Nemesio Rey será el nuevo responsable de la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada

Reunion padroado 210715 5En la mañana de ayer, se reunía en convocatoria extraordinaria el Patronato de la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada, a fin de tratar diversos temas de gestión general. De esta misma reunión, salió nombrado Nemesio Rey, nuevo responsable de la entidad.

A penas a dos meses de celebración de la XXIX Feria Internacional del Mueble de Galicia, Nemesio Rey, empresario local estrechamente vinculado al sector de la madera y el mueble, retoma la vacante dejada por Mercedes Cuiña Puente, quien había presentado su renuncia irrevocable al cargo, con fecha 31 de diciembre del pasado año.

Con este nombramiento por parte del Patronato de la entidad, se cierra un paréntesis, durante el cual, el personal de la entidad ha trabajado bajo las directrices marcadas por el propio Comité Ejecutivo, presidido por José López Campos.

A la fecha, la entidad viene trabajando activamente en su próximo certamen de promoción Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Feiras, Portada | Deja un comentario

Magariños cre que "a iniciativa da posta en funcionamento do centro ictioxenico debe partir do concello"

IMG_2049Xosé Magariños: «é lamentábel que un concello que presume ser un referente de todo o relacionado co salmón, teña un centro deste tipo completamente abandonado, importante para recuperar a pesca do salmón no Ulla, xunto coa mellora da calidade das aguas dos nosos ríos»

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, acusou ao alcalde da Estrada de “pouca memoria a respecto do centro ictioxénico de Vilacriste, Cora, abandonado a monte desde de 2005”.

O nacionalista recordou que “foi o propio alcalde, cando aínda era deputado en 2010, o que presentou unha iniciativa no Parlamento Galego para a posta en marcha deste centro, iniciativa que contou co apoio do BNG, xa que fomos nós precisamente os que en reiteradas ocasións alertamos sobre o abandono do centro ictioxénico, a última en plena campaña das municipais”. “Cinco anos despois desa iniciativa e dez da súa inauguración o centro segue parado, pero deteriorándose cada día máis e non só pola natureza, senón
polos actos vandálicos que denunciamos en máis dunha ocasión”, engadiu o concelleiro.

Xosé Magariños explicou que “é lamentábel que un concello que presume ser un referente de todo o relacionado co salmón, teña un centro deste tipo completamente abandonado, Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela cumpre 20 anos

09Xa está aberto o prazo para a presentación de artigos para a vixésima edición do Premio Xornalístico Manuel Reimóndez Portela.

Poderán participar os artigos publicados antes do 25 de agosto en calquera medio de comunicación, sendo a data límite de presentación o 1 de setembro.

Os traballos poden ser presentados a concurso polos propios xornalistas como autores ou por calquera persoa que considere que algún escrito sería merecedor do premio.

Bases do Premio Xornalístico

 

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Os socialistas denuncian que "a policía local da Estrada se atopa en estado de abandono"

IMG-20150717-WA014As dependencias levan un ano coas obras paradas e sen rematar e un dos coches oficiais leva semanas cunha roda pinchada aparcado diante da porta de acceso á oficina 

Dende fai un ano as instalacións da policía local presentan unha sensación de abandono e caos como resultado das obras que o Concello iniciou e nunca rematou. Agora esta sensación trasládase xa ao exterior da sede da policía, onde dende fai 2 semanas pode verse un vehículo oficial cunha roda pinchada aparcado na praza xunto diante da porta de acceso.

“O alcalde López Campos, máximo responsable da xefatura de policía local da Estrada, ocúpase só de vender titulares para a prensa pero esquece a execución do día a día”, denunciou a portavoz socialista.

En 2014 prometeu acondicionar a sede local da policía e dixo que as obras durarían dúas semanas, e un ano despois vemos como a obra nunca se rematou, e os policías traballan Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

O BNG da Estrada apoiou a manifestación de gandeiros e gandeiras en Santiago de Compostela

BGN 20150717 Manifestación leite SantiagoMagariños insta ao alcalde a pelexar polo sector, entre os que hai centos de veciños e veciñas

Militantes e simpatizantes do BNG da Estrada, encabezados polo portavoz municipal, Xosé Magariños, apoiaron hoxe a manifestación de gandeiras e gandeiros en Santiago de Compostela convocada pola Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo Galego. O concelleiro nacionalista destacou o éxito da convocatoria «porque o sector lácteo galego está ao borde do colapso por decisións políticas que se toman na Unión Europea, mentres o Goberno da Xunta e o Goberno central calan sendo cómplices destas políticas que están levando á ruína a miles de gandeiras e gandeiros».

«Reiteramos a necesidade de que o alcalde estea á altura», engadiu Magariños, «gandeiras e gandeiros da Estrada así o demandan, e esixímoslles que pelexe polo sector como fan os alcaldes do BNG, que foron os primeiros en pedir respostas políticas fonte a esta crise, que non é só do sector, senón que afecta a moitos outros, pero especialmente ao rural galego».

Segundo explicou Xosé Magariños, «o BNG da Estrada comparte as medidas urxentes do sector, e neste sentido queremos que se garanta a recollida de todo o leite producido a Sigue leyendo →

Publicado en Agrogandeiros, Política, Portada | Deja un comentario

O alcalde anuncia avances coa variante e o centro do maior

IMG_3251A pasada semana José López facíanos unha valoración dos últimos acontecementos da política local.

O alcalde anunciou que levaban o pasado luns a Tramitación ambiental actualizada da variante e que durante esta semana esperaban obter resporta da Xunta de Galicia. Este será o trámite previo ao pago das expropiacións para poder dar comezo coas obras.

López tamén falou do centro do maior, algo que considera moi importante para o noso concello e que o goberno pretende por en marcha canto antes.

Finalmente o alcalde tamén quixo responder ao partido socialista sobre a acusación de perder unha subvención de AGADER. López defende a tramitación do concello de dita subvención e espera que a xustiza lle de a razón como xa sucedeu anteriormente con outros concellos en contenciosos similares.

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Este venres presentarase a 20ª Edición do Festival Folk "As Nosas Músicas"

2015-07-16 15.19.38Este venres ás 10:30 horas da mañá terá lugar a presentación da vixésima edición de As Nosas músicas na Cafetería Mimela.

Este tradicional festival folk celebrado na parroquia estradense de Couso dende hai xa 20 anos será presentado por membros da asociación A Xesteira, organizadora do evento, e polo alcalde, José López, e o Concelleiro de Cultura, Juan Constenla, en representación do Concello de A Estrada.

O festival terá lugar o próximo 14 de Agosto.

Publicado en Festas, Música, Portada | Deja un comentario