O luns saen á venda as entradas para o espectáculo de Luis Piedrahita na Estrada

Quedan seis meses, todo un verán por diante ata que Luis Piedrahita poña en pé o Teatro Principal da Estrada co espectáculo Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas o venres 9 de novembro ás 21.00 h. Pero a popularidade do artista coruñés e a grande expectación que levanta a súa xira en Galicia fan que a produtora Etiqueta Negra se vexa obrigada a poñer á venda as entradas.

 

No Concello da Estrada poderán recollerse a partir deste próximo luns a un prezo de 15,00 € patio de butacas e 12,00 € no palco. As entradas venderanse no departamento de Cultura, en horario de oficina, ou na  páxina web www.entradas.ataquilla.com.

 

Con este espectáculo, o polifacético artista sobe ao escenario para demostrar durante 80 minutos que o humor é unha arma de construción masiva. Este espectáculo transmite que a vida é como un hotel: un sitio no que se está pouco tempo e do hai que levar todo o que se poida. O seu humor, recoñecible e cotiá, ensina a desactivar a envexa, o egoísmo, a desconfianza… En Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, Luís constrúe un mundo no que todas esas miserias seguen existindo pero lonxe de xerar sufrimento, desatan as gargalladas máis liberadoras.

 

Luis Piedrahita (A Coruña, 1977) é humorista, escritor, director de cine e ilusionista. Despois de 18 anos  de éxitos presentando os seus espectáculos de stand up por España e Latinoamérica, agora presenta a súa nova proposta: Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas. Un texto intelixente que reivindica a imaxinación e o humor máis próximo á poesía. O humor dos pequenos obxectos.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

«A ESTRADA DA VIDA» BRILLARÁ NA NOITE DE MAÑÁ NA ESTRADA

O lugar escollido para a presentación de mañá as 21h, será o Teatro Principal Estradense. O Libro-Disco «A Estrada da Vida» e un proxécto de escritor Xosé Luna e do músico Manoele de Felisa. O Concerto que ofrecerá este último levará estrofas das 20 obras públicadas polo escritor Estradense  Luna. Esta mañá o Concello Estradense vistíuse de Gala para facela presentación desta edición tan especial, coa asistencia do Rexidor Estradense José López Director xeral Politíca Lingüistica Valentín García, Rexidor de Cuntis entre outras persoas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Festa Salmón 2018

                                                            

                                                 PROGRAMACIÓN FESTA SALMÓN 2018
Venres 11
Recepción dos participantes do Encontro “Grandes Viajeros” | 16.00, Praza da Constitución Presentación dos libros “Can Valentín” e “En Branco e Negro” | 20.00, MOME Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00, Sala Abanca Presentación do libro disco “A Estrada da vida” de Manoele de Felisa e Xosé Luna | 21.00, Teatro Principal
Sábado 12
42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00, coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde Ponencias do Encontro “Grandes Viajeros” | 10.00-19.00, Teatro Principal 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00, Fundación de Exposicións Exposición pictórica de Fragoso | 11.00-13.00, Sala Abanca
Domingo 13
42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00, coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde 56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00, Fundación de Exposicións Entrega de premios do 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 21.30, Casa da Fandiña
Mércores 16
Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño e O Bodegón Música de rúa con Lume na Lareira | 20.00, rúas da Estrada Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00, Sala Abanca Concerto de Óscar Ibáñez&Tribo | 21.00, Teatro Principal
Xoves 17
Ofrenda floral e pregón das Letras Galegas a cargo do pintor Ramiro Cimadevila | 12.00, Alameda municipal Ruta-degustación de tapas | Todo o día- Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café e Alameda Música na rúa con Os Atrevidos | 20.30, rúas da Estrada
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
Programa de actividades 2018
Venres 18
Ruta-degustación de tapas | Todo o día-A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas e Velis Nolis Noite de compras de ACOE | 17.00-23.00 Will Disco Móbil organizado por ACOE | 19.00, rúa Calvo Sotelo Actuación de Les Artuans | 21.00, Teatro Principal Música na rúa con Os Ke Hai | 20.00, rúas da Estrada Concerto de Broken Peach | 22.00, Zona dos Viños
Sábado 19
V Raid Hípico do Salmón puntuable para o Campionato Galego | 9.00, Praia fluvial de Liñares Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo Rafting do Ulla | 16.00, Couto de Ximonde XXII Ruta de BTT do Salmón | 16.30, Saída da Zona Deportiva Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 17.00, Sala Abanca Música na rúa con Retrouso | 20.00, rúas da Estrada Concerto de Festicultores Troupe | 22.00, Zona dos Viños
Domingo 20
Lectura do pregón a cargo do neurocientífico Carlos Acuña e imposición dos Salmóns de Ouro á Coral Polifónica Estradense e a Fundación Casa Ducal de Medinaceli | 12.00, Teatro Principal Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 12.30, Praza do Mercado Degustación popular de salmón con actividades infantís e ambientación musical de Carlos Barruso Cuarteto | 13.00, Novo Mercado e Praza do Mercado Actuación da Coral Polifónica Estradense e da Coral Polifónica de Zamáns | 19.00, Teatro Principal
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
                                           42º Concurso Internacional de Pesca
O 42º Concurso Internacional de Pesca, organizado pola Sociedade Deportiva Río Ulla, desenvolverase os días 12 e 13 de maio e será o primeiro gran acto da XLV Festa do Salmón. A competición terá lugar nos coutos estradenses do Ulla en Sinde, Ximonde, Pontevea e Santeles e contará con 52 participantes, xa que, aos 48 habituais, engadíronse este ano outros catro na modalidade de pesca sen morte.
Este certame esperta unha gran demanda, xa que houbo 75 solicitudes de inscrición e tivo que celebrarse un sorteo para determinar aos participantes, que competirán en dúas mangas de 150 minutos entre as 8.00 e as 10.30 e as 10.30 e as 13.00 horas na quenda de mañá e as 16.00 e 18.30 e as 18.30 e as 21.00 horas na de tarde.
O campionato darase por rematado no intre en que un deportista capture dúas pezas de salmón que superen os 40 centímetros de lonxitude.
Só seis pescadores, Salvador Ortega García, Ramiro Neira Rodríguez, Manuel Pedreira Bragaña, José Luis Souto Martínez, Julio Gallego Núñez e Jesús Carbia Pereiras, repetiron triunfo nas competidas augas do Ulla, que tamén rexistraron a victoria do entón ministro de Fomento, Francisco Álvarez Cascos, no ano 2002.
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
Sabías que…?
Galicia conta cunha decena de coutos salmoeiros e catro deles están no Concello da Estrada
Os coutos estradenses deron preto de 9.000 salmóns desde que hai datos oficiais no ano 1949
                                                                           Ruta de Tapas
A Ruta-Degustación de Tapas do Salmón celebrará este ano unha nova edición coa participación de 28 restaurantes e locais de hostalaría que ofrecerán as súas creacións en torno ao salmón espallados en catro xornadas entre os días mércores 16 e sábado 19 de maio. As tapas manterán o prezo habitual de 1,8 euros.
Os locais participantes, que servirán os pinchos nas quendas habituais de mediodía e serán, son os seguintes coa correspondente distribución por xornada:
Mércores 16 | Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño e O Bodegón
Xoves 17 | Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café e Alameda
Venres 18 | A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas e Velis Nolis
Sábado 19 | Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
                                                                       O pregón
2017 • Juan Luis Blanco Valdés | Filólogo, escritor, editor e profesor da USC
2016 • Ofelia Rey Castelao | Catedrática de Historia Moderna na USC
2015 • Marga Pazos | Xornalista e presentadora da TVG
2014 • Mercedes Brea López | Catedrática de Filoloxía Románica na USC
2013 • Ramiro Varela | Médico e ciruxán infantil
2012 • Miguel Piñeiro | Xornalista e escritor
2011 • Carmen Fernández Chao | Presentadora de TV e xornalista
2010 • Olimpio Arca Caldas | Mestre e escritor
2009 • Carlos Amable Baliñas | Profesor de Filosofía
2008 • Xosé Luis Barreiro Rivas | Politólogo. Ex vicepresidente da Xunta
2007 • Xosé Neira Vilas | Escritor
2006 • Uxía Blanco Iglesias | Actriz e presentadora
2005 • José Manuel Barreiro | Vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Medio Ambiente
2004 • Francisco Campos | Director xeral da CRTVG
2003 • Ana Pastor Julián | Ministra de Sanidade
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
Carlos Acuña Castroviejo
Carlos Acuña (Santiago de Compostela, 1942) sumarase este ano 2018 á prestixiosa lista de pregoeiros da Festa do Salmón.
É un neurocientífico de moita sona e recoñecemento que ten recibido numerosas distincións e publicado numerosos artigos desta rama da medicina. Así mesmo, é Catedrático Emérito de Neurociencia da Universidade de Santiago.
2002 • Javier Sánchez de Dios | Xornalista
2001 • Víctor Vázquez Portomeñe | Senador e ex conselleiro
2000 • José Manuel Castelao Bragaña | Presidente do Consello Xeral da Emigración
1999 • Diego Bernal López | Xornalista e escritor
1998 • José Ramos Durán | Avogado e alto funcionario da Universidade de Santiago
1997 • Manuel Silva Romero | Secretario xeral da Consellería de Sanidade
1996 • María Fernández Rey | Xornalista e presentadora de televisión
1995 • Carlos Fernández-Novoa | Catedrático de Dereito Mercantil
1994 • Alfredo Conde | Escritor e político
1993 • José Ignacio Carro Otero | Doutor en Medicina e numerario da Academia de Medicina
1992 • Manuel Cabada Castro | Catedrático nas Universidades Comillas e Complutense
1991 • Gonzalo Vázquez Gil | Escritor
1990 • José Manuel Martínez Oca | Escritor
1989 • Gerardo Saborido | Médico
1988 • José María Freijedo | Catedrático de lingua española e escritor
1987 • Jorge Víctor Sueiro | Escritor e xornalista gastronómico
1986 • Camilo José Cela | Escritor. Premio Nobel de Literatura en 1989
1985 • Luis Losada | Director xeral da CRTVG
1984 • Alfonso Varela Durán | Médico e presidente de Fillos e Amigos da Estrada
1983 • Agustín Sixto | Médico e intelectual galeguista
1982 • Isidoro Millán González Pardo | Numerario da Real Academia Galega
1981 • José Lois Estévez | Catedrático de Dereito Procesal, humanista e científico
1980 • José María Álvarez Blázquez | Escritor e poeta. Adicáronselle as Letras Galegas de 2008
1979 • Rafael Landín | Delegado provincial de Información e Turismo
1978 • José María Castroviejo | Escritor e ecoloxista
1977 • Álvaro Cunqueiro | Xornalista e escritor
1976 • Carlos Mella Villar | Economista e escritor. Deputado e conselleiro de Economía
1975 • David Pérez | Procurador en Cortes por Pontevedra
1974 • Xosé Fernando Filgueira Valverde | Historiador e escritor. Ex alcalde de Pontevedra
Relación de pregoeiros
Salmóns de Ouro
XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada
Coral Polifónica Estradense
Fundación Casa Ducal de Medinaceli
2017 • Dolores Araújo Arias e Ramiro Abelleiro Lagos (a título póstumo)
2016 • Tequexetéldere e Club Bádminton A Estrada
2015 • Carmen Conde e Jesús Carbia
2014 • Álex Marque Porto e Banda de Gaitas de Barbude
2013 • Javier Otero Neira e Valentín García Gómez
2012 • Manuel Luis Sanmartín e Jesús Vázquez
2011 • Vicente del Bosque
2010 • Nieves Feros e Juan José García Cota
2009 • Xosé Lueiro e Xosé Magariños
2008 • Javier Comesaña e Manuel Vázquez
2007 • Mario Blanco (a título póstumo), José Manuel Durán e Xosé Manuel Rodríguez Puente “Isi”
2006 • Francisco Loimil, Domingo Dosil e Manuel García Valcárcel
2005 • Aníbal Otero
2004 • María José Cimadevila e José Luis Méndez
2003 • Alberto Núñez Feijóo e Enrique Gestoso
2002 • Xesús Pérez Varela, José Luis Gayoso e Severino Pérez
2001 • Aurelio Miras Portugal e José Manuel Piris
2000 • Manuela López Besteiro e Eduardo Lamas
1999 • Rafael Louzán e Guillermo Grobas García
1998 • Manuel Abeledo e Ramón Campos
1997 • Xesús Palmou Lorenzo e Ignacio Turnes Duro
1996 • Dositeo Rodríguez Rodríguez e Agrupación Coral Pazo de Oca
1995 • Tomás Pérez Vidal, Francisco García-Bobadilla Prósper e Francisca Andújar Coto
1994 • José Nogueira Fernández (a título póstumo)
1993 • Xosé Cuiña Crespo
1986 • Peña Filatélica e Numismática Rías Baixas de Pontevedra
1985 • Manuel Docampo Pego
1984 • Mariano Rajoy Brey
1983 • Gerardo Fernández Albor e José Luis Barreiro Rivas
1982 • Benigno Pío Sánchez López
1981 • Manuel Bermúdez Naveira e Faro de Vigo
1980 • José Luis Rodríguez e Jesús Leis Camba
1979 • Alfonso Paredes Pardo
1978 • Masa Coral Estradense
1977 • Olimpio Arca Caldas
1976 • Manuel Reimóndez Portela
1975 • Manuel Crespo Alfaya e Luis Martínez Gil
1973 • José Fernández-Novoa Rodríguez
Relación de Salmóns de Ouro
*A este listado deben engadírselle todos os pregoeiros que, por esa condición, acadan o Salmón de Ouro.
**Entre os anos 1987 e 1992 só se impuxo o Salmón de Ouro aos pregoeiros.
Degustación popular
O acto máis multitudinario da XLV Festa do Salmón será, como é habitual, a degustación popular, que se celebrará no Novo Mercado e a súa contorna urbana da Praza do Mercado e a Rúa Waldo Álvarez Insua o domingo 20 de maio desde as 12.00 horas.
Esta cita culinaria contará coa participación dunha decena de restaurantes, establecementos e panaderías, que ofrecerán, ao igual que o ano pasado, unha bandexa con dous pinchos de salmón a un prezo de 4 euros. Ademais haberá servizo de bar. Os locais participantes na degustación popular, aos que hai que engadir un lagar, son os seguintes:
-Nixon -A Casa do Pan
-O Asador de Leo -Os Peares
-A Bombilla -Argentinos Burguer
-Panadería Cervela -Samaná
-Mar de Compostela -Sidra Lagar de Ribela
-Velis Nolis Bistró
                                                  XLV Festa do Salmón | Concello da Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

Servizos Sociais abre o 16 o prazo para anotarse nas viaxes do Imserso

O departamento de Servizos Sociais, liderado por Amalia Goldar,  comunica que entre os días 16 de maio ata o 14 de xuño, ambos incluídos, estará aberto o prazo para inscribirse nas viaxes do Imserso.

 

Os interesados deberán acudir a Servizos Sociais, sito na planta baixa do Consistorio, e cubrir un formulario. Ademais, deberán achegar unha fotocopia do Documento Nacional de Identidade (DNI) do solicitante e tamén do acompañante, fotocopia do libro de familia (no caso de matrimonios que soliciten praza ambos os cónxuxes). No caso de parellas de feito que presenten unha única solicitude, deberán presentar certificado de convivencia ou de estar incluídos no rexistro municipal de parellas de feito.

 

Tamén a cualificación de minusvalía, en caso de fillo/filla discapacitado. Se solicitan subvención deberán acompañar certificación da derradeira declaración da renda, certificado de pensións do INSS e se fose o caso, xustificante bancario de pensións do estranxeiro, informe do Oral sobre os bens rústicos e urbanos, e no caso de participantes menores de 65 anos informe da Vida Laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

 

Tamén poderán obter máis información no teléfono 986 573 265. O formulario pode descargarse na páxina web do Concello da Estrada.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O peche do parque infantil de Figueira unha mostra máis no deterioro das infraestruturas locais

A pesar dos reiterados avisos por parte dos veciños e veciñas de Figueiroa que alertaban do mal estado do parque infantil desta parroquia, o seu peche cautelar pon en evidencia o que o BNG da Estrada vén denunciando desde hai meses: o deterioro e abandono das infraestruturas  por parte do goberno municipal do PP.  Non só é o parque infantil, tamén é a ludoteca municipal, limpada polos propios militantes do BNG ante a desidia do goberno; tamén é o matadoiro municipal, que é pasto dos cacos e a pesar das nosas denuncia o alcalde é incapaz de mantelas en bo estado ou de darlle un uso. Tamén falamos das vias públicas municipais, moi deterioradas logo de tres anos de letargo.

Falamos, en definitiva, dun goberno municipal e dun alcalde que xoga todas a súas cartas electorais  nas vindeiras eleccións municipais de 2019 aos titulares e a propaganda de grandes fastos, esquecendo que detrás das maquetas a cor, hai unha #AestradaReal con moitos problemas que non lle interesa resolver a este goberno municipal.

Mais o peche decretado pola policía local do parque infantil de Figueiroa, logo de que unha meniña sufrira un accidente nestas instalacións de lecer situados ao final do casco urbano, tamén demostra outra cousa, que se necesitan espazos de lecer dispersos polo casco urbano como xa propuxemos en reiteradas ocasións, mais o PP e o alcalde empeñan o concello nunha actuación multimillonaria que non solucionará esta necesidade.

Publicado en Portada | Deja un comentario

PRESENTACIÓN DE RODEIRO DE TAPAS 2018

           

            O concello de Rodeiro pon en marcha a VII edición de “Rodeiro de Tapas”, unha cita xa máis que asentada no calendario gastronómico da comarca  que se celebrará os días 11, 12, 13, 17, 18, 19 e 20 de Maio.

  • Que traen visitantes das catro provincias galegas.
  • Un evento que reforza a aposta pola hostalería de Rodeiro
  • Queremos seguir promocionando en Rodeiro a cultura da tapa e os nosos produtos, que son un gran elemento de proxección da gastronomía local, de Galicia e de España.
  • Unha vez máis apostouse polo asesoramento dun chef profesional como Miguel González Quintela do Gastrobar Sanmiguel de Ourense, actual gañador de De Tapas por Galicia.
  • Vamos axudar ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporteque a  “tradición cultural das Tapas” sexa declarada Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Xa que iniciou o seu tramite.

 

 

  • A verdade é que a gastronomía forma parte da nosa cultura, que no noso caso está consolidada na oferta de ocio.
  • Esta cociña en miniatura que triunfa no mundo enteiro pola superación da rixidez da alta cociña, creando unha liberdade para comensais e cociñeiros, que permite desfrutar de varios sabores a través das tapas, en definitiva creo co concepto vai máis aló dos fogóns, seguro que é unha forma de vida.
  • Pretendemos que a tapa sexa a protagonista nestas dúas fin de semana, que a xente que se acerque á rodeiro a desfrutar  dunha actividade lúdica chea de gastronomía, patrimonio e da paisaxe que temos  en Rodeiro.  

Este ano serán 9 os participantes en Rodeiro de Tapas 2018. A pesar de que había máis locais interesados en participar, cuestións de última hora non lles permitiron presentar unha proposta.

Serán 9 os locais participantes e as súas propostas son:

ESTABLECEMENTOS  PARTICIPANTES E TAPAS:

 

  1. RESTAURANTE LATIZA «Galo no corral»-
  2. PUB QUIRÓS «O niño do paspallás»

 

 

 

  1. CASA ACHACÁN «Do país»
  2. BAR DESITO «Pataca minuta»
  3. CASA SÁNCHEZ «Gazpachito de melocotón»
  4. RESTAURANTE O GUERRA «Codorniz en texturas»
  5. BRUXAS E CORUXAS «Pulpotaco»
  6. CABALOS DO FARO «Enrolados»
  7. PUB GALLAECIA «Es…secreto»

HORARIO

  • – Venres 11 de 20:30 a 23:00
  • – Sábado 12 de 13:00 a 15:00 y de 20:30 a 23:00
  • – Domingo 13 de 13:00 a 15:00
  • – Xoves 17 de 13:00 a 15:00 y de 20:30 a 23:00
  • – Venres 18 de 20:30 a 23:00
  • – Sábado 19 de 13:00 a 15:00 y de 20:30 a 23:00
  • – Domingo 20 de 13:00 a 15:00

 

ESTABLÉCESE UN PREZO FIXO UNITARIO DE 1,50 €.

. O concurso conta un ano máis con entidades colaboradoras como:

  • COGAL,
  • AVEGA,
  • BODEGAS BILBAINAS,
  • BODEGAS MÉNDEZ-ROJO
  • VIA ROMANA,
  • #TERRADETRIVES CON HOSTAL LA VIUDA,
  • CASA DO AGENOR,

 

 

 

 

  • ADEGA CHAO DO COUSO,
  • PANADERIA CANEDA,
  • TOURGALIA E CASA FERREIRO(COUREL),
  • DISANFA,
  • O. ARZUA-ULLOA,
  • PAN DE RODEIRO

 

 E  todos darlles as gracias por seguir colaborando con nos un ano máis.

 

PREMIOS XURADO PROFESIONAL AOS ESTABLECEMENTOS GAÑADORES.

Os establecementos gañadores do concurso serán premiados con:

  • Primeiro clasificado: un (1) ano gratis de inscrición á Asociación de Empresarios do Deza (AEDeza)
  • Segundo clasificado: seis (6) meses gratis de inscrición á Asociación de Empresarios do Deza (AEDeza)
  • Terceiro clasificado: tres (3) meses gratis de inscrición á Asociación de Empresarios do Deza (AEDeza)
  • A demais do diploma correspondente.

 

PREMIOS DO PUBLICO:

TALONARIOS DE VOTACIÓN:

  • CADA ESTABLECEMENTO TERÁ  COMO MINIMO UN TALONARIO.

 

 

 

  • AS PAPELETAS TERÁN QUE ESTAR CUBERTAS POLO CLIENTE CUMPRIMENTANDO TODOS OS DATOS,
  • DE NON SER ASÍ A PAPELETA NON SERÁ CONTABILIZADA. NELA PODERÁN VALORAR A TAPA DO 1 Ó 5, E SERÁ DEPOSITADA NA URNA.

Cada papeleta debe ser depositada no local no que se consumiu a tapa, non se admiten como válidas as papeletas depositadas nunha urna distinta á do local non que se consumiu a tapa obxecto de valoración

Entre todas papeletas, poderán optar mediante sorteo os seguintes premios:

  1. Unha Cea para dúas persoas nun establecemento de Rodeiro (Xentileza de Avega)
  2. Unha Cea para dúas persoas nun establecemento de Rodeiro patrocinado por Cogal
  3. Un Lote de viños de Adega Chao do Couso (Terra de Trives)
  4. Un Lote de Viños de Méndez-Rojo, Vía Romana e Mil Rios.
  5. Dous lotes de D.O.P. Arzúa-Ulloa
  6. Un Lote de produtos de Panadería Caneda de Trives

 

REDES SOCIAIS:

 

            Establecese tamén un premio especial para a persoa máis activa nas redes sociais co Hagstag #Rodeirodetapas2018 que axude na difusión do concurso:

 

  1. Unha noite con aloxamento e cea de sábado a domingo na Casa do Agenor Pobra de Trives.

 

500.000 impactos en internet

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada programa preto dunha trintena de actos nos oito días da XLV Festa do Salmón

 O certame arrancará este venres 11 con catro actividades culturais e, xa
na fin de semana, co concurso de pesca e a feira de antigüidades
 A ruta de tapas, que será do 16 ao 19 de maio con 26 locais, e o pregón
cos Salmóns de Ouro e a degustación protagonizarán a vindeira semana

 

 O Concello da Estrada xa ten pechada a programación da XLV
Festa do Salmón, que incluirá preto dunha trintena de actividades gastronómicas, culturais,
deportivas, sociais, institucionais e musicais que comezarán o vindeiro venres, 11 de maio, e
que se prolongarán durante oito xornadas.
Os actos comezarán cun marcado carácter cultural este venres, con ata catro citas
programadas para esta xornada de apertura, e terán continuidade, xa na fin de semana, co 42º
Concurso Internacional de Pesca de Salmón organizado pola Sociedade Deportiva Río Ulla e a
56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial da Fundación de Exposicións e
Congresos.
Tras dous días de acougo, o programa retomarase o mércores 16 coa ruta-degustación de
tapas, que se prolongará ata o sábado 19 coa participación dos seguintes 29 locais: Cafetería
Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná, O Bodegón, Val Fresco, Mesón
da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café, Alameda, A Bombilla, O Enredo, Os
Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas, Velis Nolis, Oasis, Samaná, Amadeus,
Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de Xulia, Nixon e O Rollo.
Durante estas xornadas centrais desta Festa de Interese Turístico de Galicia haberá unha
decena de actuacións musicais variadas en distintos formatos e emprazamentos, citas
deportivas co rafting, a BTT e o raid e o tradicional obradoiro de montaxe de moscas ata
chegar ao domingo 20, día grande da festa no que está programada a lectura do pregón e
imposición dos Salmóns de Ouro e a multitudinaria degustación popular, que manterá o prezo
de 4 euros por bandexa de dous pinchos no Novo Mercado e a súa contorna.

                                    Programa de actividades da XLV Festa do Salmón
Venres 11

Recepción dos participantes do Encontro “Grandes Viajeros” | 16.00-Praza da Constitución
Presentación dos libros “Can Valentín” e “En Branco e Negro” | 20.00-MOME
Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
Presentación do libro disco “A Estrada da vida” de Manoele de Felisa e Xosé Luna | 21.00-Teatro Principal

Sábado 12

42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
Ponencias do Encontro “Grandes Viajeros” | 10.00-19.00-Teatro Principal
56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
Exposición pictórica de Fragoso | 11.00-13.00-Sala Abanca

Domingo 13

42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 8.00-20.00-coutos de Sinde, Pontevea, Santeles e Ximonde
56ª Feira de Antigüidades e Artesanía e 2ª Feira Multisectorial | 10.00-20.00-Fundación de Exposicións
Entrega de premios do 42º Concurso Internacional de Pesca do Salmón | 21.30-Casa da Fandiña

Mércores 16

Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Cafetería Central, Argentinos Burguer, O Boliche, O Camiño, Samaná e O Bodegón
Música de rúa con Lume na Lareira | 20.00-rúas da Estrada
Exposición pictórica de Fragoso | 20.00-22.00-Sala Abanca
Concerto de Óscar Ibáñez&Tribo | 21.00-Teatro Principal

Xoves 17

Ofrenda floral e pregón das Letras Galegas a cargo do pintor Ramiro Cimadevila | 12.00-Alameda municipal
Ruta-degustación de tapas | Todo o día- Val Fresco, Mesón da Estrada, O Paseo, Eureka, Nicol´s, Rober´s Café e Alameda
Música na rúa con Os Atrevidos | 20.30-rúas da Estrada

Venres 18

Ruta-degustación de tapas | Todo o día-A Bombilla, O Enredo, Os Peares, O Candil de Silvia, Navegación, 20 Berzas e Velis
Nolis
Noite de compras de ACOE | 17.00-23.00
Will Disco Móbil organizado por ACOE | 19.00-rúa Calvo Sotelo
Actuación de Les Artuans | 21.00-Teatro Principal
Música na rúa con Os Ke Hai | 20.00-rúas da Estrada
Concerto de Broken Peach | 22.00-Zona dos Viños

Sábado 19

V Raid Hípico do Salmón puntuable para o Campionato Galego | 9.00-Praia fluvial de Liñares
Ruta-degustación de tapas | Todo o día-Oasis, Samaná, Amadeus, Tapería O Lar, Come, Bebe e Cala, Andalucía, O Café de
Xulia, Nixon e O Rollo
Rafting do Ulla | 16.00-Couto de Ximonde
XXII Ruta de BTT do Salmón | 16.30-Saída da Zona Deportiva
Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 17.00-Sala Abanca
Música na rúa con Retrouso | 20.00-rúas da Estrada
Concerto de Festicultores Troupe | 22.00-Zona dos Viños

Domingo 20

Lectura do pregón e imposición dos Salmóns de Ouro | 12.00-Teatro Principal
Obradoiro de montaxe de moscas para pesca do salmón | 12.30-Praza do Mercado
Degustación popular de salmón con actividades infantís e ambientación musical de Carlos Barruso Cuarteto | 13.00-Novo
Mercado e Praza do Mercado
Actuación da Coral Polifónica Estradense e da Coral Polifónica de Zamáns | 19.00-Teatro Principal

Publicado en Portada | Deja un comentario