O Colexío de O Foxo celebra no día de onte o día do Libro con diversas actividades.
O Colexío de O Foxo celebra no día de onte o día do Libro con diversas actividades.
Os socialistas da Estrada compartimos a
petición social de maior transparencia e participación na elaboración
do proxecto de ampliación dos xardíns municipais – alameda.
“Trátase dun proxecto que implica gastar varios millóns de euros dos
estradenses e no que o alcalde José López e o seu goberno actúan
con total hermetismo e opacidade. Aos veciños e veciñas en ningún
momento se lles deixou expresar a súa opinión sobre como queren
que sexa, é necesario abrir un proceso de exposición pública do
proxecto posto que implica cambios de calado”, defendeu Louzao.
“Unha vez máis o alcalde José López actúa como se o concello fose a
súa casa particular e os millóns de euros que vai gastar fosen del,
esquece que como Alcalde debe gobernar para satisfacer os intereses
de todos e todas, non só os del e os dos seus amigos. Só sabe
gobernar impoñendo o seu criterio a golpe de decreto de ordeno y
mando, para el os demais non teñen ningunha razón válida”,
continuou a portavoz socialista.
Dende o comezo, os socialistas da estrada, defendemos que é
necesario escoitar distintas opinións, tanto técnicas como dos veciños
e veciñas. A reclamación social realizada nos últimos días para que se
convoque un concurso de ideas parece un camiño axeitado para que
os estradenses poidan elixir como queren que sexan os futuros
xardíns municipais da alameda entre varias propostas. Non podemos
compartir que o alcalde adxudique a dedo a elaboración do proxecto
a unha persoa que pode decidir sobre o que vai gastar a Estrada sen
tan sequera ofrecer distintas alternativas Cambiar o firme actual da
praza por formigón, facer montículos de terra a distintas alturas
separados por soleiras de formigón, tirar o peche ou mesmo retirar a
pérgola deben ser decisións sobre as que poidan decidir os veciños. É
______________________________________________________________________
Grupo Municipal Socialista da Estrada
______________________________________________________________________
Prolongación da R/ Castelao 16, baixo
necesario dar participación nesta inversión millonaria ós técnicos que
o desexen para valorar máis posibilidades e sen dúbida dar
participación aos estradenses que serán quen teñan que pagar os
varios millóns de euros que vai custar, e seguramente ao longo de
varios anos.
Lamentamos o hermetismo e a total opacidade coa que o goberno de
Jósé López actúa neste tema, unicamente preocupado por ter unha
foto na campaña das vindeiras eleccións municipais sen querer ver
que A Estrada non é o seu corralito particular, se non patrimonio dos
estradenses. Unha vez máis queda claro que a opinión dos outros
partidos non lle importa nin a escoita, pero debería pararse e escoitar
agora que llo piden profesionais do sector e aceptar a petición dos
veciños de maior participación.
Como cada primeiro e último mércores de cada mes o servizo de SmartPeme da Deputación dará asesoramento presencial, totalmente gratuíto e personalizado, aos emprendedores, autónomos, pequenas empresas e asociacións do municipio. Ademais, este mércores, día 25, impartirase a continuidade do Curso Tú página web con WordPress. Será de 19.00 a 20.00 horas.
Esta actividade vai dirixida, sobre todo, a usuarios de WordPress que teñen un coñecemento básico e que queiran profundar no uso de ferramentas necesarias para a creación e optimización da súa web co CMS WordPress.
Durante o curso abordarase: a xestión de usuarios, como se importa e se exporta contido, como se fan actualizacións, formularios, maquetación de contido, copias de seguridade, plugins de utilidades e plantillas.
O taller estará impartido por Ángel Garrido, técnico de Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos, especializado en deseño web, SEO, SEM, analítica, redes sociais e branding. Ten máis de catro anos de experiencia en asesoramento TIC.
Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente a través do teléfono 886 202 020 ou no portal http://www.smartpeme.depo.gal
O horario de atención ao público na Estrada para recibir ese asesoramento personalizado son o primeiro e o último mércores de mes en horario de 10.00 a 14.30 horas e de 16.00 a 19.00 horas.
Este mediodía clausurouse a segunda edición do curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado desde a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Emprego. É un dos cursos máis demandados. Sempre se cobren as 20 prazas ofertadas quedando un número importante de persoas fóra. A concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, Amalia Goldar, foi a encargada de entregar os diplomas.
Desde o Servizo de Emprego Municipal do Concello da Estrada comunican que xa traballan na organización dunha nova edición, dada a alta demanda que existe sempre neste curso, no que o Concello da Estrada abona máis da metade do custe por alumno. O alumnado, a través deste curso, tamén recibiu o certificado de manipulador de alimentos.
A nova Lei de espectáculos públicos e actividades recreativas de Galicia fixa entre os seus principais obxectivos garantir a seguridade da persoas e salvagardar os dereitos dos consumidores, ao tempo que protexe tamén o dereito ás actividades de lecer.
Así o explicou hoxe o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na inauguración na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) dunha xornada para abordar os aspectos xerais desta normativa, así como o seu réxime sancionador e outras cuestións de aplicación práctica.
O texto -que se publicou no DOG o pasado mes de xaneiro e entrará en vigor en xullo- elaborouse tendo en conta as achegas e suxestións de concellos e outros actores implicados, co obxectivo de acadar o máximo consenso.
A Lei, a primeira norma autonómica con rango legal en materia de espectáculos, recolle unha regulación actualizada e global que fai fincapé en garantir a seguridade das persoas e, moi especialmente, dos menores a través de medidas como a prevención do consumo de bebidas alcohólicas.
Entre outras propostas en materia de seguridade, tamén regula o servizo de control de acceso, que deberá contar con persoal habilitado; sanciona de xeito contundente a superación do aforo dun local cando comporta risco grave para as persoas; e fixa a necesidade de que os concellos conten cun Plan de inspección de espectáculos públicos.
Ademais, tamén regula outros aspectos relevantes do sector como a prohibición da revenda de entradas; ou a regulación do dereito de admisión para evitar calquera tipo de discriminación.
Está mañá clausurase a segunda edición do Curso de Acompañante de Transporte e Comedor Escolar e tamén se procederá á entrega de diplomas.
Asistirá:
__ Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social, Educación e Igualdade, quen procederá a entregar os diplomas.
