A XUNTA SOLICITA A 2.882 FAMILIAS PONTEVEDRESAS O SEU VISTO E PRACE PARA RECIBIR A BOLSA DE COMEDOR DURANTE A SUSPENSIÓN DAS ESCOLAS INFANTÍS

 

– O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou esta mañá que a Consellería de Política Social solicitou a 2.882 familias da provincia de Pontevedra o seu visto e prace para recibir a bolsa de comedor durante a suspensión da actividade desde o 16 de marzo nas escolas infantís por mor da crise sanitaria da covid-19.

 

Segundo apuntou Cores Tourís, no caso das comarcas do Deza e do Tabeirós beneficiaranse 147 familias. Na área territorial da Delegación de Pontevedra, en total, a Xunta solicitou este viste e prace a un total de 1.138 familias (comarcas do Deza, Salnés, Pontevedra, Morrazo, Baixo Miño e Condado-Paradanta).

 

A comunicación coas familias fíxoose mediante un correo electrónico no que se lles require como único trámite para percibila estar ao corrente das súa obrigas tributarias e sociais e unha autorización para consultar os datos bancarios.

 

Son beneficiarias desta bonificación as familias usuarias do servizo de comedor nas escolas infantís de 0-3 anos de titularidade autonómica, nunha praza concertada en escolas infantís privadas ou aquelas que perciben unha axuda de comedor  a través do Bono Concilia. A contía concedida é unha compensación pola bonificación que tiñan concedida polo custo diario do menú nos días lectivos que estivo suspendida a actividade nestes centros.

 

Esta axuda permitirá ás familias vulnerables que xa viñan desfrutando dunha bonificación no custo de comedor, e da que se ven privadas a raíz da situación de emerxencia sanitaria, manter a correcta alimentación do seu fillo ou filla e evitar que este gasto de alimentación engadido afecte aínda máis a súa situación.

 

As familias que se beneficiaron dunha bonificación de comedor por ter unha renda mensual inferior aos 403 euros percibirán unha axuda de 2,5 euros ao día. Pola súa banda, as familias que contan con esta bonificación por dispor dunha renda mensual de entre 403 e 672 euros percibirán unha bolsa de 1,5 euros ao día.

 

O primeiro pagamento será o correspondente aos días lectivos transcorridos ata ese momento. Pode haber pagamentos sucesivos en función dos días que se suspendan en eventuais prórrogas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG DENUNCIA A PRESENZA DU VERTEDOIRO EN OUTEIRO, PARROQUIA DE AGAR

A CONCELLEIRA DO BNG, SUSANA CAMBA, INSTA AO GOBERNO MUNICIPAL E POÑER EN MARCHA UNHA POLÍTICA MEDIO AMBIENTAL MERECENTE DE TAL NOME

O BNG, por medio da súa voceira Susana Camba, vén de pór en coñecemento da concellería do rural do goberno do PP, a existencia dun grande vertedoiro clandestino que transgride os máis elementais compromisos legais e éticos aos que estamos obrigados co medio ambiente.

O vertedoiro en cuestión, sinala a voceira do BNG “localízase entre o lugar de Outeiro da parroquia de Agar , no punto da N640 onde se sitúa o antigo restaurante dos Dous Lares, camiño da Rocha.”

“Desde o BNG pensamos que proceden desde o goberno municipal accións contundentes fronte a estes despropósitos”, afirma a concelleira do BNG, “o goberno municipal non pode mirar para outro lado, como fai sempre, o respecto ao medio ambiente tamén é cousa do goberno municipal”. “De feito, “ sinala Susana Camba, “o goberno municipal debería ter unha concellería especificamente dedicada ao medio ambiente, non un totum revolutum como o actual onde se mete áreas tan dispares como medio rural, cultura, normalización lingüística e medio ambiente.”

Desde o BNG “instamos ao goberno a que leve a cabo as accións oportunas para eliminar o vertedoiro e trasladalos ao punto limpo para o seu tratamento habitual, e poñer en marcha unha política medio ambiental que vaia máis alá de levar o lixo a SOGAMA”

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE TACHA O PLAN ANTICRISE COMO “DESERTO” E AFIRMA QUE A MOBILIZACIÓN DE RECURSOS SERÁ DE “COMO MOITO 500.000 EUROS”.

O PSOE desminte a López Campos e critican que “intente
confundir aos veciños e veciñas”. López Bueno considera que “dicir que se
van mobilizar 4 millóns de euros é unha mentira sen precedentes nas
declaracións do alcalde”.
O voceiro socialista analiza as verbas do rexedor municipal e conclúe que
“dos 4 millóns de euros que di que porá sobre a mesa, 3,5 xa estaban
contemplados dunha maneira ou doutra e non van a cambiar de destino”.
Continúa explicando que “1,5 millóns correspóndenlle ao Plan Concellos da
Deputación de Pontevedra, ían estar aí houbera crise ou non. Ademais, as
modificacións previstas non se levarán a investimento, irán a gasto
improdutivo”. Tamén revisa outros apartados como os fondos EDUSI, “a
maior parte dos fondos europeos vanse executar en obras da Praza da Feira
e Sendas Fluviais e Forestais. Cuestión distinta é que unha parte doutras
actuacións se modifiquen para adaptalas á nova situación, pero as grandes
obras previstas son as mesmas antes e despois da crise do Coronavirus”.
O socialista tamén considera que “poñerlle un destino distinto a partidas
que non se van a executar -como as destinadas para as festas do salmón e
outros eventos que se cancelaron- ten todo o sentido, pero computalo como
mobilización é unha falacia, xa que eses cartos se ían a gastar igualmente”.
Así, López Bueno conclúe que “a mobilización propiamente dita será como
moito de 500.000 euros” e acusa ao alcalde de “levar meses de retraso no
deseño de medidas económicas e sociais. Non están á altura do talante
colaborador do resto de forzas políticas”.
Afirma que “de momento a única proposta con medidas concretas é a que
presentamos dende o PSOE”. O voceiro revela que “na reunión de voceiros
que vimos mantendo non se deron detalles de cales son as medidas do plan
anticrise” e que “o goberno afirma que está traballando con intervención
sobre como organizar as propostas dende o punto de vista do orzamento”.
López Bueno cuestiona que “hai máis de un mes e medio que solicitamos a
elaboración dese informe, que se supón que estiveron facendo?”.
O voceiro socialista lamenta que “os concelleiros do goberno están
absolutamente superados” e son “incapaces de xestionar as frontes que
teñen abertas”. Pregúntase en concreto “onde está o concelleiro de
Promoción Económica? E o Concelleiro de Rural?” aos que achaca
“deixadeza de funcións” ao non presentar “nin unha soa iniciativa para
resolver os problemas que deixa a crise nas súas áreas de goberno”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PROGRAMA DE AXUDAS PARA CONTRIBUIR A MINIMIZAR O IMPACTO ECONÓMICO E SOCIAL DA COVID-19 NOS ALUGUEIROS DE VIVENDA HABITUAL.

 

Estas axudas destínanse a persoas que pasaron a situación de desemprego; ERTE ou que reduciron a súa xornada por motivo de coidados, e a empresarios, autonómos que tiveron unha perda substancial de ingresos desde a declaración do estado de alarma.
A contía da axuda será de ata 500 euros mensuais e concederase durante o prazo que se acredita a situación de vulnerabilidade e ata un período máximo de 6 meses ( poderá ter efectos retroactivos).
O prazo de solicitude deta axuda esténdese ata o 30 de setembro.
No día de hoxe tamén se convocaron as AXUDAS COMPLEMENTARIAS DO B ONO DOALUGUEIRO SOCIAL DESTINADO AO ALUGAMENTO DE VIVENDAS PARA VÍTIMAS DE VIOLENCIA DE XÉNERO.
Serán beneficiarias destas axudas aquelas persoas que teñan unha resolución de concesión inicial
ou, de ser o caso, prórroga do Programa do bono de alugueiro social ou do programa do bono de alugueiro social destinado ao alugamento de vivendas para as vítimas de violencia de xénero.
A contía da axuda será polo importe da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria non subvencionado no marco os programas de alugueiro.
A axuda terá unha duración máxina de 7 meses.
O Concello da Estrada pon á disposición da persoas beneficarias destas axudas os seus medios técnicos para realizar a tramitación das mesmas.
Para máis información chamar ao teléfono 986 677 740 en horario de 9,00 a 14.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG propón unha axuda directa de 2.000 euros por parte do goberno galego ás persoas autónomas e pequeno comercio

O parlamentario Luís Bará mantivo hoxe unha reunión telemática coa directiva de comerciantes de A Estrada para recoller demandas e amosar a total disposición do Bloque a colaborar na saída da crise

Defendeu a necesidade dunha nova Lei Galega do Comercio para favorecer a actividade fronte ás grandes superficies, á liberalización de horarios, ás aperturas en festivos e ás rebaixas

 
 
O parlamentario do BNG Luís Bará reuníuse hoxe coa directiva da Asociación de comerciantes de A Estrada para recoller as súas demandas e amosar a total disposición do Bloque a colaborar nunha saída da crise que dinamice o pequeno comercio e o traballo das persoas autónomas. Como medidas principais, Bará puxo sobre a mesa a aposta por unha axuda directa de 2.000 euros por parte do goberno galego, así como a aprobación dunha nova Lei Galega do Comercio que permita defender ao comercio de proximidade fronte ás grandes superficies e regule a liberalización de horarios, aperturas en festivos e o periodo de rebaixas, entre outras cuestións.

No encontro estiveron presentes a concelleira Susana Camba, Xosé Magariños e Víctor Pousada pola parte nacionalista ademais de Bará, así como o presidente da asociación Alfredo González, Jorge Fuentes e Carlos Sinde. Estes últimos plantexaron as súas problemáticas concretas no día a día: ausencia de axudas, falta de coordinación, dificultades para aplicar o comercio online –que non consideran a panacea- e o necesario apoio conxunto das forzas políticas para saír da crise e paliar as perdas.

Bará salientou a actitude responsable do BNG e a altura de miras fronte á confrontación política. Subliñou que o Bloque plantexou ao goberno galego medidas que suporían unha axuda tanto a curto como a medio prazo. Unha delas é unha responsa urxente e inmediata da Xunta con axudas directas de 2.000 euros nun pago único para compensar o período de inactividade –compatibles coas do Estado-, así como tamén campañas de fidelización do comercio de proximidade e de promoción do produto local, o potenciamento e recuperación de espazos urbanos que faciliten a mobilidade peonil e dar vitalidade ao comercio local. Neste sentido, o nacionalista puxo o exemplo de Pontevedra, unha cidade na que o espazo público está recuperado hai anos para a cidadanía e no que se está facendo máis fácil o potenciamento do comercio de proximidade e a relación entre as persoas. “Quen camiña pola rúa é quen entra no comercio. Se as rúas son axeitadas para as persoas, hai unha roda que funciona: o paseo pode traducirse nunha compra ou parar nunha terraza, en xerar actividade económica”, destacou.

Tamén incidiu Bará na necesidade dunha regulación propia (unha Lei Galega do Comercio) que restrinxa as posibilidades das grandes superficies, que acoute a liberalización horaria e as aperturas dos festivos (fronte á petición de apertura de todos os domingos e festivos para o vindeiro ano por ser Ano Santo), así como unha regulación das rebaixas.

Bará recolleu tamén as queixas dos comerciantes, que critican que toda a saída á crise motivada pola situación sanitaria se centre por parte da Xunta no comercio dixital. Recoñeceu que a posta en marcha de plataformas supón un elevado custe así como tempo para poñelas en activo con garantías, ademais de evidenciar a mala conectividade das zonas rurais, o que xera máis desigualdade contra os grandes competidores.

Pola súa banda, os comerciantes sinalaron que se ben na última semana houbo certos brotes verdes no comercio, a situación está caíndo drasticamente e empeorará despois do verán, polo que acolleron positivamente as propostas do BNG. “Estamos afogadísimos, coa lingua fóra… E a solución non son os ICOS, xa que dous meses de inactividade supoñen débedas de seis anos. Hai falta de liquidez e unha situación dramática”, insistiu.
Publicado en Portada | Deja un comentario

ABRIMOS O PRINCIPAL!

O programa titulado ABRIMOS O PRINCIPAL! comezou este pasado xoves coa actuación de Manolo do Atlético .

No día de hoxe tocoulle o estradense Gabriel Estrada de deleitarnos con Plan Siberia  cun concerto de pop indie. 

É seguirá nas vindeiras semanas cos seguintes eventos:

 

-21 MAIO (20.00h) BELÉN TROITIÑO (concerto de clarinete)

-26 MAIO (20.00h) FRAN CAMPOS (contacontos infantil)

-28 MAIO (20.00h) NONO (sesión de clown e mimo)

-04 XUÑO (20.00h) LUCÍA AZURMENDI (cantante estradense de música de jazz, funky e blues)

-11 XUÑO (20.00h) AS LERCHAS (teatro cómico con Sali Torres e Mari Rivadulla)

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE RECLAMA REFORZOS PARA OS SERVIZOS DE DESBROCE ANTE A MULTITUDE DE QUEIXAS VECIÑAIS

López Bueno cre que é “vergoñento” falar de investimentos
millonarios mentres o Concello é incapaz de atender con eficacia os
servizos máis básicos

O PSOE reclama reforzos para as brigadas de desbroces do
Concello. López Bueno afirma que “recibimos queixas de case todas as
parroquias”. O voceiro tamén considera que “este ano a crise da Covid
impedía levar a cabo as tarefas, pero falamos dun problema recorrente e
que se dá todos os anos”.
Para o voceiro socialista é “insólito” falar de investimentos millonarios
mentres o Concello é incapaz de atender con eficacia os servizos máis
básicos, como son o mantemento e limpeza dos viais no rural”. López
Bueno considera que “mellorar o servizo non será gratis, haberá que dotar
de máis recursos persoais e materiais ás brigadas. O goberno municipal
sempre queda retratado cando ten que tomar decisións coma esta, tira cara
o casco urbano o 100 % das veces”.
López Bueno valora que a situación das parroquias volve a ser de
“esquecemento total e absoluto por parte do Goberno municipal”. Pon como
exemplo “os anuncios de investimentos millonarios que en pouco ou nada
benefician aos veciños e veciñas que viven fóra do casco urbano”. O
voceiro remarca que “mentres se realizan eses anuncios, estamos a metade
de ano e o Goberno municipal non executou un só euro do máis de
1.000.000 que a Deputación de Pontevedra pon a disposición da Estrada
para investir no rural”.
O socialista considera que o esquecemento das parroquias “ten
consecuencias máis alá do malestar dos veciños” e valora que “xa existen
estudos que conclúen a revalorización das vivendas próximas ás vilas
medianas. A crise sanitaria e o confinamento demostraron que o rural
ofrece unha calidade de vida distinta á realidade do mundo urbano e A
Estrada non se beneficiará desta onda porque temos un rural
terceiromundista no que se refire a servizos municipais, e precipitámonos
sen remedio cara a barreira dos 20.000 habitantes”.
O voceiro advirte de que “eses problemas xa están chegando ao casco
urbano”, e pon exemplos: “as travesías da Avenida de Pontevedra están
invadidas pola maleza, as beirarrúas da parte baixa de Benito Vigo, o firme
de varias rúas do centro… a lista continúa medrando mentres o Goberno é
incapaz de ofrecerlle respostas aos veciños”.

Publicado en Portada | Deja un comentario