O rural da Estrada non é a Gran Vía madrileña

 

No rural non se pode facer deporte con seguridade nos horarios marcados polo goberno central, non están adaptados á nosa realidade social e á nosa forma de habitar o territorio

Os horarios que marca o goberno central para facer deporte ou pasear son un sinsentido nun concello no que a maior parte dos seus veciños e veciñas viven no rural. Estas normas poden ser acaidas para a vila ou para unha cidade para evitar aglomeracións, pero no rural é improbábel que se dean e polo tanto estas normas carecen de sentido, dada a dispersión territorial que caracteriza o noso concello en particular e a Galiza en xeral.

A este disparate temos que engadir dous problemas graves de seguranza vial que afectan o noso concello. Por unha banda a iluminación. Ás 6 ou 7 da mañá non se pode facer deporte no rural de xeito seguro pola falta de iluminación, e o mesmo podemos dicir ás 10 e 11 da noite, que son as franxas horarias marcadas polo goberno central. E por outra banda os viais do noso rural carecen de arcéns, polo que aumentan as dificultades para facer deporte de xeito seguro e tamén pasear.

Por outra parte, tampouco ten sentido a delimitación provincial nas normas de desconfinamento. Hai veciños e veciñas do val de Vea fan a compra e xestións bancarias en Pontevea, que está no que o goberno central chama provincia da Coruña, e con estas normas non poderían cruzar o Ulla. Outro tanto pasa en Barcala e Santa Mariña, que manteñen moita relación con Padrón.

Como afortunadamente non todos e todas vivimos na Gran Vía madrileña, o goberno municipal debería trasladar ao Goberno central unha queixa formal do noso concello por deseñar unhas normas de desconfinamento que non se adaptan a nosa realidade social e á nosa forma de habitar o territorio. Por outra parte, o alcalde da Estrada debe instar ao presidente da Xunta a que lidere un desconfinamento galego e pactado coas forzas política no Parlamento Galego. Un desconfinamento feito desde nós.

Publicado en Portada | Deja un comentario

COMUNICADO IMPORTATE SOBRE AS SAÍDAS E PRÁCTICAS DEPORTIVAS NO CONCELLO ESTRADENSE

Ca previsión orientativa para o levantamento das limitacións de ámbito nacional establecidas no estado de alarma, en función das fases de transición que afectan o ámbito deportivo federado e
non federado, a desescalada na Fase 0 para a actividade deportiva entrará en vigor as 0 horas do sábado día 2 de maio estructurarase deste xeito e cas seguintes franxas horarias:
➔ Fase 0 (Instalacións deportivas municipais Concello da Estrada pechadas)
•Deporte federado: Adestramentos individuais de profesionais e federados. Adestramentos
básicos de ligas profesionais. Actividade deportiva sen contacto.
•Deporte non federado: Actividade deportiva sen contacto (montar en bici, correr, patinar, etc.) sempre que se faga de forma individual e ca protección axeitada (distancia, etc.).
DEPORTE: Está permitida calquera práctica deportiva de carácter individual, sen
contacto con terceiros, unha única vez o día e dentro do concello de referencia. Non se establece distancia.
PASEOS: Para pasear, poderase sair unha única vez o día, acompañado dunha soa persoa convivinte, e nunha distancia como máximo dun km no mesmo concello.
As franxas horarias son as seguintes:
• Paseos e deporte adultos: de 6.00 a 10.00 y de 20.00 a 23.00 horas.
• Paseos de persoas maiores de 70 anos e de persoas dependentes (que necesiten ir acompañadas por un coidador): de 10.00 a 12.00 y de 19.00 a 20.00 horas
• Paseos de nenos menores de 14 anos nas condicións que xa existían (unha hora, unha vez o día, a un km do domicilio, con un adulto e un máximo de tres menores):
De 12.00 a 19.00 horas
➔ Fase 1 (Instalacións deportivas municipais Concello da Estrada pechadas)
•Deporte Federado: Apertura de centros de alto rendimento con medidas de hixiene e protección reforzadas e, si é posible, quendas. Adestramento medio en ligas profesionais.
•Deporte non federado. Instalacións deportivas ao aire libre sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto: atletismo, tenis). Actividades deportivas individuais con previa cita en centros deportivos que non impliquen contacto físico nin uso de vestiarios.

➔ Fase 2 (Instalacións deportivas municipais Concello da Estrada poderían abrir dependendo da evolución da situación)
•Deporte federado Adestramento básico en ligas non profesionais federadas. Adestramento total en ligas profesionais. Reapertura de campionatos profesionais mediante partidos a porta
pechada ou con limitación de aforo, que poden ser retransmitidos.
•Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con aforo limitado, en termos similares ás actividades culturais e de lecer desta Fase. Instalacións deportivas en espazos pechados sen público (só para practicar deportes nos que non exista contacto ou o risco de contaxio sexa baixo)
➔ Fase 3.
•Deporte federado: Adestramento medio en ligas non profesionais e federadas
•Deporte non federado: Espectáculos e actividades deportivas ao aire libre con aforo menos limitado. Espectáculos e actividades deportivas en espazos pechados. Público limitado a 1 persoa por cada 20 m2. Partidos cun máximo de 1/3 aforo, garantindo sempre a separación de seguridade entre os espectadores e actividades deportivas ao aire libre ou cun máximo de
1/3 do aforo de ximnasios, sen uso de vestiarios.
O Concello da Estrada, para o desconfinamento progresivo de menores de 14 anos mantén as medidas anunciadas e as 4 zonas de paseo propostas, e aconsella tamén a utilización das mesmas 4 zonas para os paseos dos cidadáns, para evitar aglomeracións.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA REPARTE UN TOTAL DE 577 ORDENADORES ENTRE AS FAMILIAS CON MENOS RECURSOS DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIROS-TERRA DE MONTES

A Xunta de Galicia, en colaboración cos centros educativos dos concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes, entregou desde a suspensión da actividade educativa presencial un total de 577 ordenadores ao alumnado de familias con menos recursos. En total, na provincia prestáronse 5.225 ordenadores.

 
Trátase da suma dos ordenadores con conectividade que xa lle enviou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) a cada centro da área, xunto cos equipos que tiñan tanto os propios centros educativos como os Centros de Formación e Recursos do Profesorado e que se puxeron a disposición das familias que o precisasen.


As familias reciben os equipos como préstamo persoal para facilitarlles aos seus fillos o seguimento da actividade educativa, mentres dure a suspensión das clases presenciais.
Cómpre ter en conta, ademais que os alumnos que participan no porgrama E-Dixgal dispoñen tamén neste curso de portátiles cedidos pola Xunta de Galicia.


Reforzo dos recursos en liña

A dotación deste equipamento forma parte do paquete de medidas que puxo en marcha a Xunta para facilitar o seguimento en liña da actividade educativa. Entre as últimas actuacións está a posta a disposición dos docentes dunha  plataforma de videoconferencia que permitiu na primeira quincena activa máis de 52.000 reunións virtuais, nas que participaron  170.000 docentes e alumnos.


Para facilitar o acceso a todos os servizos dixitais educativos dispoñibles para toda a comunidade educativa, habilitouse un espazo tanto no portal educativo (https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/espazo/servizos-dixitais) como na canle do espazoAbalar en Youtube (https://www.youtube.com/espazoAbalar), nos que se indica como acceder a eles, manuais de uso, e videotitoriais dos servizos e funcionalidades máis demandadas das aulas virtuais, o sistema de videoconferencia, e da plataforma de comunicación coas familias.

 

Acordo coa Fegamp

Ademais, a Xunta de Galicia, -a través da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)-, a FEGAMP e  os concellos de Galicia que o consideren, establecerán unha liña de colaboración para a mellora da conectividade e a dotación de recursos tecnolóxicos ao alumnado do ensino non universitario. O obxectivo deste  principio de  acordo  que publica o Diario Oficial de Galicia -á proposta do departamento de Educación do Goberno galego no marco da última reunión da CECOP- é aproveitar as sinerxías, evitar solapamentos entre administracións e acadar a máxima cobertura do servizo no ámbito da atención educativa.

 

No acordo establécese que, por razóns de competencia, o Goberno galego atenderá con prioridade ao alumnado de ESO, Bacharelato e FP, de acordo cos criterios de promoción e titulación. Pola súa banda, os concellos interesados voluntariamente en colaborar no préstamo e reparto de equipamento e conectividade de propiedade municipal daralle prioridade ao alumnado das etapas de Infantil e Primaria, de acordo coa Lei Orgánica de Educación e da normativa en materia de Réxime Local.

 

A maiores, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Amtega traballarán coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) nun protocolo para a creación dunha base de datos de equipamentos única con destino ao alumando non universitario, que identifique os beneficiarios e evite eventuais solapamentos nas entregas do material. Trátase tamén de actuar baixo o principio de subsidiariedade administrativa de xeito que os equipamentos locais se circunscriban principalmente a  atender as demandas nas etapas de Infantil e Primaria, mentres que a Xunta de Galicia lle da prioridade a ESO, Bacharelato e FP.  

 

Finalmente, no que atinxe á recollida ou distribución de material non informático, estableceuse que os centros educativos poderán solicitar, se fose preciso, a colaboración dos servizos de Protección Civil ou da Policía Local, para efectuar ditas entregas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

«RECUNCHIÑOS DE SABUCEDO” RECUPERA A MEMORIA E O PASADO DA ALDEA»

O proxecto “Recunchiños de Sabucedo”, un espazo en Facebook impulsado pola veciña Sheila Míguez Carracedo sobre diversos aspectos desta parroquia que vaian máis alá da coñecida Rapa das Bestas, está a recuperar a memoria, o pasado e a historia desta aldea cunha recopilación de fotografías antigas aportadas pola veciñanza e que se comparten, con moito éxito, nesta páxina.

Esta iniciativa xurdíu hai case un mes, xa que a súa promotora xa tiña esta idea en mente e entendeu que, con motivo do confinamento pola crise sanitaria do coronavirus, gran parte dos veciños ía pasar moito máis tempo nas súas casas e podería buscar máis facilmente estas vellas instantáneas en álbumes, caixas ou faiados. E así foi, xa que nestas catro semanas téñense recuperado unha trintena de fotografías antigas de Sabucedo, datadas entre as décadas dos cincuenta e dos noventa, que ademais están a espertar un gran interese entre os veciños da parroquia estradense e doutros lugares, acumulando 800 interaccións e unha audiencia que xa supera as 9.300 persoas.

Esta iniciativa, que segue aberta para que os veciños fagan as súas aportacións, permitíu descubrir moitas estampas costumistas da aldea ademais da súa coñecida rapa, xa que aparecen lugares icónicos, festas, xuntanzas de grupos, actos relixiosos, brincadeiras ou momentos de lecer ou traballo da segunda metade do século pasado. O obxectivo é que todas elas pasen a formar parte do propio patrimonio material e histórico da parroquia como legado para as vindeiras xeracións.

Cómpre sinalar que o proxecto “Recunchiños de Sabucedo” xurdíu hai algo máis dun ano, a comezos de 2019, da man de Sheila Míguez co propósito de amosar e compartir os aspectos máis descoñecidos, os lugares máis especiais, os actos sociais e veciñais e incluso os segredos desta parroquia que vaian máis alá da Rapa das Bestas, que xa é internacionalmente coñecida e conta, merecidamente, con moitas canles informativas. Neste tempo, esta páxina foi medrando paseniñamente grazas, principalmente, ás fotografías dos lugares máis populares ou descoñecidos de Sabucedo e xa rolda os 600 siareiros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Covid- 19 cobrase a cuarta vida en A Estrada

 

O coronavirus cobrase a cuarta vida no concello de A Estrada. Un xoven veciño da parroquia Estradense de Oca de 48 anos de idade que levava ingresado varios días no CHUS e con patoloxías previas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O desexo máis esperado despois de 45 días

 

Os nenos no noso concello nunca necesitaran tanto poder sair pasear é respirar libres.

Na mañá de hoxe puideron desfrutar deste momento acompañados de un dos pais, que no noso concello foron totalmente responsables.

Publicado en Portada | Deja un comentario

COMUNICADO

De xeito complementario ás directrices marcadas polo Goberno para o desconfinamento parcial dos menores de 14 anos, o Concello da Estrada anuncia unha serie de recomendacións que teñen por obxecto velar pola seguridade dos viandantes desconxestionando as zonas de paseo.

 

O Goberno Central estipula que, dende este domingo día 26, os menores de 14 anos poderán saír das súas casas para pasear, atendendo aos seguintes criterios:

 

  • Os menores só poderán dar un paseo ao día e, como máximo, dunha hora de duración, entre as 9 e as 21 horas, evitando alonxarse máis de 1 km do seu domicilio.
  • Deberán estar acompañados en todo momento dun adulto co que convivan, o cal poderá acompañar ata un máximo de tres nenos á vez.
  • Deben respectarse as medidas de distanciamento social con outros nenos e adultos, segundo establecen as autoridades sanitarias.
  • Estaralles permitido correr, saltar e facer exercicio; sempre e cando respecten as medidas de distanciamento social.
  • Poden saír do domicilio cos seus propios xoguetes, pero non poderán facer uso de parques nin de xogos infantís comúns.
  • Na contorna rural poderase saír a pasear ao campo, respectando igualmente as medidas de distanciamento social

           

Pola súa banda, o Concello da Estrada  promove as seguintes recomendacións:

 

  • As zonas de xogo dos parques infantís estarán precintadas ata que se indique o contrario. Así se fará na Alameda municipal, no parque da Avenida de Santiago e no da Praza do Mercado.

 

  • A Proposta mínima entre viandantes será de 2 m. Ao igual que fan os vehículos, os peóns deben utilizar unha beirarrúa para un sentido da marcha e a beirarrúa contraria para o sentido da marcha en dirección oposta.

 

  • Débense establecer zonas de paseo seguro, tratando de evitar o contacto con outros peóns durante eses paseos diarios. Preferiblemente, seleccionando zonas de paseo con amplas beirarrúas á menor distancia posible do domicilio, evitando, na medida do posible, rúas céntricas que poidan provocar unha maior concentración de peóns.

 

  • Deste xeito e seguindo as anteriores premisas, recomendamos catro zonas para o paseo con menores de 14 anos:

 

1.- Para os residentes nas zonas da contorna da Avenida de Santiago e Figueiroa poden utilizar a Avenida da Cultura e a Zona Deportiva ata a carballeira municipal

2.- Para os residentes nas zonas da contorna dende a Rúa Calvo Sotelo ata a Avenida de América, poden utilizar a Rúa Antón Losada Diéguez, Rúa 25 de xullo e Praza da Feira

3.- Para os residentes nas zonas da contorna da parte alta da Avenida de Benito Vigo e Avenida de
Pontevedra, poden utilizar a parte final da propia Avenida de Pontevedra cara á saída da vila

4.- Para os residentes nas zonas da contorna da Avenida Fernando Conde e a parte baixa da Avenida de Vigo, poden utilizar a propia Avenida de Vigo, así como a área da Baiuca ou a Estación de Autobuses.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN

Publicado en Portada | Deja un comentario