Este sábado a Asociación Cultural Vagalumes renderá homenaxe á Rosalía de Castro

rosaliaUn ano máis, a AC Vagalumes quere render homenaxe á escritora fundacional da nosa literatura contemporánea, Rosalía de Castro, no día en que se conmemora o aniversario do seu nacemento.

Nesta ocasión, as actividades comezarán mañá, sábado 20, ás 12:00 h. na praza da Farola. Realizaremos alí unha lectura pública da obra da nosa autora, polo que convidamos a todas as persoas que o desexen a que se acheguen para participaren nela. Efectuaremos unha gravación destas lecturas, co obxectivo de proxectala o mércores 24 ás 19:00 h na sala de exposicións de Abanca. Neste acto, ademais procederemos á lectura do manifesto da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, asociación que promove desde o ano 2010 a celebración do Día de Rosalía.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

As Xuventudes Socialistas de A Estrada organizan unha xornada sobre o impacto da reforma laboral

IMG-20160217-WA0045Terá lugar o mañá, día 20 ás 10 da mañá no Teatro Principal de A Estrada. Abel Losada acudirá como orador. Clausurará o evento Carmela Silva.

Mañá ás 10:00 comezará no Teatro Principal de A Estrada a xornada: “Mocidade e traballo: impacto da reforma laboral”, na que se brindará información sobre o eido laboral. O evento é aberto a calquera persoa que desexe acudir, aínda que polo seu carácter está enfocado cara a xuventude. Abrirán o acto José Antonio Dono, Secretario Xeral do PSdeG-A Estrada e Silvia Neira, Coordinadora Provincial de XSG. Lucía Franco, avogada laboralista e ex-Secretaria Xeral das XSG-A Estrada intervirá facendo un repaso da lexislación laboral nos últimos anos e os cambios que se produciron no réxime xurídico dos traballadores por conta allea. Abel Losada, economista, profesor titular de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Vigo e Deputado do Parlamento Galego analizará o discurso, propaganda e a política económica nos gobernos da dereita. Luis López, Secretario Xeral das XSG-A Estrada, debullará o réxime de autónomos e os dereitos como traballadores por conta propia e os problemas que están a producirse nas interferencias deste réxime co dos traballadores por conta allea. En torno ás 13:00, poñeranlle o punto e final da xornada Aitor Bouza, Secretario Xeral das XSG, Digna Rivas, Deputada Provincial de Cohesión social e xuventude, e Carmela Silva, Presidenta da Deputación de Pontevedra.

Xuventudes Socialistas

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

A ONG Implicadas no Desenvolvemento organiza a exposición Maquila Boutique na Estrada

Cartaz Maquila Boutique 1A ONG Implicadas no Desenvolvemento organiza dende hoxe día 19 ata o vindeiro 29 de febreiro unha exposición na Sala de Exposicións ABANGA en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Maquila Boutique é unha exposición de artistas plásticas na que se denuncia a explotación na industria téxtil e se presentan posibles alternativas a esta explotación. Trátase dunha instalación a modo de tenda na que se expoñen pezas de roupa creadas a partir de roupa usada de compañías sobre as que existen informes de explotación laboral nos países do Sur. Inclúense ademais estudos de caso que contan a situación de traballadoras nesta industria e as beneficiarias dos grupos de aforro que apoia Implicadas no  Desenvolvemento na India Esta exposición foi coordinada pola artista galega Mar Calda e Andrea Abreu e inclúe obras de Andrea Costas, Berta Cáccamo, Carme Nogueira, Carmen Suárez, Itziar Ezquieta, Mar Caldas (coordinadora), Las Pingüinas (Natalia Umpiérrez e Sara García), Renata Otero e Rosalía Pazo Maside.

Para completar a exposición e como acción inaugural da mesma, será proxectado o sábado 20 o filme documental Fíos Fora. Historias de obreiras. Entre costuras e patróns, producido por Amarante Setem e Illa Bufarda. O documental revisa a historia das mulleres galegas que traballaron no sector téxtil dende os 60, e que foron a man de obra perfecta e cautiva para erguer unha industria xigante que agora se atopa deslocalizada. Este Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

O Estradense tentará volver aos postos de promoción fronte ao Valladares

Estradense ValladaresDespois dunha senda de encontros nos que o C.D. Estradense non conseguiu a vitoria, este domingo os xogadores de Tinto tentarán volver a senda do triunfo, esperando poder manterse entre primeiros clasificados e aspirar ao ascenso ao final da tempada.

Actualmente o cadro local atópase quinto na táboa a 3 puntos dos postos de promoción.

LOGO HELVETIA TAMAÑO WEB 300Durante o encontro que se disputará este domingo 14 de Febreiro, ás 17:00 horas no Campo Municipal de A Estrada, sortearase unha cesta de entroido doada por Helvetia. Tamén haberá filloas con mel e chourizo.

 

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Novo programa do Entroido

Finalmente a parroquia de Arnois tamén se veu obrigada a aprazar o Entroido para o próximo sábado 27.

Esperando que o mal tempo non volva ser o protagonista, as novas datas quedan así:

ENTROIDO 2016 2

Publicado en Festas, Portada | Deja un comentario

O 1º Salón do Vehículo de Ocasión, contará co respaldo da 6ª Feira de Oportunidades do Comercio e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía

cartel_1_salon_vehiculo_ocasion• Inaugurando o calendario feiral, o recinto estradense estrena un novo certame de promoción económica: 1º Salón do vehículo de ocasión, con máis dun centenar de vehículos expostos.

• Unha triple mostra que ocupará un total de 7.600 m2 de espazo expositivo.

• A mostra abrirá as suas portas ao público do 11 ao 13 de marzo, co espazo expositivo completamente cuberto.

• Preto de setenta firmas expositoras, daránse cita neste certame.

• Antigüidades, Artesanía e comercio local, darán cobertura ao 1º Salón do vehículo de ocasión.

• Entrada de balde para visitantes e sorteo de catro vales de compra, serán un incentivo para movilizar ao público e atraelo ao recinto ferial.

• Liquidación de stocks a prezos incluso mais competitivos que en épocas de rebaixas.
Cando falta pouco máis dun mes para que a 6ª Feira de Oportunidades do Comercio e 49ª Feira de Antigüidades e Artesanía abra as súas portas ao público, o espazo expositivo atópase totalmente comercializado. Sigue leyendo →

Publicado en Empresas e Comercio, Feiras, Portada | Deja un comentario

Convocadas as probas para carnés profesionais e acceso a ciclos medios e superiores

Escudo.novoA Área de promoción económica, Comercio e Emprego do Concello da Estrada e o Servizo de Emprego e Desenvolvemento Local da Fundación Cultural da Estrada

EXPÓN

Que a CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA convoca:

  • Ás probas para á obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais no ano 2016 nas seguintes especialidades:
  • Operador/a industrial de caldeiras.
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
  • Instalador/a de gas, categoría A.
  • Instalador/a de gas, categoría B.
  • Instalador/a de gas, categoría C.
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
  • Instalador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
  • Reparador/a de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre torre.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
  • Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de calquera carga de refri­xerantes fluorados.
  • Manipulador/a de equipamentos con sistemas frigoríficos de carga de refrixerante inferior a tres quilogramos de gases fluorados
  • Manipulador/a de equipamentos de transporte refrixerado de mercadorías que empre­guen menos de tres quilogramos de refrixerantes fluorados.

O prazo de presentación de solicitudes será: Sigue leyendo →

Publicado en Emprego e Formación, Portada | Deja un comentario