O Concello da Estrada programa unha trintena de actividades no marco da XLII Festa do Salmón

Festa-do-Salmón-da-Estrada-Web

 Mañá arranca a ruta das tapas de salmón, na que participarán 21 locais hostaleiros repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16
 O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana coa vila ateigada de xente» grazas ás múltiples e diversas actividades, que mesturan deporte, cultura, folclore, gastronomía, música e comercio
 Os coutos salmoeiros do municipio acollen esta fin de semana o 39ª Concurso Internacional de Pesca do Salmón

ruta.cdr programa.cdr

O Concello da Estrada acollerá dende mañá ata o domingo 17 de maio, día principal da XLII Festa do Salmón, máis dunha trintena de actividades pertencentes a ámbitos como o deporte, a cultura, o folclore, a gastronomía, a música e o comercio.

O concelleiro de Cultura, Juan Constenla, augura «dúas fins de semana consecutivas coa vila ateigada de xente» grazas á cantidade e diversidade de actividades programadas. Ao respecto, salienta que mañá venres comeza a primera xornada da ruta de degustación de tapas de salmón, na que participarán un total de 21 locais repartidos por grupos durante os días 8, 9, 10, 15 e 16.

Departamento de Cultura

Publicado en FESTA DO SALMÓN, Festas, Portada | Deja un comentario

A Asociación Cultural Vagalumes conmemora o centenario da revolta labrega estradense na súa web

A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo do centenario da revolta labrega estradense de maio de 1915, vai poñer a disposición de todos unha serie de recursos na rede para coñecer máis daqueles feitos históricos que marcaron a evolución do noso Concello, mais tamén significaron un fito determinante na conformación do nacionalismo na Galiza.

Compre lembrar que durante un mes estivo a cercarse a nosa vila polos labregos que vían que o Concello en mans caciquís ao servizo do Marqués de Riestra estaban a afogar o desenvolvemento da nosa economía e das liberdades fundamentais dos veciños e veciñas da Estrada.

O punto culminante deste conflito desatouse o día 16 cando foron detidos dirixentes agraristas en Lagartóns, desencadeando un levantamento que finalmente obrigou ao grande cacique da Caeira, Xosé Riestra, ceder o poder local aos agrarios.

Ao ano seguinte erixiuse un monumento en Lagartóns e conmemorouse a revolta cunha festa de exaltación da autoestima labrega e galega. Os posteriores acontecementos, coas tensións internas derivadas da presión que o aparato de Estado a través das Deputacións e o Goberno Civil en mans caciquís exerceron sobre o poder local labrego, provocou unha rotura entre os que se renderon e os que optaron por manterse leais á Terra e nosa xente dando paso ao que supuxo a primeira candidatura nacionalista galega presentada a
unhas eleccións xerais con Losada Dieguez como cabeza de lista.

Para coñecer como transcorreron estes feitos imos pór na rede a través da páxina www.tabeirosmontes.com xornais, gravacións, documentos, fotos, etc… que axudarán a comprender o acontecido nestes días de maio que fixeron tremer ao omnipotente caciquismo galego.

Asociación Cultural Vagalumes

Publicado en Asociacións, Portada | Deja un comentario

E non esquezades a tarde de ocio na Estrada

Sábado feira libro FESTA DA PRIMAVERA 2015.cdr

Publicado en Feiras, Festas, Portada | Deja un comentario

Noite musical no Principal

08Esta noite Oscar Ibáñez presentará o seu disco «Alén do Mar» no Teatro Principal de A Estrada.

“Alén do mar” (VIR, 2012) – Oscar Ibáñez

¡O que Celt desatou contra o Destiño

poñendo por valado o fondo do mar,

seguindo sempre ó sol no seu camiño

Colón, fillo de Celt, teno de atar!

Ramón Cabanillas (1876-1959)

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Alén do mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

Deste xeito mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero xerado no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa o seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida Sigue leyendo →

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario

O PP e o PSOE suspenden os mitins do día de hoxe

CRESPON-NEGROO PP e o PSOE suspenden a actividade electoral prevista para hoxe en sinal de luto polo accidente do avión militar de esta mañá en Sevilla, no que faleceron varios traballadores que estaban probando o aparato.

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O recinto feiral estradense recupera a súa actividade este fin de semana

Feira oportunidades

• El recinto ferial estradense, celebrará este fin de semana un doble evento que ocupará más de 4.000 m2 de superficie expositiva. Dos pabellones con más de sesenta firmas presentes.
• En la jornada del domingo, se darán cita en el recinto ferial, más de doscientas palilleiras y una muestra de hilado tradicional. Cerca de treinta asociaciones de toda Galicia, concurren al 3º Encuentro de Palilleiras.
• La 4ª Feria de Labores cuenta con el patrocinio directo de más de una veintena de colaboradores, entre instituciones públicas y empresas privadas del sector textil.
• A lo largo de todo el fin de semana se celebrarán seis talleres abiertos al público: Encaje, Malla, Frivolité, Costura creativa, hilado tradicional y bisutería de Swarovsky con cuentas de cristal, serán las disciplinas a impartir.
• Pontevedra y A Coruña con el 46,66% y 33,33% respectivamente, son las provincias gallegas mayormente representadas.
• Las firmas locales suponen un 16,66% del total de la provincia de Pontevedra.
Por cuarto año consecutivo, la Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada, celebra su tradicional Feria de Labores, complementada por el 3º Encuentro de Palilleiras y la 47ª Feria de Antigüedades y Artesanía. El recinto ferial permanecerá abierto en
horario ininterrumpido de diez a veinte horas, siendo la entrada gratuita para todos los visitantes.

En la jornada del domingo, se darán cita en el recinto más de doscientas palilleiras y fiandeiras, llegadas de las cuatro provincias gallegas y pertenecientes a una treintena de asociaciones. Las Asociaciones locales de Codeseda, Nigoy, Arca, San Jorge de Vea,
San Miguel de Castro y Matalobos, también estarán presentes. Sigue leyendo →

Publicado en Feiras, Portada | Deja un comentario

Comeza a campaña electoral

foto grupo pegada

A noite deste xoves deu comezo a campaña electoral coa pegada oficial de carteis ás 12 da noite nos paneis sitos xunto a casa das letras. O tempo non acompañou e puntualmente sólo se presentaron Móvete, PSOE e PP, BNG e A Estrada Pode realizaron a pegada máis tarde.

Previamente a petición da prensa local, os líderes dos cinco partidos que se presentan a estas eleccións posaron cós seus respectivos carteis.

O venres comenzaban os mitins de PP en Berres, PSOE en Ancorados e BNG tiña previsto facelo no Souto de Vea, pero os nacionalistas suspenderono por mor do asesinato dunha muller en Ourense, nun novo caso de violencia de xénero, no seu lugar convocaron unha concentración na praza do Concello a que se sumaron membros doutros partidos.

Hoxe comezan a campaña os novos partidos que se presentan por primeira vez ás Sigue leyendo →

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario