Actividades Culturáis do Concello de A Estrada

🏅 *ENTREGA DO PREMIO GARCÍA BARROS* a Miguel Sande o venres no Teatro Principal ás 20h e coa actuación de Najla Shami acompañada por Héctor Lorenzo.

📝 *RECITAL DE POESÍA* con Aldao&Lado o venres ás 21h no Bar O Bodegón da man da ONG _Implicadas no Desenvolvemento_.

🎼 *FESTIVAL DE NADAL DE CORAIS* o sábado ás 18h na Igrexa de Berres.

😂 *TELECLUB DA COMEDIA* o sábado ás 20h no local social de Guimarei co Mago Toño e Manolo do Atlético.

🎼 *CONCERTO DE FIN DE ANO* o sábado ás 21h no Teatro Principal.

🐺 *COPA DE ESPAÑA DE MUSHING* o domingo ás 10:30h na Praia Fluvial

🎁 *FESTIVAL SOLIDARIO SONDODANCE* a favor de Cáritas Parroquial o domingo ás 16h no Coto Ferreiro

😲 *ENCONTRO DE COROS PARROQUIAIS* o domingo ás 18h na Igrexa Parroquial da Estrada

👻 *FESTIVAL DE CINE DE TERROR PANIC*. Queremos que sexades os/as primeiros/as en enterarvos, será do 13 de xaneiro ao 3 de febreiro, moi pronto máis info. https://goo.gl/j8J8K3

📽 *CINE* para completar a oferta cultural, isto é o que nos ofrecen dende Minicines Central 🍿😄
👉 _Historia de una pasión_
👉 _Axel_
👉  _Rogue One - Una historia de Star Wars_ este xoves estrea mundial, e na Estrada tamén!!! 😉👍
Publicado en Portada | Deja un comentario

Festival de Cine de Terror PANIC

Estamos a presentar a cuarta edición do Festival de Cine de Terror PANIC, un festival organizado polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada, en colaboración con Pedro Pérez, no que tamén colabora o Servizo de Prevención de Trastornos Adictivos da Concellería de Sanidade do concello, a Asociación de Comerciantes da Estrada, Minicines Central e os distintos IES estradenses.Este é un festival dirixido á xente máis nova, que busca incentivar a súa participación coa programación de charlas motivacionais, distintos concursos e outras actividades relacionadas co ámbito das artes escénicas.A diferenza de anteriores edicións, este ano non haberá actividades de rúa, as inclemencias meteorolóxicas de anos anteriores, leváronnos a centrar os nosos esforzos na programación doutras actividades de interior, pero non descartamos no sucesivo insistir neste apartado.Se vos parece ben, paso a falarvos das distintas seccións do festival:

1-CERTAME DE CURTAMETRAXES E CONCURSO DE «MOBILSUSTOS»Seguindo o ritual de pasadas edicións, haberá un certame de curtas de terror onde participará todo aquel que queira facer a súa propia proposta cinematográfica. Poderanse ver en Minicines Central, antes do pase das películas, e deberanse facer chegar ao Departamento de Cultura do Concello ou á conserxería dos IES estradenses. Calquera dúbida poderá ser consultada no enderezo de correo: panicaestrada@gmail.comComo proposta novidosa, contamos este ano cunha convocatoria chamada «Mobilsustos» na que os rapaces, deberán darlle un susto a alguén ou provocar algunha escena de medo que quede rexistrada no seu móbil. Nesta actividade colabora ACOE, premiando aos gañadores do concurso con 150,00€ pagadeiros en vales de compra, a gastar nas distintas tendas asociadas da Estrada.

2-CHARLASOs días 20 e 21 de decembro, nos IES estradenses, Pedro Pérez, habitual colaborador deste certame, dará unha charla sobre «A CENSURA NO CINE» dirixida a alumnado de BACH e 4º ESO.Xa o día 13 de xaneiro, ás oito e media da tarde, está programada unha charla teatralizada sobre a realización da primeira película gore galega titulada «A MATANZA CANÍBAL», á que asistirán os seus actores Manuel Manquiña e Juan Esteban, e o director Ricardo Llovo. Tamén colaborará o actor Fran Campos.

3-PROGRAMA DE CINEO prato forte do festival serán os pases das películas que, ao igual que o ano pasado, estarán ubicados en Minicines Central. Coma novidade, este ano haberá unha maratón de terror o 13 de xaneiro composta por catro películas que comezará ás 12 da noite e se prolongará ata as 8 da mañá. A maratón estará precedida por unhas palabras de apertura do festival a cargo de MANUEL MANQUIÑA e polo pase da curta de Abel Carbajal: «La araña inmóvil» O título das películas do maratón son os que seguen:Piraña 3 DD (2.00h), Noche de miedo (4.00h), Al interior (6.00h),Amanecer de los muertos (8.00h)Seguindo coa programación de películas, a do venres día 20, leva o título «Nunca apagues la luz» e vai precedida, tamén, polo pase da curta «Penitencia» do director estradense: Jorge Castro. A do día 27 titúlase «Las últimas supervivientes».O día 2 de febreiro xoves, aproveitaremos o pase da película «A matanza caníbal» para entregar os Premios do concurso Mobilsustos.E xa para rematar, tamén en Minicines Central, o venres 3 de febreiro, ás 12 da noite, será o actor David Amor o encargado de facer a clausura desta edición do festival e falarnos sobre a curtametraxe de terror «Pani» na que participa xunto a Terele Pávez. Despois do pase desta curtametraxe, proxectaremos a última película do festival: «Train to Busan»

4- PROGRAMA DE ARTES ESCÉNICASDicir tamén, que complementaremos a emisión de películas, coa programación dun espectáculo de contos de medo a cargo da actriz PAULA CARBALLEIRA. Será o día 20 de xaneiro a iso das 20.30h nun espazo «sorpresa». Quedarase coa xente nun lugar da vila para desprazarse cara o sitio onde terá lugar a contada, e que estará ambientado a fin de xerar a atmosfera apropiada para o espectáculo. Para este evento, a xente terá que recoller un pase gratuíto, no Departamento de Cultura.O venres 27 de xaneiro, no Teatro Principal ás 21.00h será a compañía Ghazafellos a que poña en escena a obra «FRANKENSTEIN», unha obra pensada para público familiar e para o que haberá que recoller unha invitación no Departamento de Cultura.Comentarvos, por último, que todas as actividades do festival, agás a obra de FRANKENSTEIN, que terá un prezo de 3.00€, serán de balde. Aínda que nalgunhas, haberá que retirar unha invitación previamente, a efectos de organizarmos o aforo.Nada máis. Animar como sempre á xente a participar, agradecer a colaboración do servizo de Prevención de Drogodependencia da Concellería de Sanidade do Concello, de Minicines Central a través do seu responsable Luis Rivis, da asociación de comerciantes local, e a inestimable axuda de Pedro Pérez, na programación e organización do Festival.Estou convencido, coma di o lema do festival, que a xente pasará un PANIC de medo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

Móvete –movementoveciñalestradense- considera prioritario reparar a rede de saneamento da Estrada.

Móvete –movementoveciñalestradense- considera prioritario reparar a rede de saneamento da Estrada. O Risco medioambiental e para a saúde pública, ademáis do danopaisaxístico, son razóns de peso para erradicar os problemas dos vertidos dunxeito definitivo.

Móvete denuncia unha vez máis o estado da rede de saneamento, en concreto o vertido que se produce na Avenida de Benito Vigo, nasinmediacións da Discoteca Lennon e esixeincluílonaaxenda de prioridades para arranxalodunxeito definitivo.

A voceira, Mar Blanco, reclama aogoberno municipal unhamaiorresponsabilidade para determinar cales son os asuntos prioritarios e seleccionar os que se poden orzamentar a través dos Fondos Edusi. Mar Blanco propón incluir o arranxo do saneamento a través destes fondos, tendo en conta que é un asunto prioritario por razónsmedioambientais e de saúde pública e o Concello non pode demorar máis a erradicación destes vertidos.

No verán do 2015 Móveterexistrabaunha moción para comprometer aoGobernona solución destegrave problema dunxeito definitivo, argumentando odanopaisaxístico que causa, pero sobre todo polo  risco medioambiental e para a saúde pública que conleva un vertido deste tipo,  que pódese filtrar  nasaugas das fontes próximas ou  pode rematar sendoabsorvido polos cultivos das hortasao do gando.

Dendehai un bo número de anos segundo nos informan os veciños da zona, venseproducindona avenida de Benito Vigo, nasinmediacións da Discoteca Lennon pero nabeirarrúa contraria, unhaperda de augasresiduais procedentes do sistema de sumidoiros da vilaestradense. A perda segundo poidemos comprobar, brota xusto a altura dun dos sumidoiros que hainabeirarrúa. Aliescápase un abundante rego de augasresiduais que co paso dos anosdeixaron no lugar unha acumulación das sustancias e detritos que transportan transformadas nun limo viscoso e fedorento que contamina os terreos. Por se isto non fora suficiente, o regueiro de detrito cruza a rúa e continúa espallando a contaminación ata alo menos a parroquia de Guimarei, onde volvimos atopar o regueirounha vez incorporado a un manancialao que lle aporta a súaperigosa carga. Comprobamos de novo no lugar como atravesa o camiño por baixodeixando a ambos lados do mesmo a desagradable imaxe de limos contaminados, augas espumosas e grises e un desagradable fedor.

Móvete sostén que ata o de agora o Goberno Municipal negouse a afrontar este problema, pero que a concesión dos fondos Edusiabreunhaoportuniade para priorizar deficiencias e abordalasxeito definitivo.

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada propón o rescate e a posta en marcha do matadoiro municipal

A iniciativa vai máis alá de abrir un matadoiro, é unha iniciativa para relanzar o rural estradense
 

 Ante a pasividade do goberno municipal do PP, o BNG da Estrada toma a iniciativa e rexistra unha moción para a posta en marcha do matadoiro municipal do concello.

Coa presentación desta iniciativa o BNG da Estrada pretende evitar a desaparición dun servizo necesario para os carniceiros da comarca, mais ao mesmo tempo, o cesamento dunha actividade industrial e a conseguinte perda de postos de traballo, do que precisamente non estamos sobrados no noso concello.

O goberno do PP non só non trata de restablecer o servizo, co conseguinte prexuízo para o sector agro-alimentar local, senón que nin é quen de velar polo patrimonio do concello controlando as instalacións e a maquinaria de propiedade municipal, que requiren labores de mantemento para evitar o seu deterioro.

Neste sentido, a moción insta ao goberno municipal a solicitar do Xulgado a devolución das instalacións do matadoiro, así como da maquinaria que sexa propiedade do concello, xa que os posíbeis embargos sobre Cocarga, a empresa que o xestionaba anteriormente, non poden afectar ás instalacións e maquinaria do Concello, pois esta empresa só era concesionaria dun servizo municipal, sobre o que perde dereito no momento de cesar nas prestacións, permitindo ao concello recuperar a concesión. Ademais o concello é acredor da empresa polas débedas que esta teña contraído polo non pagamento do canon municipal e, mesmo, polos prexuízos ocasionados polo cesamento da actividade sen telo comunicado ou renunciado á concesión, o que en consecuencia lle fai perder os dereitos sobra a mesma.

Posta en marcha

 

O BNG propón dúas opcións para a posta en marcha do matadoiro. A opción doada sería ao réxime de concesión nas mesmas condicións que antes. Mais outra opción máis ambiciosa sería a de facer un estudo de rendibilidade da explotación do Matadoiro que estableza, por unha banda, a estrutura mínima de funcionamento do matadoiro: espazo, maquinaria, persoal e custos. Analizar os ingresos en base a unha actividade normal de matanza para os carniceiros de A Estrada cunha tarifa competitiva. En consecuencia ver o déficit económico da explotación.

Unha marca propia

Tendo en conta que con esta opción non se cubrirían todos os custes, o BNG propón buscar unha actividade complementaría para o matadoiro que reporte os ingresos necesarios para cubrir o déficit, como pode ser a elaboración dun proxecto de explotación municipal ou mixto que, procurando a súa rendibilidade, sexa capaz de dar servizo aos carniceiros a un prezo asumíbel complementado cunha actividade propia que dea saída á produción de carne (vacún, porcino, cabalar, aviar,ovino) comarcal que integre a produción, elaboración e comercialización baixo unha marca que a identifique e sexa garante dun xeito de crianza e manutención tradicional ou de pastoreo ao aire libre, diferenciándose así do produto industrial.

Tamén se pode contemplar a instalación dunha sala de despece e un servizo de matanza a particulares que inclúa a recollida de animais, matanza,  despece e servizo a domicilio.

Con esta moción, o BNG da Estrada vai máis alá de abrir simplemente o matadoiro municipal, xa que con esta iniciativa sería un dos alicerces onde se asentaría o despegue do rural, onde a actividade gandeira sería a clave.

 

 

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

David Amor escala por un día en A Estrada

Informámosvos de que aínda quedan entradas para o espectáculo que David Amor traerá esta tarde ao Teatro Principal ás 21.00h (algo máis de 100). Así que todos os que queiran ir a ver o espectáculo poderán mercar as entradas na billeteira do teatro unha hora antes da función a un prezo de 8,00€.
 
Lembrarvos tamén que hoxe ás 20.00 no Local Social de Lamas, Chelo do Rego e Anabell Gago porán en escena «Xenitais», dentro do ciclo o Teleclub da Comedia.
Publicado en Portada | Deja un comentario

Actividades Culturáis Concello de A Estrada para ésta fin de semana.

📖 PRESENTACIÓN DO LIBRO "ASÍ APRENDERÁN A NON TER IDEAS" de Calros Solla, mañá na Sala Abanca ás 20h

😂 TELECLUB DA COMEDIA mañá no local social de Lamas ás 20 h "XENITAIS" con Chelo do Rego e Anabell Gago. Entrada de balde.

😂 DAVID AMOR & TANINOS MADUROS JAZZ BAND mañá ás 21 h no Teatro Principal. Entradas á venda no Dep. de Cultura.

🎶 NOITES DE RAÍZ. Volven as foliadas a Callobre mañá no teleclub ás 21:30h, música e festa a rachar ata que a música pare e o corpo aguante.

🎸 CONCERTO FURIUS MONKEY HOUSE para todas e todos os jovenzuelos que saibades que esta banda de "monos pequechos" estarán no Teatro Principal o próximo 4 de xaneiro e xa temos as entradas á venda no Dep. de Cultura.

📽 CINE para completar a oferta cultural, isto é o que nos ofrecen dende Minicines Central 🍿😄
👉 _Sicixia_ (supoño que xa seremos cansinos recordando que parte dela foi rodada na Rapa, peroooo...... 😬)
👉 _Vaiana_
👉 _Yo Daniel Blake_
👉 _La llegada_
Publicado en Portada | Deja un comentario

Móvete-Urxe dar respostaás deficiencias nasinstalacións do Centro de Saúde, visto que a construcción do novo centro non está contemplado nos orzamentos da Xunta.

A voceira de Móvete, Mar Blanco Casais,urxeaoGoberno Municipal a tomar en serio as deficiencias no Centro de Saúde da Estrada e retomar a moción aprobada no mes de xullo do ano 2015,onde se aprobaba por unanimidade levar a cabo unha serie de reformas. Nesa moción a Corporación do Concello da Estrada instaba á Xunta de Galicia a subsanar, de xeito inmediato, as importantes deficiencias históricas que presenta o Centro de Saúde da Estrada, de acordoco informe de deficiencias e riscos do centro, así como do xefe de servizo. Atendendo con urxencia as seguintes medidas correctoras:

  • Conexión aoxerador eléctrico de todo o Centro de Saúde.
  • Construcióndunha rampla de acceso áprimeira planta.
  • Reforma do ascensor.
  • Dotar o centro de camillas plegables que permitan o traslado de pacientes entre plantas e entre as distintas estancias do centro.
  • Colocación de pasamáns en ámbolosdou lados.
  • Cambiar as portas do centro para que cumpran coa lei de accesibilidade no referente ao sentido de apertura das mesmas.
  • Canalizar os distintos cableados (luz, teléfono, informática, etc.) evitando a súapresenza en zonas de paso.
  • Protexer o cadro eléctrico do ascensor.
  • Bloquear as portas do montacargas impedindo que se poidan abrir.

 

A maiores do aprobado en dita Moción, Móveteurxe a sinalizacióndunespazo reservado para aparcar as ambulancias en fronteao Centro de Saúde. A falta de sinalizacion e de control sobre o aparcadoiro destinado as ambulancias, está provocando que o persoal das mesmas teña quebaixar e subir aos pacientes e aopersoal sanitario nunhascondiciónsmoi deficitarias, ao estar no medio dunha rúa moi transitada, o quepon en perigo a integridade física de pacientes e persoal sanitario. Nasemerxencias a pronta intervención é fundamental para salvar vidas, e nese sentido que a ambulancia teña un espazo de parada en fronteao centro de saúde é esencial.

Móveteadvirte que a ausencia dunha partida orzamentaria, nos orzamentos da Xunta, específica para o Centro de Saúde da Estrada obriga a emprender senmáis dilación as melloras mencionadas e valoradas en 50.000€, o cal non supón unha traba orzamentaria e daría respospota a unhas deficiencias históricas que son de urxente solución, tal e como apunta o informe de riscos de marzo de 2014, así como en diferentes informes do xefe de servizo do centro de saúde da Estrada.

En canto aos 11 kms que faltan por construir do tramo da AG-59dende a Ramallosa ata a Estrada, observamos nosorzamentos como para o ano 2017 repítese a cuantía deste ano, 500.000€ do que é unha inversión multimillonaria, e aínda que figuran partidas para os vindeiros anos, por parte da Xunta non se atreven ninsequera a dar unha data de finalización.Mar Blanco manifesta que “o previsible é  que a partida prevista para o ano 2017 dea o mesmofroito que deu a do 2016, co cal unha vez máis comprobamos que para o PP esta infraestructura non é unhaprioridade, se non simplemente fume, ao igual que, a xulgar polos orzamentos, pasa co Centro de Saúde.

Publicado en Portada | Deja un comentario