Aínda que coñecemos a sentenza polo que sae reflectido nos medios de comunicación, o proxecto da Cidade do Moble cae por erros na tramitación administrativa, non porque supoña un perigo medioambiental para o entorno do Val do Liñares como sostiñan algúns colectivos. Agardamos que esta sentenza non sexa o preludio doutra que anule o PXOM, que tamén ten defectos de tramitación administrativa, tal e como denunciamos no BNG.
Respectamos a sentenza xudicial, pero non deixa de supoñer un mazazo importante, non só para o sector do moble, senón para o revulsivo económico que podía chegar a ser a Cidade do Moble, así como de xeración de emprego.
Neste sentido cómpre unha explicación por parte da Xunta de Galiza, responsábel da Sigue leyendo










































