Os cen máis celebrados de María fronte ó virus

Na mañá de hoxe o Concello de A Estrada felicita á veciña de Nigoi María Sánchez Campa polo seu 100 aniversario.

O tenente alcalde Juán Constenla fai entrega dun ramo de flores e unha figura do noso Concello.

Parabéns, María!

Publicado en Portada | Deja un comentario

O FONDO DE COOPERACIÓN LOCAL DA XUNTA LEVA REPARTIDO NO QUE VAI DE ANO ENTRE OS CONCELLOS DAS COMARCAS DO DEZA E TABEIRÓS ALGO MÁIS DE 1,23 MILLÓNS DE EUROS PARA INXECTARLLES LIQUIDEZ


O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Cores Tourís, informou hoxe que a Xunta de Galicia ven de ingresar aos concellos
das comarcas do Deza e Tabeirós-Terra de Montes a partida do mes de marzo e a
liquidación de 2018 do Fondo de Cooperación Local (FCL) para contribuír na dotación de
liquidez ás facendas locais. Así, o Goberno galego no que vai de ano entregou algo máis de
1,23 millóns de euros a estes oito concellos que poden destinar a loitar contra o coronavirus,
xa que son fondos non finalistas que respectan a autonomía dos concellos.
José Manuel Cores Tourís, subliñou o esforzo que fixo o Executivo autonómico, na liña de
apoio aos concellos, para ademais de facer efectivo o ingreso do mes de marzo, axilizar a
liquidación correspondente a 2018 para que os gobernos locais poidan ter máis recursos
económicos e así facer fronte á crise orixinada polo Covid-19. O delegado territorial engadiu
que “neste momento, máis que nunca, é necesario a colaboración institucional e cooperar
coas administracións municipais”.
Nos 47 concellos da Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra a liquidación de 2018 do
FCL, un remanente a maiores do que se lle pagou mensualmente ese ano, ascende a máis
de 1,37 millóns de euros, que coincide coa cantidade que corresponde ao mes de marzo de
2020.
En total no que vai de ano, ao abeiro do Fondo de Cooperación Local, aos concellos da
Delegación da Xunta de Pontevedra correspondéronlles algo máis de 6 millóns de euros.
Estas achegas autonómicas repártense entre todos os concellos galegos seguindo uns
criterios obxectivos pactados coa Federación Galega de Municipios e Provincias, entre eles
o número de habitantes, persoas maiores de 65 anos, superficie da localidade e a cantidade
de núcleos de poboación.

 

CONCELLOS
COMARCA

LIQUIDACIÓN
2018

TRANSFERENCIA
1º TRIMESTRE 2020TOTAL

Dozón12.724,41 €41.053,50 €53.777,91 €
Agolada23.414,29 €62.010,75 €85.425,04 €
Lalín53.258,57 €280.438,50 €333.697,07 €
Rodeiro23.258,57 €61.302,51 €84.561,08 €
Silleda38.482,11 €95.124,75 €133.606,86 €
Vila de Cruces35.141,19 €88.736,01 €123.877,20 €
A Estrada50.836,75 €268.647,51 €319.484,26 €
Forcarei26.011,66 €69.974,75 €95.986,41 €
TOTAL263.127,55 €967.288,28 €1.230.415,83 €

José Manuel Cores Tourís apuntou que os investimentos non están condicionados xa que se
tratan de fondos non finalistas e respectan a autonomía municipal polo que os alcaldes
poden destinar estas partidas a aquilo que consideren máis necesario e urxente.
Neste sentido, o delegado territorial subliñou que o Goberno galego decidiu priorizar o
pagamento destas axudas “nun momento no que os concellos necesitan máis liquidez para
poder asumir todos os gastos extraordinarios que implica a atención e a seguridade dos
seus veciños pola crise do coronavirus”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao alcalde a predicar menos e dar máis trigo

Denuncia que o concello segue a cobrar o alugueiro dos postos da praza de abastos a pesar do anuncio feito polo alcalde da Estrada

O pasado 21 de marzo o BNG da Estrada emitía un comunicado onde pedía ao concello da Estrada a condonación do alugueiro dos postos da praza de abastos, mentres dure o estado de alarma. En días posteriores, en concreto o 7 de abril, o alcalde da Estrada anunciaba a través do seu Facebook que o concello acordara “fai dúas semanas, a suspensión do cobro de todos os recibos, taxas e impostos municipais”.

Deixando á marxe o curioso do caso de que o noso alcalde anuncie esta suspensión de cobro, despois de dúas semanas de tomada a decisión por parte do goberno municipal, o BNG ten constancia de que a día de hoxe sigue cobrando os alugueiros dos postos da praza de abastos, a pesar do anuncio feito nas redes sociais e nos medios de comunicación local. Así no lo teñen comunicado os praceiros e praceiras que recibiron este mes puntualmente o cobro correspondente neste mes de abril.

O BNG da insta ao goberno municipal, e en concreto, ao alcalde da Estrada a predicar menos e a dar máis trigo. Non estamos en época electoral, imos a atravesar a crise económica e social máis grave da nosa historia e non podemos permitir que o goberno municipal do PP xogue ao despiste cos veciños e veciñas da Estrada. Se anuncia algo, ten que cumprilo. Xa abonda de promesas que as leva o vento. É o momento de apoiar o comercio local e os produtos de proximidade. É lamentábel que o goberno do PP preste máis atención a Mercadona que aos veciños e veciños da Estrada que vende no nosa praza de abastos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BONO SOCIAL ELÉCTRICO

 

O Concello da Estrada a través da Concellería de Servizos Sociais, pon á disposición de todas as
persoas interesadas un servizo para a tramitación urxente do BONO SOCIAL ELÉCTRICO.
Todas as persoas que o desexen e baixo cita previa poden acollerse a este servizo chamando aos
teléfonos 986 677 740 ou 986 570 030.
Aquelas familias que teñan dereito ao bono social poden beneficiarse dun desconto na súa factura
eléctrica do 25% ou 40% segundo o seu grao de vulnerabilidade, para facilitar que se poida
pagar a factura.
Asi mesmo, o bono social eléctrico faise extensible aos autónomos que por mor desta crise
tiveron que cesar a súa actividade ou que poidan acreditar unha reducción do 75% na súa
facturación.
As persoas que xa teñan o bono social e que lles caduque estos días, NON TEÑEN QUE
SOLICITAR A RENOVACIÓN, a mesma será feita de oficio polas eléctricas prorrogandose ata o
mes de setembro.
O Concello da Estrada retoma así mesmo a tramitación das AXUDAS URXENTES PARA
EVITAR OS CORTES DE SUBMINISTRACIÓN ELÉCTRICA, en virtude das cales as
persoas beneficarias do bono social nun 40% teñen dereito a unha axuda da Xunta de Galicia
para pagar o total das facturas eléctricas de 300 euros de forma xeral e de 450 € no caso das
familias numerosas. O procedemento para tramitar esta axuda é tamén baixo cita previa ao ter que
facerse de maneira presencial nas instalacións municipais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PROPÓN A DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS E LUVAS AOS VECIÑOS E VECIÑAS PARA COMBATER A COVID-19

O PSOE propón a distribución de máscaras e luvas para os
veciños e veciñas. López Bueno opina que “é necesario facilitarlle a todo o
mundo o acceso a estas medidas de protección, especialmente aos grupos
de risco. Son medidas de protección para as persoas, evitan os contaxios e
ademais o seu uso non está contraindicado para combater o virus”.
O líder dos socialistas recorda que “concellos con menos capacidade
financeira e operativa foron capaces de proverse de medios para todos os
veciños e veciñas. A Estrada debería estar nese grupo. É necesario atopar
un provedor e deseñar o método de reparto de material. Sería ideal colocar
puntos de aprovisionamento nos negocios que continúan con atención ao
público, como supermercados, ultramarinos, estancos…”.
O voceiro socialista indicou que “será necesaria a opinión de Juan Sánchez e
do seu equipo, que están máis capacitados que calquera para informar
sobre esta medida. Debe existir unha coordinación entre o Centro de Saúde
e o Concello, pero está claro que neste momento debe pesar máis o criterio
dos sanitarios”.
Tamén aproveitou para louvar a xestión da pandemia que se está a facer
dende o Centro de Saúde da Estrada “a nosa situación inicial era
complicada, de feito somos o concello da comarca máis afectado pola
covid-19. As valoracións de Juan Sánchez prevían unha situación moito
máis dramática se non se cumpría co confinamento; pero sempre que os
datos non cambien, semella que se está a controlar a enfermidade.
Evidentemente é froito do seguimento que se fai dende o Centro Médico e
do traballo dos profesionais sanitarios. Ademais, hai que agradecer a
información que se dá dende o propio Centro de Saúde, é un exercicio de
transparencia que axuda a que os veciños e veciñas sigamos cumprindo”.
Outra medida que propoñen os socialistas é mellorar as tarefas de
desinfección: “pensamos que utilizar o tractor e a pulverizadora polas rúas
está ben, pero tamén cremos que se deberían desinfectar manualmente os
elementos do mobiliario urbano”. O voceiro socialista indicou que “convén
atenderlle máis aos elementos que son susceptibles de tocarse coa man, aí
é onde hai un risco máis evidente de contaxio”.
López Bueno fixo fincapé en “solicitar a opinión profesional dos sanitarios
para actuar conforme ao seu criterio” e recordou que “en calquera caso,
debemos atender as indicacións que se fan dende o Centro de Saúde e
______________________________________________________________________

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Coronavirus cobrase a primeira vida no noso Concello

O Coronavirus cobrase neste Domingo a primeira vida no noso Concello. Falamos dun home de 86 anos de idade veciño do casco urbán, con patoloxías respiratorías.

Loitou durante semanas ingresado no Hospital Clinico A Rosaleda, pero o virús puido con él.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada empeza a ver a luz

A Estrada empeza a ver a luz e o número de persoas contaxiadas por coronavirus vai en descenso. O pasado Xoves Santo a cifra ascendía a 75 infectados pola Covid-19 desde que comezou a pandemia, pero seis novas altas de pacientes que superaron esta nova enfermidade deixaron a cifra de contaxiados totais activos na comarca deTabeirós en 51. Todo apunta a que a tendencia á baixa continuará no concello estradense.
 
Publicado en Portada | Deja un comentario