Móvete- advirte da necesidade de seguir a rajatabla o estipulado no Proxectode “Construcción dunha rede de abastecemento en Av. de Vigo e Avda. Benito Vigo” e apunta a posibles deficiencias naexecución.

 

A memoria descritiva do Proxecto da construcción da rede de abastecementonaAvda de Vigo e Benito Vigo, elaborada polo propio departamento de urbanismo do Concello da Estrada, recolleunha serie de condicións que deberán ser respetadas á hora de executaras obras.O obxetivo da construcción de ramaisprincipais en ditas rúas ten coma finalidade a“mellora do servizo que constituirá a posibilidade de sectorización da rede de abastecemento en caso de roturas”.

O proxecto da obra no capítulo 2 “Rede de Abastecemento” especifica que a tubería fundición D=250 mm.debe ter unha cama de area de 20 cm., e un recheo de area de 15 cm., e terminación  de recheo con terra procedente de excavación. Tal e coma se percibe nas fotos adxuntas a esta nota non se está cumplindo o marcado no proxectoao suprimir a cama e o recheo de area en torno á tubería, que vai directamente colocada sobre a terra. A carencia da areaao redor da tubería fai que ésta non leve a protección adecuada ante vibracións e pode acabar causando a rotura do tubo polo empate. Este mesma deficiencia é a que ten a rede que leva a auga do Umia ata o depósito de Penerada, por Ouzande, e que xa leva unha serie de roturas seguidas a pesar de tratarse dunha obra reciente.

Mar Blancorecordaque, no pasado mes de agosto tras a denuncia pública feita por Móvete, o propio concelleiro de Medio rural recoñecía que a causa das averías á altura de Ouzandedebíanse á falta de protección dos tubos, as continúas vibracións acababan provocando a rotura.

“Estamos ante unha obra fundamental, poisxsveciñxs da Estrada sabemos ben o que é ter unha rede de abastecemento deficitaria, polo que é de sentido común,unha vez que temos que executar obras de mellora, aproveitar para executalas correctamente, seguindo o marcado no proxecto, para que dunha vez por todas poidamos ter unha rede de abastecemento de auga decente. E non andar nos vindeiros anos remendando o feitoagora”.

“Esta maneira de executar as obras públicas do Concello tan só nos obrigan a gastar máiscartos e a dar un servizo de peor calidadeaosveciños”.

 

www.movetepolaestrada.blogspot.com

Publicado en Portada | Deja un comentario

Móvete –movementoveciñalestradense- insta aoGoberno á adquisición de soportes de cultura creados por artistas estradendes.

Móvete presenta unha moción para “Tomar por norma no Concello da Estrada a adquisición de soportes de cultura (discos, libros, dvd…etc) creados por artistas locais, para poñelos a disposición de todos os cidadáns e alumnos dos centros de ensino localizados no concello, por medio de doazóns ás bibliotecas dos devanditos centros, así como á biblioteca pública, centros culturais e outros lugares de finalidade análoga.

A voceira de Móvete, Mar Blanco Casais explica que esta moción ten por obxectivo dar un pulo, pequeno pero exemplificativo, para dar a coñecer e poñer en valor aos nosos creadores e creadoras locais, ao mesmo tempo que se igualan as súas oportunidades de recoñecemento coas de  moitos artistas foráneos, que si figuran habitualmente nas nosas bibliotecas e centros culturais, e tamén coa ollada posta en democratizar a cultura para que calquera cidadán estradense, independentemente da súa condición social e económica, poida coñecer e acceder a súa cultura presente tanto coma a pasada.

Por outra banda, a posta a disposición de creacións de artistas locais nos centros de ensino do Concello, ademais de cumprir cunha finalidade de recoñecemento e propagación da propia cultura, tamén poder ser un referente e un aliciente para os rapaces e rapazas que teñan xa ese pulo creativo ou que mesmo poidan chegar a desenrolalo co estímulo destes creadores e creadoras, ao fin e o cabo, veciños  e veciñas deles, e que poden servir coma faro e guía, como exemplo de que o esforzo ten a súa recompensa, e as veces esta é tan modesta como en ocasións difícil de acadar, e falamos do recoñecemento veciñal.

Por ultimo, dado que dende Móvete temos a firme convicción de  que todos debemos apoiar aos creadores e emprendedores locais, e con máis sentido as institucións locais que nos representan, creemos que é de xustiza e suficientemente motivado poñer en marcha o que propomos nesta moción.

 

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG organizará roteiros polo concello para dar a coñecer o patrimonio cultural da Estrada

 No BNG da Estrada realizamos na mañá de hoxe un roteiro entre o castro de Castrovite en Orazo e a igrexa de Loimil, no que participaron militantes e simpatizantes da nosa organización, así como vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín. Este é o primeiro roteiro que organizamos, pero haberá máis ao longo dos próximos meses, que daremos a coñecer polas canles habituais de comunicación BNG para que se sumen todas as persoas que desexen coñecer o noso concello, que é un gran descoñecido entre os veciños e veciñas da Estrada.

Con este sinxelo acto queremos tamén poñer en valor o noso rico patrimonio, unha labor na que o goberno municipal do PP non pon empeño algún en promocionalo a pesar do enorme potencial que ten desde o punto de vista turístico e por suposto, desde o económico.

BNG A Estrada

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada ausente no Culturgal

Esta fin de semana, como nos últimos seis anos, desfilaron polo Culturgal na cidade de Pontevedra, miles de persoas para ver as últimas novidades da industria cultural galega. Un dos espazo centrais deste evento multidisciplinar estaba ocupado por un stand da Deputación de Pontevedra, que o puxo a disposición de todos os concellos da provincia para a divulgación turística e cultural.

Lamentabelmente temos que denunciar unha vez máis o sectarismo do concello da Estrada gobernado polo PP, xa que o apartado que nos correspondería estivo baleiro durante os tres días que durou o evento. Practicamente todos os concellos da provincia tiñan os seus folletos de publicidade turística, agás o da Estrada, que, a pesar de non ter custe para o concello, non enviou nada a un evento polo que pasaron miles de persoas de todo Galiza.

O goberno municipal do PP, e en concreto o alcalde, están inmersos nunha estratexia de terra queimada contra a Deputación, unha estratexia na que a principal prexudicada é A Estrada, son os veciños e veciñas da Estrada, e neste caso concreto é o sector turístico estradense que que ven como o seu concello desperdicia as oportunidades que lle brindan para promocionar A Estrada.

Que o noso concello non estea presente no stand do Culturgal da Deputación pode ser algo anecdótico, pero é o síntoma da actitude sectaria do PP da localidade que nos está privando de actuacións importantes e que transformarían A Estrada nun concello moderno como é a compostaxe e o plan de mobilidade, por citar dous exemplo rexeitados polo grupo de goberno municipal.

Instamos ao alcalde a cambiar de actitude para non prexudicar por máis tempo os intereses dos veciños e veciñas da Estrada; instámolo a ter unha actitude máis construtiva e dialogante coa institución provincial polo ben de todos e todas.
—

BNG da Estrada
Publicado en Portada | Deja un comentario

Feira Antiguedades A Estrada 2016

Sigue leyendo →

Publicado en Portada | Deja un comentario

Memoria Fotográfica en A Estrada

900 imaxes, sacadas dende o bando Franquista no que foi reclutado, o sobriño de Roberto Blanco Torres, poeta asasinado polos  Falanxistas no 1936.

Estas fotográfias son cedidas pola familia de Mario Blanco o museo local Estradense.

Sigue leyendo →

Publicado en Portada | Deja un comentario

Monologo I.E.S Antón Losada Diéguez

Publicado en Portada | Deja un comentario