A Obra Social La Caixa aporta 15.000 euros a Acrofam para axudar a financiar os seus proxectos

A directora da zona de Pontevedra de Caixabank, Cristina Vega, e o director da oficina da entidade en A Estrada, Herminio Cabero, presentaron o donativo de 15.000 euros que entregarán á Asociación para o Crecemento e Orientación Familiar (Acrofam) para contribuir a financiar os seus proxectos con nenos e adolescentes.
A presidenta da asociación, Kim Llobet, aproveitou para anunciar a súa intención de poñer en marcha tamén actividades pensadas para as mulleres.
No acto participaron outros dous representantes de Acrofam, a concelleira Amalia Goldar e o alcalde, José López Campos, que aproveitou para agradecer a implicación da Obra Social La Caixa noutras iniciativas do concello como foi no seu día a axuda para a compra dunha ambulancia medicalizada para o servizo de Emerxencias ou para as obras do futuro Centro de Día da localidade.
Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello da Estrada xa instalou as estruturas de suxeición de colectores nas que inverteu 64.400 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación

O Concello da Estrada xa procedeu á colocación dos 150 soportes de suxeición de colectores que están incluídos no proxecto deste goberno por mellorar o sistema de recollida de lixo, tanto no casco urbano coma no rural. Estas estruturas é unha aposta por solucionar o mal estado no que se atopaban os colectores, sobre todo do rural, que ao estar soltos sufrían maior deterioro debido ás condicións meteorolóxicas adversas. Para esta iniciativa o Concello estradense destinou 64.400 euros do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra.

 

  Con este mesmo obxectivo, o de mellorar o servizo de recollida de lixo, o Concello acaba de recibir dous novos camións de lixo por 438.961 euros, procedentes do Plan Concellos 2016 da Deputación Provincial. É un camión de carga lateral e outro de carga traseira que se poñerán a funcionar en breves.

 

A maiores A Estrada adquiriu 155 colectores con pedal de 2.200 litros de capacidade e de 400 de 800 litros. Os primeiros colocáronse no casco urbano, substituíndo 330 anteriores por 130 novos, quedando os demais de reserva. Tiveron un custe de 128.000 euros. Para o rural destináronse os outros 400 que tiveron un custe de 45.450 euros.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concerto Didáctico Teatro Principal A Estrada

Na mañá de hoxe os nenos do CEIP O Foxo é o CEIP Cabada Vázquez de Codeseda visitarón o Teatro Principal Estradense para podes desfrutar dun concerto didáctico en compañá do Mago Toño. De seguido pasarón a visitar a Casa das Letras.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Alcalde asegura que non haberá variacións sustancíais, da valoración do Xurado da expropiación da alameda respecto a do Concello

O Rexidor Estradese, confirma que a resolución do Pleno do Xurado de Galicia emitíra o seú informe en 2 semanas.

López asegura mostrarse  satisfeito, confiado e con moi boas espectativas do que poída resultar esa Resolución.

A valoración feíta polo Concello estima que os terreos da ampliación da alameda custan 1.8 millóns de Euros, o total que piden os expropiados 7.5 millóns de euros, queda claro que o criterio do xurado de expropiación dista moito do que piden os expropiados, apróximase màis o Concello .

Tamén no pleno do Xurado de expropiación, puxose en valor o proxecto expropiatorio presentado polo  concello no ámbito da edificación, e no prezo da venda por metro cadrado.

Se aparecese algunha diferencia entre o estipulado polo concello e o que propón o xurado se vai aproximar máis o do concello.

Pide respecto a oposición decindo que «O tempo pon a cada un no seú sitio, e o goberno que el encabeza e un goberno SERIO e RIGUROSO»

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concerto benéfico de Apacaf, Sábado 28 de Abril

 

 Esta mañá presentouse  o Concerto benéfico de Apacaf, en conmemoración do Día Mundial do Autismo.

Asistirón::

__ Amalia Goldar, concelleira de Benestar Social.

__ María García Márquez, responsable de comunicación de Apacaf.

__  Usuaria do Centro A Braña, de Berres.

O Concerto será o vindeiro 28 de Abril as 19h no Teatro Principal Estradense. O  acto estará presentado polo escritor e profesor Estradense Xosé Luna colaborarán O Coro Feminino de San Simón, Manolo do Atlético, Padre Xiau de Berres, Coral Pólifonica de Berres, Manuele de Felisa e tamén o grupo Estradense  The Bichos Jazz Band.

