Non é ouro todo o que reloce no transporte público da Estrada

Queremos recordarlle ao alcalde que hai veciños e veciñas do rural que viron como se incrementaron os billetes nun 50% desde a inclusión da Estrada no transporte metropolitano, así como a supresión de diversos tramos horarios
 
 
 
Desde o BNG pedímoslle ao alcalde da Estrada menos triunfalismo a respecto do transporte público. 

 
Se ben é certo que para unha parte importante dos veciños e veciñas a entrada do concello na área de transporte metropolitano de Santiago trouxo unha rebaixa importante no prezo do billete, non é ouro todo o que reloce, como xa temos manifestado no seu día. Aos veciños e veciñas de Vea, así como de Arnois, non lles sae tan a prezo a a nova tarifa metropolitana, con incrementos que van desde o 30 ao 50% a respecto do que pagaban antes, feito que denunciamos xa aló polo 2015.
 
Pero por se isto fora pouco tamén houbo supresión de diversos tramos horarios, afectando non só á Estrada, senón tamén a Cuntis e Moraña, reducindo as posibilidades de desprazamento desde estes concellos á capital galega e viceversa.
 
Polo tanto é falso o que afirma o alcalde de que lle «deron resposta ás demandas» veciñais. Reiterar que foi o BNG o que denunciou o incremento das tarifas para unha parte dos usuarios do transporte metropolitano e desde o goberno municipal nada se fixo desde entón.
 
Este pasotismo do PP terá consecuencias, porque se xa houbo unha redución de viaxeiros desde o incremento de prezo do billete en 2015, a supresión dalgúns tramos horarios tamén tivo unha repercusión negativa, o que redundará no futuro coa eliminación de liñas de transporte público, escusándose en que non son rendíbeis. Como van ser rendíbeis se desde a Xunta fan que non o sexan e desde o goberno municipal pasan de todo?
 
Finalmente queremos recordarlle ao PP, que o transporte público no rural é fundamental, porque para moitos veciños e veciñas é a única alternativa que teñen para desprazarse. Se queremos vertebrar un territorio como o noso co 50% da poboación no rural é fundamental contar con transporte público, como se fai en todos os países europeos; o que pon de manifesto as declaracións do alcalde é que a política do PP para o rural pasa por que a xente se vaia vivir aos grandes núcleos de poboación, que se pon de manifesto non só na política de transporte público, senón tamén no PXOM, na política agraria, etc.
   

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

FEIRA DO LIBRO 2017

📚 *FEIRA DO LIBRO 2017* 👏👏
☂ *CAMBIO DE DATA*

Por mor do tempo (🌧🌧) a programación da Feira do Libro da Estrada será este vindeiro *sábado e domingo 5 e 6 de maio*.
Para que esteades ao tanto, esta é a programación que vos espera.

            🕰 *PROGRAMA* 🕰

👉      *Sábado 6 de maio*
🕘 *11:00 h*.- Solta de libros «bookcrossing» na Praza do Mercado da man do club de lectura «Lendo A Estrada»
🕘 *12:30 h*.- «O meu avó é mago» Cía Mundo Mandarina Teatro Infantil no Teatro Principal da Estrada
🕘 *17:30 h*.- Actuación do mimo Nono co espectáculo «o mundo de Nono»
🕘 *18:00 h*.- Obradoiros de ilustración creativa e de accesorios de conto
🕘 *18:30 h*.- Presentación do libro «Caer de cu polo universo» de Estívaliz Espinosa e Lucía Cobo
🕘 *19:30 h*.- Cocer e cantar de Títeres Viravolta

👉      *Domingo 7 de maio*
🕘 *17:00 h*.- Actuación das escolas de Tequexetéldere
🕘 *17:30 h*.- Obradoiros de chapas do mundo da lectura e de marcapáxinas de goma eva
🕘 *18:00 h*.- Cé Orquestra Pantasma en concerto

– Todo presentado por *Pablo Chichas*

Ademais contaremos con Photo Call para que deixedes pegada do voso paso pola feira e, para as primeiras 300 compras, un litro de leite da Estrada ademais doutros descontos na merca de libros.

Coa participación das librarías
👉 *MARXE*
👉 *DURÁN*
👉 *FARO*

Coa colaboración de:
*Cruz Vermella da Estrada*
*Club de Lectura da Estrada*

Publicado en Portada | Deja un comentario

O TSXG falla a favor dos intereses do Concello de A Estrada sobre o PXOM

 

O Tribunal Supremo de Xusticia de  Galicia acaba de dar a razón o Concello de A Estrada , resolvendo favorablemente os tres procesos que poñian o plan en risco.

O Tribunal valida o proceso de de exposición pública de dito documento, como a súa aprobación definitiva.

O Tribunal Galego respalda tamen asi o estudio económico e ambiental do documento urbanístico.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Presentación Concerto Guateque de Primavera

 

Esta mañá presentabase no Concello de A Estrada o Concerto de Guateque Primaveral que terá lugar o vindeiro 5 de Maio no Teatro Principal as 21.00 h , actuarán as Bandas Os fabulosos Weekend e The Funkles.

Aqueles valentes que decidan levar a primaveira como vestimenta, unha flor na cabeza e etc, serán agraciados ca súa entrada, senon o coste dela e de 2 euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Cereixo brinda con éxito ó San Xorxe

 

Cereixo recupera con éxito a súa festa, cun gran numero de actuación e afluencia de público gracias o seu promotor Gonzalo Louzao Dono en colaboración coa súa parroquia.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O CEIP Foxo celebra o día do Libro

O CEIP Foxo celebra diversas actividades para festexar o día do libro.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Callobre acollerá esta fin de semana música e teatro

 

 

Este próximo Domingo 23 de Abril A Estrada estará repleta de música e teatro, dende a mañá poderemos disfrutar con obras de teatro no Teatro Principal da Estrada, logo pasarán a facer máis teatro polos escearios do rural pasará un Roteiro tamen por Callobre contemplando así a súa Carballeira tan antiga.

Publicado en Portada | Deja un comentario