Quedada de bibicletas clásicas este sábado

IMG-20150603-WA0013Có ánimo de dinamizar e colaborar cós eventos que se realizan na Estrada a Asociación Vehículos Clásicos A Estrada organiza para este sábado 6 de Xuño, coincidindo cá feira da sidra, a «3ª QUEDADA DE BICICLETAS CLÁSICAS».

A quedada é gratuita e só se pide que a xente veña cás súas bicicletas clásicas e vestido acorde cá época da bicicleta (se non ten roupa acorde tampouco pasa nada)

Quédase o sábado día 6 as 11h. na praza do concello de A Estrada e a continuación darase unha volta por diferentes establecimentos locais no nucleo urbán voltando posteriormente á feira da sidra.

Asociación Vehículos Clásicos A Estrada

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

A Estrada acollerá o primeiro certame A Devesa dos Pícaros

01A Estrada acollerá a primeira edición do certame «A Devesa dos Pícaros» organizado polas agrupacións Tequexetéldere (A Estrada), A Mámoa de Luou (Teo), A Ponte Vella (Teo), Asociación Obradoiro Volanteira (Cambados), Mar de Arousa (Vilagarcía) e Nós de Sobradelo (Vilagarcía).

O lugar elixido será o curro de Sabucedo con aforo para 2000 espectadores que poderán asistir de valde, o sábado 13 de Xuño ás 12:00 horas. O certame servirá de encontro para os rapaces e rapazas entre 4 e 12 anos das escolas destas seis agrupacións. Así participarán sobre 300 cativos.

A intención destas agrupacións é facer dous encontros anuais, cada un cunha sede distinta ata que todas acollan o certame e volver comezar. Aínda que o certame se celebre nesta ocasión en A Estrada a organización corre a cargo de todas as escolas participantes.

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario

A Xunta pon en marcha a iniciativa ‘Árbores con historia’ coa primeira ruta divulgativa e turística polas árbores senlleiras de Galicia

VISITA DE LA CONSELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE, ETHEL VAZQUEZ, AL PAZO DE OCA.Trátase dunha iniciativa que busca poñer en valor o patrimonio natural da Comunidade galega

Trátase dunha das actividades organizadas polo Goberno galego para celebrar durante toda esta semana o Día Mundial do Medio Ambiente

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou hoxe nos xardíns do Pazo de Oca, na Estrada, catro exemplos de gran singularidade, incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas puxo en marcha hoxe a iniciativa ‘Árbores con historia’ coa primeira ruta divulgativa e turística polas árbores senlleiras de Galicia. Este proxecto ten por obxectivo dar a coñecer e poñer en valor o enorme patrimonio natural da Comunidade galega e bota hoxe a andar no marco das actividades programadas durante toda a semana para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora o 5 de xuño.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, visitou hoxe nos xardíns do Pazo de Oca, na Estrada, catro exemplos de gran singularidade, incluídos no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia, que forman parte desta primeira ruta, e entre Sigue leyendo →

Publicado en Portada, Turismo | Deja un comentario

O Club Koryo consegue un terceiro posto no Campionato Galego Escolar de Combate

podiumDSC_0003En el Campeonato Gallego Escolar de Combate celebrado el 30-05-2015 en Vilalba nuestro club Koryo de A Estrada participó con una deportista en la Categoría Gallo femenino de -43 Kg Infantil Clasificandose en 3ª Posición Antia Vega Crego.

Club Koryo

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Abertas as inscricións para o torneo de tenis de dobres que terá lugar na última quincena de Xuño

CARTEL TenisVI TORNEO DE TENIS DE DOBRES “CONCELLO DA ESTRADA”

1.-O torneo rexerase polas normas da Real Federación Española de Tenis.

2.-Os partidos disputaranse ao mellor de tres sets, con tie break en todos eles.

3.-O sistema de competición será eliminatorio con cabezas de serie que se establecerán, pola organización, en función da clasificación da edición do pasado ano.

4.-Aplicarase W.O. a todo xogador/a que non estea preparado/a para disputar o seu partido transcorridos 15 minutos da hora sinalada para o comezo. O quecemento na pista non superará os 10 minutos. Recoméndaselle aos xogadores, do segundo e terceiro turno, que estean nas pistas media hora antes do comezo dos seus partidos.

5.-Lémbrase aos/as xogadores/as que teñan dificultades de horarios que deberán comunicalas á organización no momento da inscrición. A organización tratará de axustarse ás necesidades dos/das participantes. Unha vez confeccionados os horarios, estes non serán alterados e polo tanto non se accederá a cambios posteriores.  Sigue leyendo →

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

Este xoves, 4 de Xuño, abrirá a inscrición para o Campus de Verán

campus veránVI CAMPUS DEPORTIVO DE VERÁN CONCELLO DA ESTRADA 2015

O departamento de deportes oferta para os meses de xullo e agosto, a sexta edición do Campus Deportivo de verán do Concello da Estrada. Ofertanse un total de 150 prazas por quenda. Neste mes de xuño realizase a preinscripción para a quenda de xullo; no mes de xullo abrirase o prazo de inscrición para a quenda de agosto.

A actividade está dirixida para nenos de 5 a 15 anos e terá lugar na zona deportiva do concello en horario de 10.00 ás 14.00 horas. O prezo será de 75 euros por participante e mes e variará segundo os membros da unidade familiar que participen. Así, para o segundo membro da mesma unidade familiar o prezo será de 50 euros, para o terceiro membro da mesma unidade familiar o prezo será de 25 euros e a partir do cuarto membro o precio será gratuito.

As actividades que oferta o Campus Deportivo de verán son, entre outras: fútbol, baloncesto, atletismo, bádminton, natación, tenis, ciclismo e xogos de iniciación para os máis pequenos. En cada quenda haberá una excursión o Aquapark de Cerceda e una acampada nas instalación das piscinas municipais.

O Campus Deportivo de verán conta con servicio de transporte gratuito dende a estación de autobuses ata a zona deportiva, con regreso.

Os interesados en formalizar a inscripción -sen realizar pago de ningún tipo- deberán de facelo de forma presencial no Concello (planta baixa) a partir do vindeiro xoves día 4 de xuño. As prazas adxudicaranse segundo a orde de inscripción ata esgotar as mesmas. No momento de esgotar as prazas comezará una lista de espera. A inscrición debe de ser realizada polo pai/nai ou titor legal, Non se poderán facer inscricións no nome de terceiras persoas. O pago farase na primeira semana da actividade.

Departamento de Deportes do Concello da Estrada.

Publicado en Deportes, Portada | Deja un comentario

La Sociedad "Hijos del Ayuntamiento de La Estrada, en La Habana Cuba" celebrará el 4 de junio su centenario

LOGO CIRCULAR NUEVO ESC 11-3-15La Sociedad “Hijos del Ayuntamiento de La Estrada, en La Habana Cuba” cumplirá el Próximo 4 de junio 100 años,  fundada en el Centro Gallego, ese día de 1915, fue firmada su Acta de Constitución por Manuel Señarís Junquera y José Brea.

El  Plan para la celebración de tan trascendente fecha, contempla actividades a lo largo de todo el año, hasta el momento han desarrollado una Junta General Festiva en enero, una Degustación de Platos Típicos Gallegos en abril, rindieron homenaje en las Letras Gallegas a Pedro Varela Castro,comentando el contenido de su libro “La Estrada”, por el papel que dicho luchador agrarista, concejal primeramente, y Alcalde de La Estrada de 1917 a 1920, tuvo en la fundación de la Sociedad, explícita en el texto. En esta jornada también se  expuso la obra del   escritor estradense: José Luna Sanmartín.

El próximo 5 de junio en horas de la tarde, la Banda Nacional de Conciertos, bajo la dirección del jóven maestro Igor Coscuera,  y con la participación del Coro Juvenil del Teatro Lírico Nacional, ofrecerá un Concierto de música Gallega, que incluye las obras del profesor Javier Comesaña Pereira: Cen Anos Ha y Evocación Habanera, en la Calle de Madera, en la Habana Vieja. A esta actividad, que consideramos de Lujo, le seguirá un encuentro entre los asociados e invitados al concierto en un local cercano para picar un cake alegórico a los 100 años de vida de esta sociedad y hacer entrega de regalos a los
Oriundos de La Sociedad.

ESTANDARTE POSTAL 100 ANIVERSARIO

Sociedade «Hijos de La Estrada en La Habana»

Publicado en Educación e Sociedade, Portada | Deja un comentario