A 38ª Feira do Moble de Galicia abre as súas portas do 17 ao 20 de Setembro
Información matrícula Conservatorio Música A Estrada
O CONCELLO REFORZA A PROTECCIÓN E SEGURIDADE DOS CADROSELÉCTRICOS EXISTENTES NA ALAMEDA MUNICIPAL
Ademais de elevar a impermeabilización e o carácter estanco dos novos
elementos, só poden ser abertos cunha chave especial, reducindo o risco
de manipulación externa.
Minorouse o impacto estético dos tres puntos con motivos acordes ao
espazo no que se emprazan.
O Concello da Estrada vén de completar unha
actuación de mellora da seguridade nos cadros de luz existentes na alameda municipal,
unha intervención que estes días chamou a atención de algúns usuarios do parque pola
nova estética conferida a estes elementos.
O concelleiro de Servizos Municipais, Óscar Durán, explicou que o fin último desta
iniciativa é elevar a protección, garantindo que os cadros sexan completamente
estancos e inaccesibles para usuarios externos. Neste senso, indicou que agora só poden
ser abertos cunha chave especial de seguridade, de tal maneira que unicamente ten
acceso a estes elementos o persoal técnico do Concello, o que suprime o risco de
manipulación por persoas alleas ao servizo.
Durán sinalou tamén que a mellora supón un “extra de protección e seguridade” nunha
zona frecuentada todos os días pola cativada. De feito, tomando en consideración este
emprazamento, os tres cadros existentes na alameda viron minimizado o seu impacto
visual cunha estética acorde ao espazo no que se instalan.
O SERGAS CONFIRMA A COLOCACIÓN DUN SISTEMA QUE REFORCE OS EQUIPOS INFORMÁTICOS DO CENTRO DE SAÚDE DE OCA
- O Concello propuxo esta medida para que os ordenadores non teñan que
reiniciarse ante os posibles cortes de luz puntuais, demorando a
atención.
- Magariños mantén o contacto estreito e continuo con UFD, que asegura
que dende hai unha semana non se producen os microcortes eléctricos
que viñan afectando este verán a zonas do rural da Estrada
A ESTRADA INAUGURA MAÑÁ NA CASA DAS LETRAS A EXPOSICIÓN «CASTELAO GRAFISTA FACSÍMILE»
“CASTELAO GRAFISTA. FACSÍMILE”
O OBRADOIRO DE EMPREGO REALIZA MELLORAS EN ZONASAXARDINADAS DA RÚA DA CULTURA
– Os integrantes do Obradoiro de Emprego “A Estrada
Emprega Foresta” continúan debullando o seu plan de obra. Despois de que nos últimos
días aproveitaran para poñer a punto as contornas dos centros educativos de cara ao
inicio do novo curso, os alumnos-traballadores realizan tamén labores en distintos
espazos públicos do casco urbano. Nas últimas xornadas estiveron traballando nas zonas
axardinadas da Rúa da Cultura.
A ESTRADA E RIANXO PREVÉN ASINAR O SEU IRMANAMENTO O 19 DEOUTUBRO, ANIVERSARIO DA VODA DE VIRXINIA PEREIRA E CASTELAO
Co ditame favorable na comisión de Cultura, a proposta chega este xoves
ao pleno estradense.
O 19 de outubro coincide tamén co aniversario do nacemento de
Virxinia Pereira na Estrada.
O acordo de irmanamento inclúe unha proposta de actuacións
conxuntas, con iniciativas en materia de memoria, patrimonio,
educación, investigación e intercambio institucional e veciñal.
A elección da data non é casual. Moi ao contrario,
está tinxida de simbolismo. Os concellos da Estrada e Rianxo prevén asinar o seu
irmanamento o vindeiro 19 de outubro, un día como aquel de 1884 no que naceu
Virxinia Pereira Renda e como aquel de 1912 no que esta estradense casou con rianxeiro
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, na antiga igrexa da Estrada que se erguía a poucos
metros da actual Praza de Galicia. Esta sinatura chegará despois de que os dos
municipios tomen este mes de setembro a acordo plenario para esta unión municipal.
No caso do Concello da Estrada, será este xoves.
O asunto chega ao pleno estradense co ditame favorable da comisión informativa de
Cultura e Deportes, na que todos os grupos políticos votaron a favor de formular
conxuntamente co Concello de Rianxo o protocolo de irmanamento que será asinado
no acto do 19 de outubro.
Aínda que está pendente de concretar o lugar, a proposta inicial sería a Praza de Galicia,
unha contorna que acolleu, 114 anos atrás, o enlace matrimonial que une tamén
simbolicamente estes dous municipios galegos. Virxinia Pereira e Castelao casaron na
igrexa de San Paio e festexaron as súas nupcias no edificio que outrora servía de sede
para o Casino estradense. Aos pés deste emblemático inmoble, nun lugar destacado da
actual Praza de Galicia, foi colocada no mes de xuño a escultura que reúne á familia
Castelao-Pereira.
O marco temporal para esta sinatura é tamén idóneo, dado que o Concello da Estrada
conmemora neste 2026 o Ano Cultural Virxinia Pereira, logo de que en toda a
comunidade galega se celebrara o 2025 como Ano Castelao. De igual xeito, este ano é o
140 aniversario do nacemento de Castelao en Rianxo.
Forte vínculo
O irmanamento entre A Estrada e Rianxo non nace dunha afinidade xenérica, senón dun
vínculo biográfico e patrimonial concreto, documentado e vivo, que o Ano Cultural
Virxinia Pereira 2026 pon en valor. Formalizalo agora consolida unha cooperación xa
iniciada meses atrás, honra a memoria dunha estradense esencial para a cultura galega
e dota a ambos os concellos dun marco estable de traballo común.
Sen prexuízo do que se concrete fimalmente no protocolo, dende o goberno local
proponse un programa marco de cooperación estable articulado nos seguintes eixos:
• Memoria e patrimonio. Itinerancia recíproca de exposicións (comezando por
“Dez voltas na vida”, que agora partirá da alameda da Estrada cara Rianxo);
sinalización cruzada dos lugares de memoria da familia Pereira-Castelao en
ambas as vilas ou roteiro conxunto “Da Estrada a Rianxo”.
• Educación. Programa anual de intercambio escolar entre centros de ensino dos
dous concellos arredor das figuras de Virxinia e Castelao; calendario escolar
compartido; participación cruzada nas actividades escénicas municipais.
• Creación e investigación. Convocatoria bianual conxunta (premio ou bolsa) de
investigación ou creación sobre o galeguismo cultural, con especial atención ao
papel das mulleres na conservación e transmisión do patrimonio.
• Institucional e veciñal. Presenza recíproca nas festas e conmemoracións
principais de cada vila; encontro anual alternante de corporacións e tecido
asociativo; denominación dun espazo público en cada concello vinculado á vila
irmandada.











































