500 persoas disfrutan un xantar popular de maiores en A Estrada, acompañadas polo grupos politicos disfrutarón dunha xornada de festexo.
500 persoas disfrutan un xantar popular de maiores en A Estrada
San Xorxe de Cereixo Volve a ser a capital rural Estradense

OS SOCIALISTAS DA ESTRADA ANALIZAN CO DEPUTADO GUILLERMO MEIJÓN OS ORZAMENTOS DO ESTADO 2018 E PREPARAN AS EMENDAS
Dende que Mariano Rajoy é Presidente os estradenses perdemos 11´4 millóns de euros
O Deputado Guillermo Meijón levará ao Congreso peticións relativas á Variante da Estrada, á N-640, a N-525 e ao entronque da Estrada coa autopista AP-53 Santiago – Ourense.
Dicía Ana Pastor durante unha visita a Estrada en 2015 que “Mariano Rajoy lleva a Estrada en el corazón y en la cabeza”, pero nótase que non está disposto a levala na carteira, comentou irónicamente a portavoz socialista Belén Louzao. Dende que Rajoy é presidente os estradenses levamos perdidos 11.405.000 € con respecto ao proxecto da Variante da Estrada.
Analizando os orzamentos de anos anteriores e da proposta que o goberno fai para 2018 e concluíron que “o PP non ten interese algún por executar a Variante da Estrada, só se acorda dela cando é ano electoral. Ano a ano incumpre os seu compromisos coa Estrada coa complicidade do Alcalde José López. En 2015, ano electoral, o alcalde reafirmábase na promesa feita pola entón Ministra Ana Pastor de que fomento licitaría a variante no segundo semestre do ano, nin cumpriron entón nin o van facer agora, pois para un proxecto valorado en 48 millóns de euros consignar 1,5 millóns é unha burla”.
O Deputado Guillermo Meijón levará ao Congreso peticións relativas á Variante da Estrada, á N-640, a N-525 e ao entronque da Estrada coa autopista AP-53
Santiago – Ourense.
Grupo Municipal Socialista
Inaguración da Exposición «Auga. Sangue da terra»
TÍTULO DA EXPOSICIÓN
«Auga. Sangue da terra»
OBXECTO DA EXPOSICIÓN
Concienciar á sociedade da necesidade dun uso responsable da auga.
O AUTOR
Manuel Valcárcel, fotógrafo e documentalista nacido en Monforte de Lemos en 1975, gañador de distintos concursos de fotografía e videoclip, percorreu distintos países de Asia e África, experiencias que lle serviron para organizar exposicións como a de Sahara libre, Palestina, Nómades ou Olladas. As súas exposicións teñen sempre un marcado compromiso social.
DATOS SOBRE A EXPOSICIÓN
A mostra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan alonxados como Nova Zelanda, a India ou Níxer, o deserto de Atacama ou a conca lucense do río Lor foron retratados
OBXECTO DA EXPOSICIÓN
Concienciar á sociedade da necesidade dun uso responsable da auga.
O AUTOR
Manuel Valcárcel, fotógrafo e documentalista nacido en Monforte de Lemos en 1975, gañador de distintos concursos de fotografía e videoclip, percorreu distintos países de Asia e África, experiencias que lle serviron para organizar exposicións como a de Sahara libre, Palestina, Nómades ou Olladas. As súas exposicións teñen sempre un marcado compromiso social.
DATOS SOBRE A EXPOSICIÓN
A mostra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan alonxados como Nova Zelanda, a India ou Níxer, o deserto de Atacama ou a conca lucense do río Lor foron retratados
ISI inaugura este domingo a nova edición do ciclo Teleclub da Comedia
A partir deste domingo día 8 ás 19.00 h, no Local social de Cereixo, botará a andar polas parroquias estradenses a nova xira do ciclo de dinamización cultural no rural O teleclub da comedia.
A xira, que se prolongará ata o mes de xuño, comezará coas seguintes actuacións: Isi en Cereixo (8 de abril) As Lerchas en Sta Cristina (15 de abril), Manolo do Atlético e o Mago Toño en Toedo (21 de abril), o Padre Xiao e o Padre Merino en Cora (28 de abril), as Lerchas en Oca (28 de abril) e Pablo Chichas e Miguel Guido na residencia da 3ª Idade da Estrada (5 de maio); emprazamento que nesta edición se engade ao amplo abano de locais participantes.
O elenco de artistas está conformado, na súa meirande parte, por artistas e agrupacións estradenses coa colaboración puntual de compañías foráneas prevalecendo o formato monólogo pero deixando oco tamén a outras disciplinas como o teatro, a maxia, a música ou o clown. Isi, Chelo do Rejo, Manolo do Atlético, O Mago Toño, o Padre Xiao, o Padre Merino, Sali Torres, Mari Rivadulla, Pablo Chichas ou a compañía Disfunción Continua serán algúns dos artistas participantes.
Esta é unha iniciativa que pretende descentralizar as actividades culturais achegándoas, na medida do posible, a aqueles ámbitos de poboación rural desprovistos de infraestruturas; favorecendo, por unha banda, a captación de público e a consolidación dun ciclo de exhibición cultural permanente. Isto, sen esquecer, que a programación destas actividades, serve tamén para poñer en valor espazos como antigas escolas, teleclubs e outros locais sociais, presentes en cada parroquia.
Dende o ano da súa implantación hai 7 anos, son preto de 150 as funcións programadas, 21 artistas e compañías participantes e arredor de 3.700 espectadores reunidos. Un ciclo que este ano presentará 14 novas actuacións no vindeiro outono.
Os nenos de 5º 6º Curso Ceip O Foxo visitan Madrid esta semana
Dende o Lúns ata o Venres os neno de 5º e 6º curso do Ceip O Foxo fan unha viaxe cultural a Madrid, donde acompañados polas mestras Rosa e Porto visitarán Toledo, Múseo do Prado, Zoo de Madrid, visitas guiadas pola cidade e cerrarán a súa viaxe coa visita o parque de atraccións a Warner Bross.
O investimento da Variante de 2018: a enésima tomadura de pelo do PP á Estrada
A presentación dos Orzamentos do Estado non trae boas noticias para o noso concello. De aprobarse as contas, a Variante recibirá 1.500.000 euros de investimento para este ano 2018, unha cifra pírrica e de recheo, da que se deduce que ao PP non lle interesa construír a Variante, só facer anuncios como o feito por Ana Pastor durante a campaña das Municipais de 2015, cando ocupaba a carteira de Ministra de Fomento.
Para o BNG é a enésima tomadura de pelo aos veciños e veciñas da Estrada, que levan anos demandando esta infraestrutura que servirá para desconxestionar a vila de tráfico, especialmente o pesado. Mais tamén sería positiva para o desenvolvemento socio-económico do concello, que permitiría integrar infraestruturas importantes como a Cidade do moble e o polígono industrial de Toedo, cos centros de distribución das súas mercadorías.
O investimento previsto nos orzamentos de 2018 demostra que o alcalde non se toma en serio a construción da Variante, e polo tanto a el tampouco o toman en serio no seu partido que ano tras ano, tras os anuncios publicitarios chega a realidade, é dicir, nada de nada.
Por outra parte, queda claro unha vez máis que o PP da estrada, co alcalde á cabeza, non pinta nada dentro desta organización política, que discrimina aos veciños e veciñas da estrada. Esixímoslle ao alcalde que sexa o referente do descontento social que xera esta nova discriminación do PP e esixa investimentos realistas que permitan a construción da Variante.
—
BNG da Estrada




















































