200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL

Dende o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural de A Estrada informamos que a Deputación de Pontevedra acaba de publicar a CONVOCATORIA DE 200 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN E OS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA, ANO 2017, destinadas a persoas con títulos universitarios ou ciclos formativos de grao superior de formación profesional, segundo os casos, sen experiencia laboral previa no ámbito da súa titulación académica, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ao mercado laboral.

 

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOPPO (BOP nº 50, do luns 13 de marzo de 2017).

 

As titulacións correspondentes ao Concello da Estrada son as seguintes:

– Diplomatura ou grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais e RRHH

– Licenciatura/grao en Económicas

– Licenciatura/grao en Xornalismo

–Ciclo Superior en Educación e Control Ambiental

 

Calquera  información e orientación necesaria para aquelas persoas interesadas no procedemento será proporcionada polo Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada, sita na avda. Benito Vigo nº 94, 2º andar (tlfno: 986 57 09 97, mail: aedlestrada@gmail.com).

Publicado en Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere prepara o seu decimoterceiro Concurso Baile Tradicional

 

 

A Estrada acollera o vindeiro día 2 de Abril a decimoterceira edición do Concurso Baile Tradicional Galego organizado pola nosa formación Estradense Tequexetéldere.

O prazo para presentación o concurso finalizará o próximo 26 de Marzo, as inscripcións realizaranse exclusivamente dende a web www.tequexeteldere.gal , no seu apartado correspondente CONCURSOS.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O rural da Estrada non é de segunda, tamén quere fibra óptica

Instamos ao goberno municipal a traballar para evitar a fenda dixital entres os veciños e veciñas da vila e os do rural estradense

 

O despregue de fibra óptica na vila e no polígono de Toedo, a aparte de ser unha boa nova para os veciños e veciñas, así como empresas, que poidan desfrutar deste servizo, deixará á metade da Estrada fóra desta cobertura de alta capacidade. Iso é o que se reflicte da noticia que recollen hoxe diversos medios de comunicación local.

Desde o BNG instamos ao goberno municipal a traballar para que ese despregue de fibra óptica tamén se faga no rural, porque o rural existe e nel no só viven veciños e veciñas que pagan impostos e que teñen os mesmos dereitos e necesidades que os que viven na vila, tamén hai empresas, grandes e pequenas, que necesitan unha internet de calidade e de boas prestacións, imprescindíbel hoxe en día para o desenvolvemento do seu traballo e para todo tipo de trámites burocráticos e comerciais, e máis no contexto da industria 4.0.

Sabemos das dificultades que entraña despregar a rede de fibra óptica nun concello extenso e eminentemente rural, que conta con máis da metade dos seus veciños e veciñas asentados neste medio, pero as operadoras de telefonía reciben importantes subvencións públicas anunciadas reiteradamente polo presidente de Xunta para o despregamento da banda ampla na Galiza, e sería unha grave discriminación deixar a máis da metade dos veciños e veciñas da Estrada fóra desta cobertura.

O rural non é de segunda. Sabemos do escaso interese do PP polo rural, as políticas, non só concello, senón da Xunta, así o demostran. Desde o BNG non é a primeira vez que facemos propostas para revitalizar o noso rural, atendendo as demandas dos sectores produtivos. Se queremos un rural con futuro, a fibra óptica é tan necesaria como a luz eléctrica, e a ninguén se lle ocorrería hoxe en día deixar á metade da poboación sen luz.

Neste sentido, desde o BNG anunciamos que nos próximos días presentaremos unha moción para instar ás empresas a despregar a fibra óptica no rural do noso concello ou, cando menos, a garantir un acceso a internet nas mesmas condicións que desfrutarán os veciños e veciñas das Estrada e evitar asía fenda dixital entre os veciños que viven na vila e os que viven no rural.

—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG rexistra unha moción para municipalizar o mantemento completo do ciclo da auga

Os seres humanos necesitamos auga para vivir, pero tamén é un elemento esencial par o desenvolvemento de moitas empresas e negocios. É importante facer un uso intelixente e sostíbel deste prezado recurso que nos prové a natureza, devolvéndollo nas mesmas condicións de salubridade en que o recollemos. Isto é o que se vén en chamar, ciclo da agua.

En primeiro lugar temos que asegurar que a auga empregada para o consumo humano estea en perfectas condicións, pero tamén que os veciños e veciñas dispoñan deste recurso sen interrupcións e nas mellores condicións, cousa que non se cumpre na Estrada, afectada desde hai meses de cortes periódicos no seu subministro.

E en segundo lugar, as augas despois de ser utilizadas polos veciños e veciñas, así como polas empresas e negocios, ten que volver ao medio acuático, logo de sufrir un proceso de depuración que garanta unhas condicións óptimas que non alteren o ciclo natural da auga, cousa que tampouco se dá no noso concello, cuxa estación depuradora de augas residuais (EDAR), que só cobre o saneamento da vila e dunha pequena parte do noso extenso rural, verte habitualmente auga contaminada ao Liñares e desde aquí ao Ulla, deixando o resto do rural do noso concello nun limbo onde non existe saneamento de ningún tipo.

Tanto o servizo da traída de auga como o saneamento son, pois, servizos esenciais en calquera sociedade, cuxo desempeño non pode verse alterado en ningún momento, xa que isto afecta á saúde e á vida das persoas.

A Estrada conta cunha Estación Depuradora de Augas Residuais desde o ano 2006 que dá servizo á vila e ás estacións de bombeo de Figueiroa, Matalobos, Guimarei e Lagartóns. O servizo de mantemento da EDAR, así como das estacións de bombeo, adxudicouse tamén no mesmo ano á empresa Aquagest, agora Viaqua, por 359.911,60 € por dous anos, cuxa duración do contrato estaba prevista para dous anos prorrogábeis por outros catro, período legal xa  amplamente superado.

A misión desta nova EDAR tiña que ser a de mellorar o funcionamento defectuoso das anteriores; é dicir, depurar as augas residuais de xeito que se reducira a contaminación e devolvelas aos ríos en condicións de calidade óptimas para garantir o bo estado dos ecosistemas fluviais e permitir a súa reutilización. Para garantir esta calidade da auga depurada é preciso que todas as etapas do proceso do tratamento da auga funcione de xeito correcto, deste o tamizado até descarga do efluente tratado no cauce do río; pero á vista do que acontece coa auga que se verte ao Liñares isto non acontece na EDAR de Aguións, polo que temos que falar dun funcionamento ineficaz desta infraestrutura dada a pésima calidade da auga que dela sae, como se ten demostrado reiteradamente.

Pero os custos do mantemento da EDAR e das estacións de bombeo supoñen unha carga importante para as arcas municipais, que en contrapartida non levan asociada unha mellora na calidade das augas que se verten ao Liñares coa conseguinte perda da calidade medioambiental do ecosistema e da posibilidade de desfrutar todos os veciños e veciñas dun entorno saudábel; ademais temos que engadir que ao estar privatizado o servizo de mantemento da EDAR atopámonos ante unha perda do control público do ciclo da auga, que, como vimos, é esencial para a saúde de todos e todas.

Como estamos vendo na Estrada, a privatización dos servizos públicos implica diminuír a calidade do servizo, pero tamén reducindo o emprego de calidade. A empresa privada en xeral pretende o máximo beneficio co mínimo custe, a conta de rebaixar a calidade do servizo con redución do persoal, baixos salarios, contratos temporais e precariedade laboral dos seus traballadores e traballadoras.

Neste sentido o BNG propón na moción os seguintes acordos ao pleno da corporación municipal:

  • Elaboración dun plan de saneamento integral da totalidade do concello, estudando os sistemas de depuración dispoñíbeis máis eficientes e de menor custe para as condicións do noso concello.
  • Facer un estudo de custes do mantemento do ciclo da auga (subministro e saneamento), cuxa conclusión ten que estar rematada en seis meses.
  • Estabelecer unha calendario realista para dotar a todo os núcleos do rural do servizo de saneamento.
  • Asunción por parte do Concello do mantemento da Depuradora de Augas Residuais de Aguións (EDAR), así como dos bombeos de Figueiroa, Matalobos, Guimarei e Lagartóns.
  • Creación dunha brigada do ciclo da auga, incluíndo o actual persoal do servizo da auga e sumidoiros do concello, que asuman as labores de mantemento e control de todo o ciclo.
—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Inaguración Feira Oportunidades, Cousas Curiosas e Automoción 2017

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O vindeiro 18 de Marzo chega A Estrada Gaudi Galego

Antes de nada, agradecervos a vosa presenza aquí na presentación de un dos eventos da programación que máis ilusión nos fai poder traer ao Principal, nunha primavera chea de eventos importantes.A importancia e calidade dos eventos estase demostrando pola grande aceptación que están a recibir os espectáculos programados. Non hai que fixarse máis que nos dous cheos do espectáculo de hoxe de Carlos Blanco ou na grande aceptación que vai ter a actuación de SINERXÍA mañá á noitiña.Pero o que hoxe nos ocupa é presentar o concerto que o vindeiro sábado 18 ofrecerá GUADI GALEGO no Teatro Principal, un concerto que forma parte da xira de presentación do seu terceiro traballo en solitario: O MUNDO ESTÁ PARADO e que está a levar a Guadi polas principais cidades e vilas de Galicia e polas grandes capitais do estado.Quero agradecer o alto que fixo hoxe no camiño para asistir a esta Rolda de Prensa; e desexarlle que este concerto da Estrada sexa un dos mellores da xira.Xa tivemos a sorte de tela no Teatro con propostas como a de ACADACANTO que tanto nos gustou a todos, e tamén nun momento moi emotivo para nós como foi a inauguración da Casa das Letras; así que estou seguro que todos os veciños se achegarán a disfrutar dun dos mellores concertos da tempada musical.GUADI, moita sorte, moitos éxitos e dicirche que estamos encantados con acollerte nesta vila. O mundo está parado, expectante e desexando escoitar este teu novo traballo.Lembrarlles aos veciños que as entradas estarán á venda no Departamento de Cultura en horario de nove a dúas ata o vindeiro venres, e que se venderán a un prezo de 5,00 euros.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Actividades Concello de A Estrada

*ENTREGA DO PREMIO HONORÍFICO Ó LABOR DAS MULLERES* que este ano recae en Sofía Mosteiro, o venres ás 20.00 h no MOME

*MONÓLOGO DE CARLOS BLANCO* o venres no Teatro Principal ás 21.00 h e ás 23.00 h. _entradas esgotadas para o primeiro pase, aínda quedan algunhas para o das 23.00h, de venda no Dep. de Cultura_

*NOITES DE RAÍZ* Volve a música tradicional ao Teleclub de Callobre o sábado ás 21:30 h

*SINERXIA EN CONCERTO* no Teatro Principal o sábado ás 21:30 h. _entradas á venda no Dep de Cultura_

*PUBLICADAS AS BASES DO PREMIO GARCÍA BARROS DE NOVELA*

*TECER VERSOS E GRILANDAS* Obradoiro de introdución á escrita creativa do 18 de marzo ao 17 de xuño na Casa das Letras, máis info no whatsapp 654 95 59 10.

*DE PONTEVEDRA A RÍO* Exposición de deportistas olímpicos e paraolímpicos que foron aos XXOO de Río na Casa das Letras

*SALÓN DO VEHÍCULO DE OCASIÓN* esta fin de semana no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada.

*FEIRA DE ANTIGÜIDADES* esta fin de semana no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada.

*FEIRA DE OPORTUNIDADES DO COMERCIO* esta fin de semana no Pazo de Exposicións e Congresos da Estrada.

*CONCERTO DE GUADI GALEGO* a vindeira semana. Apurade que a venda de entradas marcha a bo ritmo. Despois non digas que quedaches sen elas

*CINE* para completar a oferta cultural, isto é o que nos ofrecen dende Minicines Central
_Como Reinas._
_Batman Lego, La Película._
_Logan._

*FARMACIAS DE GARDA* https://goo.gl/XNMFTF , _mellórate_

Publicado en Portada | Deja un comentario