
O BNG DENUNCIA UNHA VEZ MAIS OS GRAVES PROBLEMAS CIRCULATORIOS DA N-640 PARA ACCEDER Á PO-2016 DIRECCIÓN A VINSEIRO.

O Ceip O Foxo rinde homenaxe a Neira Vilas con lecturas familiais na súa biblioteca
O Ceip O Foxo rinde homenaxe a Neira Vilas con lecturas familiais na súa biblioteca.
GALERÍA DE IMAXES
Clases de Baile nos IES da Estrada
Cadrante Clases de Baile nos IES da Estrada
| Luns | Martes | Mércores | Xoves | Venres | |
| 1ª
8:45-9:35 |
2ºC – IES MGB | ||||
| 2ª
9:35-10:25 |
2ºA – IES MGB | 2ºA – IES ALD | |||
| RECREO | |||||
| 3ª
10:45-11:35 |
2ºA – IES nº1 | 1ºB – IES ALD | 2ºB – IES MGB | ||
| 4ª
11:35-12:25 |
2ºB – IES ALD | 2ºC – IES nº1 | 1ºB – IES MGB | 2ºB – IES nº1 | |
| RECREO | |||||
| 5ª
12:45-13:35 |
1ºB – IES nº1 | 1ºA – IES ALD | 1ºA – IES MGB | 1ºA – IES nº1 | |
| 6ª
13:35-14:25 |
1ºC – IES MGB |
Poderase doar sangue na Estrada o 30 de novembro e 1 de decembro
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Sangue de Galicia acudirá á Praza do Concello da Estrada os vindeiros venres 30 de novembro e sábado 1 de decembro para que os veciños realicen as súas doazóns de sangue.
A unidade de extracción operará en horario de 10:00 ás 14:00 horas da mañá e das 16:00 ás 21:00 horas da tarde do venres e de 10:00 ás 15:00 horas da mañá do sábado.
Os elementos de xogo retirados da Alameda terán unha segunda vida noutros emprazamentos
Os elementos de xogo retirados tralo inicio das obras da Alameda, susceptibles de ser restaurados, instalaranse noutros lugares, así como a Praza do Mercado, no entorno da feira ou da nova gardaría, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.
Os xoguetes desmontados atópanse actualmente en Guimarei, onde esperarán a seren restaurados para, a continuación, instalarse nos novos emprazamentos. A zona da Praza do Mercado é unha opción viable para eles, aínda que non a única, onde existen peticións dos veciños que instan a instalar elementos deste tipo. Unha zona que está recuperando actividade e se atopa cada día máis concorrida, debido á proximidade do aparcamento e á diversidade de servizos nas proximidades.
Ademais da inclusión de elementos de xogo vaise traballar na praza na reposición de dúas columnas e unha travesa que forman parte da pérgola e colocar plantas de xeito que, xunto ás existentes, que haberá que podar e reconducir, subministren sombra á zona.
O Concello pedirá a Viacua que se encargue das análises requiridas por Augas de Galicia
O Concello da Estrada e Augas de Galicia reuníronse onte con vistas a elaborar un plan de vertidos e, trala xuntanza, esta última requiriu ao Concello que realizase análises de calidade da auga para proceder á autorización dos puntos de vertido. Para cumprir co requirimento, o Concello encargaralle a Viacua, empresa que xestiona a depuradora de Aguións, que se encargue de realizalas análises, segundo informou hoxe o alcalde da Estrada, José López Campos.
Unha vez tramitado, e sempre que os resultados sexan satisfactorios, autorizaranse os puntos de vertido para que as diferentes depuradoras instaladas no rural podan devolver a auga tratada aos ríos. Este procedemento de análise da calidade das augas require un control anual que haberá que manter. Ademais, Augas de Galicia solicitou ao Concello datos e planos, tanto do proxecto como das depuradoras.
O BNG alerta do perigo dos novos contedores de lixo mal ubicados
O BNG quere facer públicas as queixas de moitos veciños e veciñas sobre o perigo que significan algúns dos novos contedores do lixo no casco urbano, debido á súa inapropiada ubicación.
Diante destas queixas o BNG comproba que efectivamente algúns destes «artefactos» ademais de antiestéticos dabondo, están situados en puntos onde, debido ademais ao seu tamaño, dificultan a visibilidade que precisan coches e peóns para desprazárense libres de riscos de choque ou atropelo.
Riscos que consideramos remediables. Só fai falla que o goberno do concello poña vontade para facer as cousas de maneira racional.
Para o BNG non é nada novo. Son dinámicas ás que o goberno do PP nos ten acostumados, pois este problema tamén ocorre nalgúns puntos do rural.
Por este motivo o BNG insta ao goberno do sr. López a que faga un recoñecemento destes contedores para cambialos de sitio antes de que se poida producir algún accidente do que haxa que arrepentirse.
—










































