O PSOE insta ao Concello a dar solución inmediata a necesidades do día a día no rural

IMG-20160128-WA0003Problemas de desprendementos, “illós” en viais, pasos de auga atoados, buracos nos viais, zonas de trazada de circulación dos vehículos polas que non se pode circular, vertedoiros incontrolados, … 

O grupo municipal socialista continua a denunciar a falta de atención do goberno local ao rural estradense. “O día a día nas parroquias demanda a actuación do Concello para poñer solución a problemas que afectan o normal desenvolvemento da vida dos veciños e veciñas. Estamos a falar de situacións que na maioría dos casos se resolven sen custe para as arcas municipais, sendo preciso só vontade política de querer atender aos veciños”, comentou a portavoz socialista.

Na procura de que o goberno do alcalde José López atenda debidamente as parroquias dende o grupo socialista temos denunciado en diversas ocasións o abandono que ven sufrindo o rural dende que José López é alcalde, temos realizado comunicacións vía Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

En Marzo A Estrada porase en Ruta

IMG_0038O vindeiro 20 de marzo comezan as rutas de senderismo do Concello, este ano realizaránse 6 rutas, sendo a primeira en Paradela.

Dúas das rutas (Pequerutas) serán solo de 8 km para os máis pequenos.

A partir de abril os que o desexen poderán realizar o Camiño de Santiago Portugués dende Tui en 6 cómodos tramos de 20 km de media cada un.

Así no lo presentaron o concelleiro de deportes, Ismael Pena, acompañado de Toni Ibáñez, responsable de Senderuta.

Deixámosvos aquí os carteis nos que aparece toda a información e teléfono para máis datos.

foto cartel camiño foto cartel rutas

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Esta fin de semana volta a 1ª Division e a categoría feminina da liga galega de fútbol gaélico á Estrada

cartaz gaelicoOs decanos do fútbol gaélico en Galiza enfrontanse nun trepidante encontro no novo campo de A Estrada, este Sábado día 13 as 18:15h. Irmandinhos A Estrada (5ptos) e Fillos de Breogan (5ptos) quentan motores para ofrecer o mellor de cada escadra ós aficionados de A Estrada. Logo do empate da primeira volta e ca necesitdade imperiosa de gañar para intertar alcanzar na clasificacion a Estrela Vermelha (8 Ptos), que conta os seus partidos por victorias.

Pola banda feminina dobre encontro das estradenses:

As 19:30h no novo campo da Estrada outro clasico Irmandinhas A Estrada Vs Fillas de Breogán

E as 20.30h. no mesmo escenario Braithreachas A Estrada Vs Estrela Vermelha de Compostela.

Os dous duelos femininos teñen son moi interesantes posto que Fillas de Breogan (16 ptos) dominan a taboa clasificatoría con 4 puntos de avantaxe sobre Irmandinhas (12Ptos) que están obrigadas a gañar para non descolgarse máis e que as colla Estrela (10ptos) no caso de Gañarlle a Braithreachas (8ptos). Estas últimas tamén teñen na súa man alcanzar a LOGO A VILA TAMAÑO WEB 300escadra compostelana polo que os duelos entre as 4 primeiras clasificadas son de rivalidade directa e poden traer cambios de cara o resultado final da liga galega.

O terceiro tempo celebrárase a partir das 22:00h. no Meson A Vila de A Estrada e estades todos convidados.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Santeles tamén apraza o seu entroido e Guimarei xa ten nova data

ENTROIDO 2016

Ante as previsións meteorolóxicas para este fin de semana a Comisión do Entroido de Santeles decidiu aprazar os seus desfiles e altos dos xenerais para o sábado 27 e domingo 28 mantendo os mesmos horarios.

Mentres a comisión do Entroido de Guimarei que se veu obrigada a suspender a festa do pasado luns polo nivel de alerta de fortes ventos para esa noite, xa ten nova data para o tradicional baile de disfraces, será o venres 19.

Polo de agora a única parroquia que mantén a data prevista é Arnois, para o vindeiro sábado 13, pero non se descarta que o mal tempo que parece que regresará este fin de semana obrigue tamén ao seu aprazamento.

Deste xeito o programa actual do Entroido é o seguinte:

  • Sábado 13: Entroido de Arnois, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo das Neves.
  • Venres 19 ás 22:00 horas: Festa do Entroido en Guimarei no Campo da Festa.
  • Sábado 20 ás 17:00 horas: Desfile e concurso de disfraces polas rúas de A Estrada.
  • Domingo 21 ás 16:30 horas: Entroido Tradicional dos Xenerais do Ulla con desfile de carrozas e comparsas das parroquias pola vila e alto dos Xenerais ás 18:30 horas na Praza da Feira.
  • Sábado 27: Entroido de Santeles, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo da Festa.
  • Domingo 28: Entroido de Santeles, con desfile pola parroquia e ás 19:00 horas alto dos Xenerais no Campo da Festa.
Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Tarde de xogos e actividades para os máis cativos no baile infantil de entroido

PIC_0058O baile infantil de entroido programado para o pasado sábado na carpa da praza do concello foi trasladado finalmente ao Restaurante Samaná, por mor do forte temporal de vento e choiva.

Os rapaces e rapazas que se achegaron puderon disfrutar de xogos populares e actividades lúdicas nas que tamén participaron os pais e nais.

Música ambiente: Grupo de acordeóns Os Lóstregos

Publicado en Cultura, Festas, Portada | Deja un comentario

Aprazado o Martes de Entroido para o Domingo 21

Finalmente a mala climatoloxía non permite a celebración do Entroido Tradicional de A Estrada, a organización vese obrigrada a aprazalo ao Domingo 21 de Febreiro ás 16:30 horas.

ENTROIDO 2016

Publicado en Portada | Deja un comentario

Suspéndese a verbena de Entroido de Guimarei

ENTROIDO 2016

Comunicado Oficial Entroido Guimarei:

Sentimos comunicar que polo previsible temporal que dan para hoxe a noite a partir das 23:00h,de choiva e ventos de mais de 85km/h,vemonos na obriga de suspender a festa do Entroido de esta noite.

Sentímonos fustrados e desolados por ter que tomar esta decision,pero o primeiro é a seguridade da festa e antes de que pase algun accidente optamos por esta dificil decision para nós.

A empresa da carpa,Seguros, Representantes e Medios de seguridade Publica aconsellaronnos a esta decision.

A partir de estes momentos poñemonos a traballar para poder realizar esta festa en vindeiras datas.

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario