Este domingo Tequexetéldere celebrará a XII Edición do seu concurso de Baile Tradicional

12400563_434143576780726_1262834206906035413_nComo ven sendo habitual, este domingo Tequexetéldere organiza o concurso de Baile Tradicional que este ano vai pola XII Edición.

Este ano participarán un total de 30 agrupacións chegadas de toda Galicia.

As bases do concurso podense consultar no seguinte enlace:

Bases Concurso Tequexeldere

Este ano como novidade poderase seguir o concurso dende as redes sociais por Periscope, Twitter, Facebook e Instagram dende o perfil de Tequexetéldere:

@tequexeteldere e tamén co hashtag #concursoteque

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario

A biblioteca ampliará o seu horario dos sábados dende o 7 de Maio ao 9 de Xullo

Juan constenlaJuan Constenla, Concelleiro de Cultura de A Estrada, anunciou este venres que a partir do 7 de Maio se ampliará o horario dos sábados da biblioteca.

Esta ampliación responde a petición dos usuarios da biblioteca que pedían que abrira de tarde durante o mes de Maio ao ser época de exames. Dende o Concello decidiron aumentar as horas de apertura da Casa das letras non solo neste mes senón ata o 9 de Xullo, para apoiar aos estudantes que teñan que presentarse a segunda convocatoria dos exames universitarios.

Deste xeito o horario dos sábados dende o 7 de Maio ata o 9 de Xullo incrementaráse unha hora de mañá (10:00 a 14:00 horas) e abrirá polas tardes (16:00 a 20:00 horas)

Publicado en Cultura, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Aberta a inscrición para a carreira "5K Festa do Salmón"

Xa vos podedes inscribir en www.emesports.es nos II 5K Festa do Salmón, que é a segunda proba do circuito de carreiras «Corre A Estrada Corre», que se disputará o vindeiro 8 de Maio. Mais info en www.aestrada.com

II 5K Salmón

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

As XSG A Estrada reclaman maior participación dos usuarios na planificación dos horarios da Casa das Letras

XSG xuventudes socialistas presiLuis López apunta que “a Casa das Letras funciona segundo o antollo do Concello e son os usuarios os que reclaman iniciativas, non é a Concellería a que se preocupa por optimizar o servizo”

As Xuventudes Socialistas de A Estrada (XSG) amósanlle o seu apoio ao colectivo de usuarios da Casa das Letras na proposta de horario para os sábados do mes de maio. O seu Secretario Xeral, Luis López vai máis alá e pide “que o Concello teña en conta de primeira man as opinións dos Usuarios á hora de fixar os horarios, xa que actualmente se actúa sobre a marcha e non se publica unha planificación anual. Cómpre fixarse por exemplo na Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela, que tanto na web do Concello como
na da Rede de Bibliotecas de Galicia ten a información completa para todo o ano”.

Dende XSG A Estrada reclaman que o Consistorio considere afirmativamente a proposta dos estudantes. “A proposta outórgalle moitas facilidades ao Concello para que a cumpra, en definitiva só piden que se abran as portas unha hora máis pola mañá e catro horas pola tarde dos sábados durante un mes, e para máis inri, ofrecen a súa colaboración”.

Por outra banda recórdanlle ao Alcalde de A Estrada, D. José López, que “o horario da biblioteca leva cando menos 5 anos sendo o mesmo, logo dicir que se ampliou bastante é mentir. Ademais presentáronse varias queixas dos usuarios por déficit de xornadas de apertura en períodos como o nadal, datas nas que por certo as atraccións de ACOE se situaron a carón do edificio facendo moi complicado o estudo”.

Xuventudes Socialistas de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O PSOE cre que "o alcalde vende o frontón a prezo de saldo e privatiza o deporte do padel na Estrada

psoe 0862 euros ao mes durante 10 dos 20 anos da concesión é o que recadaría o Concello por ceder o pavillón do frontón á entidade privada que se faga coa concesión 

O Concello non debe privatizar o deporte, se non facer xestión pública do mesmo 

O BOP de Pontevedra publicou no día de onte o anuncio de inicio de exposición pública do proxecto e pregos de contratación en relación coa concesión administrativa de uso privativo para a instalación de catro pistas de padel no pavillón do Frontón municipal.

“A privatización da práctica deportiva non debe ser a opción a elixir nun Concello como o noso. Se o que busca o Concello é fomentar a práctica deste deporte debe facelo dende o ámbito público. Sen embargo, se o que busca o alcalde José López é outra cousa, entón non pode empregar para elo as instalacións públicas, creadas e arranxadas con cartos de todos” comentou a portavoz socialista. No referente ao pavillón do frontón a finais de 2015, con fondos de proxectos municipais, realizáronse arranxos por valor de 117.000 euros: reforma da cuberta e mellora da impermeabilización interior das paredes para Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

María Ferro gaña o premio ACOE Papi Selfie

IMG-20160413-WA0000Esta semana tivo lugar a entrega do premio a gañadora do concurso #AcoePapiSelfie, no que se podía participar a través da páxina de facebook da Asociación de Comerciantes.

A gañadora foi María Ferreiro Sanjiao. O Vicrepresidente da ACOE, Francisco Penas, fixólle entrega da foto impresa e enmarcada, 500 puntos na tarxeta de fidelización e 50€ nunha tarxeta regalo de ACOE.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

Este venres tivo lugar o primeiro encontro do Proceso Adiante para refundar o BNG

logo bngNa Estrada están previstos tres encontros abertos

O BNG organiza na Estrada tres encontros abertos no marco do Proceso Adiante para reactivar, reactualizar, reforzar e relanzar o proxecto nacionalista, segundo o aprobado na XV asemblea nacional que celebrou esta organización o pasado mes de febreiro.

Este proceso de debate, cuxa primeira fase se desenvolverá durante este mes de abril, o BNG da Estrada escoitará a militantes e simpatizantes, que comparten a necesidade de que exista na Galiza unha expresión política propia nacionalista. Ademais será unha oportunidade para demostrar -unha vez máis- que o BNG non ten parangón en termos de pluralidade de ideas, debate interno, asemblearismo e funcionamento democrático.

Así, o BNG da Estrada organizará tres encontros abertos o primeiro celebrouse este venres 15 (21h), e os outros dous están previstos para o sábado 23 (18h) e venres (21h), no primeiro fíxose unha “radiografía da Galiza de hoxe”, no seguinte debaterase sobre “a estratexia política do nacionalismo galego” e no último encontro versará sobre “participación política e modelo organizativo”.

O Proceso Adiante caracterizarse por ser un proceso participativo e aberto, cuxas decisións se tomarán por consenso. Serán tamén un proceso que se iniciará nas bases, e serán estas as que decidan finalmente que é o que quere ser o BNG dos vindeiros anos.

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario