Nobilis Medioambiente, instalase no Viveiro de Empresas Estradense

O departamento de Emprego do Concello da Estrada INFORMA que esta semana tivo lugar  entrada dentro do Viveiro de Empresas municipal dunha nova empresa. Trátase da firma Nobilis Medioambiente adicada á realización de traballos de topografia; realización de informes técnicos e
periciais; proxectos técnicos; legalización de traídas de auga etc.
Coa entrada desta nova empresa son 8 os espazos ocupados polo momento, dos 10 dos que consta o viveiro de empresas.
Neste mes, unha das empresas viveiristas, a compañía de teatro Ibuprofeno, remataba os dous anos de ocupación do seu espazo pero estos días solicitou a prórroga por 12 meses máis.
Así mesmo, unha empresa que se adica a temas de educación con menores, mostrou no día de onte o seu interese por formar parte do noso viveiro.
A lectura destos datos é moi positiva xa que demostran que se segue a xerar actividade empresarial
na Estrada alén de que o Viveiro de Empresas é unha excepente ferramenta de apoio para os nosos emprendedores nos primeiros anos de andaína dos seus negocios.
O Viveiro de empresas ten un custe fixo mensual de 50 €, prezo que inclúe gastos de ocupación;
internet, teléfono, luz, zonas comúns e servizos de reprografía.
Ao dispoñer de dous espazos vacantes, todas aquelas persoas interesadas en formar parte do viveiro poden facer as súas solicitudes de maneira ordinaria como se viña facendo ata o de agora a partir deste luns.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sala Gradín e a Fogaza reinventan unha nova Festa do Salmón neste 2020, con servicio de degustación a domicilio

Ás dúas empresas deciden reinventarse para sacar adiante unha Festa do Salmón a domicilio.

Fixan en 6 euros o prezo das súas bandexas nas que se poderán degustar  2 pinchos variados.

Os encargados de facelas rutas polo rural será  a Fogaza e servirán  do 14 o 17  de Maio.

As encargas serán telefónicas ou mediante facebook.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Departamento de Emprego do Concello da Estrada informa

 
En relación á apertura de prazo no día de hoxe para a solicitude perante o Servizo Público de Emprego Estatal, da prestación extraordinaria por desemprego das persoas empregadas do fogar, o Concello da Estrada pon á disposición de todas as persoas interesadas, os seus medios técnicos para
a tramitación da mesma.
Os requisitos xerais para acollerese á prestación son haber estado dadas de alta como traballadoras empregadas do fogar antes do estado de alarma, e tras o 14 de marzo estar nalgún destes dous supostos:
– Reducir a súa acitividade total ou parcialmente nun ou varios domicilios
– Haberse quedado sen emprego
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG urxe ao alcalde convocar o Consello Económico e Social para afrontar a crise económica

A concelleira do BNG, Susana Camba, insta ao alcalde da Estrada a convocar o Consello Económico e Social. “Desde o BNG cremos que este foro é o máis acaido para, entre todos e todas, ver que medidas se poden tomar para paliar a crise económica que xa está aquí, entre nós”, afirma a concelleira nacionalista.

“Neste foro están representados todos os partidos políticos, así como entidades sectoriais que máis están sufrindo a crise, tanto empresariais como sindicais, en representación dos traballadores e traballadoras”, explicou Susana Camba. “Cremos que o Consello Económico e Social ten que servir para algo máis que xuntarse unha vez ao ano para determinar os festivos locais”, engadiu a concelleira do BNG, “ten que servir para presentar propostas de actuación e consensuar unha resposta conxunta á crise económica”.

“Desde o BNG entendemos que o concello debe ser actor protagonista na saída á crise económica”, afirmou, “o goberno municipal, co alcalde á cabeza, ten que deixar de ser espectador como fai sempre, para liderar a reposta política que os veciños e veciñas demandan”. “Non se entendería que o goberno do PP se manteña de brazos cruzados mentres os comercios manteñen a porta pechada”, afirmou a concelleira nacionalista, “ten que actuar e facelo xa”.
 
A concelleira do BNG, Susana Camba, tamén quixo manifestar que «o BNG aposta pola colaboración sincera para superar esta pandemia e as súas consecuencias». «Agardamos do goberno municipal a mesma actitude» engadiu, «se nos chamamos a unha porta e esta non se abre, dificilmente superaremos esta crise».
 
Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE REXISTRA UNHA BATERÍA DE PROPOSTAS PARA COMBATER A CRISE ECONÓMICA E SOCIAL DA COVID-19

O PSOE rexistrou unha batería de propostas para combater os
efectos económicos e sociais da covid-19. López Bueno afirma que “as
forzas políticas debemos traballar cos representantes sociais para deseñar
medidas que nos permitan saír o máis fortes posible desta situación”.
Os socialistas propoñen a creación dunha mesa de traballo para acordar un
plan estratéxico, “esa mesa debe ser áxil e contar con representantes do
Goberno, das forzas políticas, comerciantes, empresarios e outros
representantes sociais. A finalidade é traballar sobre as propostas de cada
grupo para chegar a un plan definitivo. Abondaría con 2 ou 3 xuntanzas
porque non debe convertirse nun órgano ineficaz”.
O Grupo Municipal socialista propón medidas de promoción económica,
fiscais, sociais e sanitarias. O voceiro afirma que “facer propostas é a única
maneira de comezar a traballar, como os vales de compra para o comercio,
a posta a disposición de mascarillas e luvas… algunhas xa están a aplicarse,
pero non da maneira que nos gustaría”.
En promoción económica os socialistas propoñen a creación dun sistema de
avais públicos a préstamos que soliciten os comerciantes ou empresarios.
López Bueno considera que “o apoio da capacidade financeira do Concello
permitirá que o noso tecido produtivo poida acceder a endebedamento en
mellores condicións” e afirma que “dese xeito será máis sinxelo que as
empresas retomen a actividade”. O voceiro non pecha a porta a “artellar un
sistema de microcréditos ou axudas a fondo perdido, pero débese avaliar a
dispoñibilidade orzamentaria para ver se son operativos ou non”.
O comercio é un dos sectores máis danados pola crise e os socialistas
propoñen a organización dunha feira outlet para “favorecer que os
comerciantes se desfagan do stock que adquiriron para esta temporada e
que perderá valor a medida que pase o tempo”. A feira sería organizada
polo Concello, que correría con todos os gastos, e a asistencia sería gratuíta
para o comercio local.
Os socialistas recordan que xa propuxeron medidas económicas como a
creación de vales para o consumo no comercio local que pretenden a
mobilización de 500.000 euros e un sistema de anticipo dos créditos ICO.
No ámbito fiscal, López Bueno pretende flexibilizar os pagos e favorecer a
actividade económica aínda que recoñece que “as normas fiscais deixan
poucas opcións de tomar medidas máis agresivas”. Entre as medidas
propostas polos socialistas está o atraso do período voluntario de pago no

Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
IBI e no IVTM, rebaixas nas cotas de IVTM para tractores e camións e a
exención da Taxa de ocupación da vía pública para bares, restaurantes e
establecementos de carácter análogo no exercicio 2021.
Os socialistas pídenlle ao goberno “sensibilidade” coa ocupación das
terrazas durante a desescalada, xa que hai que garantir as condicións de
distanciamento social e previr as aglomeracións de persoas.
No ámbito social o PSOE propón a creación dunha liña de axudas a fondo
perdido para unidades familiares sen ingresos, e propoñen a utilización da
partida de emerxencias que figura no orzamento prorrogado.
Tamén propoñen un complemento da prestación a traballadores afectados
por ERTE cuxos ingresos por calquera concepto non cheguen ao SMI. O
complemento viría determinado pola situación persoal e familiar do
solicitante.
Ademais os socialistas solicitan un reforzo das partidas orzamentarias
destinadas a Servizos Sociais porque prevén “un aumento das persoas que
precisarán atención social” así como facilitarlle tarxetas de datos aos
estudantes que carezan de conexión a internet. López Bueno indica que “se
é posible tamén se deberían facilitar equipos, porque a Xunta de Galicia só
enviou tres por cada centro de ensino”.
Os socialistas propoñen medidas de carácter sanitario para garantir a
seguridade. Propoñen a instalación de puntos de desinfección nos inmobles
municipais e outros lugares nos que se considere de interese, e tamén
consideran necesario “poñer a disposición de comerciantes e empresarios
puntos de desinfección e outros materiais como mamparas”.
Para o voceiro é “fundamental a coordinación co Centro de Saúde para levar
a cabo accións conxuntas que consideren os profesionais sanitarios”.
López Bueno lamenta que “a falta dun orzamento municipal para 2020
limita moito a capacidade para implantar medidas concretas, porque hai
que atoparlle encaixe no orzamento de 2019. Solicitamos un informe para
valorar que partidas do orzamento prorrogado poden acoller as propostas
que formulamos e así valorar máis en detalle ata onde podemos chegar a
nivel económico”

Publicado en Portada | Deja un comentario

A XUNTA LEVA ENTREGADAS MÁIS DE 36.200 UNIDADES DE PROTECCIÓN CONTRA O COVID-19 AOS CONCELLOS DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS

 

A Xunta, a través da Delegación Territorial de Pontevedra, leva entregadas aos concellos das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes máis de 36.200 unidades de protección individual nos distintos envíos que se veñen de efectuar dende a plataforma loxística dende o inicio do decreto do estado de alarma.

 

En total, a Xunta desde que se decretou o estado de alarma leva repartido entre os concellos da provincia máis de 419.324 unidades de protección para loitar contra a pandemia.

 

Segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, o último envío a estes municipios, realizado esta mesma semana, permitiu repartir 1.260 luvas e 1.100 mascarillas.

 

En total, os datos globales supoñen nesta comarca a recepción de 21.460 luvas, 13.657 máscaras, 774 batas e traxes de protección e 298 produtos de desinfección, entre outros elementos. Por concellos, os envíos totales de unidades de protección son os seguintes:

 

 

 

 

 

CONCELLOS

 

       LUVAS

 

   MÁSCARAS

TOTAL (DE UNIDADES DE PROTECCION E DESINFECCIÓN)

AGOLADA

          2.190

         1.600

            3.879

DOZÓN

          1.280

            870

            2.213

LALÍN

          3.490

         2.050

            5.798

RODEIRO

          2.090

         1.700

            3.883

SILLEDA

          2.740

         1.175

            4.658

VILA DE CRUCES

          2.940

         1.812

            4.868

A ESTRADA

          4.390

         2.350

            6.990

FORCAREI

          2.340

         1.500

            3.932

                                TOTAL

 

        21.460

 

       13.657

       

          36.221

Todo o material distribúese desde a plataforma loxística que a Xunta puxo en marcha para centralizar a adquisición e o reparto de equipos de protección individual durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

José Manuel Cores Tourís destacou o esforzo que se está a realizar dende o Goberno galego para dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do Covid-19 e que seguen a traballar conten co material de protección que precisan. Así lembrou que a Administración autonómica adquiriu directamente material de protección para garantir a seguridade dos profesionais que traballan en servizos municipais esenciais como Protección Civil ou Axuda a Domicilio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 



Publicado en Portada | Deja un comentario

O “faro” aceso da comunidade educativa do Foxo

 

“O mellor faro para impedir que os pobos tropecen é unha escola”. Así é que nestes momentos de cambios, de incertezas, de procura de información, de investigación e de illamento social, esta máxima do dramaturgo estradense Manuel Daniel Varela Buxán acada aínda máis significado para unha comunidade educativa, como é da do Foxo, que se está a preocupar durante esta corentena por seguir mantendo acesa a luz desa súa gran torre guía á que se refería o seu veciño escritor.

 

Máis alá da impartición dos contidos estritamente académicos, no que tamén se involucra vía telemática, o equipo docente do Foxo esforzase por ensinarlle aos seus alumnos e alumnas que a aprendizaxe da vida está no que os arrodea: nas tarefas domésticas, nas conversas cos avós, avoas, papás e mamás ou mesmo no tan ansiado paseo que agora, logo de mes e medio de confinamento, lle permiten facer á cativada.

 

Ó menos unha vez á semana, os profes chaman á porta virtual do seus pupilos e pupilas, un a un, para interesarse por como están, por como levan o confinamento e para verse as caras dende a casa e así botar un pouco menos en falta esa gran comunidade que forman, ese faro que mudou de lugar físico, pero que, malia ó coronavirus, nunca, nunca, deixa de alumear.

Publicado en Portada | Deja un comentario