Galería Fotográfica da Rapa das Bestas 2016

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Galería da Carreira Nocturna Estradense

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Pregón, chupinazo e brindis con sidra estradense para dar comezo ás festas de San Paio

_MG_7146Este venres deron comezo as festas patronais de San Paio. Ás 12 do mediodía a pregoeira deste ano, Saly Torres, humorista estradense, deu o tradicional pregón de apertura dende o balcón do concello.

Rematado o pregón, Saly acompañada do alcalde, o presidente da asociación de festas e de Valentín García lanzaron o chupinazo de apertura das festas, e posteriormente brindaron con sidra estradense con todos os asistentes.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Esta semana os partidos políticos presentaron as súas candidaturas ás eleccións estatais na Estrada

06O pasado Domingo o Partido Popular realizaba un mitin Central no Teatro Principal coa intervención do alcalde, José López, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, que acompañaron a Ana Pastor.

Tamén asistiron representantes do partidos dos demais concellos do Deza e Tabeirós Terra de Montes.

IMG_6958Xa no mediodía do mércores o PSdeG realizou un reparto de folletos pola feira, no que participaron os candidatos ao congreso Guillermo Meijón e Belén Louzao, e o candidato á Xunta de Galicia, Xaquín Fernández Leiciaga.

Posteriormente realizaron unhas declaracións:

IMG_7058Na noite do Mércores foi o turno do BNG-Nós Candidatura Galega cun Mitin na Sala Gradín no que interviron Susana Camba (consello local), Xosé Magariños (concelleiro e
candidato ao Congreso), Antón Álvarez Merayo (candidato ao Senado) e Miguel Anxo Fernández Lores (alcalde de Pontevedra).

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Feira da Sidra acada un novo éxito de participación con mais de 3.000 litros escanciados

juan 2A Estrada volveu converterse por un día na Capital da Sidra nacional coa V Edición da Feira da Sidra.

Produtores galegos, vascos, cántabros, de Castela León e Asturias, sumáronse aos lagares locais que, da man da Asociación Maceira e Sidra da Estrada, organizaron por 5º ano consecutivo unha degustación deste produto artesá.

Ademais da sidra non faltou a boa música e degustación de produtos locais.

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

A Estrada terá por segundo ano consecutivo un curso de verán de Karate e Defensa Persoal

Cartel curso karateDOJO BUDOYAMA (A ESTRADA)

La localidad gallega de A Estrada cuenta con un club de Karate Kyokushin afiliado a WIBK.

El club, así como los distintos centros de enseñanza de Kyokushin de la localidad están dirigidos por el Sensei Marcelo Fabián Machado, 2º dan.

El Club ya ha organizado otras actividades relacionadas con el Karate Kyokushin. Además de múltiples actividades internas, en 2015 organizó el 1er Curso Nacional de Verano de WIBK España, que contó con sesenta practicantes venidos de Galicia, País Vasco y Portugal, así como varios seminarios nacionales, además de pasos de grado oficiales de WIBK.

OBJETIVO DEL CURSO

KarateEl curso se celebrará los días 15, 16 y 17 del mes de julio del 2016 y está enfocado a hombres, mujeres y niños, sin importar edad o experiencia, ya que se impartirá según el nivel de sus participantes. Contaremos con diferentes instructores nacionales e internacionales y así tendremos 3 niveles: iniciación (defensa personal), medio (katas y técnicas de Kumite de competición) y avanzado (katas superiores y técnicas de kumite de competición).

Para la defensa personal también contaremos con una Master Class impartida por un instructor de Judo, en la que podrán participar todas las categorías.

Concellería de Deportes

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao alcalde a buscar unha solución definitiva ós problemas da traída de auga

Rotura traída Gran Vía 2A Estrada perde auga a tres días de empezar as festas

A Estratexia do alcalde pasa por botar balóns fóra e descargar a súa responsabilidade noutras administracións

A Estrada levantouse hoxe, -unha vez máis-, coa traída perdendo auga na Avenida Benito Vigo e centos de veciñas e veciños sen auga corrente nas súas casas, e todo isto ocorre a tres días do inicio das festas patronais.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, manifestou que “está claro que o goberno municipal é incapaz de solucionar os problemas que ten a traída da Estrada, tanto polas perdas que ten como polo pésimo servizo que ofrece, como denunciaron hai uns días as veciñas e veciños de Bouza Brey”.

Para o nacionalista “non estamos a falar dun feito illado, non é a primeira vez que ocorre este tipo de roturas na traída, e case sempre no mesmo sitio, o que demostra que o goberno do PP non sabe atallar o problema, e adícase a poñer parches no canto de atacar o problema de raíz”.

“Porén,” engadiu Magariños, “a estratexia do alcalde pasa por botar balóns fóra, e Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario