O pasado 19 e 25 de abril celebrouse a V Romaría Enxebre Gastronómica de San Marcos actuando como pregoeiro Don Ramiro Varela Cives, cirujano Infantil, académico Numerario de la Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, ex Jefe de Servicio de Cirugía Pediatíca del Hopsital Clínico y ex Profesor Titular de la Universidad de Santiago de Compostela.
O pregón foi o seguinte:
Autoridades, presidente e membros da comisión da festa, veciños, familiares e amigos, forasteiros, señoras e señores: Moi bos días
Celebramos hoxe nesta parroquia (silledense) de Lamela a quinta edición da Romaría Enxebre Gastronómica do San Marcos, (que terá continuidade o próximo día 25 cunha función máis relixiosa), organizada polos veciños do lugar de Barravaite, con Misa, pregón, e un menú que inclúe empanada, polbo, churrasco, rosquillas, bebidas e queimada; e inclusive hai sesión vermú e música.
E dicir, festa rachada e celebración como Deus manda.
Festa que dalgún xeito retoma a antiga tradición das comidas que se facían aquí o día de San Marcos, e dun ritual relixioso que se iniciaba na capela da Piedade de Cervaña, coa saída do estandarte ata a igrexa de Lamela onde se recollía a Virxe das Dores para seguir en procesión o encontro do Santo que ia desta Capela, continuando despois xuntos hasta chegar aquí.
Na cima deste coto facíase a bendición dos campos, e despois da misa o acto coñecido como da baixada do Santo, onde no seu caso, pasaban as persoas por debaixo de San Marcos o tempo que se dicía unha xaculatoria.
Había moitos postos onde se vendían numerosos produtos locais da horta, do campo, e inclusive rosquillas. Tamén música e baile. Sigue leyendo →