O BNG insta ao goberno do PP a repoñer o cruceiro de Ouzamerxe

BNG2Calquera elemento patrimonial ten que estar custodiado polas autoridades e non na casa dun particular

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, informou hoxe aos medios de comunicación local de que “o BNG insta ao goberno municipal a repoñer no seu estado orixinal o cruceiro de Ouzamerxe, na parroquia de Lagartóns”. “O cruceiro”, engadiu Magariños, “leva dous anos “custiodiado” nunha casa particular, segundo nos explicou o alcalde en resposta ás nosas preguntas nos plenos”.

“No BNG cremos que unha casa particular, por moi boa intención que teñan as persoas que o custodian, non é o lugar acaido para un elemento do noso patrimonio”, afirmou Magariños. “O concello é o que ten que custiodar e coidar do bo estado do cruceiro ou de calquera outro elemento patrimonial.

O concelleiro nacionalista indicou que “dado que pasa o tempo e o cruceiro de Ouzamerxe segue sen a cruz e somerxido nas silvas é o non se están a dar os pasos necesarios para solucionar os problemas que presenta, incumprindo polo tanto o deber que teñen as administracións públicas de protexer e promocionar o patrimonio cultural, presentamos unha moción para poñer as cousas no seu sitio, contando co visto e prace de Patrimonio.

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Sexta edición do curso básico de prevención de riscos laborais

 

Escudo.novoDende a Concellería de Promoción Económica e os Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello e da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo a sexta edición do curso básico de PREVENCION DE RISCOS LABORAIS de 60 h das cales unha parte é on line e outra é presencial.

Este Curso esta dirixido a desempregados empadroados no Concello da Estrada e está subvencionado pola Concelleria de Promoción Económica polo que ten  un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala empregabilidade, posto que, é un curso que esixen na maioria de empresas e é necesario para traballar.

Os interesados en participar deberán anotarse nos servizos de emprego do Concello ou da Fundación Cultural da Estrada, ou ben chamando aos teléfonos 986570030  extensión  4326 ou 986570997.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

Os nacionalistas piden restrinxir a velocidade dos vehículos a 30 km/h en toda a zona

BNG1A zona deportiva e dos institutos ten que ser unha zona privilexiada para o esparexemento de veciñas e veciños

O BNG quere garantir a seguridade física dos mozos e mozas que a diario transitan por la Rúa da Cultura, así como de todas as persoas que fan deporte e pasean pola zona deportiva e dos institutos en dirección a maior zona verde con que conta o noso concello.

O portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, “considera que esta área debería ser un espazo privilexiado para o esparexemento das veciñas e veciños da Estrada por ser un lugar accesíbel desde o centro da vila”. “Por esta razón”, indicou o concelleiro nacionalista, “o BNG rexistrou unha moción onde pedimos unha reordenación do tráfico na contorna dos institutos e pavillóns orientada á circulación dos vehículos nunha soa dirección. Tamén solicitamos fixar a velocidade máxima en toda a zona en 30 km/h e  implantar sistemas de moderación do tráfico en toda a área, especialmente naqueles espazos onde haxa maior afluencia peonil (institutos e pavillóns).

Por outra banda o BNG considera que o sistema de alumeado que está a utilizar na actualidade está orientado para iluminar a calzada no canto de alumear a beirarrúa pola que transitan as persoas. Como indicou o concelleiro do BNG, “os coches xa teñen luces, as Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A Cúpula do Consistorio iluminase de azul polo Día Mundial do Autismo

IMG-20160401-WA0010Dende este venres e durante todo o fin de semana, a Cúpula do Concello de A Estrada está iluminada de cor azul para conmemorar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Esgotadas as entradas para o musical Carapuchiña Vermella deste sábado

Esgotadas en venta anticipada as entradas para o musical que terá lugar a tarde deste sábado no Teatro Principal de A Estrada.

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O Obradoiro de Busca de Emprego a tráves da rede

Escudo.novoDende a Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio poñemos en marcha a I Convocatoria do Obradoiro de Busca de Emprego a través de Portais de Internet e Redes Sociais.

As novas tecnoloxías son actualmente una ferramenta básica para buscar traballo, polo tanto é crucial o manexo de portais de emprego, o bo uso das redes sociais e a adaptación dos curriculums á nova realidade laboral e social.

Por esta razón, dende o concello da Estrada impulsamos a convocatoria deste obradoiro, o cal será totalmente GRATUÍTO para aquelas persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio.

Se queres anotarte, podes facelo a través dos enderezos electrónicos aedlconcelloestrada@gmail.com ou aedlestrada@gmail.com ou nos teléfonos 986 57 00 30 (ext. 4326) e 986 57 09 97 (ext. 4605)

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

A reforma integral da zona de Fernando Conde estudarase cos orzamentos de 2017

BNG1A comisión de urbanismo acorda deixar sobre a mesa co compromiso do goberno do PP de estudar a proposta a finais de ano

A comisión de urbanismo acordou onte xoves que a moción do BNG do proxecto integral para a zona da Avenida Fernando Conde quedara sobre a mesa co compromiso do goberno municipal de retomala cando se debatan os orzamentos municipais.

Segundo explicou o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños, “somos escépticos sobre a vontade real do PP de acometer as melloras que propón o BNG para a zona da Avenida Fernando, pero estamos dispostos a concederlle ao goberno o beneficio da dúbida, porque a outra alternativa sería un voto en contra por parte do grupo maioritario que liquidaría definitivamente o proxecto”.

“De todos os xeitos”, indicou o concelleiro nacionalista, “estaremos vixilantes de aquí a fin Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario