A Escola Infantil Municipal recibiu 58 solicitudes novas

                              As demandas superan as prazas ofertadas en 1 e 2 anos

 

 

Tras finalizar o luns o prazo de matriculación na Escola Infantil Municipal da Estrada, a concelleira de Educación, Amalia Goldar, indica que para o vindeiro curso académico 2017/2018 presentáronse 58 solicitudes novas. A lista provisional de admitidos sairá publicada na segunda semana de maio, pero a relacións das solicitudes xa se poden consultar na páxina web do Concello (www.aestrada.gal )

 

Así para o novo ingreso nesta escola presentáronse 9 solicitudes de bebés, das cales se ofertaban 16; de 1 a 2 anos demándanse 32 prazas, das que só se ofertaban cinco, e de 2 a 3 anos hai 17 novas solicitudes, das cales se ofrecen ata 22. Dos bebés solicitaron todos horario de mañá e dos de 1 e 2 anos pediron 27 de mañá e 5 pola tarde e o resto entre media xornada de tarde e de mañá.

 

“Agora temos 15 días, a partir de mañá, para reunirnos e baremar, e dado que o Consorcio ten previsto sacar a súa lista provisional o 9 de maio intentaremos nós sacar tamén a da escola para que as persoas que fixeron solicitudes en ambas coñezan se foron admitidas nalgunha e poida formalizar xa matrícula”, indica Goldar.

 

Este ano na Escola Infantil Municipal presentouse un número menor de solicitudes “supoño que hai xente que por ubicación xa se centra en pedir na do Consorcio ou ben porque, quizais, descoñecía que se podía solicitar nas dúas”, explica a edil. E por esta mesma razón, haberá solicitudes que se duplican.

 

O problema, tal e como comenta Goldar e que acontece todos os anos, está na matrícula para nenos de 1 e 2 anos. “No caso dos bebés que temos 9 solicitudes e temos 16 prazas, pois na medida en que haxa bebés que teñen tres meses, que é partir desta idade cando se pode facer a matrícula, poderán incorporarse ao longo do curso. Antes era imposible porque estaba todo cuberto”.

 

O día 24, ás 11.00 horas, no Concello terá lugar unha comisión mixta de baremación  do Consorcio Galego na que actuará como representante do Concello Amalia Goldar.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Rubén Pozo ofrece en directo un concerto na Estrada no que mesturará temas do seu último disco cos máis míticos

                                         

                                      Será o sábado ás 22.00 horas no Teatro Principal

 

Este sábado, día 22, A Estrada será escenario do concerto de Rubén Pozo, excompoñente do grupo Pereza. No Teatro Principal, ás 22.00 horas, presentará o seu terceiro traballo que leva por nome Habrá que vivir, cuxo single Caperucita Feroz foi o que primeiro en saír á luz. É un traballo que mostra o reflexo do rock que este artista leva no sangue. Non faltarán tampouco temas dos seus outros discos, incluso os míticos das súas anteriores bandas. As entradas poden mercarse, polo prezo de oito euros, en www.ticketea.com, no departamento de Cultura do Concello, sito no segundo andar, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou na billeteira do Principal o día da actuación.

O compositor, músico e intérprete despois do 2017 chegou a ofrecer máis de 70 concertos, tanto como Llanero Solitario on tour como ao fronte da súa banda. Estivo de xira por Arxentina e México e compartiu escenario co estadounidense Mark Olson, fundador de The Jayhawks.

Fai cinco anos comezou a súa carreira en solitario, despois de formar parte das bandas Buenas Noches Rose e Pereza, sumando unha traxectoria musical de preto de vinte anos. No seu anterior traballo, En marcha, do 2015, Pozo transmitiu o rock desde unha ampla variedade: do folk á rancheira, do acústico ao eléctrico, acelerado ou co freo posto, no que deixa ver unha influencia americana que mantén en Habrá que vivir, no que hai quen afirma que é un proxecto, este último, cen por cen Rubén Pozo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

López minte: ampliación da Alameda non naceu da participación social, é un proxecto dunha consultora

A ampliación da Alameda terá un custe de máis de 3.300.000 euros, un auténtico despilfarro nun concello que ten moitas necesidades e carencias

 

O BNG xa deixou claro desde 2015 que ampliación da Alameda non é imprescindíbel para o noso concello. Así o puxemos de manifestos en reiteradas ocasión, así como no acto de recollida de sinaturas que fixemos o 25 de abril daquel ano para por de manifesto o rexeitamento social que xera a ampliación, que non só se manifesta nas redes sociais, como di o alcalde, senón tamén a pé de rúa. O que demostra que o alcalde non fala cos veciños e veciñas, está completamente desconectado das demandas sociais.

A ampliación da Alameda non é froito do debate e da participación social como di o alcalde, é o proxecto dunha consultora que lle presentou un proxecto ao goberno municipal e este moveu todos os fíos burocráticos para que a empresa Idom se fixera co proxecto. 

Así o recoñeceu o propio alcalde da Estrada o pasado mes de decembro cando afirmou textualmente aos medios de comunicación local que “Non é unha proposta do PP (deseño da Alameda). É unha proposta dun equipo, dunha enxeñería, que gañou un concurso e que se adapta ás necesidades da Estrada e á estratexia da EDUSI”. 

Neste sentido, cómpre recordar que a EDUSI é tamén un proxecto de Idom, que fai e desfai ao seu antollo na comisión de xestión deste proxecto sufragado con fondos europeos; unha comisión que conta cos convidados de pedra dos demais partidos da oposición, xa que, como anunciamos no seu día, o BNG abandonou a citada comisión xestora ao non contemplar ningunha das propostas dos colectivos e entidades e polo tanto quedar claro que a participación e o debate é só un slogan para a galería.

Polo tanto, queda claro como naceu este proxecto, que ten un custe inicial para o concello de 3.300.000 euros, un importe que inclúe tamén a compra dos terreos que acollerá a ampliación da Alameda, que é un auténtico despilfarro nun concello con moitas necesidades e carencias por exemplo en solo público industrial, en saneamento do rural, etc, etc.


Publicado en Portada | Deja un comentario

O alcalde asegura que sí houbo consulta sobre el proyecto de la alameda

 

El alcalde de A Estrada, José López Campos, explicó que el Concello recibirá este mes el proyecto de ampliación y reforma de los jardines municipales del que se ocupa Idom. En todo caso, precisó que al concurso de la oficina técnica y de gestión de la Edusi, en estrategia en la que se enmarca el proyecto, “se presentaron las empresas y los técnicos que quisieron. Una de las cuestiones que iba en los pliegos era la elaboración de los jardines municipales. Si hubo participación y cualquier empresa pudo aportar su experiencia para llevarse la oficina técnica y de asesoramiento”, recalcó.

 

 

Señala también que el proyecto sigue las líneas que establece la Edusi, “que fue objeto de consulta popular. Lo que dice la Edusi no es cada euro que muevas tienes que hacer una consulta; lo que dice la Edusi es que la estrategia tuvo que haber sido consensuada, con participación pública. Se hizo. De hecho hubo quien no quiso participar, quien votó en contra de la Edusi, o se abstuvo, para no darle e apoyo al gobierno”, lamentó.

 

“ Por fin llegó un gobierno que está dispuesto a romper con las dinámicas perversas que estaban establecidas en este pueblo, en el que llevamos 30 años hablando de los mismos proyectos que no acababan más que en conservaciones de taberna. Por eso ganamos dos veces consecutivas con mayorías absolutas”, dijo.

 

“Me sigo fiando más de lo que escucho entre la gente todos los días en la calle que dedicarme a hacer política de redes sociales.  Este es un gobierno que es sensible a la realidad de la mayoría de los vecinos. Si tenemos que estar atentos a la opinión que quiere dar cada uno sería imposible gobernar”, continuó.

 

López Campos entiende que “es lógico y razonable que ahora haya debate. La satisfacción que me produce a mi es que por fin en este pueblo pasamos de la palabra a la acción. Existe debate porque se están haciendo las cosas”, sentenció.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

FGB asinan convenio para convertir A Estrada en «Capital Galega do minibasket»

FGB asinan convenio para convertir A Estrada en «Capital Galega do minibasket», sendo a sede fixa para as fututas actividades  federativas desta categoría.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Unha vintena de persoas asistirán ao curso de acompañante de transporte e comedor escolar que arrancou está mañá

O curso de acompañante de transporte e comedor escolar, organizado polo Concello da Estrada, arranca está mañá de Martes. A inauguración foi ás 09.00 horas  asistiu concelleiro de Promoción Económica, Emprego e Comercio, Óscar Durán. Será nas instalacións da Fundación Cultural da Estrada.

No curso participarán 20 persoas, todas empadronadas no municipio estradense. É o segundo ano que se imparte.

A formación está dirixida a persoas en situación de desemprego da Estrada e forma parte das accións enmarcadas dentro do plan de formación propio do Concello para o 2018, sendo unha das suxestións de cursos máis demandadas polos estradenses. Este curso, ademais da formación para capacitar ao alumnado para exercer as profesións de acompañante de transporte e comedor escolar, permitiralle obter o certificado de manipulador de alimentos. As clases, impartidas pola consultora Sinerxia, serán de carácter presencial, cunha duración total de 16 horas, divididas en catro sesións.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O Concello aproba a concesión dunha subvención nominativa de 31.000 euros a favor da Fundación de Exposicións e Congresos

Entre o acordos da xunta de goberno celebrada este mediodía, figura a aprobación por parte do Concello da concesión e pagamento, con carácter anticipado, dunha subvención nominativa a favor da Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada por un importe de 31.000 euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario