BNG-Asembleas Abertas explica en Ouzande o programa de participación e cultura

IMG-20150510-WA0004Xosé Magariños: “ se saio elixido alcalde non nomearei alcaldes de barrio, non quero infantería, non quero recadeiros do alcalde, quero veciños e veciñas que se responsabilizan da súa parroquia”

O BNG-Asembleas Abertas da Estrada segue cos actos públicos polas parroquias da Estrada e hoxe desprazouse até Ouzande onde debullou as liñas mestras do programa electoral de participación social e cultura.

O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou que “das 51 parroquias que ten o noso concello, Ouzande é o modelo a seguir en canto a participación e implicación dos veciños e veciñas nas cuestións da parroquia”. “Conta cunha xunta parroquial”, engadiu Magariños, “e cunha das asociacións culturais máis importantes do concello, que desenvolve toda unha serie de actividades ao longo de todo o ano”.

“Nós queremos estender este modelo a todo o concello da Estrada”, afirmou Magariños, “impulsaremos desde o primeiro día de goberno os consellos parroquiais convocando eleccións en todas as parroquias para elixir a xunta parroquial”. “Evidentemente”, engadiu o candidato nacionalista, “se saio elixido alcalde non nomearei alcaldes de barrio, non Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A choiva empañou a Noite de Compras

01O venres pasado a Asociación de Comerciantes organizou unha nova edición da Noite de Compras con descontos de ata o 60% nos comercios asociados.

Nesta ocasión o tempo non acompañou impedindo o desfile previsto polas rúas de A Estrada.

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

O BNG-Asembleas Abertas da Estrada aposta por un rural para vivir e traballar

BNG1Magariños “eu non serei un alcalde submiso ou que mira para outro lado, como fai López, mentres o noso sector gandeiro está a sufrir a peor crise da súa historia”

O BNG-Asembleas Abertas da Estrada realizou hoxe o seu segundo acto público de campaña, neste caso foi na parroquia de Toedo.

O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, explicou antes os veciños e veciñas que “estamos ante unha zonas da Estrada da maior valor agro-gandeiro e neste sentido, nós os nacionalistas apostamos por un rural vivo, onde se poida vivir e traballar”. “Queremos”, engadiu o candidato, “que se preserven os terreos de especial interese agrario, pero tamén que os veciños e veciñas poidan construír unha casa ou un pequeno taller”. “O BNG non comparte a idea dun rural só para os urbanitas”, afirmou.

Magariños explicou que non “o sector agro-gandeiro, mais concretamente o sector lácteo está a atravesar serias dificultades pola caída dos prezos do leite, por mor dunhas decisións que se tomaron en Europa, pero quero deixar claro, que eu non serei un alcalde submiso ou que mire para outro lado, como fai López, mentres se desmantela o sector Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O sábado Tequexetéldere organiza o Festival Folclórico do Salmón

11194468_829908060434288_6948648760110597194_oMañá, sábado, dentro da programación da XLII Festa do Salmón Tequexetéldere organiza o Festival Folclórico do Salmón.

Os grupos convidados este ano ao festival son Grup de Danses El Forcat de Castelló de la Plana e o Grupo Colla de Sa Bodega de Illes Balears.

O festival dará comezo ás 18:00 hs cun desfile que sairá dende a Porta do Sol pola rúa Calvo Sotelo ata a Farola e baixará por Serafín Pazo ata o Teatro Principal.

Alí dará comezo, ás 18:30 hs o espectáculo onde as tres agrupacións amosaremos durante 20 min cada unha o noso folclore.

As agrupacións participantes tamén actuarán na carpa da degustación o domingo 17 dende aproximadamente ás 12:30 hs

La Colla sa Bodega nació en el año 1987 por iniciativa de la Asociación de Madres y Padres de Alumnos (AMIPA) del Colegio Público sa Bodega de la ciudad de Eivissa. Actualmente funciona de forma independiente, aunque no ha perdido contacto con el colegio, donde conserva su sede social. La colla está formada por unos treinta componentes.

La agrupación tiene estandarte propio y se encuentra inscrita en la “Federació de Colles de Ball i Cultura Popular d’Eivissa i Formentera” y en la Federación Española de Agrupaciones Folklóricas (F.E.A.F.).

IMG_8173Las principales actividades de la Colla sa Bodega incluyen actuaciones populares en las fiestas patronales de Santa María, Sant Ciriac y Sant Joan y en los barrios de ses Figueretes, es Clot, Puig des Molins, es Pratet, AAVV San Pablo y sa Capelleta. También participan en muestras solidarias, la fiesta del Rocío, la feria Andaluza, etc.

De octubre a junio funciona como escuela de Ball pagès e instrumentos musicales en el CP sa Bodega y de junio a septiembre realiza diversas actuaciones en el baluarte de Sant Pere. Asimismo,  y en colaboración con el Ayuntamiento de Eivissa, durante la última semana del año organiza una xocota pagesa (fiesta popular donde se Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Portada | Deja un comentario

Xosé Magariños propón a posta en funcionamento do centro ictioxénico do Ulla para que A Estrada sexa un verdadeiro referente do salmón

IMG_2073O BNG-Asembleas Abertas da Estrada denuncia o abandono do recinto desde que o inaugurou Manuel Fraga en 2005

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada realizou hoxe unha acto de denuncia polo abandono do centro ictioxénico do Ulla en Vilacriste, construído en 2005 pola Xunta de Manuel Fraga e tivo un custe de 600.000 euros.

O candidato á alcaldía, Xosé Magariños, afirmou que “o alcalde desentendeuse completamente deste recinto, a pesar de que en 2010, cando era deputado no Parlamento Galego, presentou unha iniciativa para a posta en funcionamento do centro ictioxénico”. “Evidentemente nunca chegou a funcionar”, engadiu o candidato nacionalista, “e o que debía servir para repoboar os nosos ríos de salmón e troita, o único que medra alí desde a
súa inauguración en 2005 son silvas e toxos”.

A candidatura do BNG-Asembleas Abertas da Estrada colgou na cartaz que anuncia a obra a iniciativa que presentara en 2010 o daquela deputado José López Campos, “para que fique claro as promesas de López teñen o mesmo valor no Parlamento, no concello ou Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

A Fervenza de Ouzande organiza unha nova ruta para o día das Letras Galegas

rutas primavera 2015 letras webRuta das Lagoas e camiños do monte.

A Fervenza de Ouzande continúa co programa “Imos andar”, coa Ruta  das Letras que chega á súa décima edición. Nesta ocasión realizaremos a «ruta dos carreiros dos montes e as lagoas».

Será o domingo 17 de maio, con saída ás 10 da mañá e regreso ás 13:30 (Igrexa de Ouzande) Ao final do roteiro, todas as persoas participantes serán agasalladas cun libro en galego en conmemoración do Día das Letras. A actividade é gratuíta e a inscrición realizarase no inicio da ruta, polo cal se prega puntualidade.

PERCORRIDO:12 km.

DIFICULTADE: baixa

DURACIÓN: 3 h 30 min

MATERIAL: é preciso levar roupa cómoda (chándal, botas de montaña…), tendo en conta a predición metereolóxica.

LUGARES DE INTERESE:

Lagoas de Zoo: Nesta saída habemos achegarnos ao alto do monte do lugar de Zoo, xa no Concello de Cuntis, a un lugar no que de invernos se forman lagoas de auga doce grazas ao efecto da choiva e á escasa drenaxe do solo.

Espazos naturais e paisaxe: A ruta combina espazos naturais autóctonos con zonas moi Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Deportes, Portada | Deja un comentario

Móvete organiza polas Letras Galegas un concerto dos Esquios que presentan o seu novo disco "A Diana Somos Todxs"

11262391_485141011634062_8581197948778928045_oMóvete celebra o 17 de maio, día das Letras Galegas, cun acto festivo no que reivindicamos a nosa aspiración a vivir a totalidade das nosas vidas empregando a nosa língua.

O noso compromiso coa língua xira en torno a garantir o pleno exercicio dos nosos dereitos lingüísticos: o galego como língua vehicular na infancia e na mocidade e a súa promoción social.

Móvete organiza o día 17 de maio, a partir das 19;30h, o concerto “móvete polas nosas Letras” na Praza da Feira (zona dos pulpeiros).

  • 14En primeiro lugar explicaremos o noso compromiso coa língua galega e as accións que dende o Concello levaremos a cabo para promovela: “Unha língua para gobernar o Concello”.
  • Actuación de Seve.
  • Actuación de Esquíos (presentación do seu novo disco “A Diana Somos Todxs”.

Móvete A Estrada

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Música, Política, Portada | Deja un comentario