Medio Ambiente destina preto de 170.000 euros ás obras de humanización das travesías de Vea e da Igrexa, na Estrada

a estrada 1

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, e o alcalde da Estrada, José López Campos, asinaron esta mañá un convenio de colaboración, cunha dotación de case 170.000 euros, co para a execución das obras de humanización das Travesías de Vea e da Igrexa, neste municipio pontevedrés.

Grazas e este convenio, que se inscribe no Plan Hurbe, acometerase a mellora destes dous viais do concello, que se integran na Zona dos Viños, nun espazo de lecer para uso e goce de todos os veciños e visitantes. As rúas sitúanse próximas á Praza do Mercado, recentemente rehabilitada, en pleno centro do casco urbano.

Estas dúas rúas son soleadas e, unido ao feito de ser rúas peonís, convérteas nunha zona de especial interese para o desenvolvemento dun proxecto de adecuación integral, sen esquecer a mellora da súa infraestrutura soterrada, a iluminación e a instalación dun mobiliario urbano axeitado.

Tal e como lle manifestou a conselleira ao alcalde, a Xunta promove e colabora neste tipo de actuación co obxectivo de rehabilitar, recuperar e conservar os equipamentos urbanos municipais, co fin de mellorar a calidade de vida dos seus cidadáns e do público en xeral.

Plan Hurbe

O Plan HURBE é un programa de actuación que a Xunta impulsou en 2010 para dar Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada apoia as reivindicacións dos veciños e veciñas de Barcala

BNG2Apoiamos a reivindicacións veciñais que solicitan a mellora das praias fluviais do noso concello A Estrada ten potencial para constituírse nun referente turístico de primeiro nivel, pero o goberno do PP non se toma en seria política turística

O BNG da Estrada apoia as reivindicacións dos veciños e veciñas de Barcala para mellorar e acondicionar a praia fluvial da parroquia, á que asisten non só os que viven no val de Vea, senón tamén ás persoas de concellos de preto da Estrada, xa que é un areal moi coñecido e apreciado.

Esta praia fluvial mellorara substancialmente na etapa do BNG no goberno municipal de 2007 a 2011, xa que se acometeran diversas melloras a petición dos veciños e veciñas de Barcala, melloras que se foron perdendo por falta de mantemento do goberno municipal do PP e especialmente pola insensibilidade do actual goberno, que o ano pasado acometía Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal ficha a Antonio Piñeiro

Presentación Antonio Piñeiro FutsalEste xoves Alejandro Ríos, vicepresidente do equipo de fútbol sala local «A Estrada Futsal», acompañado do adestrador do equipo senior, Marcos Sesar, presentaron a nova fichaxe do club, Antonio Piñeiro.

Piñeiro, natural de Forcarei, xa participou nalgún adestramento na tempada pasada. Trátase da segunda incorporación do club para este ano, que pretende pechar o equipo cunha nova fichaxe que xa ten encauzada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O 28 Xullo Tequexetéldere actuará nas Festas do Apóstolo acompañando a Banda Municipal de Música de Santiago

122V_0352.jpgTequexetéldere actuará o vindeiro xoves día 28 de xullo, ás 20 h, na Praza das Praterías xunto coa Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela.

Un concerto encadrado na programación das Festas do Apóstolo deste ano.

Tequexetéldere foi convidado pola Banda MM de Santiago a participar no concerto que fan con motivo das Festas para levar a cabo o espectáculo co que celebramos o noso XXV aniversario o pasado decembro.

Levaremos a escena todo o espectáculo que fixemos coa Banda Cultural da Estrada no Teatro Principal da Estrada alternando con algunha peza da Banda de Santiago e algunhas pezas nosas.

Para levar a cabo este espectáculo teremos varios ensaios conxuntos en Santiago.

Tequexetéldere 

 

 

Outro orde de cousas, Tequexetéldere abrimos un período de prematrícula do 15 ao 30 de xuño, e no que nese tempo 90 personas se apuntaron, nas diferentes especialidades da escola. En setembro abriremos outro prazo de matrícula para dar comezo en outubro o novo curso.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

O autobús conmemorativo do centenario das Irmandades da Fala fixo unha parada na vila

Irmandades da FalaO pasado venres o autobús conmemorativo do centenario das Irmandades da Fala estivo na praza do Concello de A Estrada para achegar á rúa a historia deste colectivo.

A exposición, que percorreu gran parte da xeografía galega, chegou a vila da man da Asociación Cultural Vagalumes.

David Otero fainos un pequeno resumo da historia das Irmandades da Fala no seguinte vídeo:

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá charlas de apoio para familias con rapaces diagnosticados de TDAH

Amalia Goldar ACROFAM TDAHO Concello de A Estrada en colaboración con ACROFAM realizará unhas charlas cun psicólogo para familias con rapaces décifít de atención e hiperactividade (TDAH).

Nas xuntanzas ademais de asesorar aos familiares pretenden servir de apoio para que os coidadores poidan intercambiar experiencias e resolver dúbidas.

O trastorno por déficit  de atención e hiperactividade caracterizase por dificultades na atención (concentración, distracción), hiperactividade e impulsividade dun xeito incoherente co nivel de desenvolvemento do neno ou nena. A orixe é multifactorial, con elementos xenéticos, neuroquímicos, neuroanatómicos e psicosociais.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O PSOE esixe ao alcalde que "leve adiante medidas de atracción de empresas" para o noso Concello

psoeOs socialistas estradenses denunciaron nos últimos días a través da súa portavoz, Belén Louzao, o que consideran un fracaso do goberno nas súas políticas de creación de emprego.

Louzao urxe ao alcalde que tome medidas de atracción de empresas para xerar emprego e cre que «co concello se desangra» cunha caída e envellecemento da poboación superior á media do resto da provincia e onde diminuíron 500 afiliacións á Seguridade Social.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario