A Estrada planea por en valor a zona da Praza da Feira como futura gran actuación

O goberno local da Estrada planea incluír como unha das grandes propostas desta lexislatura unha actuación de posta en valor da zona pertencente á Praza da Feira. Este proxecto abarcaría unha extensión aproximada de 11.000 metros cadrados e abarcaría a praza onde se sitúa o cuartel da policía e a zona de circulación cas dúas calzadas paralelas, segundo explicou hoxe o alcalde da localidade, José López Campos.

O alcalde sinalou que esta é una boa candidata a converterse nunha das poucas áreas peonís dentro do casco urbano, xunto coa do Novo Mercado, Con carballos centenarios e espazo dispoñible para poder levar a cabo unha obra de posta en valor nun “prazo razoable”, e matizou que é unha proposta sobre a que merece a pena razoar e debater.

Non obstante, sinalou que a praza e a zona “pode e debe” continuar mantendo o seu papel de lugar onde se celebran a feira e os festexos, así como as churrascadas e polbadas, pero integrándoa urbanísticamente.

Publicado en Portada | Deja un comentario

En Marea insta á Xunta a actualizar os plans de formación e apostar pola modernización das pequenas e medianas empresas de moble en Galicia

O voceiro de En Marea, Luís Villares, o deputado no Parlamento, Francisco Casal, e a voceira de Móvete, Mar Blanco, visitaron esta mañá a 32º Feira do moble de Galicia na Estrada onde reclamaron, con vistas de futuro, a implantación dunha Formación Profesional Superior da madeira e do moble que responda ás necesidades reais do sector do moble 

 

O voceiro de En Marea, Luís Villares, o deputado no Parlamento, Francisco Casal, e a voceira de Móvete, Mar Blanco, visitaron esta mañá aos alumnos e alumnas do IES Antón Losada Diéguez da Estrada e a 32º Feira do moble de Galicia na Estrada onde defenderon a necesidade de apostar pola mellora na formación co obxectivo de adecuala ás necesidades e a realidade actual do sector. Villares destacou que o futuro do sector do moble está inmerso nun proceso de modernización e polo tanto non se pode deixar a marxe da formación. Por iso, o grupo de En Marea, despois de escoitar ao profesorado e ao alumnado reclama unha mellora da oferta educativa. “É necesario que a Formación Profesional inclúa tamén á básica para captar alumnado para o tamén o ciclo medio que é o que se está a dar neste momento, e tamén con vocación de futuro, unha FP superior da madeira e do moble” afirmou. 
 
Desde En Marea o que se busca é que se forme unha mao de obra cualificada para atender ás necesidades do sector que pasan polo proceso de modernización e precisan polo tanto traballadores e traballadoras cualificadas. “É preciso polo tanto a actualización dos plan de formación e que a Xunta aposte pola modernización dos equipos das pequenas e medianas empresas que son as que xeran a maior parte do emprego no noso país, tamén no sector do moble. Isto melloraría ao mesmo tempo a calidade de emprego de toda a comarca da Estrada” concluíu o voceiro de En Marea. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Chegan A Estrada os novos colectores do Plan Concellos

Esta semana comenzaron a montar os colectores de carga lateral adquiridos co Plan Concello da Deputación de Pontevedra, un total de 150 colectores que están a montar técnicos da empresa adxudicataria e que a fináis da vindeira semana esperamos empezar a colocar nas rúas do casco urban.

Publicado en Portada | Deja un comentario

AXENDA DE ACTIVIDADES DO VENRES 21 DE SETEMBRO FEIRA MOBLE DE GALICIA

            FEIRA DO MOBLE DE GALICIA ACTIVIDADES VENRES 21 DE SETEMBRO                                                  

 

• 11.00 horas: Apertura do recinto feiral.
Contacto: 673 156 204 (Alberto J. Rey) – alberto.rey@somoswecom.com
• 12.00 horas: O voceiro de En Marea, Luís Villares, visita o recinto feiral
acompañado polo deputado Pancho Casal e a concelleira de Móvete, Mar
Blanco.
• 18.30 horas: Showcooking con degustación gratuíta no stand de Corral y
Couto (pavillón 3) a cargo de Pepe Solla.
• 19.00 horas: Acto de entrega do XXIII Premio Xornalístico Manuel Reimóndez
Portela a Fernando Redondo Neira.
• 20.00 horas: Peche do recinto feiral. 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Axudas do programa Leader

Pola súa parte, o subdirector xeral de Relacións cos GDRs de Agader, Javier Blanco
Carballal, ofreceu esta mañá unha charla para explicar as posibilidades que ofrecen as
axudas Leader ás empresas asentadas no rural. Ademais de apuntar os requisitos
necesarios para acollerse a este programa, Javier Blanco asegurou que «o sector do
moble e da segunda transformación da madeira ten no Leader unha moi boa
oportunidade para desenvolver os seus proxectos de futuro».
As actividades desta segunda xornada remataron coa celebración dun showcooking a
cargo do cociñeiro Jaume García, de Velis Nolis Bistró (A Estrada), no stand de
Fervenza Mobiliario (pavillón 3).

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG APOSTA POR UNHA UNIDADE PÚBLICA DE I+D+i DO MOBLE E IMPULSAR A VARIANTE DA ESTRADA

Pontón pide medidas para a produción de madeira de calidade en Galiza e iniciativas públicas de apoio para dinamizar o  sector do moble

A portavoz nacional do BNG,   Ana Pontón instou  a Xunta  a impulsar unha estratexia pola innovación   cunha Unidade pública de I+D+i  coordinada co sector do moble co fin de promover proxectos de optimización da produción apostando pola investigación, novos  modelos, materiais e acabados e deseños de vangarda.

Pontón visitou a Feira do Moble que se celebra en A Estrada onde reclamou a variante para facilitar unha saída natural á grande produción do moble a través do porto de Vilagarcía, infraestrutura, dixo,  que impulsaría, en grande medida, a  dinamización de empresas e o sector.

Acompañada dos responsables locais e comarcais e polo candidato á alcaldía da Estrada, Xosé Magariños, a portavoz nacionalista reiterou o apoio do BNG ao sector do moble e a feira da que dixo, “é o escaparate da grande potencialidade e capacidade deste sector que conta, despois de tantos anos, cunha  grande proxección na Estrada pero tamén en toda Galiza”. Neste sentido, reiterou a necesidade dunha aposta real pola innovación  para situar o sector en  novas tendencias como a modalidade  de “Contratc cun novo perfil de clientes e unha nova forma de abordar o negocio”.

 

Pontón explicou que na actualidade as empresas buscan “un servizo integral e adaptado” e na Estrada existen moitos  exemplos de como o sector busca colocarse “na modernidade” pero tamén temos debilidades como   “a escasa madeira de calidade producida en Galiza” que nos obriga a  importar a maior parte para a produción propia xa que “só o 8% da madeira galega talada é aproveitada para a transformación”.  Para a portavoz do BNG, esta circunstancia incide negativamente na creación de emprego e no valor engadido e anunciou que o BNG proporá á Xunta unha aposta estratéxica polas madeiras de calidade como o castiñeiro, carballo, cerdeiras e todas aquelas que se utilizan para a produción de mobles. A Xunta, dixo, debe ofrecer “un maior apoio ao sector” e implicarse coa innovación para mellorar a súa produtividade. Para isto, recalcou, é necesaria unha sinerxía entre “a administración pública e tecido empresarial para conseguir que  Galiza ocupe un importante lugar na vangarda da produción de mobles de calidade”.

 

 CIDADE DO MOBLE E VARIANTE DA ESTRADA

 Pontón lembrou  que no período no que o BNG tivo responsabilidades de goberno impulsou o proxecto da Cidade do Moble, proxecto que o Partido popular  pechou nos caixóns de San Caetano. As empresas e sector do moble precisan que a Cidade do Moble se active  para dimensionar os diferentes ámbitos pero esta iniciativa debe ir acompañada “dunha mellora nas comunicacións”. Para a portavoz do BNG “a variante da Estrada é unha urxencia” para un sector que precisa de  boas comunicacións co fin de facilitar unha “saída á produción”. O porto de Vilagarcía, dixo Pontón  é “a saída natural” para este cometido e contribuiría a unha maior competitividade das empresas e dun sector que resulta estratéxico.”

 

Durante a súa visita á  Feira do Moble, a portavoz do BNG  mantivo diversos encontros con expositores e expositoras de diferentes empresas e proxectos   que lle trasladaron as súas demandas e  a necesidade de poñer en marcha medidas para unha maior proxección e dinamización do sector.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López afirma que Silva e el están condenados a entenderse

O alcalde da Estrada, José López Campos, afirmou hoxe que, aínda que non coincide na forma de facer política nin en moitos outros aspectos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, ambos están condenados a entenderse en prol da cidadanía.

A pesar de que mantén as súas palabras de onte con respecto ao desprezo mostrado pola presidenta provincial cara a Feira do Moble, López asegurou que “os cidadáns están cansos de ver políticos discutindo na televisión, polo que é hora de facer o máis intelixente e rebaixar o nivel de crispación política”.

Para A Estrada, agora mesmo, arranxar os problemas de requirimentos cos asfaltados, co campo de fútbol Manuel Regueiro, para o que onte chegou un segundo requirimento por parte da Deputación, as fontes do rural e as zonas de xogos dos xardíns da Alameda son a prioridade, tanto para o Concello como para a veciñanza. Por ese motivo, o alcalde pediu que se axilice a resolución dos requirimentos para o Plan Concellos, cuxos proxectos si foron entregados dentro de prazo, sinalou.

Con respecto á eficiencia á hora de xestionar os proxectos advertiu de que non se pode comparar o proceso de creación e desenvolvemento dun proxecto, con todo o que implica: licitación, adxudicación, execución e xustificación coa revisión dos mesmos xa redactados, validados e informados polos técnicos municipais.

O rexedor local lamentou tamén que na Estrada non se fixera nin unha soa inversión fóra do Plan Concellos e que sexa a única localidade que a día de hoxe non teña nin un só proxecto aprobado dentro deste, para o que instou á presidenta provincial a deixar a un lado as súas diferenzas políticas e xuntar forzas para solucionar os problemas.

Publicado en Portada | Deja un comentario