O PUNTO DE ATENCIÓN TURÍSTICA DE OCA PECHA A TEMPADA ALTADO VERÁN DESPOIS DE TEREN RECIBIDO MÁIS DE 3.400 USUARIOS

 O interese turístico do Pazo de Oca avala o bo funcionamento do servizo
instalado nesta parroquia da Estrada.
 Máis do 12% dos visitantes foron estranxeiros.
 Francia, Reino Unido, Alemaña, Portugal e Países Baixos, os países que
máis visitantes proporcionaron.
 Agosto case duplica o número de visitas recibidas ao longo de xullo.

O Punto de Información Turística instalado no Pazo
de Oca vén de pechar as súas portas co remate da tempada alta do verán. Os datos de
afluencia evidencian, un ano máis, o peso que ten o alcumado como Versalles Galego
no catálogo de recursos turísticos do municipio estradense. Segundo os datos aportados
dende o departamento municipal de Turismo, área que coordina Óscar Rancaño, entre
xullo e agosto foron un total de 3.411 as persoas que se achegaron ata este servizo.
Deles, máis do 12% eran visitantes estranxeiros.
As estatísticas de visitantes amosan que agosto é o mes con máis afluencia turística no
Concello da Estrada. Tomando en consideración as visitas ao punto informativo
instalado nesta parroquia na última mensualidade pode observarse que case duplican
as contabilizadas en xullo. Deste xeito, no primeiro dous dous meses centrais foron
1.273 as persoas atendidas, das cales 153 proviñan do estranxeiro. No mes de agosto, a
cifra elévase ata acadar os 2.138 usuarios, dos que 310 eran procedentes doutros países
(o 13%).
Centrando a análise dos datos no turismo estranxeiro, os países que máis visitantes
aportaron a esta zona do rural estradense foron Francia, Reino Unido, Alemaña, Portugal
e Países Baixos.
No tocante ao turismo nacional, as comunidades que aportaron un maior número de
visitantes foron Madrid e Andalucía, seguidas por Cataluña.
Con respecto aos motivos da visita á Estrada, a meirande parte destes usuarios aluden
a unha motivación cultural e, nomeadamente, á relevancia do Pazo de Oca como recurso
turístico.
Os días de máis calor do verán, nos que se estableceu alerta vermella, foron os menos
concorridos neste punto de información turística.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ALEGARÁ Á NOVA LIÑA DE ALTA TENSIÓN A ESTRADAPAIZÁS E INFORMARÁ AOS VECIÑOS DAS PARROQUIAS AFECTADAS

 A administración municipal contrata á empresa especializada Tysgal
para que elabore un informe sobre a afección do proxecto e curse as
alegacións pertinentes.
 Fará extensiva, de xeito gratuíto, esta orientación aos veciños e
asociacións que desexen participar nun proceso que rematará o 10 de
outubro

Aberto o prazo de consulta do estudo de impacto
ambiental e a petición de autorización administrativa para a Liña de Alta Tensión (LAT)
promovida por Unión Fenosa Distribución entre A Estrada e Paizás (no veciño municipio
de Silleda), o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, confirmou que o Concello ten
contratado xa unha empresa especializada que oriente á administración local nas
alegacións que ten previsto presentar e que tamén poida servir de axuda aos veciños
interesados para a canalización dos seus recursos.
Entendendo que as infraestruturas eléctricas son necesarias para garantir unha correcta
subministración, o rexedor defendeu que o Concello da Estrada busca neste trámite
velar para que “que se fagan as cousas da mellor maneira posible e cumprindo coas
garantías no que ten que ver co impacto ambiental e o respecto á propiedade e á vida
dos veciños”.
Adiantando xa que o Concello participará nesta fase de alegacións, o rexedor detallou
que a administración estradense contactou coa empresa Tysgal, firma coa que o
Concello ten xa unha importante experiencia derivada dos procesos de alegación a
proxectos de instalación de parques eólicos no municipio.
Louzao lembrou que o prazo para alegar remata o 10 de outubro, de xeito que hai aínda
marxe para que esta empresa especializada lle faga chegar ao Concello o informe
solicitado sobre as afeccións a o territorio estradense desta liña e sobre as posibles vías
de alegación. O alcalde sinalou tamén que a empresa proporcionará orientación e
modelos de alegación ás asociacións e veciños que queiran alegar, de xeito gratuíto.
O mandatario apuntou que, una vez que estean elaboradas as alegacións, o Concello
convocará reunións nas parroquias afectadas, ás que asistirán tamén os técnicos de
Tysgal. Nestes encontros, que previsiblemente serán na vindeira semana ou na seguinte,
ofrecerase á cidadanía toda a información dispoñible e a posibilidade de realizar
alegacións.
O proxecto non é novo, senón que vén de retomarse. Na documentación publicada ata
o de agora recóllese que a empresa busca mellorar a calidade de servizo na comarca e
garantir a calidade da subministración ante eventualidades, estimando a necesidade de
executar unha liña eléctrica de conexión entre a subestación da Estrada e a de Paizás.
O trazado tería tramos subterráneos e aéreos. A liña transcorrería por 14 parroquias,
das cales 12 pertencen ao municipio estradense e 2 ao de Silleda

Publicado en Portada | Deja un comentario

María José Gómez salienta Galicia como potencia do sector da mazá para sidra, que este ano adianta a súa campaña de colleita

Gómez sinalou que a comunidade conta cunhas 400 hectáreas certificadas para a produción ecolóxica de mazá de sidra, das cales 120 están localizadas neste municipio pontevedrés

Puxo tamén en valor o papel das persoas produtoras de sidra, cuxa aposta, asegurou, contribúe á gran calidade que caracteriza ás producións desta localidade, na que cada ano se recollen uns 1,5 millóns de quilos de mazá

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, salientou hoxe Galicia como toda unha potencia no sector da mazá de sidra, consolidada como unhas principais rexións produtoras de España. Destacouno na súa visita ás cooperativas Ullama e Maestra, situadas no concello pontevedrés da Estrada, nas que acaban de comezar os labores de colleita antes do habitual debido ás condicións climatolóxicas do verán. 

Seguindo esta liña, Gómez sinalou que a comunidade conta cunhas 400 hectáreas certificadas para mazá de sidra (das cales 120 están localizadas neste municipio da Estrada), cuxa produción acadou no ano 2025 un valor económico de 2,2 millóns de euros.

A titular de Medio Rural puxo tamén en valor o papel das persoas produtoras de sidra, cuxa aposta, asegurou, contribúe á gran calidade que caracteriza ás producións desta localidade, na que cada ano se recollen uns 1,5 millóns de quilos de mazá que acadan un valor económico estimado de preto de 700.000 euros. Así, A Estrada é, de feito, o territorio europeo con máis superficie certificada en ecolóxico e é a principal produtora de sidra do continente.  

Neste contexto cómpre sinalar a importancia da calidade diferenciada na nosa comunidade e fixo referencia ao selo Artesanía Alimentaria, co que se procura enxalzar as producións agroalimentarias que se elaboran de xeito artesán, e que ademais favorecen a creación de valor engadido. De feito, as dúas sidras producidas na Estada, Rabiosa e Peroja, comercialízanse baixo este distintivo.

Asegurou que por parte do Goberno galego seguirá a traballarse nesta liña, apostando pola produción agroalimentaria ampla e diversa que caracteriza ao sector primario galego, ao tempo que se aposta pola transformación para que o valor engadido xerado quede no territorio.

Publicado en Portada | Deja un comentario

AS PISCINAS MUNICIPAIS PECHAN A TEMPADA CON 4.675 ENTRADASVENDIDAS, QUE SE SUMAN AOS 8.400 ACCESOS DO CAMPUS DEPORTIVO

 Xullo foi o mes da tempada con maior afluencia, cun total de 2.403
accesos vendidos.
 En agosto pasaron pola billeteira destas instalacións municipais 1.522
persoas. Do 23 ao 30 de xuño foron 384 accesos e do 1 ao 6 de setembro,
outros 366.
 A xornada de maior afluencia, sen contar os usuarios matutinos, foi a
do 28 de xullo: 265 entradas.

Con todo preparado para o arranque do curso
escolar xa este mércores, o Concello da Estrada vén de pechar a tempada de baño nas
piscinas municipais. Faino cun moi bo dato de afluencia, totalizado en 4.675 usuarios
que compraron a súa entrada nos dous meses e medio de funcionamento destas
instalacións deportivas e recreativas. Concretamente, este ano as piscinas estiveron
abertas á cidadanía entre o 23 de xuño e o 6 de setembro.
A cifra facilitada corresponde co número de bañistas que acoden ás piscinas en horario
de tarde (o de apertura xeral) ou nas fins de semana. Dito doutro xeito: 4.675 foron as
persoas que pagaron a súa entrada, pero non foron a totalidade de usuarios que teñen,
en realidade, estas instalacións.
E é que hai que ter en conta que de martes a venres (os luns prodúcese o peche técnico
por mantemento) estas dependencias municipais recibiron aos nenos e nenas do
Campus Deportivo de Verán, un programa que este ano superou as súas propias marcas
de asistencia. Isto supón máis de 300 bañistas cada mañá do mes de xullo e arredor de
150 usuarios matutinos cada día de agosto. Polo tanto, estes accesos sumarían máis de
8.400 usuarios ao montante total.
Atendendo ás entradas que se expediron dende as billeteiras da piscina municipal, o
57,4% corresponden a adultos. Xullo foi o mes da tempada con maior afluencia, cun
total de 2.403 accesos vendidos. Os días de apertura de xuño (do 23 ao 3) supuxeron
384 entradas, fronte as 366 vendidas do 1 ao 6 de setembro. 

O día de maior afluencia corresponde tamén ao mes de xullo, concretamente ao martes
28. Esa tarde vendéronse 265 entradas, por diante das 239 e 236 vendidas os días 2 e 5
de xullo, respectivamente. En agosto, a maior concorrencia coincidiu tamén en martes:
o 18 de agosto, con 224 usuarios de tarde.
En xuño o día con máis accesos foi do propio día de apertura, o 23, con 158 entradas
vendidas, mentres que en setembro o mellor foi o día 3 (127 entradas).
O baño nas piscinas municipais combinouse co da praia fluvial de Porta Pousada, en
Liñares. Neste caso o Concello non ten contabilizados os accesos, xa que usuarios entran
sen abonar acceso.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO ABRE O LUNS A INSCRICIÓN PARA A TERCEIRA QUENDADA ACTIVIDADE DE PISCINA PARA MAIORES

 O criterio de selección das persoas participantes será establecido
segundo o número de rexistro de entrada das solicitudes.

O Concello da Estrada, a través do Departamento
de Servizos Sociais, abre o prazo de inscrición para participar na terceira quenda de 2026
da actividade de piscina para maiores.
As persoas interesadas poderán presentar a súa solicitude do 7 ao 15 de setembro de
2026, ambos os días incluídos. Para participar é necesario estar empadroado/a no
Concello da Estrada e ter máis de 50 anos.
O criterio de selección das persoas participantes será establecido segundo o número de
rexistro de entrada das solicitudes.
As solicitudes deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais, en horario de
09.00 a 14.00 horas, ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada.
A actividade desenvolverase do 2 de outubro ao 30 de decembro de 2026, con seis
grupos e os seguintes horarios:
• Luns, de 09.15 a 10.00 horas.
• Luns, de 16.30 a 17.15 horas.
• Luns, de 19.30 a 20.15 horas.
• Mércores, de 09.15 a 10.00 horas.
• Venres, de 09.00 a 09.45 horas.
• Venres, de 09.45 a 10.30 horas.
Cada sesión contará cun mínimo de 7 e un máximo de 12 alumnos/as e as solicitudes
están dispoñibles na páxina web do Concello.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A ESTRADA ACOLLERÁ DO 10 AO 13 DE SETEMBRO UNHA NOVAEDICIÓN DO FESTIVAL GASTRONÓMICO “THE BURGUER TOP”

 Contará coa participación de “food trucks” procedentes de distintos
puntos de país, cada unha delas para ofrecer tres receitas innovadoras
de hamburguesas gourmet.
 O evento celebrarase na Praza da Constitución.

A Praza da Constitución da Estrada acollerá a
vindeira semana unha nova edición (a segunda que se celebra no municipio) do festival
gastronómico The Burguer Top. Será entre o xoves 10 e o domingo 13, coa participación
de food trucks de distintos puntos do país.
O concelleiro estradense de Promoción Económica explicou hoxe que o Concello
autorizou a celebración deste festival na Praza da Constitución, confiando en que se
converta nun atractivo que axude á dinamización na recta final da tempada estival.
Indicou que The Burguer Top preséntase como unha celebración do sabor, a innovación
e a cultura street food, pensada para reunir a familias, amigos e amantes das
hamburguesas en xeral.
Segundo se detallou dende a organización, os horarios irán variando en función das
xornadas. O xoves poderán degustarse as hamburguesas entre as 20.00 e as 23.00 horas;
o venres e o sábado será de 20.00 ata a medianoite e o domingo o horario de
degustación será tamén matutino: de 13.00 a 16.00 e de 20.00 a 23.00.
Cada food truck participante (o número total concretarase nos próximos días) ofrecerá
tres variedades de hamburguesa gourmet. Terán que ter alternativas a prezos de 12 e
15 euros, deixando a elección da terceira a xuízo de cada restaurador.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CONCELLO DA ESTRADA ANTICÍPASE E ACTIVA OS PREPARATIVOSPARA PROCURAR UNHA CAMPAÑA DE NADAL “POTENTE”

 O municipio estradense vén constatando o tirón turístico e económico
destas festas e buscará aproveitar as sinerxías entre distintos
departamentos e entidades.
 Ornamentación e dinamización serán clave á hora de deseñar o
programa.
 A vindeira semana arrancará con reunións con diferentes expertos en
decoración e iluminación.

Cos termómetros chegando aínda aos 30 graos, no
Concello da Estrada xa se fala de Nadal. “Temos que adiantarnos se queremos ter un
Nadal potente”, resumiu o concelleiro de Promoción Económica, Óscar Durán, que puxo
o acento en o estradense non é un municipio alleo ao tirón turístico e económico que
teñen estas festas tan sinaladas do ano.
“Se queremos un Nadal potente, como o destes últimos anos, con unha decoración á
altura da cantidade de xente que nos visita por estas datas; cunha boa iluminación e cun
programa de actividades que contribúa, non só a goce destas xornadas tan especiais,
senón tamén á dinamización económica e comercial, temos que comezar a traballar
dende xa”, considerou Durán.
O concelleiro explicou que a vindeira semana arrancará xa con reunións con empresas
dedicadas á iluminación festiva e con profesionais do ámbito da decoración, citas que
terán que acompañarse con sesións de traballo co departamento de Cultura e tamén
cos representantes do comercio de proximidade do municipio, buscando configurar
todo un paquete para aproveitar o empuxe dunhas festas que cada ano parecen
adiantarse máis no calendario.
“Temos que empezar a valorar as distintas opcións dende o punto de vista ornamental
para vivir un bo Nadal nas rúas da Estrada, pero tamén analizar como podemos
aproveitar sinerxías entre distintos departamentos e entidades co obxectivo de que os
estradenses teñan a mellor oferta festiva e cultural e un sólido atractivo para que se faga
no municipio o consumo propio destas datas”, apuntou Óscar Durán.
Con moitas ideas sobre a mesa pero sen querer aínda avanzar ningunha, nestas
primeiras reunións comezará a perfilarse xa como será a aposta decorativa do Nadal
2026, para a que Durán anticipou que se agardan cambios.
Tamén se afinarán detalles como a data na que se pensa facer o acendido da iluminación
ou que tipo de motivos poderían elixirse para a ocasión. Dende o Concello ponse o
acento en que hai dúas apostas que se manterán seguro: a potenciación da Cabalgata
de Reis, sen dúbida un dos días máis concorridos do ano na capital estradense, e a que
Papá Noel preside na tarde do 24 de decembro, unha cita que gaña participantes e
realce en cada edición.
Nos últimos anos o Concello da Estrada sumou á súa programación de Nadal un acto de
acendido, ao que se lle vén aportando unha vertente social e más emotiva. En 2025
incorporouse a esta cita un carácter solidario, promovendo unha colaboración a prol da
asociación Asanog.
No último Nadal foron un total de 116 arcos luminosos os que se instalaron nas
diferentes rúas e aos que se sumaron outros 302 elementos de iluminación. Moitos
deles foron colocados en puntos como a Praza da Constitución, a Praza de Galicia, a
Porta do Sol, Praza da Inmaculada, Praza da Feira ou Praza do Mercado, entre outros.

Publicado en Portada | Deja un comentario