O PSOE denuncia que "a nova sede de protección civil en Toedo está totalmente inhabitable"

01150.000 euros de orzamento, máis a contratación a maiores de 2 empresas amigas dan como resultado 9 meses despois unha obra inacabada 

Recentemente o alcalde José López anunciaba para o mes de setembro o traslado do servizo de protección civil dende o edificio de usos múltiples na vila á nova sede ubicada no antigo centro comarcal de Toedo remodelado polo obradoiro de emprego 2014. Este anuncio do alcalde, enmarcado no anuncio da futura remodelación do edificio de usos múltiples, agocha detrás de si a realidade doutra chapuza do alcalde en materia de obras.

“Cables colgando do teito, traballos de albanelería sen rematar, paredes de escaiola con cortes abertos, premarcos de obra á vista, teitos inacabados ou pisos sen colocar, ausencia de portas interiores e de apliques e de calquera tipo de mobiliario, esta é a imaxe que pode verse a través dos papeis caídos que dende o mes de novembro impedían contemplar as estancias interiores do edificio”, relatou a portavoz socialista.

150.000 euros de orzamento destinado a través do obradoiro para os traballos de Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Política, Portada | Deja un comentario

O novo goberno da Deputación reitera a súa vontade de facer un reparto equitativo dos recursos deste organismo aos Concellos

Deputación de pontevedraAnte as declaracións do alcalde de A Estrada, José López, que pon en dúbida a anunciada vontade do novo goberno da Deputación de Pontevedra de unha repartición equitativa na distribución de recursos aos Concellos da provincia, o Goberno que preside Carmela Silva quere reiterar, como vén anunciando dende a súa toma de posesión, que haberá un tratamento xusto, sen excepcións, os 62 concellos da provincia.

A presidenta da Deputación insiste en que “o alcalde sabe perfectamente que iso non era así coa Deputación gobernada por Louzán e iso demóstrase vendo os discriminatorios investimentos que se fixeron, que se daban tendo en conta a afiliación política dos alcaldes”

Carmela Silva asegura que esas prácticas remataron. “Este novo goberno vai ter un comportamento radicalmente distinto. Vaise pasar da arbitrariedade á transparencia, ao Sigue leyendo →

Publicado en Política, Portada | Deja un comentario

Irmandinhos comenzou a pretemporada o pasado mércores

IMG-20150723-WA0000O pasado Mércores día 22 as 22h no campo municipal de Figueiroa daba comezo oficialmente a pretempada do IRMANDINHOS A ESTRADA FÚTBOL GAÉLICO, có primeiro adestramento das Irmandinhas. Os equipos masculinos comezarán os adestramentos o vindeiro 3 de Agosto as 21h no mesmo campo.

22 rapazas comezaban este ano os adestramentos baixo as ordes dos dous adestradores femininos, Carlos Torres (Irmandinhas) e Gregorio Durán (Braithreachas), que ó longo da pretempada formarán as dúas escadras que representarán a nosa vila.

Esta tempada 2015-2016, Irmandinhos A Estrada, despóis da magnifica organización da 3ª rolda do torneo ibérico 2014-2015 que deixou impresionados tanto ós participantes como a GAA (Federación Irlandesa de Xogos Gaélicos), e que contou cá unidade, apoio e colaboración dos empresarios, equipos deportivos e veciños de A Estrada. Ten previsto organizar unha rolda do TORNEO EUROPEO, o cal achegará á vila a equipos de todo Europa, moitos dos cales xa teñen confirmada a súa asistencia.  Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

A ACOE e o parking Catromar chegan a un acordo para facilitar o estacionamento no centro

2015-07-17 13.43.49A Asociación de Comerciantes de A Estrada e o parking da rúa San Antón chegaron a un acordo para facilitar o estacionamento dos clientes que se achegan a realizar as súas compras ao centro da vila.

O aparcamento Catromar realizou 50.000 tíckets, podendo ampliarse a cantidade se houbera máis demanda, que suporán unha hora de estacionamento gratuíto, podendo ser máis tempo se se dispoñen de varios tíckets ao ser acumulativos.

O estacionamento estradense farase cargo do 50% do importe dos tíckets e os comercios asociados que se unan á campaña aportarán a outra metade, estes establecementos deberán indicar de maneira visible que dispoñen deste desconto.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O concello asume a reforma das instalacións da Policía Local e renova o seu parque móbil

02A pasada semana o alcalde estradense fixo entrega dun novo coche a Policía Local de A Estrada valorado en 18.000 €. Trátace dun Citroën C4 que servirá para renovar o deteriorado parque móbil deste corpo de seguridade.

Nos próximos días reforzaráse a Policía Local cunha moto e antes de final de ano espérase poder dispoñer dun novo vehículo.

López tamén anunciou que se realizará unha inversión de 20.000€ para realizar a reforma das instalacións da Policía Local na Estrada.

01 03

 

Publicado en Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

As Nosas Músicas chega a súa vixésima edición

2015-07-17 11.03.34

01A Asociación A Xesteira de Couso xa está traballando nunha nova edición do Festival de música Folk «As Nosas Músicas».

O pasado venres membros da organización acompañados do alcalde, José López, facían a presentación do programa deste ano na Cafetería Mimela.

Boa música, zona de acampada, xogos tradicionais, mostra do proceso do liño, servizo de bar, bocadillos, polbeiro,… Variedade para unha tarde noite de lecer para todos os públicos o vindeiro venres 14 de Agosto.

Publicado en Festas, Música, Portada | Deja un comentario

Nemesio Rey será el nuevo responsable de la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada

Reunion padroado 210715 5En la mañana de ayer, se reunía en convocatoria extraordinaria el Patronato de la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada, a fin de tratar diversos temas de gestión general. De esta misma reunión, salió nombrado Nemesio Rey, nuevo responsable de la entidad.

A penas a dos meses de celebración de la XXIX Feria Internacional del Mueble de Galicia, Nemesio Rey, empresario local estrechamente vinculado al sector de la madera y el mueble, retoma la vacante dejada por Mercedes Cuiña Puente, quien había presentado su renuncia irrevocable al cargo, con fecha 31 de diciembre del pasado año.

Con este nombramiento por parte del Patronato de la entidad, se cierra un paréntesis, durante el cual, el personal de la entidad ha trabajado bajo las directrices marcadas por el propio Comité Ejecutivo, presidido por José López Campos.

A la fecha, la entidad viene trabajando activamente en su próximo certamen de promoción Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Feiras, Portada | Deja un comentario