina que “neste momento o Goberno municipal é
incapaz de resolver calquera problema” e pon os exemplos dos problemas
de abastecemento de auga en Codeseda, o atraso na limpeza dos viais
municipais, o mal estado dos arredores da vila “e poderiamos continuar
enumerando situacións que están pendentes dunha solución”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello continúa co seu labor de rozado de beiravías por todo o municipio estradense

Dende o servizo de obras do Concello da Estrada, estanse levando acabo as tarefas de rozadura nas beiravías das estradas asfaltadas de titularidade municipal.

Para realizar esta tarefa de eliminación de broza, cóntase con cinco tractores e o apoio de operarios con rozadoiras manuais para actuar en zonas na que non poden actuar os tractores. Unha actuación que se intentará acometer o máis axiña posible, con vistas a neutralizar a gran proliferación de maleza nas marxes dos camiños debido as condicións meteorolóxicas favorables e ao retraso provocado pola declaración do estado de alarma.

Dende que comezou o labor de rozado de beiravías a finais de abril, esta lévase acometido en 18 parroquias (Cereixo, San Xurxo de Vea, Lagartons, Cora, Orazo, San Xiao de Vea, Riobó, Oca, San Pedro de Ancorados, Baloira, Aguións, Agar, San Miguel de Castro, Barbude, Rubín, Remesar, San Miguel de Barcala e A Estrada).

Nos vindeiros días seguiranse intensificando os labores de limpeza para mellorar a seguridade dos nosos viais, tanto para os vehículos que discorren por eles, como para o gran número de viandantes que fan uso da nosa extensa rede viaria, paseando ou facendo deporte durante este proceso desescalada.

Outros dos obxectivos desta tarefa de limpeza en beiravías, terrapléns e medianas son os de diminuír o risco de incendio ante a inminente chegada do verán e o de facilitar a óptima visibilidade dos sinais de tráfico, evitando así posibles accidentes.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Xa se pode reservar cita para pasar a ITV de vehículos agrícolas no vindeiro mes de xuño

 

 

Neste mes de xuño, despois da parada provocada polo estado de alarma que estamos a vivir, desprazarase ao noso Concello a UNIDADE MOBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS AGRÍCOLAS.

Os lugares e as datas onde comezarán as inspeccións son as seguintes:

 

A ESTRADA

Explanada Estación Autobuses

11,12 e 15 xuño

O FOXO

Xunto ao CEIP do Foxo

8,9 e 10 xuño

CODESEDA

Xunto á carballeira

16,17,18 xuño

SAN XURXO DE VEA

No campo de festa

19,22,23 e 25 xuño

 

Nesta listaxe inicial non aparece a parroquia de Oca, como era habitual en anos anteriores, debido a que a data reservada para esta parroquia non foi posible afrontala polas consecuencias derivadas do estado de alarma.

Unha vez recibida no concello a previsión de datas, puxose en contacto ca empresa que presta este servicio contestando que en próximas datas, asignaráselle unha nova data de inspección de vehículos agrícolas a esta parroquia para a reserva de citas.

Cabe recordar, neste senso, que os prazos para pasar a revisión quedan prorrogados ata o 10 de setembro de 2020.

O horario de atención das inspeccións será de 9.00 h a 13.00 h e de 15.15 h a 18.00 h, agás os días 12 e 19 de xuño, que será só en horario de mañá, de 9.00 h a 13.00 h.

Xa se pode reservar cita previa para o proceso de inspección chamanso ao teléfono 902 30 90 00 ou anotándose na páxina web: www.sycitv.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

Dez días sen casos activos de coronavirus en A Estrada

Dende fai 10 días A Estrada mantense sen casos positivos de COVID-19.

Pidese que se manteñan as medidas de seguridade  para previr novos contaxios, nesta desescalada.

Aínda que o virús non desaparece as altas temperaturas reducen no tempo a pervivencia do mesmo.

Publicado en Portada | Deja un comentario