O prezo da entrada será de 5E.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Feira do Libro chega á Estrada o 4 e 5 de maio cargada de diversas actividades e con descontos do 10% en libros

                                   Participan as librarías Faro, Marxe, Durán e Pintaletras

 

A Feira do Libro da Estrada terá lugar os días 4 e 5 de maio. “Chega a primavera e con ela a nosa benquerida Feira do Libro, unha feira que en anos anteriores se viu prexudicada por mor da chuvia, pero que este ano agardamos poder celebrar sen ningún tipo de contratempo”, indicou o concelleiro de Cultura, Juan Constenla, que esta mañá presentou o evento en compañía de Loli Durán, da librería Durán, e de Mavi Picallo, da librería Faro.

 

Un ano máis as distintas casetas e librarías presentes veranse acompañadas por un amplo abano de actividades que abranguen dende obradoiros e música tradicional, ata o novo circo, pasando polo teatro ou a danza. Nesta ocasión as librarías participantes serán a Libraría Faro, Marxe, Durán e Pintaletras.

 

“Tamén como xa é tradicional, contaremos coa colaboración da Cruz Vermella. As primeiras 300 compras de libros veranse agasalladas cun litro de leite”, apuntou Constenla.

 

PROGRAMA

 

 

            Venres 4 de maio

12:00 h.- Apertura da feira

17:00 h.- Actuación das escolas de Tequexetéldere

17:30 h.- Obradoiros de monicreques que culler de pau do mundo da lectura

18:00 h.- Sin Medidas de Jano Costas, Espectáculo de Novocirco.

19:00 h.- O galo Quirico de Títeres Seisdedos

21:00 h.- Bicos con Lingua de Talía Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 5,00€). As entradas poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

 

            Sábado 5 de maio

12:30 h.- O Lobo e a Lúa de Baobab Teatro, no Teatro Principal (DE PAGO, 3,00€) Poden adquirirse a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

17:30 h.- Pan con Chocolate (CONTACONTOS)

18:00 h.- Obradoiros de colgadores para portas «Non molestar, estou lendo»

18:30 h.- Paco Nogueiras en concerto con Radio Bule Bule

19:30 h.- Actuación de Traspediante (espectáculo de danza de rúa)

 

Tal e como indicaron as dúas libreiras hoxe presentes, igual que sempre, haberán descontos do 10% en libros de temáticas do máis variadas e achegarán á feira os libros de novidade, sendo unhas xornadas, na que cada ano, a xente se anima máis a mercar. E aínda que a apertura o venres é ás 12.00 horas,  o sábado os stands estarán abertos xa desde as 11.00 horas ata a noite.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

OS SOCIALISTAS PIDEN A CREACIÓN DUNHA NOVA PRESTACIÓN MUNICIPAL DE APOIO A PERSOAS CON MOBILIDADE REDUCIDA, EMBARAZADAS E FAMILIAS CON BEBÉS

Entendendo a necesidade de levar adiante políticas transversais de apoio as persoas con necesidades especiais: mobilidade reducida, embarazadas e familias con bebés, así como para acadar a igualdade entre homes e mulleres, fixar poboación e dinamizar a economía, os socialistas estradenses cremos necesario dotar a vila de espazos de aparcamento que faciliten ás persoas con necesidades especiais mobilidade e familias con bebés desenvolver a súa vida diaria na Estrada.

 

Para lograr estes obxectivos son moitas as medidas que se poden levar a cabo, e moitas delas incluso a custe cero ou moi baixo, sendo só cuestión de vontade política. Para elo propoñemos a creación de prazas de aparcamento reservadas persoas maiores con mobilidade reducida, embarazadas e familias con bebés, cubertas, máis amplas e que faciliten o acceso aos vehículos sen que se vexan bloqueados pola proximidade de outros vehículos. Estas prazas de aparcamento habilitadas con estas prestacións resultan de especial interese nas proximidades de institucións e servizos públicos existentes na vila estradense (centro de saúde, Concello, Seguridade Social, Xulgados…), así como na zona comercial. 

 

A Estrada como Concello debe traballar para fixar poboación posto que a caída de habitantes nos últimos anos é preocupante. Así mesmo tamén se debe prestar especial apoio á dinamización do comercio local. Por todas estas razóns, o Grupo Municipal Socialista propón que se acade o compromiso de creación desta nova prestación na Estrada no vindeiro pleno municipal do mes de maio, e agardamos que se materialice o antes posible, entrando en funcionamento de xeito inminente.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario