Hasta 35 camisetas rojas de Atletismo A Estrada disfrutaron de la que califican como "la más bella carrera pedestre que se disputa en Galicia"

Laura_SamyHemos vuelto a sentir el orgullo de formar parte de este equipo, los esfuerzos y el hermanamiento continuo es algo que solamente podemos valorar con un diez. Un diez que fue la nota que recogieron nuestros atletas en esta 38 edición de la Carrera Pedestre de Santiago.

Iniciamos el resumen con los más pequeños del club, 17 fueron los escolares del equipo que quisieron completar los 7 km de dicho evento, carrera en la que debutaban casi todos ellos y lo hicieron con unas ganas y emoción enorme.

A descatar el 3er puesto en alevín masculino de Semahegn Alonso y el 2do en alevín femenino de Laura Carracedo. Los tres primeros en llegar al Obradoiro fueron Semahegn Alonso con 31:18 minutos, Nicolás Gómez con 32:42 y Efi Prieto con 32:45.

Tomaron la salida casi 1.800 escolares y los resultados de los atletas del Atletismo A Estrada fueron los siguientes: en alevín femenino 2do lugar para Laura Carracedo, cuarto puesto para Sonia Rivadulla, noveno lugar para Ingrid Sande, 24 Eva Gil y 80 para Beatriz Mejuto; en alevín masculino el ya mencionado 3er puesto de Semahegn Alonso, Hugo Baloira como 25 y Martín Ruibal como 41. En las infantiles femeninas, 4to el lugar de Efi Prieto, 9no el puesto de Carolina Rivadulla, 10 el de Medhanit Penas y 15 para Noa Prieto; Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

O PSOE denuncia deficiencias na señalización de carga e descarga no entorno do Novo Mercado

IMG-20151024-01111 (1)A falta de sinalización na zona de carga e descarga do muelle deixa ao profesionais do sector sen espazo para realizar o seu traballo 

A falta de planificación e a improvisación como forma de xestión segue a ser a nota que define a actuación do goberno do alcalde José López no que á praza de abastos e ao seu entorno se refire. Son agora os profesionais os que denuncian o caos que se chega a dar ante a imposibilidade de empregar o muelle de carga e descarga posto que a maioría das veces se atopa o espazo destinado a tal fin ocupado por vehículos particulares.

Fai máis dun ano que se realizaron as obras de arranxo do entorno da Praza de Abastos, sen embargo en todo este tempo o goberno municipal non se preocupou de sinalizar. A actual situación conleva malestar nos profesionais do sector véndose culpados dun caos na circulación do que para nada son responsables, así mesmo, tamén xera confusión entre os particulares ao aparcar en zonas nas que non está claro se o poden facer ou non. Este problema increméntase en horario de mañá, sobre todo os mércores e o sábado, Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG pídelle ao alcalde que pregunte a cidadanía se quere ampliar ou non a Alameda

BNG1A urbanización dos terreos disparará os custes da ampliación da Alameda

«Se o alcalde fai unha consulta popular para recoller ideas para ampliación da Alameda, primeiro que faga unha consulta para saber se os veciños e veciñas da Estrada queren ampliala», afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños ante as noticias que recolleron onte na prensa local sobre o inminente inicio da expropiación dos terreos.

«Hai que ter en conta que 1.600.000 euros son só para facerse cos terreos», afirmou Magariños, «e a urbanización disparará os custes dun proxecto de dubidosa utilidade para os veciños e veciñas da Estrada». «O alcalde comete unha grave irresponsabilidade ao querer hipotecar as contas do concello cun proxecto que non ten claro que facer con el nin que contidos vai ter», sinalou o concelleiro nacionalista, «e non é de recibo endosarlle esa
decisión aos veciños e veciñas da Estrada».

O concelleiro nacionalista insistiu en que «o primeiro que ten que facer o alcalde é poñer enriba da mesa os custes reais de todo o proxecto e logo preguntar á cidadanía se lle

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O alumnado do IES Nº1 e IES Antón Losada Diéguez visualizaron o filme "A praia dos afogados" na AGASP

O alumnado dos centros educativos IES nº 1, e IES Antón Losada Diéguez, da
Estrada, tivo a ocasión de presenciar o filme A PRAIA DOS AFOGADOS QUE se
está a estrear neste mesmo mes de outubre nas pantallas dos cines galegos.
A actividade está organizada polo Departamentos de Biblioteca, Lingua
Galega e Equipo de Dinamización Lingüística de ambos os dous centros,
encargándose da proxección a empresa MINICINES CENTRAL da Estrada. Dita
proxección tivo lugar no Auditorio da Academia Galega de Seguridade
Pública, a cuxa xerencia agradece toda a colaboración brindada a
organización do evento.

Participaron na mesma máis de 350 alumnos/as e profesores/as que tiveron a
ocasión de disfrutar dun novo éxito do cinema na nosa lingua.

A praia dos afogados achegase ao xénero policiaco, baseándose na coñecida novela do

Publicado en Educación e Sociedade | Deja un comentario

Lembranza de José Antonio Dono sobre Ildefonso Puente

Ildefonso e DonoDende a Agrupación Socialista da Estrada gustaríanos publicar unha
lembranza a Ildefonso Puente Nodar, presidente da Agrupación falecido hai dous días.

UN HOME EXCEPCIONAL: ILDEFONSO PUENTE 

Onte na Estrada despedimos a Ildefonso Puente, un amigo que deixou en todos os que compartimos con el algún momento da súa vida unha fonda pegada. Ildefonso é unha desas persoas que gañou o respecto dos demais coa súa coherencia e sabedoría da vida.

Carpinteiro de profesión nunca se conformou con deixar pasar o tempo e converteuse, dende a modestia, nun referente na loita social na Estrada. Dende as súas férreas convicións socialistas soportou represalias, persecucións e acoso, sempre sen renunciar ás súas ideas, e entregando aos demais, gran a gran, o seu esforzo na loita a prol da consecución de avances en materia laboral e de dereitos sociais.

Sen dúbida ao longo dos seus 98 anos fixo moitos camiños, con milleiros de paradas de reflexión e diálogo, con momentos para escoitar e ensinar, pero sempre con gañas de apoiar na batalla a favor dos máis débiles. Conversador apracible e sereno será sempre un referente para o socialismo na Estrada. O seu compromiso férreo, a súa sabedoría e experiencia guiáronnos como socialistas na Estrada moitos anos, inda que como el diría, sempre entre compañeiros porque non se pode deixar a ninguén polo camiño.

Home de saberes e coñecementos, incansable lector na busca de oportunidades de mellora e respetuoso como o que máis, sen dúbida algunha, Ildefonso é unha PERSOA EXCEPCIONAL, e un referente para todos. Onte dixémoslle adeus, pero a súa presenza manterase sempre na familia socialista. Gracias Ildefonso por deixarnos aprender de ti.

José Antonio Dono López

Secretario Xeral da Agrupación Socialista da Estrada

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere convértese en tema musical

IMG_2854Este domingo 25 ás 12:00 horas estrease no Auditorio de Santiago a peza musical “Tequexetéldere”, composta por Simón Couceiro como homenaxe a agrupación estradense, co mesmo nome, polo seu 25 aniversario.

Esta peza, cunha duración de algo máis de oito minutos, será interpretada pola Banda Municipal de Santiago de Compostela nun concerto con entrada de balde.

O compositor, Simón, inspirouse en dez cancións do folclore estradense: Muiñeira de Fraíz, A Parromeira, Cantar de Reis, Cantar de Baloira, Mazurca de Toedo, Viva Somoza, Jota de Montillón, Beneranda, Palmira e Restelada.

Ademais no estreo desta composición a Banda Municipal de Santiago empregará na percusión instrumentos pouco usuais como piñas de pino abertas, noces, morteiro e mazo de madeira, mazurcas de millo e peneira con graos de millo entre outros.

Así no lo presentaron Enrique Vázquez, en representación de Tequexetéldere, acompañado de Simón Couceiro, compositor da obra, e Juan Miguel Romero Llopis, Director da Banda de Música Municipal de Santiago.

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario

Esta tarde nova cita co fútbol gaélico na Baiuca

cartelEste fin de semana disputase a partir das  16:30h. no campo municipal de A BAIUCA, A Estrada a 5ª xornada da liga galega de fútbol gaélico feminino e masculino,  que enfrontará ós catro equipos estradenses cós equipos de Pontevedra e Ourense.

Irmandinhos e Irmandinhas A Estrada enfrontase os equipos de Pontevedra F.G. Equipos a priori que non lle deberían dar moitos problemas, ainda que nunca se sabe sempre pode haber unha sorpresa, pla banda masculina o Pontevedra F.G reforzouse esta tempada e a experiencia deste últimos anos está facendo que se consolide na 1ª división galega.

Pola banda feminina o Pontevedra F.G sempre é un rival moi duro que mellora en cada partido e sempre da moita guerra, este ano queren dar a sorpresa e consolidarse no podium da categoría

Pola parte dos Bratihreachas F.G enfrontanse ós equipos Ourensanos do Auriense F.G, equipos formandos o ano pasado que despois de competir en varios torneos xa están Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario