A compañía estradense Disfunción Continua representa o sábado a súa obra Departamento de Selección no Teatro Principal

As actrices Clara Iglesias, Rosa López, María Porto, Bea del Río e Natalia Carbajal da compañía de teatro estradense Disfunción Continua debutarán este sábado, día 28, sobre o escenario do Teatro Principal. Representarán a súa obra Departamento de Selección que está dirixida por Jouse García. A cita será ás 20.30 horas.

 

“Como xa sabedes, Disfunción Continua é unha compañía de teatro amador estradense que leva algo máis de 6 anos amosando o seu amor polo teatro e percorrendo Galicia con grande expectación do público”, sinalou Juan Constenla, concelleiro de Cultura, durante a presentación da obra. Constenla estivo acompañado das actrices Clara Iglesias e Natalia Carbajal. 

 

Departamento de Selección é un drama, cunha duración de 80 minutos. Aborda o tema das entrevistas laborais. Así a trama fíxase en torno a un grupo de persoas que asisten a unha entrevista de traballo nunha multinacional, pero a dureza das entrevista converterán ao proceso selectivo nun xogo cruel e perverso que sacará o peor de cada personaxe. “Neste caso non é unha comedia, é un drama no que esa entrevista de traballo se converte nunha especie de xogo perverso, cruel no que se van poñer de relevo os peores instintos humanos: a falta de empatía, o desexo de conseguir o que un quere por riba de todo”, explica Clara Iglesias. 

 

A obra é unha crítica do que supón a deshumanización do mundo capitalista que converte ás persoas en inimigos e competidores dispostos a emprender unha loita salvaxe na que todo vale. Serve a modo de reflexión.

 

As entradas, cun custe de tres euros, poden mercarse previamente no departamento de Cultura do Concello, sito no segundo andar do Consistorio, en horario de luns a venres 09.00 a 14.00 horas, ou en Calzados A Esquina.

 

Disfunción Continua arrancou con actrices sen ningunha experiencia, agás María Gaiteiro, e ao longo destes anos xa estreou catro espectáculos: Cóncavo-Convexo (2012), Eran outros tempos, ou non? que tal e como comenta Natalia Carbajal, “tivo moita aceptación chegando ás 25 representacións, sendo moi importante para un grupo de teatro afeccionado”;  despois veu Teimas que transcorría na sala de espera dunha consulta dun psiquiatra e agora chegou Departamento de selección. “Nesta hai un cambio de rexistro total do que viñamos facendo ultimamente”, apunta Clara Iglesias.

 

Jouse García sempre foi o director de todas as obras de Disfunción continua.

 

Natalia Carbajal aproveitou a ocasión para facer un agradecemento público a Miguel Ares “porque é a persoa que colabora con nós como técnico de son que é unha parte máis, que está aí con nós desinteresadamente”.

 

Pola súa parte, Clara Iglesias quixo agradecer á Asociación Santa Apolonia de Guimarei que lles cede un local da parroquia gratuitamente para que a compañía poida ensaiar. Tamén fixeron mención á Abel Carbajal, autor do cartel da nova obra.

 

O sábado na Estrada será a sexta función de Departamento de Selección despois de ser interpretada en Ribadeo, Cerdedo, Antas de Ulla, Combarro e en Aguiño. As actrices estradenses anunciaron que despois de verán estrearán unha nova obra.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

BANDO

                                                                             BANDO
JOSÉ LÓPEZ CAMPOS, ALCALDE DO CONCELLO DA ESTRADA
FAI SABER QUE:
UNIDADE MÓBIL DE INSPECCIÓN TÉCNICA DE VEHÍCULOS
AGRICOLAS,
desplazarase ao Concello da Estada, nas seguintes datas e ubicacións.
LUGAR
MES
DÍA
OCA
(XUNTO AO COLEXIO PÚBLICO)
MAIO
9, 10, 11, 14
O FOXO
( XUNTO AO COLEXIO PÚBLICO)
MAIO
XUÑO
31
1, 4
A ESTRADA
(
EXPLANADAESTACIÓN DE
AUTOBUSES)
XUÑO
5, 6
CODESEDA
( A CARBALLEIRA)
XUÑO
7, 8, 11
SAN XORXE DE VEA
( CAMPO DA FESTA)
XUÑO
12, 13, 14
O horario de atención das inspeccións será de 9:00 h a 13:30 h e 15:15 h a 18:00 h.
PARA SOLICITAR CITA PREVIA: Por teléfono: 902 30 90 00
Paxina web:
www.sycitv.com
A Estrada, 24 de abril de 2018
Documento asinado electronicamen
Publicado en Portada | Deja un comentario

A expropiación dos terreos para ampliar a Alameda será abordada o xoves no pleno do Xurado de Expropiación de Galicia

 

O xoves, ás 10.15 horas, terá lugar a celebración do pleno do Xurado de Expropiación de Galicia, en Santiago, no que se tratará o proxecto emanado sobre a expropiación de terreos para ampliar a Alameda, a única zona verde do casco urbano da Estrada. Asistirá o alcalde, José López, e haberá outros representantes de diversos organismos.

 

Tal e como explica o alcalde, José López, “ é o órgano que ditamina a valoración definitiva do proxecto expropiatorio”. Nese pleno, previo xa os informes dos técnicos realizados polo persoal do Xurado de Expropiación, determinarase o custe expropiatorio, se realmente se axusta ao que eles establecen ou non. “Supoño que farán un contraste da valoración realizada polo Concello e da reclamación feita polos propietarios, seguindo os seus criterios e farán unha proposta de valoración económica que se someterá ao ditame da aprobación do pleno”, explica López. Ademais, o rexedor engade que “en ningún caso o prezo pode ser inferior ao que fixa o organismo expropiante, aínda que a eles obteñan un resultado inferior, sempre se fixa, como mínimo, o que marca o expropiante, e como máximo o que pide o expropiado”.

 

O expediente de expropiación das seis parcelas necesarias para ampliar a alameda ata a rúa Castelao empezou a coller forma coa firma das actas de ocupación dos terreos o pasado mes de decembro. Os técnicos municipais estimaron o prezo total en 1.794.635,39 euros. Os catro propietarios dos terreos, non estiveron de acordo con esta estimación, e recorreron ao Xurado de Expropiacións de Galicia.

 

“Realmente, o que se vai fixar o xoves é o xustiprezo. A valoración faise en función da edificabilidade”, indica o alcalde.  En total expropiasen 4.671 metros cadrados

Publicado en Portada | Deja un comentario

As listas provisionais dos admitidos nas dúas escolas infantís da Estrada publicaranse o 9 de maio

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Educación, Amalia Goldar, reuniuse esta mañá con técnicas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar Social e con Rosa Montero, a directora da Escola Infantil Municipal. Estiveron revisando os expedientes e as solicitudes presentadas tanto para asistir á nova escola infantil da Estrada, que se enmarca dentro da rede A Galiña Azul pertencente ao Consorcio, como da Escola Infantil Municipal. Durante a asemblea comprobaron, tal e como se supoñía que hai duplicidade nalgunhas reservas, xa que hai persoas que solicitaron en ambas escolas.  Aquelas persoas que non entregaron toda ou correctamente a documentación terán un prazo para resolvelo. Recibirán individualmente unha carta para presentar o que se lles require.

 

A previsión é que o 9 de maio se publiquen as listas provisionais dos admitidos e as quendas, tal e como apunta a concelleira, das dúas escolas infantís. E seguidamente, abrirase un prazo de 10 días para presentar posibles alegacións. Calcúlase que as listas definitivas saían ó redor do 31 de maio. A edil considera que non haberá problemas para obter praza, e igual que acontece na Escola Infantil Municipal, tamén na nova escola A Galiña Azul onde hai maior demanda é nos cativos de 1 a 2 anos. Na escola do Consorcio presentáronse 57 solicitudes habendo unha oferta de 74 prazas, sendo 102 en total, a xornada completa, na Escola Infantil Municipal, nas que presentaron 58 solicitudes de novo ingreso.

 

Das demandas presentadas na nova escola, sita na Baiuca, ofertáronse 25 prazas de 1 a 2,; 39 de 2 a 3 anos e de bebés 8, habendo cinco unidades.

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis de 200 actores de 3 a 60 anos daranse cita o domingo no VI Festival de Teatro Escolar A Estrada

                                  Incluirá un roteiro teatral, musical e poético en Sabucedo

 

O teatro escolar volverá ter unha cita na Estrada. Será este domingo, día 29 de maio, coa celebración do VI Festival de Teatro Escolar, artellado pola Aula de Teatro Avelaíñas Teatro do IES Antón Losada Diéguez contando coa colaboración da Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo, co equipo de Dinamización Lingüística, co Club de lectura Retelladores do galiñeiro, deste instituto, así como ca Asociación Cultural A Fervenza de Ouzande e co Concello da Estrada. Esta mañá, Xosé Eixo, axudante de dirección e integrante da Aula de Teatro do centro educativo e Verónica Vázquez, integrante do mesmo, deron todos os detalles xunto a Juan Constenla, concelleiro de Cultura, e Iván Sanmartín, da Asociación Rapa das Bestas de Sabucedo.

 

Nesta xornada participarán máis de 200 actores e actrices de cinco Aulas de Teatro de diferentes zonas de Galicia, concretamente, chegarán desde Laxe, Santiago de Compostela, Palas de Rei, Touro, e por suposto, os da Estrada, de idades comprendidas entre os 3 e os 60 anos.

 

O festival arrancara ás 12.00 horas con representación no Teatro Principal da obra Un planeta literario máxico, que tal e como sinalou, Xosé Eixo, nela actuarán os 40 integrantes de Avelaíñas Teatro, así como os da Escola Municipal de Teatro de Laxe, os do Obradoiro Municipal de Teatro de Palas de Rei, os da Aula de Teatro CPI de Touro e  os da Aula de Teatro do IES Antón Fraguas de Santiago.

 

É un espectáculo de creación colectiva que se vertebra sobre un concepto da educación como ferramenta imprescindible na realización plena do ser humano a través de valores como o diálogo, a tolerancia, a paz, a humildade, o respecto… Ademais, é unha viaxe a universo da imaxinación, da diversión e do xogo para abrir unha fiestra á fantasía e desfrutar da maxia da creatividade que ilumina un camiño de marabillas que permiten poñer as ás e voar. Trátase dun espectáculo que pretende alentar o desfrute dos sentidos.

“É unha iniciativa pedagóxica que non podemos deixar de aplaudir e difundir como se merece, xa que ademais do estímulo que supón a nivel formativo para o alumnado, tamén serve para poñer en valor unha contorna natural e paisaxística tan atractiva como son as terras de Sabucedo”, apuntou Juan Constenla.

 

Tras unha comida en Sabucedo terá lugar, a partir das 16.00 horas, na mesma parroquia un roteiro teatral, musical e poético que estará protagonizado por veciños e veciñas da aldea, polo alumnado da Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez e pola Asociación A Rapas das Bestas. Será unha mistura de música, teatro, poesía e xogos co obxectivo de achegar diferentes xéneros teatrais á poboación, a interrelación e intercambio entre persoas de diferentes idades e localidades, o achegamento ao alumnado ao mundo rural e á cultura tradicional e a posta en valor do patrimonio cultural e popular galego, tal e como sinalou Verónica Vázquez.

 

Será unha actividade aberta a todo o público que permitirá coñecer as paisaxes de Sabucedo e poder gozar de diversas obras teatrais en distintos puntos da parroquia, sendo o público o que se mova dun lugar a outro. “Por parte da Asociación A Rapa das Bestas de Sabucedo estamos moi contentos de que este festival se leve a cabo en Sabucedo porque entendemos que é unha actividade moi concorde cos valores da Asociación. Xa que o de xuntar natureza e cultura é o que nós intentamos facer ao longo de todo o ano, e non só os días da rapa. E estamos seguro que os escenarios naturais e arquitectónicos de Sabucedo van ser uns escenarios dos que desfrutarán moito os asistentes”, concluíu Iván Sanmartín. 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Gardería Elfos celebra o día do Libro cunha visita a Biblioteca Municípal

A Gardería Elfos celebra o día do Libro cunha visita a Biblioteca Municipal Estradense. Acompañados por unha antiga mestra xubílada que fixo nesta mañá de contacontos para os cativos.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG pide unha nova ordenanza municipal de venda ambulante que atenda as peticións do sector

A actual ordenanza data de 2004 e compre actualizala para recoller os cambios normativos existentes

O BNG da Estrada vén de rexistrar unha moción na que insta ao goberno municipal a aprobar unha nova ordenanza municipal para regular o comercio de venda ambulante, de gran tradición e importancia socio-económica no noso concello, contando coa participación dos feirantes, que acoden habitualmente á feira dos mércores e dos sábados.

O concello da Estrada conta cun Regulamento sobre a venda ambulante aprobado inicialmente polo Pleno o 13 de abril do 2004; mais posteriormente aprobouse a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galiza e a súa posterior modificación do 28 de decembro de 2017, sen que estas modificacións das leis teñan a súa traslación á ordenanza municipal. Isto fai que o actual regulamento co que conta o Concello estea obsoleto, polo que se fai imprescindible actualizalo a nova realidade lexislativa e aos cambios que se teñen producido no sector.

Este regulamento non so ten que ter o obxectivo de ofrecer aos clientes un mellor servizo, senón que tamén ten que permitir a autoorganización dos profesionais que traballan nos lugares onde se leva a cabo esta actividade.

A venda ambulante é un sector que non só se constitúe como unha importante actividade económica en si mesma, senón que tamén ten un importante efecto positivo sobre o comercio local do noso concello, que cada mércores acolle a centos de persoas, veciños e veciñas que acoden á vila a facer as súas compras, mais tamén a vender os seu produtos de horta.

As súas especialidades (diversidade de produtos nun mesmo espazo, prezos económicos, etc.) e a necesidade de potenciar alternativas á cultura predominante das grandes superficies comerciais pechadas e impersoais que van en detrimento do comercio local, fai necesario contar cun regulamento que concilie os intereses do comercio ambulante e do pequeno comercio e que facilite e potencie estas dúas modalidades de venda.


Achegamos audio con intervención de Xosé Magariños, concelleiro do BNG.

Publicado en Portada | Deja un comentario