Os 500 anos da sobreira de Balboa non poden acabar nunha fogueira

O pasado mes de decembro o temporal “Fabien” derrubou a sobreira de Balboa, en Arnois, que levaba en pé máis de 500 anos. A día de hoxe esta árbore centenaria e un dos símbolos máis senlleiros do noso concello alí sigue, sen que o goberno municipal tomara cartas no asunto.

Desde o BNG cremos que unha árbore con este porte tan excepcional e 500 anos de vida non poden rematar nunha fogueira, temos e debemos de darlle unha segunda vida colocándoo os seus restos nun lugar visíbel e destacado do noso concello, para que o seu legado e a súa historia quede para sempre na nosa memoria colectiva.

Neste sentido o BNG levará ao vindeiro pleno, a través da concelleira nacionalista, Susana Camba, unha iniciativa para que o goberno municipal abra un concurso de ideas entre os veciños e veciñas para darlle unha segunda vida a esta extraordinaria sobreira de Balboa. Como dixemos, 500 anos non poden acabar nunha lareira, e tanto en Galiza como fóra do noso país existen árbores centenarias semellantes que logo dunha longa vida seguen sendo motivo de orgullo para os seus veciños e veciñas en forma escultura. Isto acontece en Tomiño ou Alsasua por poñer exemplos de dous concellos que ante unha situación semellante souberon manter vivo o legado de árbores que formaban parte do patrimonio material de súa veciñanza.

Como dixemos, os exemplos de Alsasua e Tomiño, son iso, exemplos que poden servir de inspiración, mais entendemos que deben ser os nosos veciños e veciñas as que propoñan ideas para prolongar a vida da sobreira de Balboa como símbolo do noso concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

BREVE MEMORIA SOBRE A PROGRAMACIÓN CULTURAL 2019

Días despois de termos pechado a programación do ano cultural A ESTRADA ESCENA, composta por dous ciclos que damos en chamar PRIMAVERA NO PRINCIPAL (febreiro-maio), e OUTONO NO PRINCIPAL (setembro-decembro), facémosvos chegar, un balance numérico que arroxa os datos que a continuación seguen. 

Os espectáculos aparecen categorizados de forma individual, non se contabilizan -por exemplo no caso dos cursos ou xornadas- o número de veces que se fai uso dun espazo senón o evento de forma singularizada. Tampouco se contabilizan, para estes efectos, ensaios ou reunións que non forman parte dunha programa cultural ou que non son abertos a público. Finalmente tampouco se contabilizan, en canto a asistencia de público, eventos escolares e outras actividades que non sexan con previa retirada de invitación ou entrada. 

A memoria establécese centrando a nosa análise nos espazos de exhibición utilizados, na tipoloxía de eventos programados, nas disciplinas artísticas convocadas, na tipoloxía de público e o prezo da entrada que teñen os distintos eventos. Por último, facemos unha valoración de asistencia de público aos eventos e un balance de obxectivos cumpridos comparándoos con anos anteriores. 

1.-ESPAZOS DE EXHIBICIÓN 

Neste senso, programáronse 244 eventos nos distintos espazos que o concello ten destinados a uso cultural; case un 20% máis que o ano anterior (196), repartíndose do seguinte xeito: 

Núm. 

76 

ESPAZO DE EXHIBICIÓN Teatro Principal Sala Abanca 

MOME 

Casa das Letras 

44 

73 

Rúa 

16 

Locais sociais do rural 

30* 

*Espectáculos comprendidos preferentemente dentro do ciclo TELECLUB DA COMEDIA 

CONCELLO DA ESTRADA 

2–TIPOLOXÍA DE EVENTOS PROGRAMADOS 

Entre estes eventos programados, figuran espectáculos relacionados coas artes escénicas, proxeccións audiovisuais, presentacións de libros, obradoiros e xornadas ou exposicións. Este é o balance comparativo que se decanta favorablemente cara ás artes escénicas. Os festivais relaciónanse, case na súa totalidade, con eventos de corte escolar: 

Núm. 

116 

2 

TIPO DE EVENTO Espectáculos de artes escénicas e festivais Proxeccións audiovisuais Charlas e mesas redondas Presentacións de libros e actos literarios Exposicións 

Obradoiros 

TOTAL 

244 

3-RELACIÓN DE EVENTOS SEGUNDO A SÚA DISCIPLINA ARTÍSTICA 

A tipoloxía e formato dos eventos catalogados como de artes escénicas pode desglosarse do seguinte xeito: 

Núm. 

DISCIPLINA ARTÍSTICA Teatro Musical Novo circo Maxia 

Concertos 

Danza 

Mimo 

Monólogos *Quedan excluídos deste cadro os festivais dos colexios 

CONCELLO DA ESTRADA 

4-TIPOLOXÍA DE PÚBLICOS AOS QUE SE DIRIXIU A PROGRAMACIÓN 

Noutra orde de cousas, os eventos de artes escénicas ofertáronse a distintas franxas de idade, no intento de converter o feito cultural nun espazo de participación variada e suxestiva dirixida a todos os grupos poboacionais. Este ano pode apreciarse un claro descenso de espectáculos infantís e familiares, un feito puntual que este vindeiro ano 2020 intentaremos corrixir, pois é a nosa idea captar e fidelizar o público do futuro. 

Núm. 

TIPOLOXÍA PÚBLICO Infantil, xuvenil e familiar Adultos Todos os públicos *Só computamos os 45 eventos aos que se asistiu con retirada de entrada 

12 

24 

5-DATOS DE ASISTENCIA DE PÚBLICO 

No que atingue á asistencia de público, as campañas de comunicación emprendidas dende o Departamento de Cultura (APP, comunicación por whatsapp, buzoneo de dípticos, publicidade personalizada de eventos, convenios con centros educativos e outros colectivos etc…) seguen a propiciar unha asistencia estable de espectadores. Deste xeito, os 45 eventos de pago ou con invitación programados e xestionados directamente polo Departamento de Cultura no Teatro Principal durante este ano arroxaron uns datos de asistencia totais de 8.204 espectadores fronte aos 8.108 do ano anterior, cunha asistencia media de 196,24 espectadores por función e unha ocupación media do 58,37% da capacidade do teatro. A continuación ofrecemos unha panorámica comparativa dos números de asistencia dos últimos catro exercicios. 

EXERCICIO DATOS ASISTENCIA TOTAIS MEDIA PÚBLICO POR FUNCIÓN Ano 2016 8.371 espectadores 

196,2 espectadores Ano 2017 7.115 espectadores 

215,7 espectadores Ano 2018 8.108 espectadores 

202,7 espectadores Ano 2019 8.204 espectadores 

196,2 espectadores 

AAAM 

CONCELLO DA ESTRADA 

6-PREZOS ENTRADA 

O custo da entrada dos distintos espectáculos programados oscilou entre aqueles aos que o público asisitiu mediante invitación de forma gratuíta e os 10,00€ da entrada máis cara. Nun intento claro de democratizar a asistencia de espectadores á programación cultural, a ratio de prezos na se que moveu, de forma xeral, a nosa programación foi entre 3,00 e 5,00€. Os prezos máis caros de entrada correspondense coa presenza de espectáculos de mediano ou gran formato, e de cachés máis elevados. Aqueles que, por outra banda, contan con maior demanda de público. 

PREZO TIPO DAS ENTRADAS 

De balde 

A 3,00€ A 5,00€ A 6,00€ 

A 7,00€ 

A 8,00€ A 10,00€ 

7- LINGUA ESPECTÁCULOS 

A aposta pola dinamización e normalización da lingua galega, por unha banda, e pola promoción das empresas culturais galegas, por outro; son factores que tamén temos en conta á hora de artellar a nosa programación. Todos sabemos da importancia que o sector das artes escénicas e o cultural, en xeral, teñen á hora de fomentar o uso da lingua propia; por iso non debe estrañar que, dos 45 espectáculos programados a «billeteira», o 80% sexa en galego. 

ESPECTÁCULOS EN GALEGO 

ESPECTÁCULOS EN CASTELÁN 

36 

MAAA 

CONCELLO DA ESTRADA 

8–AVALIACIÓN FINAL 

En liñas xerais, pódese afirmar que tanto por número de eventos albergados, preto de 200, como pola incidencia e participación que ten no público, a actividade cultural da vila no ano 2019 conseguiu acadar os obxectivos mínimos fixados. Hai un lixeiro descenso na media de asistencia de espectadores, respecto aos dous anos anteriores, propiciada pola non celebración do concerto de Sta Cecilia e algún que outro evento suspendido por mor da dobre cita electoral; pero en liñas xerais, os números son moi similares aos de anos anteriores. 

Por outra banda, falamos tamén dunha programación cultural que non se circunscribe ao Teatro Principal; senón que se espalla, cada ano máis, polas distintas salas municipais do concello, se instala na rúa e enche de vida os locais sociais de moitas parroquias do concello. Neste senso, o ciclo do Teleclub da Comedia visitou 30 parroquias estradenses ao longo do pasado ano. 

Destacar, por último, a grande visibilidade que a programación lles presta aos grupos e artistas locais. Dos 116 eventos de artes escénicas programados 39 deles están protagonizados por artistas e agrupacións locais. Unha cifra que se incrementa notablemente se atendemos a outro tipo de eventos tales como actos literarios, charlas, xornadas ou exposicións fotográficas ou de pintura. 

O obxectivo para este vindeiro curso, será o de seguir apostando polas liñas que vertebran a nosa política cultural: calidade, diversidade e identidade. Iso ao tempo que se establecen espazos de participación e estratexias de comunicación axeitadas e acordes ao contexto tecnolóxico no que se insire a nosa sociedade; e ao tempo que se activan liñas de captación de público e proxectos de ocio responsable entre o público máis novo. Como dato novidoso, no apartado das disciplinas artísticas, buscarase un maior protagonismo dos espectáculos infantís e familiares e dos espectáculos de danza, nun intento de darlle un enfoque máis integral e contemporáneo á nosa programación. 

Nun par de semanas, presentaremos o vindeiro semestre de programación, unha programación que dará comezo co concerto co monólogo que ofrecerán no Teatro Principal Marcos Pereiro e Pepo Suevos o vindeiro 16 de febreiro e que servirá para abrir, do mellor xeito, o novo ano cultural na nosa vila.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE PÍDELLE SERIEDADE A LÓPEZ CAMPOS NAS SÚAS DECLARACIÓNS SOBRE O PROXECTO DE URBANIZACIÓN NA AVENIDA DE PONTEVEDRA

O PSOE toma con cautela as afirmacións de José López
respecto das datas nas que se comezarán a licenciar as obras no proxecto
de urbanización da avenida de Pontevedra. López Bueno recordou que “a
credibilidade de López Campos sobre este proxecto é cero. En marzo de
2018 o alcalde declarou en prensa que as obras comezarían ese mesmo
ano, logo estas declaracións non teñen credibilidade ningunha”.
O voceiro socialista critica a xestión do proxecto, “é evidente que se trata
dun proxecto engorroso de xestionar, pero tampouco se trata dun
desenvolvemento novidoso, se non que o procedemento está regulado e é
moi claro. Estas mesmas xestións realízanse de forma moito máis áxil
noutros concellos, polo que hai que preguntarse por que o goberno non é
capaz de emular o saber facer que hai noutras administracións locais”.
Dende o PSOE pídenlle ao rexedor “contención nas declaracións” porque “a
súa ansia por tapar as carencias do goberno fai que anuncie actuacións e
despois incumpra o prometido”. Recoméndanlle que “saia menos nos
medios e traballe máis para os veciños e veciñas, como facemos os
demais”.
López Bueno cre que “sen entrar na reputación que ten a antiga Bogaris
Retail e a pesar da lentitude na xestión do goberno municipal, non é unha
mala nova que se leven a cabo desenvolvementos urbanísticos privados na
Estrada. Ademais, e pola natureza desta operación o Concello faise con
unha porción de terreo que se poderá destinar a infraestruturas que
melloren os servizos que gozan os veciños e veciñas”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE RECLAMA RESPONSABILIDADES POLA SUSPENSIÓN DO SERVIZO NO CENTRO DE ATENCIÓN TEMPERÁ

O PSOE esixe responsabilidades pola suspensión do servizo
no Centro de Atención Temperá e afirma que “a suspensión é froito dunha
xestión atropelada de Amalia Goldar e de López Campos”. Recordan a este
efecto que “a Xunta de Galicia financiaría case o total dos custos, e por un
defecto na solicitude da subvención o Concello recibiu a cifra irrisoria de 500
euros. Esta chapuza custounos aos Estradenses 9.500 euros”.
López Bueno tamén manifestou que se mostraron “a favor da creación do
centro a pesar de que nos pareceu unha proposta pouco ambiciosa, xa que
os socialistas fomos os primeiros en propoñelo. Pero claro está que, en
servizos sociais non pode existir unha iniciativa “experimental”, se non que
se debe apostar de xeito decidido polos servizos que se pretenden prestar.
Sinceramente, parécenos que estiveron a xogar coas necesidades das
familias e dos cativos e cativas”.
A propósito do carácter experimental que defendía o goberno, os socialistas
valoran que “unicamente se trata dunha escusa para tapar a súa
incapacidade de xestionar un asunto tan delicado coma este”. Valoran que
“os servizos sociais non poden prestarse en precario, porque neste caso
obrigaron ás familias a escoller entre un CTA asentado noutra localidade ou
un máis próximo pero sen garantía de continuidade. Estamos a falar de
necesidades de nenos e nenas para o seu correcto desenvolvemento, é un
disparate anunciar un servizo e retiralo poucos meses despois”.
Tamén recorda que “a Amalia Goldar non lle gustou nada que lle fixeramos
notar a súa falta de celo cando solicitou a axuda, pero as súas neglixencias
van moito máis alá. Para culminar a cadea de despropósitos do CTA, agora
suspéndese o servizo”.
O voceiro tildou como “gravísimo” o feito de terminar sine die a prestación
do servizo “vendo o historial da xestión deste goberno, sabían
perfectamente que a fórmula de contrato menor os obrigaría a paralizar o
servizo, para garantir a súa prestación no 2020 sería necesario ter o
orzamento en prazo e cumprir un novo trámite de contratación” e esixiu
responsabilidades no equipo de goberno, “está claro que están
sobrepasados polos acontecementos, pero iso non xustifica que os usuarios
queden desamparados pola suspensión do servizo. Amalia Goldar e López
Campos deberían asumir a súa responsabilidade e cando menos
recompensar ás familias que carecen do CTA pola súa mala xestión”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O RECINTO FEIRAL ESTRADENSE COMEZA O SEU CALENDARIO FEIRAL 2020 CUN TRIPLE CERTEME DE PROMOCIÓN ECONÓMICA..

Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada, 17/01/2020
• Feira do Moble de Galicia, Feira de Oportunidades do Comercio, tres feiras
de Antigüidades e Artesanía, 5º Salón do Vehículo de Ocasión, Encontro de
Palilleiras, Feira Expoestrada e Salón Motor Classic, serán os eventos do
calendario feiral do recinto.
• Inaugurando este calendario 2020, o recinto estradense celebrará o 5º
Salón do Vehículo de Ocasión, a 10ª Feira de Oportunidades do
Comercio e a 61ª Feira de Antigüidades e Artesanía.
• Tres pavillóns daran cabida ao 5º Salón do Vehículo de Ocasión: 6000
m2 en pavillón e espazo exterior expositivo.
• Unha triple mostra que ocupará un total de 11.400 m2 de espazo
expositivo en pavillón e zonas de exposición exterior.
• A mostra abrirá as suas portas ao público do 13 ao 15 de marzo.
• Perante a celebración do certame, sortearánse vales de compra, ceas,
etc… incentivo para movilizar e atraer ao público ao recinto feiral.
• Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de
rebaixas.
O pasado día dezaoito de decembro, o Padroado da Fundación de
Exposicións e Congresos da Estrada, aprobaba o calendario feiral do recinto
no que se contempla a realización dun total de nove eventos de promoción
económica. Os certames celebraránse escalonadamente nos meses de Marzo,
Maio, Setembro e Decembro. Feira de Oportunidades do Comercio, Salón do
Vehículo de Ocasión, tres feiras de Antigüidades e Artesanía, Encontro de
Palilleiras, Feira Expoestrada, Feira do Moble de Galicia e Salón Motor Classic,
son os certames que conforman a oferta deste recinto.
Actualmente, o recinto feiral estradense, atópase inmerso
comercializando a 10ª Feira de Oportunidades do Comercio, 5º Salón do
Vehículo de Ocasión e 61ª Feira de Antigüidades e Artesanía. Este triple
certame, ocupará un total de 11.400 m2 de espazo expositivo.
A meirande parte das firmas proceden da Comunidade Autónoma
de Galicia. Dentro destas, o comercio local estradense e sector da
automoción, ten un peso específico moi importante.
O 5ª Salón do Vehículo de Ocasión ocupará un total de tres
pavillóns con 6.000 m2 de espazo expositivo e zonas exteriores de
exposición que complementan e incrementan a superficie interior. A
mostra presentará unha gama ampla e variada de vehículos particulares,
industriales, autocaravanas, monovolúmenes etc…, de gama media alta e
todos de ocasión e seminovos con importantes descontos en feira sobre o
prezo de venda no concesionario, con financiación a medida.
Un ano máis, considerouse oportuno celebrar as tres mostras
conxuntamente, facéndoas coincidir no tempo, aínda que, os certames seran
publicitados por separado. Deste xeito, un certame beneficiase do tirón dos
outros. Ao mesmo tempo, consíguese unha ampla e variada gama de
productos, o que contribúe significativamente a que a mostra sexa moito mais
interesante e atractiva para os visitantes .
O Recinto Feiral estradense, sorteará entre os visitantes, vales de
compra, ceas, etc… Igualemnte contará con actuacións musicais e
cómicas, parque infantil, exhibicións e outras iniciativas nas que
actualmente se está traballando en estreita colaboración coa Asociación
de Comerciantes da Estrada. Os sorteos efectuaranse o sábado e o domingo.
O recinto feiral abrirá do día 13 ao 15 de marzo. A apertura o venres
13, será de dezaseis a vinteunha horas e o sábado e domingo, o horario será
ininterrumpido de dez a vinteunha horas.
Esta mostra ven estando tradicionalmente moi concurrida porque nela,
os visitantes poderan mercar todos os productos expostos a prezos mais
reducidos incluso que en períodos de rebaixas xa que, é unha outlet de
liquidación de stocks. Unha oportunidade para incentivar a participación do
público e á vez, dinamizar o comercio local. Calzado, textil (nenos/adultos),
menaxe, ferretería, óptica, tapicería, descanso, decoración, artesanía,
antigüidades, libros, porcelana, vehículos de segunda man e seminovos,
mobiliario doméstico, etc…, son unha mostra do que o visitante poderá
atopar neste evento de promoción económica

Publicado en Portada | Deja un comentario

O PSOE “PREOCUPADO” POLA DESTRUCIÓN DE EMPREGO NA ESTRADA

O PSOE valora como “negativos” os datos de afiliación á
Seguridade Social que ofreceu o pasado mércores o Ministerio de Traballo,
Migracións e Seguridade Social. López Bueno explicou que “os datos de
afiliación non son interpretables, demostran se A Estrada crea ou destrúe
emprego. Tristemente, no 2019 houbo baixa significativa na afiliación, 189
traballadores menos. Nós preferimos valorar estes datos porque non son
interpretables, o descenso do paro rexistrado pode vir dado pola baixa de
demandantes nas listas, pero pola natureza do rexistro, iso non quere dicir
que exista máis traballo”.
Valorou o dato como “nefasto. Remata unha tendencia que se viña dando
nos últimos 3 anos, e iso é perigoso polo comportamento do mercado
laboral, que adoita ser cíclico e en consonancia coa evolución económica
xeral. A non ser que o escenario cambie radicalmente, cabe esperar datos
semellantes nos vindeiros anos”.
O voceiro socialista tamén afirmou que “A Estrada ten hoxe 240
traballadores menos que hai unha década” e explicou como se comportou o
emprego na Estrada durante ese tempo “durante os anos máis duros da
crise destruíuse un notable número de empregos. Cos “brotes verdes”
estabilizouse a situación e tivemos catro anos de crecemento, pero no 2019
rachouse a tendencia dunha maneira moi acusada, é para preocuparse”.
Respecto dos traballadores por conta allea, o socialista aseverou que “é o
grupo que impulsa claramente a destrución de emprego, 144 traballadores
dos 189 traballadores eran persoas cun contrato de traballo. Isto reafirma a
nosa percepción de que o noso músculo empresarial decrece. Ademais.
carecemos dun Departamento de Promoción Económica ben dirixido, e o
goberno municipal non ofrece respostas para as empresas”.
Os autónomos tamén sufriron neste 2019 e López Bueno afirma que “non só
se trata dunha crise do comercio (que tamén), pero existen multitude de
autónomos con outras actividades. No 2019 A Estrada perdeu 28
autónomos, e dende 2010 xa son 348 menos. Aquí vívese un goteo de
baixas que non cesa, eles son un grupo importantísimo para a dinamización
da economía local”.
Tamén criticou que “no 2019 non se solicitou a tempo a última convocatoria
do obradoiro de emprego, vendo estes datos, estaría ben que o alcalde
explicara a súa suposta renuncia á axuda. Os veciños e veciñas merecen un
goberno atento ás súas necesidades, e a creación de postos de traballo é
unha delas. Pódese informar sobre as axudas á contratación que ofrecen as
______________________________________________________________________
Agrupación Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
administracións, reforzar as políticas activas de emprego para mellorar a
empregabilidade dos demandantes estradenses, ofrecer unha política de
solo industrial que permita que medren as nosas empresas e que se
asenten outras novas, ofrecer unha bolsa de baixos comerciais que intente
diminuír o prezo dos alugueiros…, dende o PSOE facemos moreas de
propostas, pero o goberno municipal non parece ver a realidade á que nos
está levando”.
O voceiro do grupo municipal socialista entende que “o goberno debe ter
unha estratexia definida respecto dos empresarios e os autónomos. Existen
multitude de formas de fomentar a economía do noso concello empregando
as ferramentas da política municipal, non hai por que soportar a un goberno
que non ten ningún plan para a nosa economía”.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Pepo Suevos e Marcos Pereiro abrirán a programación cultural de primavera na Estrada

Será o vindeiro domingo 16 de febreiro. O Teatro Principal acollerá a visita de dous
dos cómicos máis populares da escena galega.
Pepo Suevos é coñecido, ademais de pola súa faceta como contacontos, como actor
en moitas das series máis coñecidas da TVG como Terra de Miranda, As leis de
Celavella ou Rías Baixas. Tamén participou en series como Fariña e Land Rober e en
películas como Entre bateas, Pradolongo ou A Esmorga.
Marcos Pereiro, pola súa banda, é un actor e humorista galego ben coñecido por
todos. Xunto co cómico Xosé Antonio Touriñán integrou o mítico dúo de cantareiras
Nucha e Mucha, participou en programas da TVG como Terra de Miranda ou Era
visto e tamén presentou o programa Buscando Ardebullo.
Esta actuación na Estrada pechará a xira que Pepo Suevos está a facer por toda
Galicia. As entradas poderán mercarse, a un prezo de 6,00€, na delegación de Cultura
do Concello da Estrada ou na Tapería O Lar sita na Praza da Feira, a partir do
vindeiro luns día 20.

Publicado en Portada | Deja un comentario