Esgotadas as entradas para o monólogo «Manolo Lojo»
Comenza a vendas de entradas para «EROSKI PARAÍSO»
Como outras pezas de Chévere, Eroski Paraíso é o resultado dun proceso de procura de varios meses que logo se concreta no local de ensaio. Nesta ocasión fíxose un traballo de documentación previo sobre a sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990. Alí coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Ela tiña 19 anos, el 25. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra (Álex) naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Logo emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración. Eroski Paraíso é o título que lle puxo á súa película. E esta obra é un convite para asistir a unha das sesións de rodaxe.
A obra conta con sobretítulos proxectados que están adaptados para persoas xordas ou con problemas de audición.
Aviso Antroido Concello A Estrada
💢💢💢 *AVISO ANTROIDO 🎭*
👉 O desfile e Concurso de disfraces de hoxe luns 27 de febreiro, aprázanse para o vindeiro 18 de marzo ás 17:00 polas inclemencias meteorolóxicas.
👉 O desfile tradicional das parroquias e os atranques dos Xenerais de Cora programados para o martes 28 de febreiro terán como nova data o domingo día 19 de marzo.
Suspensión do Lúns Entroido no Concello de A Estrada
Éste Lúns 27 de Febreiro, o desfile do Entroido do Concello de A Estrada queda aplazado para o vindeiro 18 de Marzo.






































