Medio Rural destina preto de 50.000 euros na mellora do centro hípico situado no concello pontevedrés da Estrada

O director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural supervisou as obras de acondicionamento, que consistiron na construción dunha zona de observación anexa á pista

 

A Consellería do Medio Rural investiu preto de 50.000 euros na mellora do centro hípico do mercado de gando de Guimarei, no concello pontevedrés da Estrada. As obras realizáronse no marco dun proxecto senlleiro que levou a cabo a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

O propio director da axencia, Miguel Pérez Dubois, acompañado polo delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, achegouse esta mañá ata a zona para supervisar as obras, que consistiron na construción dun espazo de planta baixa anexo á pista para a observación das actividades que se desenvolven nese centro.

Así mesmo, procedeuse tamén á construción dun novo peche con acceso desde a vía municipal, cun portal de corredoira, que delimita a zona de hípica con outras instalacións municipais. Por outra banda, mellorouse a pista de actividades e adestramento. Todo iso contou cunha axuda de 48.587,55 euros, que cubre a totalidade dos custos deste proxecto.

O director xeral destacou que estes proxectos senlleiros permiten mellorar as infraestruturas dos concellos destinadas ao uso e goce dos veciños, co fin de dinamizar o medio rural a través dunha aposta polas tradicións e culturas da zona. Neste caso, o concello da Estrada destaca pola súa vinculación á figura do cabalo, xa que nel ten lugar a coñecida Rapa das Bestas de Sabucedo, declarada Festa de Interese Turístico Internacional, polo que a demanda de cursos de hípica é elevada neste municipio. 
 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Incendíase unha casa na parroquía de San Miguel de Castro

Esta mañá na parroquía Estradense de San Miguel de Castro incendíabase unha casa a través da súa chimenea, sen feridos só con varios daños materias.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Sinatura do convenio do CONCELLO DA ESTRADA coa FUNDACIÓN OBRA OBRA SOCIAL ABANCA E ABANCA

MOTIVO

 

Sinatura do convenio do CONCELLO DA ESTRADA coa FUNDACIÓN OBRA OBRA SOCIAL ABANCA E ABANCA

 

OBXECTO DO CONVENIO

 

Realizar a Exposición fotográfica  Auga, o sangue da terra na Casa das Letras entre os día 5 e 27 de abril en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 h a 21.00 h.

 

As Entidades asinantes amosan a súa disposición a estudar a posibilidade de colaborar na realización doutras actividades que promove Afundación no marco do seu programa interxeracional «O valor da experiencia»

 

TÍTULO DA EXPOSICIÓN

 

«Auga. Sangue da terra»

 

OBXECTO DA EXPOSICIÓN

 

Concienciar á sociedade da necesidade dun uso responsable da auga.

 

O AUTOR

 

Manuel Valcárcel, fotógrafo e documentalista nacido en Monforte de Lemos en 1975, gañador de distintos concursos de fotografía e videoclip, percorreu distintos países de Asia e África, experiencias que lle serviron para  organizar exposicións como a de Sahara libre, Palestina, Nómades ou Olladas. As súas exposicións teñen sempre un marcado compromiso social.

 

 

DATOS SOBRE A EXPOSICIÓN

 

A mostra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes.  Lugares tan alonxados como Nova Zelanda, a India ou Níxer, o deserto de Atacama ou a conca lucense do río Lor foron retratados polo fotógrafo e recollidos neste proxecto que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas

Publicado en Portada | Deja un comentario

A choiva impide a procesión no Venres Santo

Aínda que a choiva impide a procesión do Venres Santo, os fieis  desfrutaron de esceas realizadas no interior do templo, gracias a colaboración da Cofradía Estradadense Santa Cruz.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Suspenden a procesión de Xoves Santo en A Estrada pola metereoloxía

Suspenden a procesión de Xoves Santo en A Estrada pola metereoloxía, aqui un resumo dos actos dentro da iglesía.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación «O legado dos Valladares de Vilancosta»

O legado dos Valladares de Vilancosta é o froito de anos de traballo do profesor e humanista Carlos FerreirósEspinosa (Poio, 1917-Berres, 1996), quen, tras o seu retiro como Catedrático de Terapéutica Física da Universidade de Santiago, marchou ao casal de Vilancosta ―que herdara dos seus devanceiros― para dedicar o resto dos seus días á escrita dunha longa crónica da saga familiar.

​O resultado é esta amplísima monografía de case setecentas páxinas, un estudo decisivo para o mellor coñecemento dos Núñez, os Gómez Rivadulla e Besteiro, os Valladares, os Espinosa e os Ferreirós, distinguidas familias de próceres e ilustrados á que pertencen algúns dos persoeiros máis significados non só das terras ullás, senón de todo Galicia, como o insigne político, xeógrafo e ensaísta Xosé Dionisio Valladares; os seus fillos, os eximios escritores Marcial Valladares e AvelinaValladares; ou o político rexionalista e tamén escritor Laurentino Espinosa Valladares.

​Este libro é un volume de decisiva importancia por canto nel se recolle moi valiosa documentación de tipo histórico, cartográfico, epistolar, ensaístico, literario e gráfico, acompañándose todos estes importantes materiais de abondosas informacións contextuais e biográficas que os explican.

​Mercé a estas páxinas descubrirase o decisivo papel que como cartógrafo xogou Xosé Dionisio Valladares na confección do mapa do seu colega Domingo Fontán; poderán consultarse datos e xuízos de innegable interese respecto da vida e obra de Marcial Valladares; leranse versos inéditos, en galego e castelán, de Avelina, Serxio e Luísa Valladares e tamén de Laurentino Espinosa, así como correspondencia con outros persoeiros destacados do seu tempo.

​Este excepcional volume de Carlos FerreirósEspinosa conta, amais, cunha moi elaborada “Introdución” que coasinan catro grandes coñecedores do legado dos moradores do casal de Vilancosta; a saber: Mercedes Brea, Juan Andrés Fernández Castro, María Xesús Nogueira e Ofelia Rey Castelao. Tamén forman parte da publicación dous textos de presentación asinados polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García Gómez, e mais o alcalde da Estrada, Xosé López Campos, e un capítulo epilogal disposto polos fillos do autor: Carlos, Maricarmen, Xoaquín e Xosé Ferreirós Domínguez, que trazan un completo perfil da figura de seu pai.

​O legado dos Valladares de Vilancosta foi preparado para a súa edición por Armando Requeixo, investigador do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, entidade que publica o libro.

A sús presentación será o vindeiro 13 de Abril as 20.00h no Mome A Estrada, o acto estará amenizado pola Coral Pólifonica de Berres.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Varias rúas do casco urbano estarán cortadas ao tráfico o xoves e venres desde ás 20.00 horas por mor da Semana Santa

O xoves e o venres, con motivo da celebración da Semana Santa, varias rúas do casco urbano da Estrada permanecerán cortadas ao tráfico desde ás 20.00 horas e ata que rematen as procesións, que arrancarán a partir das 21.00 horas. Por razóns de seguridade, a xefatura da Policía Local da Estrada pide a máxima colaboración da cidadanía para que respecten en todo momento a sinalización establecida para ocasión e as ordes dos axentes, xa que accións como por exemplo retirar vallas ou desobedecer ás Autoridades serán sancionadas con multas económicas e incluso, coa retirada de puntos.  

 

O percorrido da procesión, e polo tanto as rúas que estarán cortadas completamente ao tráfico, do xoves 29 será: saída desde a igrexa, (Praza da Inmaculada), pasando por Don Nicolás, Calvo Sotelo (sentido contrario ao da marcha), Irmáns Severino Trigo, Praza da Feira (zona reservada), Porta do Sol, Ulla, Calvo Sotelo, Don Nicolás e volta á igrexa, na Praza da Inmaculada.

 

Mentres, o venres día 30, a procesión sairá desde a igrexa (Praza da Inmaculada) pasando por San Antón, Justo Martínez, Iryda, Varela Buxán, Fernando Conde, Porta do Sol, Ulla, Calvo Sotelo, Praza de Galicia, Peregrina, Praza do Mercado, Capitán Bernal, Padrón, Waldo Álvarez Ínsua, atravesarase a Praza do Mercado e dirixirase cara Peregrina, Praza de Galicia, Don Nicolás e volta á igrexa.

 

Desde a xefatura da Policía Local piden a máxima colaboración da cidadanía nestes tramos xa que debido a razóns de seguridade estará totalmente prohibido o tráfico resaltando que non se permitirá a circulación de ningún tipo de vehículo, salvo a autorización expresa por motivos de urxencia, o que significa que nin sequera se poderá acceder aos garaxes.

 

Para evitar que ninguén incumpra estas prohibicións, desde a Policía Local avisan que se sancionará administrativamente, ou incluso, mediante vía penal en casos graves, a todo aquel que non respecte a sinalización e barreiras que se coloquen nos accesos e tramos acotados. Informan que se considera infraccións, con multas que van desde os 80 aos 500 euros e coa retirada de puntos nalgúns casos, conducir de maneira temeraria, de forma neglixente, non respectar as sinais e ordes dos axentes e non obedecer unha sinal de entrada prohibida a toda clase de vehículos. Destacando que non se poderá saír nin entrar aos garaxes das zonas cortadas ao tráfico nese horario.

 

Considerase infraccións graves, que se poden castigar con multas que van desde os 601 aos 30.000 euros, a perturbación da seguridade cidadá en actos públicos, espectáculos deportivos ou culturais, solemnidades e oficios relixiosos ou outras reunións aos que asistan numerosas persoas; causar desordes nas vías, espazos ou establecementos públicos ou obstaculizar a vía pública con mobiliario urbano, vehículos, colectores, pneumáticos ou outros obxectos; os actos de obstrución que pretendan impedir a calquera autoridade, empregado público ou corporación oficial o exercicio lexítimo das súas funcións; a desobediencia á autoridade e aos seus axentes no exercicio das funcións, así como a negativa á identificarse ou a alegación de datos falsos  ou inexactos nos procesos de identificación por parte dos axentes e o uso non autorizado de imaxes e datos persoais ou profesionais de autoridades e membros das Forzas e Corpos de Seguridade.

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario