O equipo feminino de tenis do Recreo Cultural presenta nova equipación

_MG_3304 - copiaO equipo de tenis feminino do Recreo Cultural de A Estrada presentou, este fin de semana, a nova equipación para a vindeira tempada patrocinada polo restaurante Samaná.

O grupo participa na competición de tenis xogando a liga galega nas categorias de máis de 35 e 45 anos.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Os usuarios da Casa das Letras demandan ampliar o horario de apertura dos sábados durante o mes de maio

IMG-20150525-WA0018-1024x576Usuarios da Casa das letras presentaron un escrito, no departamento de Cultura do Concello, solicitando un incremento no horario da biblioteca os sábados do mes de Maio. A solicitude foi acompañada de 36 sinaturas que apoian un horario extraordinario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 durante o próximo mes.

A proposta débese a carga de exames durante esas semanas, para o que ven insuficiente ás 3 horas que habré a Casa das Letras os sábados, de 10:00 a 13:00 horas.

Os estudantes tamén se poñen a disposición do Concello para colaborar de calquer xeito en poder levar a cabo este novo horario.

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Magariños insta ao alcalde a facer unha auditoría de todos os pararraios dos edificios municipais

IMG-20160410-WA0023O concelleiro do BNG acusa ao grupo de goberno de incompetentes e afirma que “o do domingo foi un aviso, non tentemos a sorte”

“O raio que caeu no concello vai saírnos moi caro a todas as veciñas e veciños, porque estamos gobernados por uns incompetentes”, afirmou o portavoz municipal do BNG, Xosé Magariños.

“Se é certo o que apuntan diversos medios”, indicou Magariños, “de que o pararraios non estaba conectado e o concello non tiña seguro de accidentes contratado, a factura vai a saírnos cara a todos e todas, e menos mal que non houbo danos persoais, porque a cousa sería aínda máis grave”.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o alcalde terá que dar as explicacións oportunas, porque xa hai que ser inconsciente de ter un pararraios desenchufado na cúpula do concello poñendo en perigo a integridade física dos traballadores e traballadoras situados a escasos metros por debaixo deste aparato”. “Se no canto de ser domingo”, engadiu o
Magariños, “chega a ser un día laborábel agora mesmo estariamos a falar de cousas máis serias e graves”.

“Instamos ao alcalde a facer unha auditoría de todos pararraios situados en edificios municipais”, afirmou Magariños, “e a esixir a mesma auditoría ás outras administracións públicas, especialmente os colexios e institutos, para velar polo correcto funcionamento destes aparellos e non lamentarnos posteriormente”. “O do domingo foi un aviso, non tentemos a sorte”, engadiu Magariños.

BNG de A Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Un raio alcanza a cúpula do Concello

IMG-20160410-WA0023Na tormenta desta tarde un raio alcanzou a cúpula do Concello estradense provocando un estrondo que asustou aos veciños e veciñas da vila.

A descarga eléctrica realizou un furado na cúpula que fora arranxada na reforma do Concello de hai 6 anos que finalizou coa sustitución do tellado.

Tamén se pode apreciar a desaparición do reloxo entre os danos que se aprecían dende a rúa á espera de coñecer todos os desperfectos ocasionados.

Agradecemos a cesión das fotos a Montse Maceiras

Publicado en Portada | Deja un comentario

Os desempregados contarán cun obradoiro gratuíto de busca de emprego

Obradorio Busca TraballoTodos os desempregados que estean empadroados na Estrada terán a posibilidade de asistir, DE FORMA GRATUÍTA, ó obradoiro de orientación laboral organizado polo Concello de A Estrada.

Redactaremos os curriculums, as cartas de presentación e crearemos perfís nos principais portais e redes sociais de busca de emprego en internet.

Teremos tamén un apartado adicado ó autoemprego para aqueles máis atrevidos que deciden emprender.

Se estás desempregado, non o dubides, anímate e inscríbete neste obradoiro. ¡Axudarémosche a buscar traballo!

*As datas non están concertadas, pero o obradoiro impartirase a finais de abril – principios de maio en función das persoas inscritas. Seguiremos informando.

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

O IES Antón Losada participou no Encontro Musical "Música Galega para o século XXI " celebrado en Noia

IMG_20160408_105032_a

IMG_20160408_105335_aOnte venres 8 de abril o IES Antón Losada participou nun Encontro Musical de Alumnado de Secundaria que tivo lugar no Coliseo Noela de Noia. O evento foi organizado pola Asociación de Profesorado de Música de Secundaria de Galicia e polo IES Virxe do Mar de Noia, contando coa colaboración do concello desta localidade. No encontro, ademais do estradense, participaron centros de Boqueixón, Moaña, Nigrán, Ortigueira, Salvaterra de Miño e Noia.

O alumnado do Losada, correspondente a Primeiro de Bacharelato, participou con dúas pezas no concerto celebrado pola mañá. Interpretaron unha versión de Vexo, de Acadacanto e unha versión rap orixinal do poema Verba a un irmau do poeta Manuel María.

IMG_20160408_105318_aA xornada completouse con diversos obradoiros formativos nos que puideronparticipar os rapaces e rapaces integrantes do encontro: O director decoros Ramón Bermejo impartiu o taller de voz; Leo Kch, un de rap; NarciRodríguez, o de percusión; e Verónica Martínez, de danza.

No IES Losada a actividade estivo coordinada polo Departamento de Música econtou coa colaboración do Equipo de Dinamización Lingüística e daVicedirección do centro.

Departamento de Música e Equipo de Dinamización Lingüística do IES Antón Losada Diéguez

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Fallo do xurado do III Concurso de Micropoemas e Microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada

xurado 16Xa se coñece o fallo do xurado do III Concurso de micropoemas e microrrelatos dos Centros de Ensino da Estrada. A reunión do mesmo tivo lugar o pasado martes CEIP Pérez Viondi, e na mesma participaron representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros do concello: CEIP Villar Paramá, CEIP Pérez Viondi, CEIP Cabada Vázquez, CPR Plurilingüe N. Sra. de Lourdes, CEIP Plurilingüe de Oca, CEIP do Foxo, CEIP de Figueiroa, IES nº Un, IES Manuel García Barros e IES Antón Losada Diéguez.

O certame dá continuidade ao proxecto iniciado o curso 2013-14 e convocou a todo o alumnado estradense á realización de micropoemas e microrelatos. Nesta ocasión microrrelatos debían conter a palabra GAIOLA, e os micropoemas a palabra ORBALLO. O proceso de elección tivo lugar no primeiro trimestre deste curso, e no mesmo participou o alumnado e o profesorado dos Equipos de Dinamización Lingüística de todos os centros. As palabras escollidas debían aparecer nalgún dos títulos das obras do autor ao que se dedica este ano o Día das Letras Galegas, Manuel María.

Neste segundo trimestre procedeuse á recollida de traballos e ao fallo do concurso, mentras que no terceiro trimestre, a finais de maio, terá lugar a entrega de premios e a presentación do libro cos textos gañadores. Para isto contarase, unha vez máis, coa colaboración do Concello da Estrada.

A actividade está organizada polos Equipos de Dinamización Lingüística (DINAMIZAESTRADA) dos centros educativos estradenses arriba citados.

A continución a acta do Xurado:

Reunidos e reunidas as representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario