Na tarde de onte presentouse no Mome o libro do escritor estradense Juán Andrés Fernández Catro acompañado polo secretario xeral de Política Lingüistica, Valentín García, alcalde estradense José López e arroupado por unha trintena de amigos.
O BNG está en contra da privatización da recollida do lixo

O PP presume de xestión, mais desde que chegou ao goberno municipal en 2011 o único que fixo este goberno é desprenderse de servizos públicos
O noso concello ten un problema coa recollida do lixo, xa o manifestamos en máis dunha ocasión, cuxas consecuencias pagan os veciños e veciñas, en especial do rural, que ven como se amorea o lixo durante días, sen que os servizos municipais pasen a retiralo. Tamén denunciamos en máis dunha ocasión o escaso interese que ten o PP pola reciclaxe e pola compostaxe, que reduciría o custe do servizo de recollida, prefiren levar a SOGAMA nun camión cuxo remolque ten tanta sucidade que xa non se ve o nome do noso concello. En máis dunha ocasión tamén denunciamos o deficiente funcionamento do punto limpo, en moitas ocasión aberto de par en par sen control de ningún tipo.
En maio de 2018 o concello da Estrada renovou a frota de camións de recollida do lixo, cun custe de máis 438.000 abonados con fondos da Deputación de Pontevedra, así como boa parte dos contedores do lixo, chegando a gastar preto de 700.000 euros en total. Logo deste imporante desembolso é inconcibíbel, que non só continúen os problemas co servizo de recollida, senón que o goberno do PP decida privatizalo, deixando esta infraestrutura renovada a unha empresa privada, tirando pola borda os miles de euros de diñeiro público gastado.
Efectivamente, o concello da Estrada ten un problema co lixo, mais a solución non pasa pola privatización, senón por xestionar mellor este servizo básico e imprescindíbel. A solución pasa por dotar de persoal estábel tanto no servizo de recollida, no punto limpo ou na limpeza viaria, e se para iso ten que modificar a RPT pois na súa man está, teñen concelleiros e concelleiras abondo para facelo.
O goberno do PP non pode argumentar que non hai cartos para incrementar o persoal da recollida do lixo e para mellorar o servizo, cando acaban de asaltar o peto dos veciños e veciñas cun catastrazo que incrementará de xeito notábel os ingresos do concello. Cartos hai, o que pasa é o goberno de López malgástaos en obras faraónicas de dubidosa utilidade social.
O PP presume de xestión, mais desde que chegou ao goberno municipal en 2011 o único que fixo este goberno é desprenderse de servizos públicos. Primeiro foi o servizo de recadación de impostos e taxas, municipalizado na etapa anterior polo BNG, pasou ao ORAL, e agora queren privatizar o lixo. Isto deixa claro que se os servizos non funciona ou funcionan mal a culpa é do goberno municipal do PP e da súa incapacidade para xestionar adecuadamente os servizos públicos.
Semella que ao grupo municipal do PP pésanlle as responsabilidades de goberno, cando recorren reiteradamente á privatización dos servizos públicos, mais o que non lle pensan son os máis de 168.000 euros en dedicacións exclusivas que pagan todos os veciños e veciñas. Se privatizan, se non xestionan os servizos públicos, o lóxico é que tampouco cobren as dedicacións exclusivas.
Por outra parte, unha recollida do lixo privatizada non garante un mellor servizo aos veciños e veciñas. Todo o contrario. Unha empresa privada débese aos beneficios, espremendo os dereitos da clase traballadora, por iso non son raros os conflitos laborais neste tipo de servizo, amoreándose o lixo durante días. Exemplos hai abondo.
A privatización tampouco garante un custe económico para o peto dos veciños e veciñas, ao contrario, serán constantes as subidas no recibo de recollida do lixo para garantir o marxe comercial da empresa concesionaria.
O día da Paz no Ceip O Foxo recauda 620 euros para a familia que perdeu a súa casa nun incendio o pasado ano.
O pasado ano un incendio destruía unha casa na veciña parroquia estradense de Berres, o Ceip do Foxo decide celebrálo día da Paz con múltiples bailes e actividades para nenos e país, mentres unha vez máis colaboran cunha recaudación de 620E para a familia Neira Iglesias, entregan tamén un pen coas imaxes dos seus fillos durante a súa etapa escolar.
PANIC 2020

El Concello de A Estrada organizara manana una ≪experiencia de terror inmersiva≫ con motivo del VII Festival de Cine de Terror da Estrada. El punto de encuentro sera la Praza do Concello. A Estrada. 20.30 horas. Praza do Concello.
O BNG insta ao goberno municipal a pintar o vial do Souto de Vea

Susana Camba: “Este vial de titularidade municipal atópase nun estado lamentábel, que non respecta os mínimos estándares de seguranza vial”
Os veciños e veciñas do Souto de Vea trasladaron aos responsábeis do BNG a súa queixa polas condicións nas que se atopa o vial que atravesa este lugar semi-urbano do val de Vea. En concreto, os veciños e veciñas quéixanse da nula sinalización horizontal deste vial.
A concelleira do BNG, Susana Camba, explicou que “as condicións deste vial, que forma parte dos viais ao coidado do concello, atópase nun estado lamentábel, que non respecta os mínimos estándares de seguranza vial”. “As liñas que dividen os dous carrís non se ven”, engadiu, “e o único paso de peóns está tamén despintando e, o que é peor, acumula auga, formando un enorme charco nos días de choiva”.
Susana Camba afirmou que “é clamoroso o abandono deste vial por parte do concello, hai anos que non se pinta e calquera condutor ou condutora ten serios problemas para ver por onde vai o seu carril, así como ver con claridade as zonas de aparcamento”. “Urxe unha intervención do goberno municipal neste vial”, explicou, “non é razoábel deixar que os centos de condutores que utilizan a tentas este vial vaian a tentas e moito menos que os peóns vexan perigar a súa integridade física por un paso despintando e que por riba acumula auga cando chove”.
Por outra parte, a concelleira do BNG indicou que “este goberno do PP ten unha nula sensibilidade en todo o que ten a ver coa mobilidade, o que pasa no Souto de Vea non é a excepción, é a norma na que viven os veciños e veciñas do noso concello, sexan da vila ou do rural”.
O PSOE INSTA AO GOBERNO A DEBATER O ORZAMENTO DE 2020 E VE FALTA DE PROXECTO PARA A ESTRADA

O PSOE non se sorprende de que o goberno municipal fora
incapaz de aprobar o orzamento municipal en prazo “como obriga a lei”.
Luis López Bueno valorou que “practicamente todos os anos acontece o
mesmo, hai unha falta de xestión evidente. É inadmisible que o PP, con
maioría absoluta, non fora capaz de aprobar o orzamento en decembro.
Outras administracións que están gobernadas en coalición si conseguiron
aprobalo en prazo e xa están funcionando. Na Estrada imos tarde e iso
provoca que os veciños e veciñas non gocen de investimentos”.
O voceiro socialista valorou que “se non hai orzamento non sabemos se
este goberno aplicará a RPT en 2020, como lle están a recomendar.
Tampouco sabemos que investimentos se van a realizar nin que servizos se
van a prestar. Deben ve “unha única explicación, e non é outra que a falta
de proxecto para A Estrada. Hai que remarcar que o goberno municipal ten
todas as facilidades formais para aprobar o orzamento en prazo, logo o
motivo de non facelo ten que ser de fondo. O PP carece de proxecto para A
Estrada e non sabe onde investir os fondos dos que dispoñen”.
Dende o PSOE manifestan que “A Estrada executará un orzamento
aproximado de 20 millóns de euros, estaría ben que o goberno o fixera
público canto antes. Os cidadáns queren saber como o goberno do PP lle vai
a devolver os seus cartos, non saben por que se lles mantén oculta esta
información”.
López Bueno manifestou a súa preocupación pola mala xestión do goberno
municipal, “ademais de non ter orzamentos, non se está a aproveitar o
financiamento que nos prestan outras administracións e que xa está
dispoñible e podería estar executándose. Por exemplo o Plan Concellos 2020
da Deputación de Pontevedra. Os prazos están correndo e Deputación puxo
a disposición do Concello da Estrada máis de 1,5 millóns de euros dos que o
PP aínda non investiu nin un só euro. Tan só se presentaron algunhas
facturas na liña 2 do programa. No mellor dos casos, quedan por executar
1,430.000 €”.
Os socialistas opinan que “o goberno debería ter xa un calendario coas
actuacións que pretende realizar en 2020, porque están a correr o risco de
perder o financiamento desas administracións que si teñen orzamento. Case
acontece co Plan Concellos 2017, que se rematou de executar sobre a
bucina e coa documentación xustificativa mal presentada. O PP debería ser
máis serio, no canto de xestionar, está xogando cos cartos de todos e todas
as estradenses”.
O PSOE recomenda “unha aposta decidida por políticas activas de emprego
e por deseñar unha política industrial e para o comercio. Esas iniciativas
permitirán fixar poboación, facilitar o crecemento da nosa industria e
ademais axudar ao comercio local”.
López Bueno recordou que “este goberno suspende sistematicamente en
promoción económica e emprego. Os datos son claros, dende que López
Campos asumiu o goberno temos menos veciños e veciñas, menos
traballadores e traballadoras, e tamén menos tecido industrial. Ademais, a
nosa industria depende case en exclusiva dun sector, e iso non deixa de ser
un risco. Este goberno non sabe xogar as súas cartas, e o resultado das
súas derrotas estámolo a pagar entre todos”.
Ademais, o voceiro valora a política de investimentos do PP á que tacha de
“derroche”. “As infraestruturas do rural carecen do mantemento axeitado, e
as actuacións que se fan están a financiarse con cartos da Deputación de
Pontevedra. O goberno non mira o suficiente para o rural e cada mes que
pasa, as actuacións necesarias serán máis caras”.
López Bueno sentenciou que “o goberno está a vivir de anuncios que non
chegan a concretarse, e se o fan, sempre chegan tarde. Temos servizos
insuficientes como a Residencia de maiores, caros e infradimensionados,
como o Centro de Día, ou inexistentes, como un servizo de transporte baixo
demanda que conecte mellor o rural co casco urbano”.






























































