Última hora Entroido 2016

O desfile e concurso de disfraces previsto para hoxe aprázase para o próximo sábado día 20 a mesma hora, 17:00 horas.

ENTROIDO 2016

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

ACOE fixo entrega de 35 polos a cáritas có recaudado en dúas campañas solidarias

IMG_9720O pasado mércores a Asociación de Comerciantes Estradense (ACOE), fixo entrega de 35 polos frescos a Cáritas parroquial.

Os polos, que foron distribuidos as familias que axuda Cáritas na Estrada, foron comprados gracias a dúas campañas solidarias da Asociación de Comerciantes, o donativo dun euro nas fotografías dos Reis Magos e a subasta de pezas de artesanía a través da web da asociación.

 

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O Circuíto "Corre A Estrada Corre" cambia a proba Vertical pola do Salmón

Presentación Corre A Estrada CorreO sábado 27 de Febreiro dará comezo a cuarta edición do circuíto «Corre A Estrada Corre». A primeira das carreiras que o compoñen é o «Cross Río Liñares».

Neste V Cross o circuíto variará por mor do mal estado do trazado habitual, en concreto a ponte medieval do Río Liñares. Para completar os 8 quilómetros de recorrido encintarase a praia fluvial, un entorno moi atractivo para a práctica deste deporte.

Con respecto a outros anos destacan dúas novidades no circuíto, en primeiro lugar desaparece a carreira «Vertical Estradense» que se impulsou o pasado ano, debido a que os participantes lle parecía un recorrido moi reducido con tan solo 2 quilómetros. No seu lugar incluirase a 5K Festa do Salmón, máis atractiva para os atletas ao contar con 5 quilómetros de dificultade baixa e apta para todos os públicos, ademais de servir de promoción para a Festa do Salmón.

Outra novidade é que todas as inscricións se deberán realizar a través da web www.emesports.es. Ata agora solo se debían inscribir os adultos e os nenos xestionaba as inscricións o concello, pero agora deberán anotarse todos na web, sendo gratuíto para os nenos. Ao introducir a idade xa automaticamente deriva ao participante a categoría correspondente.

Completan o circuíto a «V Nocturna Estradense» e «VI Memorial Manuel Bergueiro».

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Quinta edición do curso básico de prevención de riscos laborais

Escudo.novoDende a Concellería de Promoción Económica e os Servizos de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello e da Fundación Cultural da Estrada vaise levar a cabo a quinta edición do curso básico de PREVENCION DE RISCOS LABORAIS de 60 h das cales unha parte é a distancia e outra é presencial. Esta parte presencial terá lugar os días 17, 18 e 19 de febreiro de 8h a 15h na aula multimedia do Edificio de Usos Múltiples.

Este Curso esta dirixido a desempregados empadroados no Concello da Estrada e está subvencionado pola Concelleria de Promoción Económica polo que ten  un menor custe para este grupo de persoas coa finalidade de enriquecer o seu Curriculo Vitae e mellorala empregabilidade, posto que, é un curso que esixen na maioria de empresas e é necesario para traballar.

Os interesados en participar deberán anotarse nos servizos de emprego do Concello ou da Fundación Cultural da Estrada, ou ben chamando aos teléfonos 986570030  extensión  4326 ou 986570997.

Concellería de Promoción Económica

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario

ÚItima hora Entroido 2016

ENTROIDO 2016Informamos de que, por causa das malas condicións climatolóxicas prodúcense as seguintes modificacións

ENTROIDO A ESTRADA

O baile infantil previsto na Carpa da Praza do Concello trasládase ao Restaurante Samaná.

ANTROIDO DE MOZAS DE OUZANDE

SUSPÉNDESE O PERCORRIDO DO ANTROIDO DE MOZAS POLA PARROQUIA DE OUZANDE, previsto para esta tarde.

Sen embargo, MANTENSE A PARTIR DAS 19:30 A FESTA DO ANTROIDO NO LOCAL
SOCIAL, tal como estaba previsto.

 

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

Programación Entroido 2016

ENTROIDO 2016

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O IES Nº1 dixo NON a crise dos refuxiados e ao acoso escolar no Día da Paz

IMG_0022

IMG_0060O pasado luns o IES N1 conmemorou o Día da Paz e da Non Violencia, cunha serie de actividades encamiñadas a concienciar o alumnado sobre a importancia deste tema. Este ano quixemos denunciar dous graves problemas do mundo e da nosa sociedade: os refuxiados e o acoso escolar.

Para iso, decoramos os paraugas da paz,  camiñamos unidos facendo a cadea da paz, lemos textos poéticos, tivemos actuacións musicais e, finalmente, derrubamos o muro da guerra e erguemos o muro da Paz.

IMG_0113

IMG_0111

IES Nº1 de A Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario