Grandes Festas en San Xurxo de Vea con música, inchables, sorteos e fogos

cartel san xurxoEste sábado San Xurxo de Vea celebrará as súas festas patronais con música, sorteos, inchable gratuíto para os máis cativos e, como novidade, este ano fogos artificiais.

A festa comezará no lugar de Souto de Vea ás 11:00 horas, onde a charanga Os Atrevidos realizará un pasarrúas polo lugar, onde se poderá tomar o aperitivo nos bares locales «A Parra» e «O Quinteiro».

Ás 12:30 horas a charanga trasladaráse á Igrexa Parroquial onde tocará unhas pezas ata o comezo da misa ás 13:00 horas. A misa será cantada polo coro da parroquia e, se o tempo o permite, haberá procesión acompañada pola mesma charanga.

Ao remate dos actos litúrxicos comezará a sesión vermú no Campo da Festa que está cuberto por unha carpa. Ademais de servizo de bar a cargo de Mambis, haberá un inchable gratuíto para os nenos e nenas e animación musical a cargo da charanga.

Xa pola noite a partir das 21:00 horas os rapaces dispoñeran dun novo inchable gratuíto ata a media noite. Mentres a verbena dará comezo ás 22:00 horas a cargo das orquestras Graffiti e Tango.

Ao final do primeiro pase de cada unha das orquestras realizaranse sorteos entre os asistentes como varias ceas doadas por Bar o Quinteiro de Souto de Vea, Restaurante Samaná de A Estrada e Café Bar a Milagrosa da Picaraña (Padrón), unha profilaxis dental na Clínica Dental Cuntis, unha alineación de dirección nos Talleres Souto de Vea e un xamón pola comisión de festas.

Ademais como novidade este ano ao final do primeiro pase e despois dos primeiros sorteos, sobre ás 23:30 horas, votaranse fogos artificiais.

Publicado en Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá un curso de Aplicador de Productos Fitosanitarios

Escudo.novoA Área de Medio rural e Medio ambiente do Concello da Estrada e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada están organizando un CURSO DE APLICADOR DE PRODUCTOS FITOSANITARIOS (NIVEL BÁSICO, 25H).

Este Curso esta dirixido a poboación empadroada no Concello da Estrada e estará subvencionado pola Área de Medio rural e Medio ambiente, polo que terá  un menor custe para os usuarios interesados na obtención do mencionado título.

Os interesados en participar deberán anotarse no servizo de emprego e desenvolvemento local da Fundación Cultural da Estrada, ou ben chamando ao teléfono 986570997.

 

Publicado en Agrogandeiros, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere presenta o dossier de prensa que recollen os seus 25 anos de historia na prensa

20160416_001955Grazas aos xornais Faro de Vigo e La Voz de Galicia, recuperamos gran parte da nosa historia escrita dende a prensa local.

Neste dossier composto por tres tomos e máis de 500 páxinas hai novas de prensa local, nacional e internacional, que falan dende o punto de vista dos xornalistas as actuacións, actividades e viaxes desta agrupación.

Dende Tequexetéldere queremos dar as grazas a tod*s os xornalistas, de prensa escrita, radio, e medios dixitais que vos facedes eco do noso traballo.

Tequexetéldere Agrupación Folclórica

Publicado en Asociacións, Música, Portada | Deja un comentario

A Feira de Labores, Antigüidades e Artesanía, recala no Recinto Feiral estradense

5-feira-labores-2016• Medio centenar de firmas directas presentes no certame.

• 4.000 m2 de espazo expositivo, complementado con obradoiros artesanais e exposicións temáticas.

• Celebración do 4º Encontro de Palilleiras.

• Entrada gratuita de visitantes.

Os vindeiros días 7 e 8 de maio, o recinto feiral estradense, celebrará a 5ª Feira de Labores e a 50ª Feira de Antigüidades e Artesanía, segundo certame do ano, antes da celebración do seu evento máis importante, atendo ao volume de firmas presentes, espazo expositivo ocupado e duración : 30ª Feira do Moble de Galicia.

Para esta ocasión, o recinto feiral estradense, acollerá medio centenar de firmas directas presentes, pertencentes maioritariamente a nosa Comunidade Autónoma. Un amplo abanico de disciplinas tratarán de captar o interese dos nosos visitantes: Patchwork, encaixe, bordado, costura, patronaxe, deseño, gancho, calceta, fiado artesanal, artesanía,
antigüidades, etc…

O certame expositivo, ocupará as dúas plantas do pavillón cinco, con mais de 4.000 m2 de espazo expositivo e reforzados, coa celebración de obradoiros artesanais e exposicións temáticas.

Este certame, contará coa celebración dunha nova edición do tradicional encontro de Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Presentación do libro "Contra la oligarquía y el caciquismo del siglo XXI" na Casa das Letras

13023614_726734070762417_193274877_n

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os equipos senior do UD A Estrada enfrontáronse no Coto Ferreiro

O UD A Estrada Senior A perdeu co equipo B nun enfrontamento no Coto Ferreiro. Deixámosvos aquí unha galería do encontro.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O IV Trofeo de Ciclismo Concello de A Estrada terá lugar o domingo 24 de abril

IV Trofeo CiclismoO vindeiro día 24 de Abril, disputarase a partir das 10:30 horas, o IV Trofeo de Ciclismo Concello da Estrada, nas categorías de Master 30, Master 40 e Master 50 e 60 sobre un percorrido de case 80 km. Máis info en www.aestrada.com

A proba será puntuable para a «I Challenge de Ciclismo C.C.A.G.C.» na súa última proba, das tres que se celebran ás aforas de Santiago de Compostela, e nas que se pode participar independentemente en cada unha delas.

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario