Posposta para outubro a comedia Elisa e Marcela

A obra cómica Elisa e Marcela da compañía Panadería Teatro, programada para o vindeiro venres 10 de maio, posporase por razóns alleas á organización. A nova data da función será o 4 de outubro, polo que a reresentación pasará a formar parte da programación cultural de outono.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG centra as súas prioridades na creación de solo industrial público para xerar emprego

O candidato á alcaldía do BNG, Xosé Magariños, Susana Camba, candidata ao Congreso, e Raquel López Doce, candidata ao Senado, mantiveron na mañá de hoxe mércores un encontro con delegados da CIG. Segundo explicou o candidato do BNG, “solicitamos esta reunión para expoñer as nosas propostas en materia económica e de emprego, que para o BNG pasan pola posta en marcha da Cidade do Moble, algo no que poñeremos especial empeño se temos a maioría suficiente no concello a partir do 26 de maio”. 

O actual concelleiro nacionalista explicou que “o proxecto sectorial do moble e da madeira non pode seguir por máis tempo no caixón de San Caetano, xa non confiamos en que o PP aposte por este proxecto e o recupere”, afirmou, “como moito dirán algo ao longo da campaña, un anuncio, como fan con todo, que logo non se concreta en nada”. “Para o BNG a Cidade do Moble é clave para xerar emprego na Estrada”, indicou, “as empresas do sector da madeira queren medrar e non poden, A Estrada non pode permitirse o luxo de perder máis empresas e máis emprego”.

Por outra parte o concelleiro do BNG tamén puxo o énfase na creación de “solo industrial público en Toedo, algo que demandan as empresas, e como ocorre coa Cidade do Moble, é vital se queremos que A Estrada avance e teña futuro, non nos podemos permitir que máis comercios baixen a persiana, compre xerar dinamismo económico no concello”.

Liquidar as reformas laborais

Pola súa parte, a candidata ao Congreso, Susana Camba, explicou aos delegados da CIG que “o BNG centrará as súas prioridades no Congreso na derrogación da reforma laboral do PP, que están condenando á precarizando a clase traballadora, salarios de miseria e coberturas sociais insuficientes a moita xente deste país”.

A candidata do BNG ao Congreso criticou con dureza as forzas políticas que apoiaron a Pedro Sánchez nestes últimos meses, “nin PSOE nin Podemos nin En Marea foron quen de derrogar a reforma laboral do PP, e iso que tiñan maioría para facelo”. “O BNG comprométese a facelo”, sentenciou.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O ALCALDABLE SOCIALISTA ACUSA ÓS POPULARES DE LEVAR ANOS “VACILANDO” ÓS ESTRADENSES CO TEMA DA VARIANTE

O alcaldable do PSdeG de A Estrada, Luis López Bueno, móstrase indignado despois de que os populares prometesen “outra vez, como sempre que hai que ir ás urnas”, que a tan necesitada variante da N-460 chegará pronto co PP no Goberno. López Bueno recalca que “Campos e Constenla non só non fixeron nada pola variante en oito anos, tamén foron cómplices da súa paralización e da caducidade dos informes”, polo que considera unha “vergoña” que agora presuman de ter traballado moi duro para traer dita infraestrutura á Estrada. “Non foron capaces de lograr que os seus gobernos amigos sacaran adiante o proxecto e cada vez que celebran un gran mitin prometen a variante… levan anos vacilando ós veciños e veciñas” engade. Ante esta situación o PSdeG insiste na vontade do Goberno de Sánchez de sacar a infraestutura adiante, na súa aposta por un modelo de vila máis sostible, eficiente e cómoda.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Teatro Principal vivirá o 4 de maio a reinterpretación do clásico Aladino e a lámpada marabillosa

Avento Producións reinterpretará no Teatro Principal o clásico de Aladino e a lámpada marabillosa o vindeiro 4 de maio ás 18:00 horas. Os actores que compoñen o elenco da obra xa representaron outros espectáculos, que contaron con gran aceptación na vila, indicou a concelleira de Educación, Amalia Goldar.

Este musical pisará as táboas do teatro un día despois da comedia xestual Gag Movie, que representará Producciones Yllana o día 3 de maio ás 21:00 horas e que a esta altura xa leva a metade do aforo vendido. A historia de Aladino contada baixo o prisma de Avento Producións responde ao tipo de relato contemporáneo que adoita a ter moita aceptación entre os nenos e nenas estradenses, explicou Goldar.

Sobre o escenario o espectador poderá ver a sete artistas que darán vida a un total de vinte personaxes, nunha reinterpretación actualizada e con tinguiduras modernas dunha obra clásica, apuntou a a actriz que interpretará a Jasmine, Rocío Salgado, que desvelou que o seu personaxe contará nesta adaptación coas súas propias aspiracións e inquietudes.

Para rematar, Martín Maez, quen interpreta a Aladino, matizou que non se trata dun espectáculo exclusivamente infantil, senón que os pais e nais ou acompañantes dos rapaces e rapazas poderán desfrutar moito dunha obra na que tamén existen bromas destinadas ao público adulto, ademais dunha banda sonora creada especificamente para a obra como fío condutor da historia.

Tanto a concelleira como os actores convidaron á veciñanza estradense a acudir o sábado 4 de maio ao teatro a desfrutar da función e lembraron que as entradas para a obra atópanse dispoñibles a un prezo de 6 euros no Departamento de Cultura do Concello, na xoguetería Tiko Doco da Estrada e na páxina web www.ticketea.com.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG comprométese coa Variante

Os candidatos e candidatas do BNG comprométense en firme a traballar intensamente  na Cámara Baixa, desde a representatividade e o peso político que lles outorgue a cidadanía cos seus votos, para que se lle dea unha solución definitiva á construción da Variante, que evite o tráfico pesado polo medio da vila e que optimice a conexión dos nosos núcleos industriais  de produción cos puntos de saída das mercadorías cara os circuítos de comercialización estatais e mesmo internacionais. Estamos a falar dunha vía que debe dar saída ao Polígono de Toedo, á futura Cidade do Moble e, en xeral, a toda a industria xerada no territorio municipal.

No día de onte Susana Camba, candidata nº 3 por Pontevedra, acompañada do candidato á alcaldía de Forcarei, Roberto Jorge, de Xosé Magariños, candidato á alcaldía da Estrada e varios militantes do consello local do BNG, quixo facer visible este compromiso na rúa amosando esta mensaxe no cruce da rúa Pérez. Viondi coa Avda. Benito Vigo.

O breve tempo que permaneceron neste lugar foi suficiente para comprobar o intenso tráfico de camións e outros transportes que pasa por unha rúa que é centro neurálxico do casco urbano.

O BNG da comarca Tabeirós/Terra de Montes quere así reafirmar o que a cabeza de lista por Pontevedra, Carme Da Silva e a propia Susana Camba, lle expuxeron ás centos de persoas que asistiron ao acto de campaña que a formación nacionalista celebrou o pasado domingo no restaurante Samaná, coa presenza e intervención da Portavoz Nacional Ana Pontón.

A mensaxe do BNG é clara:  A Variante da Estrada ten que estar no Congreso e polo tanto nos próximos orzamentos do estado. Así o fixemos ao longo das lexislaturas en que o BNG tivo voz no Congreso, presentando emendas en sucesivas ocasións aos orzamentos do Estado para que sacar adiante a tan ansiada infraestrutura. Este compromiso do BNG contrasta co baleiro deixado por todas as forzas políticas que nos últimos anos seica nos representaron. Tanto PP, como PSOE como En Marea-Podemos obviaron nas súas reivindicacións e nas súas emendas a Variante da Estrada, o que demostra unha vez máis que se o BNG está, a Variante está.

Publicado en Portada | Deja un comentario

CANDIDATURA DO PSDEG DA ESTRADA ÁS ELECCIÓNS MUNICIPAIS 2019

1 – Luis López Bueno

2 – Belén Louzao Vieites

3 – Luis Rendo Araujo

4 – Amalia Lago Durán

5 – Juan Carlos González Barcia

6 – Patricia Carracedo Durán

7 – Natalia Arca Rozados

8 – David Barcala Villar

9 – Silvia Loureiro Arjones

10 – Humberto Blanco Reino

11 – María del Carmen Nodar Sanmartín

12 – Luis Tarrío Calviño

13 – María Carmen Herrera Taboada

14 – Alexánder Neira Lagos

15 – Juan Carlos Fernández Martinez

16 – Noa Pampín Picallo

17 – Manuel Fernández Cerdeira

18 – Rosa María Gonçalces Gómes

19 – Marcelino Brea Mella

20 – Ana Asorey Brea

21- José Antonio Dono López

22 – Marina Gómez Rendo

23 – Manuel Otero Espiño

24 – María Josefa Neira Borrajeros

1 – Luis López Bueno 25 anos. Graduado en Dereito. Máster en Administración e Dirección de Empresas. Natural de San Miguel de Castro. Residente no casco urbano.

2 – Belén Louzao Vieites 37 anos. Licenciada en Ciencias Políticas. Máster en Cooperación Internacional. Docente de Formación e Orientación Laboral en FP. Natural de Matalobos, onde preside a Asociación de Mulleres. Concelleira e portavoz do Grupo Municiapl Socialista na actual lexislatura. Reside en Frades.

3 – Luis Rendo Araujo 52 anos. Técnico Especialista en Electrónica e Mecánica. Encargado no departamento de mantemento no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, para o Hospital Provincial de Conxo e o Psiquiátrico de Conxo. Concelleiro na actual lexislatura. Nado en Orazo, vive na parroquia de Oca, onde preside a Asociación de Veciños.

4 – Amalia Lago Durán 37 anos. Cursou o Ciclo Superior de Auxiliar Administrativo. Traballa como administrativa e asesora de saúde. Foi secretaria da alcaldía da Estrada durante 12 anos. Casco urbano.

5 – Juan Carlos González Barcia 43 anos. Licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais. Máster en Tributación e Sistema Fiscal. Traballa como funcionario de Facenda. Natural de París e residente no casco urbano.

6 – Patricia Carracedo Durán 35 anos. Licenciada en Bioloxía, exerce de profesora de secundaria. Natural de A Somoza, residente en Figueroa.

7 – Natalia Arca Rozados 35 anos. Comerciante e estudante do ciclo de Técnico en Actividades Comerciais. Ribela.

8 – David Barcala Villar 29 anos. Traballador do sector do metal. San Andrés de Vea.

9 – Silvia Loureiro Arjones 41 anos. Diplomada en Ciencias da Educación, na especialidade de Educación Infantil. Traballa nunha Escola Infantil. Residente no casco urbano.

10 – Humberto Blanco Reino 41 anos. Licenciado en Económicas. Funcionario da Axencia de Turismo de Galicia. Santa Cristina de Vinseiro. 11 – María del Carmen Nodar Sanmartín 48 anos. Traballadora de UGT Galicia dende 1997. Con raíces en Ribela e Guimarei, reside no casco urbano.

12 – Luis Tarrío Calviño 44 anos. Técnico en Xestión Administrativa. Traballa como administrativo nunha empresa local vinculada ó sector de transporte de viaxeiros. Santeles.

13 – María Carmen Herrera Taboada 40 anos. Técnica Especialista en Prótese Dental. Traballou durante anos nunha clínica dental da localidade e na actualidade adícase ó comercio. Casco urbano.

14 – Alexánder Neira Lagos 26 anos. Secretario de Organización de Xuventudes Socialistas de A Estrada. Graduado en Ciencias Políticas. Ciclo Superior en Administración e Finanzas. Nado en San Miguel de Castro, reside no casco urbano.

15 – Juan Carlos Fernández Martinez 47 anos. Enxeñeiro industrial. Profesor de Tecnoloxía en Educación Secundaria e de Instalacións Eléctricas e Automatismos en Formación Profesional. Corresponsal da Axencia Deportiva Galega, para a que segue os clubes Estradense e Estudiantil. Codeseda.

16 – Noa Pampín Picallo 22 anos. Estudou un Ciclo Superior de Administración e Finanzas e traballa como administrativa nunha empresa de obras públicas. Pena do Foxo.

17 – Manuel Fernández Cerdeira 69 anos. Diplomado en Maxisterio, exerceu como profesor de Pedagoxía Terapéutica. Actualmente está xubilado. É concelleiro nesta lexislatura. Codeseda.

18 – Rosa María Gonçalces Gómes 57 anos. Mestra de pintura no Colexio do Foxo. Nada en Venezuela e residente no Foxo.

19 – Marcelino Brea Mella 52 anos. Diplomado en Ciencias da Educación e Titulado en Deseño de Interiores. Traballa como profesor de Educación Primaria. Ex Secretario Xeral da Federación de Traballadores do Ensino (FETE) de UGT Galicia. Callobre

20 – Ana Asorey Brea 61 anos. Diplomada en Enfermería. Enfermeira no Centro de Saúde da Estrada. Concelleira na actual lexislatura. Entre 2007 e 2011 desempeñou funcións de Concelleira de Benestar Social. Natural de Vinseiro, vive en Santa Cristina de Vea

. 21- José Antonio Dono López 63 anos. Licenciado en Medicina. Médico de familia no Centro de saúde da Estrada. Ex alcalde. San Pedro de Ancorados. 22 – Marina Gómez Rendo 76 anos. Xubilada. Toda unha vida vinculada ó socialismo. Natural de Agar.

23 – Manuel Otero Espiño 67 anos. Diplomado en Maxisterio e Licenciado en Xeografía e Historia, exerceu como profesor no instituto local IES Nº1. Na lexislatura 2007-2011 desempeñou funcións de tenente alcalde e concelleiro de Medioambiente. Na actualidade está xubilado. Loimil.

24 – María Josefa Neira Borrajeros 73 anos. Cociñeira xubilada. Ribela. MEDIA DE IDADE: 46 anos

NÚMERO DE MEMBROS DA CANDIDATURA ANTERIOR: 12 NÚMERO DE CONCELLEIROS DA CANDIDATURA ANTERIOR: 4

Publicado en Portada | Deja un comentario

López opta pola «experiencia e a estabilidade» para tratar de lograr «unha maioría máis ampla»

• Alberto Blanco e Amalia Goldar ocupan os postos 2 e 3, respectivamente, nunha lista na que hai 10 mulleres e 14 homes

• Gonzalo Louzao (10º), Alfonso Figueiras (11º), Jéssica Rodríguez Calviño (14º) e Beatriz Pazos Alonso (15º) son as principais novidades dunha candidatura que conta con Valentín García Gómez como primeiro suplente

• «Este equipo de traballo foi o que fixo posible a gran Estrada que estamos a construír, polo que non era preciso ningunha revolución», subliña López

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, anunciou hoxe a composición da candidatura para as Eleccións Municipais do 26 de maio, que estará conformada por 21 titulares e tres suplentes e que avoga pola «experiencia e a estabilidade» para tratar de lograr «unha maioría máis ampla». Fronte aos «líos internos» dos gobernos doutros concellos e «ao experimento de incerto futuro» entre forzas de «dubidosa convivencia política e nula experiencia de xestión», José López defendeu a aposta por «unha candidatura previsible e solvente, que ten no seu haber unha folla de servizos bastante meritoria». «Este equipo de traballo foi o que fixo posible a gran Estrada que estamos a construír, polo que non era preciso ningunha revolución», destacou. En relación coa candidatura, cómpre salientar que está integrada por 10 mulleres e 14 homes, que a media de idade é de 46 anos e que as principais variacións son o ascenso de Gonzalo Louzao Dono ata o posto número 10; a incorporación de Alfonso Figueiras Rey no posto número 11; a entrada de Jéssica Rodríguez Calviño e de Beatriz Pazos Alonso nos postos 14 e 15, respectivamente; e o paso de Óscar Durán ao número 12 e de Nemesio Rey ao número 17.

1.- José Carlos López Campos: 45 anos, veciño da Estrada, empregado de banca

2.- Alberto Blanco Carracedo: 56 anos, veciño da Estrada, avogado, farmacéutico e empresario

3.- Amalia Goldar Cora: 52 anos, veciña da Estrada, avogada

4.- Anxos Pais Carbia: 38 anos, veciña de San Miguel de Cora, gandeira

5.- Juan Constenla Carbón: 53 anos, veciño da Estrada, enxeñeiro técnico agrícola

6.- Miguel Óscar Rancaño Brañanova: 56 anos, veciño da Estrada, médico

7.- María del Carmen Durán Lea: 50 anos, veciña de Santeles, traballadora do agro e ama de casa

8.- Ismael Pena Villamor: 42 anos, veciño da Estrada natural de Rubín, avogado (traballa como axente de seguros)

9.- Lucía Seoane Rosende: 39 anos, veciña de Matalobos, empregada de Correos

10.- Gonzalo Louzao Dono: 25 anos, veciño de San Xurxo de Cereixo, licenciado en Ciencias Políticas

11.- Alfonso Figueiras Rey: 54 anos, veciño de Riobó, carpinteiro

12.- Óscar Durán Barros: 47 anos, veciño da Estrada, empresario

13.- Manuel Magariños Maceiras: 49 anos, veciño da Estrada, empregado dun centro comercial

14.- Jéssica Rodríguez Calviño: 30 anos, veciña de Aguións, dependenta no sector da construción

15.- Beatriz Pazos Alonso: 30 anos, veciña da Estrada natural de Arnois, monitora de tempo libre

16.- José Manuel Blanco Sanmartín: 50 anos, veciño da Somoza, funcionario no Concello de Meis

17.- Nemesio Rey Pazos: 57 anos, veciño de Guimarei, responsable da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada

18.- Rocío Blanco Mosquera: 32 anos, veciña da Estrada, traballadora do Concello da Estrada e presidenta local de NNXX

19.- José Manuel Sueiro Loureiro: 46 anos, veciño de Ouzande, chófer/condutor

20.- Laura Baliño Gómez: 47 anos, veciña de Lamas, traballadora do Concello da Estrada

21.- Solicita Duro Barcala: 69 anos, veciña de San Xurxo de Vea, ama de casa

1ºS.- Valentín García Gómez: 48 anos, veciño da Estrada, secretario xeral de Política Lingüística

2ºS.- Luis Rey González: 49 anos, veciño da Estrada, traballador do sector do transporte

3ºS.- Montserrat Carracedo Goldar: 49 anos, veciña da Estrada, funcionaria da Xunta de Galicia

Publicado en Portada | Deja un comentario