
|
Haz clic aquí para Responder o para Reenviar
|
Información detallada

|
Haz clic aquí para Responder o para Reenviar
|
Información detallada

O pasado sábado celebrouse a cuarta edición do Encontro e Convivencia de Maiores ao que asistiron unhas 500 persoas. “Foi unha xornada que transcorreu con total normalidade, sen ningún tipo de incidencia, cunha gran afluencia de xente. Tivemos actividades musicais e lúdicas. Como foron as actuacións de Saly e Isi como humoristas que teñen unha intercomunicación co público excepcional e que son uns artistas moi valorados no concello, así como a gran acollida da actuación de Lume na Lareira e a exhibición de baile de salón por parte de dous rapaces”, apunta a concelleira de Benestar Social, Amalia Goldar.
Á cita non faltaron membros do goberno local e do Partido Socialista. “Estivemos ao lado dos veciños, pasando un rato agradable con eles e intercambiando conversas”, sinala Goldar. Aproveitaron a ocasión para facerlles un recoñecemento aos máis maiores presentes na festa, que foron Purificación Fernández Fuente, de 91 anos, e Benigno Asorey Barral, de 89.
“O comentario máis escoitado por parte dos responsables que asistimos foi que tiñamos que seguir facendo este encontro xa que é un xornada na que os veciños se ven e pasan un rato agradable e que lles serve para desconectar da rutina. Por iso a nosa intención plena e unánime é que si temos que continuar con este tipo de actividades”, adianta a edil. Ademais Goldar incide en que “este tipo de actividades, de carácter social e cultural, nin quita nin mingua a preocupación deste goberno por atender aos maiores en aspectos doutro cariz como é a atención persoal e atención social do día a día”.
UN ANO MAIS O CLUB CICLISTA ASOCIACIÓN GALEGA DE CICLISTAS
CREOU A III CHALLENGE DE CICLISMO C. C.A. G. C. QUE CONSTARÁ DE TRES
PROBAS, QUE SE CELEBRARÁN NOS ARREDORES DE SANTIAGO DE
COMPOSTELA E NAS CALES SE PODERÁ PARTICIPAR DE FORMA
INDEPENDENTE EN CADA UNHA DELAS. O PREZO DAS INSCRICIÓNS SERÁN
DE 10€ POR PROBA E REALIZARANSE UNHA HORA ANTES NO LUGAR DE
CELEBRACIÓN DE CADA PROBA. OS LUGARES DAS DEVANDITAS PROBAS
SON: ORDES (08/04/2018) A ESTRADA (15/04/2018) O PINO (06/05/2018).
HABERÁ UNHA CLASIFICACIÓN DIARIA PARA CADA PROBA, PARA AS
CATEGORÍAS M-30, M-40 E M-50/60 (ESTA ÚLTIMA CLASIFICACIÓN
CONXUNTA), E ASIMESMO CREARASE OUTRA CLASIFICACIÓN XERAL PARA
AS MESMAS CATEGORÍAS NA QUE O VENCEDOR FINAL SERÁ O CORREDOR
QUE MÁIS PUNTOS SUMARA NAS TRES PROBAS. (SENDO OBRIGATORIO
PARA SER O VENCEDOR FINAL HABER PARTICIPADO NAS TRES PROBAS).
A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ INDEPENDENTE CADA DÍA
ENTREGANDO AO FINAL DE CADA PROBA TROFEOS PARA OS TRES
PRIMEIROS CLASIFICADOS DE CADA CATEGORÍA, TAMEN SE ENTREGARÁ
UNHA CAMISOLA DE LÍDER CADA DÍA PARA AS CATEGORÍAS M-30, M-40, M50/60.
E NA ÚLTIMA PROBA HABERÁ UN PODIO A MAIORES PARA OS TRES
PRIMEIROS CLASIFICADOS DA XERAL DA III CHALLENGE C. C.A. G. C.
ORDES-A ESTRADA-O PINO. NA QUE SE ENTREGARÁN TROFEO AOS TRES
PRIMEIROS CLASIFICADOS E CAMISOLA DE LIDER PARA O PRIMEIRO
CLASIFICADO DE CADA CATEGORÍA. É OBRIGATORIO SAÍR COAS
DIFERENTES CAMISOLAS DE LÍDERES A PARTIR DA SEGUNDA ETAPA E ASÍ
MESMO SUBIR AO PODIO COA VESTIMENTA ADECUADA DE CADA EQUIPO.
HABERÁ UN PREMIO PARA O GAÑADOR FINAL DA CHALLENGE DE
CADA CATEGORÍA ( M-30, M-40, M-50E60 CONXUNTA), É DICIR O VENCEDOR
SERÁ O CORREDOR QUE MELLORES POSTOS TEÑA NAS TRES PROBAS NA
CATEGORÍA ABSOLUTA.
ESTE ANO COMO OUTRA NOVIDADE AS 3 PROBAS ESTARÁN
INCLUÍDAS INDIVIDUALMENTE NA COPA GALICIA MASTER 2018 E POR TANTO
AO FINAL DE CADA ETAPA HABERÁ TAMÉN IMPOSICION DE CAMISOLA DE
LÍDER DA COPA AÍNDA QUE EN CARREIRA PREVALECERA A CAMISOLA DA
CHALLENGE Á HORA DE PORTAR O CAMISOLAS DE LIDER.
A DISTRIBUCIÓN DE PUNTOS PARA A CHALLENGE SERÁ A SEGUINTE:
1-30PUNTOS. 2-25 P. 3-20 P. 4-15 P. 5-14 P. 6-13 P. 7-12 P. 8-11 P. 9-10 P. 10-9 P.
11-8 P. 12-7 P. 13-6 P. 14-5 P. 15-4 P. 16-3 P. 17-2 P. 18-1 P. 19-1 P. 20-1 P.
2º ETAPA VI TROFEO DE CICLISMO CONCELLO DA
ESTRADA 15/04/2018
SEGUNDA ETAPA DESTA III CHALLENGE C. C.A. G. C. UNHA ETAPA QUE
CAMBIA ESTE ANO CON RESPECTO AOS ANTERIORES E NA QUE
DESCUBRIREMOS UN NOVO TERREO POLOS ARREDORES DO CONCELLO DA
ESTRADA.
DURANTE 82,3KMS DAMOS PASO A UNHA ETAPA TOTALMENTE EN
LÍNEA, DESCUBRINDO NOVAS ZONAS PERO MOI ATRACTIVAS, ETAPA SEN
APENAS DESNIVEL, POIS SUMAMOS EN TODA A PERCORRID A CONTORNA A
900 M ASCENDIDOS . APENAS HAI SUBIDAS NA SUA MAIOR PARTE E AS QUE
HAI, CON ESCASA PENDENTE. DISPUTÁSENSE DOUS METAS VOLANTES NO
KM 18 E KM 56.3. UNHA ETAPA PARA GOZAR DE VELOCIDAD POIS A
OROGRAFÍA E AS ESTRADAS PERMÍTENO, E UN FINAL PARA DECIDIR OS
MAIS FORTES CON ASCENSIÓN NOS ULTIMOS 7KMS E QUE DECIDIRÁ OS
VENCEDORES DO DIA NA LÍNEA DE CHEGADA NA AVDA. 25 DE XULLO, UN FINAL QUE SE LLE FARÁ COMPLICADO ÁS PERNAS DESPOIS DA PREVISIBLE
ALTA VELOCIDADE MEDIA DO RESTO DA ETAPA, CONSÉRVASE O FINAL DOS
ANOS ANTERIORES. (1,5 KMS FINAL O MESMO QUE EN ANOS ANTERIORES)
O concello da Estrada vén de perder unha nova oportunidade para mellorar o fondo bibliográfico da biblioteca da Estrada ao non presentarse ás subvencións da Xunta de Galiza para as entidades locais galegas. Estas subvencións, cuxa orde publicouse o pasado 22 de novembro, ten como obxectivo incrementar a dotación de novidades editoriais en galego das bibliotecas de públicas integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza, unha rede da que non forma parte o concello da Estrada.
Tal e como indica na orde da Consellaría de Cultural, estas subvencións permitirán que as bibliotecas públicas teñan ao dispor dos usuarios e usuarias as últimas novidades editoriais en galego no momento da súa entrada no mercado, mediante un proceso de compra de libros en formato físico.
Non é a primeira vez que o grupo de goberno deixa pasar oportunidades para dotar de mellores servizos o noso concello. Tampouco acode ás subvencións do Plan de Mobilidade da Deputación de Pontevedra, que servirían para incrementar a seguranza vial dos veciños e veciñas, e tamén deixou pasar a oportunidade de incorporarse ao plan Revitaliza de compostaxe, tamén da entidade provincial.
Mais que o concello da Estrada non acuda ás subvencións para incrementar o fondo bibliográfico de libros na nosa lingua, é todo o síntoma do nulo interese do PP pola cultura en xeral e pola galega en particular.
Desde o BNG da Estrada instamos ao goberno do PP a inscribir a biblioteca da Estrada na Rede de Bibliotecas Públicas de Galiza para que, polo menos, na vindeira convocatoria de subvencións poida participar o concello da Estrada para actualizar e mellorar o fondo bibliográfico.
Se o alcalde non quere o consello do BNG, polo menos que atenda ao consello dun homólogo seu, Enrique Tierno Galván, alcalde de Madrid, que dixo un día que cantos máis libros, máis libres seremos. Non todo é cemento.
—

O Viveiro de Empresas da Estrada, sito na primeira planta do Novo Mercado, acollerá este mércores, día 11, a xornada Emprender con sentidiño. Será ás 19.00 horas. Nesta iniciativa colaboran a Concellería de Promoción Económica, Comercio e Emprego, liderada por Óscar Durán, a Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE) de Pontevedra, o Igape e Kalekói.
Na xornada participarán:

O curso é totalmente gratuíto e non será necesario inscribirse