“Se os Beatles foran da Estrada levábana clara para sacar a mítica foto de Abbey Road”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, “porque os pasos de peóns brillan pola súa ausencia en sitios onde hai poucas semanas si había ou nin se ven as raias onde supostamente os hai”.
O concelleiro do BNG e militantes do BNG imitaron aos lendario grupo británico para denunciar a deixadez do goberno municipal do PP, que “malia ás reiteradas peticións que fixemos desde o BNG, a día de hoxe é pésima a situación dos pasos de peóns, co risco que iso supón para os veciños e veciñas da Estrada”.
Xosé Magariños insta ao alcalde e ao seu goberno a “ocuparse dos problema do día a día que condicionan a vida diaria dos seus veciños e veciñas, mentres presta toda a súa atención sobre as grandes obras, como a da Alameda que supón un despilfarro e unha inversión improcedente nas actuais circunstancias de precariedade dos servizos que precisa a xente.”
“Instamos unha vez máis ao alcalde”, indicou o concelleiro do BNG, “a ocuparse tamén das pequenas cousas, pero elementais para o día a día dos veciños e veciñas”.
Ana Pontón na EstradaPor outra parte, o BNG organiza o vindeiro domingo 21 de abril, ás 18 horas, no Restaurante Samaná, o acto central da campaña das eleccións Xerais. Neste acto intervirán Xosé Magariños, Susana Camba (candidata nº 3 ao Congreso), Carme da Silva (cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra) e Ana Pontón (portavoz nacional do BNG).
Segundo explicou o concelleiro nacionalista, «estamos a facer unha intensa campaña, mantendo contactos con simpatizantes do BNG, repartos casa por casa para explicar as nosas propostas, entre elas o importante que é para Galiza, mais tamén para a Estrada, contar cunha forza política que mire polo noso, no caso do noso concello, que mire pola Variante, cousa que non fixeron ningunha das forzas políticas que tiveron representación no Congreso, coa única excepción do BNG». «Convido a todas as veciñas e veciños a que participen neste acto público, para coñecer de man de Ana Pontón as nosas propostas e a nosa mensaxe», engadiu o concelleiro do BNG.
Os Beatles levaríana clara na Estrada!
O PSOE PREGÚNTASE POR QUE O CONCELLO OPTA POR PAGAR A UN AXENTE DE TURISMO CON CARTOS MUNICIPAIS PODENDO APROVEITAR A SUBVENCIÓN DA DEPUTACIÓN
O alcaldable socialista sospeita que o PP “prefire ser autónomo para contratar a dedo sen dar explicacións”
Luis López Bueno: “Síntome alagado de que o PP vaia a rebufo dos socialistas, anunciando medidas horas despois de que as propoñamos, aínda que nos orzamentos nos lles destinasen un só euro”

O PSdeG de A Estrada, tralas declaracións do edil de Turismo, Óscar Rancaño, pregúntase por que o Concello prefire pagar a un axente de turismo con cartos municipais podendo aproveitar unha subvención da Deputación de Pontevedra. O alcaldable socialista, Luis López Bueno, sospeita que “o PP prefire ser autónomo para contratar a dedo sen dar explicacións”, e que “por ese motivo dalles igual que os veciños e veciñas teñamos que pagar esa nómina tódolos meses, cando podía saírnos gratis”. Ante a avalancha de “repentinas promesas claramente improvisadas”, López Bueno asegura sentirse “alagado de que o PP vaia a rebufo dos socialistas, anunciando medidas horas despois de que as propoñamos, aínda que nos orzamentos nos lles destinasen un só euro”. ______________________________________________________________________ PSOE de A Estrada Prolongación da R/ Castelao 16, baixo 986 57 19 91 ______________________________________________________________________ Agrupación Socialista da Estrada Nesta liña, o candidato socialista lembra que “xa fomos os primeiros en falar do solo industrial público, e detrás veu o anuncio de que o PP o ía a desenvolver. Xa o prometeran en 2011 e 2015, e seguimos sen telo, como tantas outras cousas”.
O PP abrirá unha sede ata o 26-M na Praza de Galicia e celebrará o mitin das Xerais o día 24
– José López confirma que a presentación da totalidade da candidatura terá lugar o vindeiro luns día 22

O Partido Popular da Estrada está a ultimar o acondicionamento interior dun local situado no número 1 da Praza de Galicia -antiga sucursal do Banco Pastorpara abrir ata as Eleccións Municipais do 26 de maio unha sede temporal que teña «máis visibilidade e sexa máis accesible» que a habitual da rúa Irmás José e Severino Trigo. Así o confirmou o candidato á Alcaldía, José López Campos, que indicou que esta sede funcionará ata finais de maio como o «centro de operacións» da candidatura popular, tanto para a celebración de reunións internas como de actos públicos e roldas de prensa cos medios de comunicación. «Queremos que esta sede tan céntrica nos sirva como escaparate da gran Estrada que comezamos a construír hai oito anos e que a día de hoxe xa é unha realidade en moitos ámbitos», manifestou. José López avanzou ademais que o partido celebrará o mitin central da campaña das Eleccións Xerais o vindeiro mércores día 24 de abril, a partires das 20.45 horas no Teatro Principal. Ademais del mesmo, intervirán tamén o candidato nº 4 ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Juan Constenla; o presidente provincial, Alfonso Rueda; a cabeza de lista ao Congreso por Pontevedra, Ana Pastor; e o presidente do PPdeG e presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo. Por outra banda, anticipou tamén que o vindeiro luns día 22 terá lugar a presentación da totalidade da candidatura para as Eleccións Municipais.
Mañá abre o prazo para solicitar as axudas a emprendedores do Concello da Estrada
Mañá, 17 de abril, abrirá o prazo para solicitar as axudas a emprendedores do Concello da Estrada ás que poderán optar as empresas locais de nova creación. Este prazo permanecerá aberto ata o vindeiro venres 3 de maio.
O importe máximo ao que optan os solicitantes é de 2.000 euros por empresa e a axuda non poderá superar a contía total do investimento inicial realizado polas persoas promotoras. Esta liña de investimento municipal ten por finalidade subvencionar parte dos gastos da posta en marcha de novas empresas na vila.
Poderán solicitar estas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes) que iniciasen a súa actividade entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do pasado ano sempre que cumpran unha serie de requisitos, como posuír o domicilio fiscal e social na localidade, que a empresa sexa viable e de nova creación e que ningún dos socios teña débedas coa administración, entre outros.
As persoas interesadas en participar no proceso deberán presentar a solicitude no Rexistro ou presentala a través da Sede Electrónica do Concello; única vía hábil para as persoas xurídicas. Antes de conceder as subvencións teranse en conta diferentes cuestións á hora de realizar o baremo, como a pertenza dos solicitantes aos colectivos que presentan maiores dificultades de inserción laboral.
A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán e Fernando Conde cumprirá coa accesibilidade

A oficina de turismo da Estrada abrirá este verán con persoal propio, segundo informou hoxe o concelleiro de Turismo, Óscar Rancaño, e a Avenida de Fernando Conde cumprirá cos estándares de accesibilidade, asegurou o alcalde, José López Campos. O ano pasado solicitouse unha subvención da Deputación de Pontevedra para dotar á oficina dun técnico de turismo, pero ante a falta de candidatos, esta institución propuxo en novembro ao Concello que se fixera cargo do proceso; unha proposta que se declinou, indicou Rancaño, quen explicou que en base a esta experiencia optarase por xestionar este ano as instalacións e o persoal necesario dende o goberno local, que conta con abrir o punto de atención turística con persoal propio este verán. Por outra banda, López explicou que a obra da Avenida de Fernando Conde cumprirá con todas as cuestións referidas á accesibilidade, así como tamén o fará a reforma da Alameda, ambas encadradas no plan Edusi, que é unha estratexia caracterizada polo desenvolvemento e a sostibilidade. O alcalde lembrou que a obra aínda non está acabada e, polo tanto, a cota actual non é a definitiva. Unha vez que se instale o pavimento, este ascenderá ata o nivel establecido para solucionar este tipo de cuestións, chegando a enrasar co borde da beirarrúa nos pasos de peóns elevados.
O PP incorpora ao pedáneo de Riobó en postos de saída na candidatura para as municipais
– Alfonso Figueiras Rey ten 55 anos e traballa como carpinteiro para a empresa Decoideas e tamén como camareiro
– López apunta que a súa fichaxe «aporta unha gran capacidade de traballo» e tamén «a representatividade no futuro goberno que demandaban as parroquias da zona nordeste da Estrada»

O candidato do Partido Popular á Alcaldía da Estrada, José López Campos, anunciou hoxe a incorporación en postos de saída na candidatura para as eleccións municipais do 26 de maio do actual pedáneo da parroquia de Riobó, Alfonso Figueiras Rey. Alfonso Figueiras, que foi designado alcalde de barrio de Riobó en 2011 coincidindo coa chegada de José López ao goberno local, ten 55 anos e actualmente traballa como carpinteiro na fábrica de mobles Decoideas, profesión que compaxina de forma puntual coa de camareiro. Tras a xa anunciada «fichaxe» de Gonzalo Louzao Dono, José López destaca que esta segunda incorporación en postos de saída enmárcase nunha «moderada renovación» da candidatura para «reforzar a presenza no rural». Segundo indicou, a entrada de Alfonso Figueiras na candidatura popular aportará «unha gran capacidade de traballo», ademais «da representatividade no futuro goberno que demandaban as parroquias da zona nordeste da Estrada». «O goberno actual está consolidado como un grupo de taballo estable, que funciona ben, sen as liortas internas que caracterizan a gobernos doutros concellos, e iso é fundamental para estar centrados no importante, que é resolver os problemas dos veciños e sacar adiante os proxectos que temos entre mans», salienta. Partido Popular da Estrada ppdaestrada@gmail.com 636 244 725 (Juan Constenla) Por último, en relación aos postos de saída, José López valora que «polo balance do traballo realizado nos últimos oito anos e pola falta de consistencia e experiencia de xestión das demais candidaturas, o PP está en condicións de saír a gañar as eleccións municipais co obxectivo realista de incrementar o número de concelleiros». Ao respecto, confirmou que presentará a candidatura completa nos vindeiros días.
Xogando as agachadas con Fuxú
Na mañá de hoxe os nenos do CEIP O Foxo xuntos con todos os seús mestres xogarón as Agachadas con Fuxú, durante a xornada divertironse con diferentes actividades.










































