A Sala Abanca acolle o día 24 un curso de primeiros auxilios na caza e na pesca

 

 

 

A Sala Abanca albergará o día 24 un curso de primeiros auxilios na caza e na pesca. Estará impartido por Manuel Martínez, xefe de garda do servizo de emerxencias, en horario de mañá de 09.30 a 14.00 horas.  Esta actividade está organizada pola Concellería de Sanidade, pola S.D. Río Ulla e polo Concello da Estrada.

Os interesados en asistir deberán inscribirse previamente a través do correo electrónico sdrioulla@hotmail.com ou no teléfono 986 575 139 en horario de 19.00 a 22.00 horas.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O desfile do martes de Entroido da Estrada celebrarase o domingo 18, despois de aprazalo por mor da choiva

As inclmencias meteorolóxicas obrigaron a cambiar o desfile de Entroido da Estrada para este domingo, día 18. A saída está prevista ás 16.30 horas desde a rúa Antón Losada Diéguez con chegada posterior á Praza da Feira. En principio na xornada festiva participarán as comparsas das parroquias de Arnois, Riobó, Guimarei e Callobre, ademais das Asociacións de Nais e Pais dos colexios de O Foxo, de Figueiroa e do de Oca.

O fin de festa, ao redor das 18.00 horas, estará protagonizado pola comparsa de Callobre que agasallará a todos os veciños cun guateque anos 60 que terá lugar na Praza da Feira.

Dentro dos actos da xornada, ás 19.00 horas o Teatro Principal acollerá o espectáculo de teatro, danza e música Voa da Escola Municipal de Artes Escénicas da Estrada e da Escola de Baile, Canto e Música Tradicional Tequexetéldere, que conta coa colaboración do Concello. As entradas, que teñen un prezo de cinco euros, poden mercarse  no departamento de Cultura do Concello, segundo andar, en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas ou en Calzados A Esquina e tamén no despacho de billetes.

 

 

 

 

 

 

 

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O documental A palabra xusta proxectarase o día 21 nos Minicines Central

Con este filme, a Estrada conmemora o Día Internacional das linguas maternas

A Estrada súmase á celebración do Día Internacional das linguas maternas, que será o 21 deste mes. Con motivo da conmemoración desta data, o Departamento de Cultura, en colaboración con Minicines Central, programa o pase, ás 20.00 horas, do documental A Palabra Xusta, duns 70 minutos de duración e apta para todos os públicos.  Nesta película a súa protagonista, Antía Cal, é unha pedagoga que fundou un colexio moi anovador no Vigo dos anos 60 e aborda o tema da Educación partindo da lingua materna. O filme conta coa colaboración especial de Javier Gutiérrez e de Rebeca Montero. Dirixido por Miguel Piñeiro a música orixinal está composta por Nani García, o director de fotografía é Alfredo Pérez, a directora de produción, Ana Bouzas e a produción executiva corre por conta de Miguel Piñeiro, Carme Varela e Fernando Alfosín, sendo unha produción de Atlantis Multimedia S.L.

No Marco de Acción Educación 2030 da UNESCO recóllese unha folla de ruta para a aplicación da Axenda 2030 na que se fomenta o pleno respecto á hora de usar a lingua materna na ensinanza e a aprendizaxe, a promoción e a perseveranza da diversidade lingüística. A palabra xusta é un xogo inventado por unha profesora para o seu alumnado. Ao rematar a clase cada neno ten que escribir nun pequeno papel, e da maneira máis sintética, o que aprendeu na clase do día, incluso, se fose posible nunha única palabra. As respostas poñeranse na parede e entre todos elixirán a mellor: a palabra xusta. Esta mestra chámase Antía Cal Vázquez, Tita, para o seu alumnado, hoxe ten 92 lúcidos anos e dende a distancia mira aquel tempo no que fundou un colexio e puxo en marcha unha das máis singulares experiencias pedagóxicas da súa contorna.

Ante a cámara, a protagonista vai debullando os seus recordos, os seus pensamentos e emocións. Buscará a palabra xusta para contar as súas orixes, a súa infancia, o seu encontro cunha universidade ancorada no pasado, a chegada do grande amor da súa vida, a fundación dunha escola que rompía co establecido… todo o que a formou como muller, mestra e pedagoga. Deste xeito, A palabra xusta dá a coñecer a unha muller singular que fundou o Colexio Rosalía de Castro en Vigo en 1961 e cuxa obra perdurou no seu alumnado ata hoxe.

A palabra xusta leva ao espectador polas estancias dunha casa parada no tempo que desvela unha vida tan silenciosa como frutífera, sendo esta vivenda o principio e tamén a metáfora. O filme transita polas paisaxes do Alto Eume. A severidade da paisaxe, os seus camiños, os seus bosques, a pegada do home no territorio son obxecto dunha narración visual tan poética como veraz. É unha viaxe a través da memoria das cousas: os obxectos que enchen os caixóns e os armarios son a memoria sensorial que achega ao espectador a un tempo xa pasado. O filme é o percorrido emocional e poético das cartas de Antón Beiras a Tita antes de casar: unha historia de amor que uniría a dous fanáticos do progreso, da evolución científica e da liberdade. Son cartas cargadas de lirismo onde se adiviña o talento e talante dun home singular, un oftalmólogo, especialista en estrabismo, preocupado polos máis desfavorecidos e polo mundo que o rodea.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Martes de Entroido Búscate nesta Galería de imaxes

                                        Galería de imaxes Martes de Entroido A Estrada 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Máis Entroido Estradense

                                                                            Búscate

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

Concurso disfraces Concello de A Estrada en imaxes

                                                      BUSCATE NO TEU ENTROIDO 

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Xunta e A Estrada asinan o primeiro convenio para a centralización das oposicións da Policía Local

A Xunta e A Estrada asinan o primeiro convenio para a centralización das oposicións da Policía Local
 

O vicepresidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, adiantou hoxe que un total de 17 concellos xa aprobaron esta delegación nos seus respectivos plenos

As convocatorias para a selección de policía local e de auxiliares publicaranse a partir do mes de marzo

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asinou hoxe co alcalde da Estrada, José López Campos, o primeiro convenio de adhesión dun concello ao proceso de centralización das oposicións da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP).

A través deste convenio, o concello delega na Xunta a competencia para convocar e seleccionar as prazas de policía local e auxiliar de policía local deste concello, logo de ter sido aprobado polo pleno municipal.

Incluíndo á Estrada, un total de 17 concellos xa ratificaron esta delegación nos seus respectivos plenos: Viveiro, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, Narón, Ponteareas, Sarria, Negreira, A Estrada, Vilaboa, Rianxo, A Guarda, Fene, Valdoviño, Cariño, Carballo, Ordes e Sanxenxo. A previsión da Xunta é que máis concellos se vaian sumando a esta iniciativa en próximas datas.

Os prazos seguen o calendario establecido. A convocatoria para a selección de auxiliares de policía local publicarase a partir do mes de marzo, e a de policías locais a partir de abril. Logo do proceso de selección, comezarán os cursos de formación na propia AGASP.

A centralización das oposicións da policía local -para aqueles concellos que así o decidan voluntariamente- responde a unha demanda histórica dos propios concellos e nace froito do diálogo e colaboración coas entidades locais. Así, o decreto que regula este proceso (o 115/2017 de 17 de novembro) foi aprobado en consenso coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e coas principais entidades e asociacións implicadas.

Esta iniciativa ofrece diversas vantaxes aos concellos e aos propios axentes: un salto cualitativo na profesionalización; unha mellora na cobertura de vacantes; un calendario único e coñecido para os aspirantes; ou unha lista de contratación de auxiliares. Así, os potenciais beneficiarios desta medida son os 130 concellos que contan con Policía Local, todos os concellos que contratan auxiliares, os propios axentes e aspirantes, e a cidadanía no seu conxunto.

Cómpre destacar, ademais, que con esta centralización dáse un paso máis na consolidación da AGASP como o centro neurálxico da seguridade e das emerxencias de Galicia.

Publicado en Portada | Deja un comentario