O 25 a ACOE dará comezo a Campaña de Verán cunha tarde de actividades

01A Asociación de Comerciantes de A Estrada, ACOE, abrirá a campaña de verán coas festas da Estrada.

Como no pasado ano a asociación de comerciantes estradense engalanará as farolas das rúas da vila con 600 cartulinas con debuxos dos nenos dos centros estradenses a partir do día 22. Cada cor representa un centro educativo.

A campaña de verán comezará a tarde do 25 de Xuño con actividades pola rúa para as que será preciso tickets para participar que repartiran os comercios asociados coas compras. A ACOE organizará xogos populares e colocará inchables entre outras actividades para o que contará con monitores e un animador.

Publicado en Asociacións, Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

A Estrada Futsal xa ten novos talentos

04A Estrada Futsal presenta o seu novo equipo alevin que comezará a competir a vindeira temporada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Encontro de Poesía no Areal de Berres

encontro-poeticoO vindeiro domingo 21 de xuño, nas vésperas do San Xoán que terá lugar no Areal de Berres, quixemos citar nese lugar aos poetas da comarca nun encontro con creadores de bisbarras veciñas nunha xornada de convivio no que renderemos homenaxe aos escritores desta parroquia, sobre todo aos irmáns Valladares que tiveron a iniciativa no seu tempo de recoller a fala desta Terra e poñela en texto impreso e produción literaria.

A xornada comezará na vila da Estrada, no pedrón dedicado a Marcial Valladares na alameda ás 12:30, onde os poetas máis novos, desde alí achegarémonos a Igrexa de Berres, onde están enterrados os Marcial e Avelina, alí celebrarase un concerto baseado en obras destes autores a cargo de Isabel Rei, para continuar en percorrido poético até o Areal
pasando pola casa natal de Manuel García Barros.

No Areal, neste espazo natural arranxado e posto en valor polos veciños terá lugar as intervencións poéticas e musicais.

Asociación Cultural Vagalumes

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

Tequexetéldere participará nun festival internacional en Bélxica

Teque BelxicaTequexetéldere representará a Galicia nun festival internacional en Gasselt, Bélxica, que se celebrará entre o 13 e 20 de agosto. Para este evento desprazaránse a terras belgas preto dunha treintena de compoñentes da agrupación estradense.

Este venres ás 20:30 as escolas de Tequexetéldere (baile, solfeo, acordeón, gaita…) compostas por uns 100 nenos realizarán un Festival de Fin de Curso no Teatro Principal.

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

Este sábado volve o teatro ao Principal co Capitán Garfo

Capitan garfo

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

O conservatorio e ACOME realizan concertos de fin de curso este xoves

mg_5179O Conservatorio Profesional de Música realizará este xoves o seu fin de curso ás 19:30 no Teatro Principal.

Esa mesma noite ás 22:30 concerto fin de curso de ACOME  (asociación cultural obradoiro de música de A Estada) na Cafetería Nicols con entrada libre (mesmo ó remate do concerto da Banda de Música Municipal no Teatro)

ACOME leva traballando dende o ano 2012 na formación de músicos através dos mellores programas de formación baseados na práctica, improvisación e combo.

Trátase dun obradoiro de interpretación e improvisación de música moderna dirixido por Carlos Barruso; no cal poden participar tódolos instrumentistas ou cantantes que o desexen.

Poden asistir ós cursos de formación alumnos/as de tódalas idades e calqueira nivel de formación, ben sexa clásico ou moderno.  Sigue leyendo →

Publicado en Música, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande celebra cunha foliada o fin de curso de música e canto

cartel festa findecurso 2015 webUn ano máis a asociación celebra a FESTA de fin de curso das clases de música e canto tradicionais que se desenvolven todos os sábados no local social de Ouzande. O curso presente mantivo unha notable participación nestas clases, superando as sesenta persoas, de todas as idades, nas disciplinas de: gaita, tambor, pandeireta, baile, canto e acordeón. Os alumnos e alumnas de todas as clases teñen preparadas diferentes actuacións para esta festa de fin de curso.

A asociación convida a unha foliada para o sábado 20 de xuño a partir das 9 da tarde no campo da festa. Agasallaremos tamén cuns pinchos a todos os asistentes.

Están invitados todos os veciños e veciñas da contorna e cantos amigos
desexen vir.

CAMISETAS OU 15*CAMISETAS DE MODA*

Xa están á venda as camisetas do verán 2015. Este ano as camisetas da asociación locen un fermoso deseño SEGUIMOS TECENDO realizado por Rosa de Cabanas. Están á venda na Taberna de Ouzande e tamén nas diferentes actividades da asociación, como esta festa fin de curso.

A Fervenza de Ouzande

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario