Luis López: “Temos que dar un paso adiante para mudar a nosa situación”

IMG-20160201-WA0000

Os mozos e mozas socialistas de A Estrada escolleron na tarde do sábado a Luis López Bueno como Secretario Xeral da agrupación local.

Da executiva municipal tamén forman parte Alexander Neira como secretario de organización e Martín Neira como encargado da área de formación.

IMG-20160201-WA0001As Xuventudes Socialistas de A Estrada renovaron na Asemblea de hoxe a súa executiva. O estudante estradense Luis López resultou elixido como responsable no eido local desta organización e deste xeito entra como membro nato na executiva municipal liderada por Xosé Antonio Dono. O novo Secretario Xeral das xuventudes substitúe á anterior secretaria, Lucía Franco, que se retira logo de tres anos de intenso traballo.

Luis López comezou a súa intervención recordando algúns dos males que está a sufrir a mocidade tanto estradense como española en xeral: “O paro xuvenil estivo preto do 50% no derradeiro trimestre de 2016, temos unha reforma educativa que ten como finalidade abaratar o custo da educación, e o que é peor, moitos dos nosos teñen que emigrar, coma a
principios do século XX”. Tamén recordou que “Na Estrada non se mira pola xente nova, o Concello non impulsa iniciativas para a mocidade e por iso o noso traballo debe Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Santiago acolle unha exposición fotográfica de Rapa das Bestas

InvitaciónW

Esta semana comezou en Santiago unha exposición de José López (Jolope) sobre a Rapa das Bestas onde está presente entre outras a Rapa das Bestas de Sabucedo, e á que asistiu o Concelleiro de Cultura do Concello da Estrada, xunto co presidente da Asociación da Rapa das Bestas de Sabucedo, Henrique Bazal.

IMG-20160201-WA0005A expo, é un resumo de imaxes de tres lugares onde se fan «rapas»: Sabucedo, Amil e Boimente(Viveiro) intentando facer unha historia ou un «relato» cronolóxico do que acontece nun «curro» Evidentemente, non é detallado pero si segue unha pequena lóxica.

Tal e como comenta o autor cando escolleu as imaxes buscaba un resumo con idea de continuidade (dentro das imaxes que eu tiña) aportando maneiras de facer e actuar en diferentes «curros» que eu fotografara para poder ter unha visión, resumida sí, pero ao mesmo tempo o enfoque que se lle dá nos diversos lugares, así como amosar a beleza dos/das protagonistas: os garañóns, as bestas e as crías. Ao mellor non o conseguín pero…

Cultura A Estrada

Publicado en Cultura, Festas, Portada | Deja un comentario

Irmandinhos recadou 150€ para Mike Mullan

8516365_1453549212.2385Có fin de axudar ó mozo irlandés Mike Mullan Irmandinhos A Estrada vai a donar o recaudado na Cantina do encontro desputado o sábado no que se recadaron sobre 150€.

Así mesmo hai un punto de recollida de donativos EN CASA NEIRA, na rúa Serafín Pazo, este punto estará habilitado toda esta semana para que toda a xente que así o desexe poida facer a súa achega.

Este é o link no que Mike Mullan esta a recadar fondos para o seu tratamento.

https://www.gofundme.com/rjkwg8sk?rcid=46c9700012f4400c8fd81cd33c826e90%3Fpc%3Dm_d_ty

Publicado en Deportes, Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario

Vagalumes e os centros de ensino homenaxearon a Neira Vilas

_MG_9684“*Memorias dun neno labrego*” é un *best seller* e un clásico. Por iso Galiza débelle tanto a Xosé Neira Vilas. Este autor que acaba de deixarnos foi un continuo colaborador do activismo cultural galego en xeral e estradense en particular. Ten participado en numerosos actos das asociacións e dos centros de ensino da nosa comarca. Por iso desde a Asociación Cultural “Vagalumes” en colaboración cos centros de ensino renderonlle unha homenaxe o pasado venres.

 

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

4 días de entroido na Estrada e dous fin de semana nas parroquias

Este sábado as edis Lucía Seoane e María del Carme Durán presentaron a programación do entroido na Estrada que traerá 4 días de actividades, bailes e concursos.

Haberá unha gran carpa na praza da Constitución con cañóns de calor para garantizar o mellor ambiente para as actividades programadas.

Sábado 6

17:00 – 20:00 horas na Carpa da Praza do Concello

Baile infantil de disfraces, actividades xestionadas por Animation con talleres e xogos para os cativos e festa de coreografías.

Domingo 7.

18:00 – 21:00 horas na Carpa da Praza do Concello Sigue leyendo →

Publicado en Portada | Deja un comentario

O BNG presenta unha moción para a conservación e rehabilitación dos edificios históricos da vila

BNG Feismo 2

Os nacionalistas proporán, na comisión de facenda do mércores, incluír nos orzamentos municipais medidas fiscais para a rehabilitación de edificios históricos.

O BNG presentou unha moción para a conservación e rehabilitación dos edificios de beleza arquitectónica que quedan na vila.

Magariños considera que a mala xestión urbanística do concello ao longo dos anos provocou a proliferación de edificacións que nada teñen que ver coas que historicamente tiña A Estrada, edificios de gran beleza arquitectónica que foron cambiados por outros que non se integran no conxunto arquitectónico local.

O BNG propón un paquete de medidas fiscais para apoiar a rehabilitación de todos os edificios catalogados no PXOM e dos que se atopan na mesma área.

Algúns exemplos a rehabilitar son o entorno da Porta do Sol, rúa Ulla, Travesía da Igrexa, Avenida Fernando Conde e Travesía de Vea, entre outras.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O alumnado do IES Nº1 realizou un coloquio coa escritora Ledicia Costas

IMG_0032O pasado venres o IES Nº1 recibiu a escritora Ledicia Costas, que mantivo un coloquio co alumnado do centro sobre os misterios que garda a obra «Escarlatina, a cociñeira defunta».

O vindeiro luns, 1 de febreiro, o IES Nº1 celebrará o Día da Paz, dedicado especialmente á problemática dos refuxiados. Os alumnos e alumnas realizarán a cadea da paz e un recital poético musical en vairos idiomas entre outras actividades.

IMG_0030 IMG_0008

 

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario