O PP presenta un programa electoral con 200 propostas

pp4 con marcaXosé López acompañado de gran parte da candidatura ás elección municipais, presentou o novo programa electoral con 200 propostas que incluen humanización de rúas do casco urbano e prazas de aparcamento gratuito.

Ademais o actual rexedor fixo balance positivo do seu anterior programa do que acadou realizar o 80% durante estos catro anos, manifestou.

O programa completo podese visualizar na web do partido popular estradense www.ppdaestrada.com

Publicado en ESPECIAL ELECCIÓNS, Política, Portada | Deja un comentario

O PSOE cre que "con vontade política pódese atender a solicitude das familias"

IMG-20150504-WA003

IMG-20150504-WA004 (1)Representes da ANPA do Colexio do Foxo reuníronse na mañá de hoxe co líder dos socialistas José Antonio Dono e membros do grupo municipal para expoñer a súa impotencia ante a negativa da administración a atender a petición que realizan dende o centro para que as 8 familias, con residencia na vila, que teñen escolarizados aos seus fillos no centro do Foxo poidan empregar o autobus escolar.

“Entendemos a rabia e a impotencia que nos trasladan os pais e nais do Foxo, pois, certamente, as administracións deben facilitar o día a día dos veciños e veciñas, non poñer trabas. Neste caso concreto a pretensión de que os nenos e nenas que acoden ao colexio do Foxo poidan empregar o bus escolar dende a vila non debería ser un problema, pois dáse a coincidencia de que o autocar non tería que variar o recorrido que realiza, incluso a persoa que acompaña aos pequenos no autobús viaxa tamén dende o casco urbano, polo que o que fai falla é un pouco de vontade política e sensibilidade por parte dos responsables de educación”, opinou José Antonio Dono.

IMG-20150504-WA002Os socialistas manifestaron a súa intención de trasladar este problema ao debate plenario da corporación municipal. Plantexan acadar un acordo plenario de apoio á solicitude dos pais e nais do colexio que lles sirva para refrendar a súa solicitude ante o Conselleiro. “A cercanía como administración local débenos levar a defender a apoiar as peticións dos veciños e veciñas, e se o Concello pode apoiar non entendemos que non o faga, cando como neste caso, o custe de atender a petición non supón gastar máis cartos, se non só optimizar a xestión dos recursos xa existentes e así facilitar o servizo ás familias”.

PSdeG PSOE de A Estrada

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

O BNG insta ao goberno a solucionar o problema có transporte escolar da vila ao Foxo

IMG-20150503-WA0011É urxente e necesario acometer a zonificación escolar do concello

*O BNG propón que excepcionalmente para este curso se recolla na vila os alumnos que van ao Foxo, mentres non se resolva a zonificación escolar*

O concelleiro nacionalista e candidato á alcaldía, Xosé Magariños, e varios membros da candidatura (Constantino Regueira Paz, María Blanco e Xosé Nogueira) reuníronse na tarde de hoxe coa ANPA do colexio do Foxo para atender un dos problemas que máis lle preocupa que é o desprazamento dos alumnos e alumnas deste colexio que residen no
casco urbano, que teñen que desprazarse en coches particulares ante a falta dunha parada na vila.

Segundo lles explicaron os representantes da ANPA estes alumnos e alumnas non teñen autobús para desprazarse a este colexio, e son os propios pais e nais os que asumen esta responsabilidade que debería atender a consellaría de educación.

O candidato nacionalista explicou que “a ANPA solicitou en setembro pasado unha parada na Estrada para trasladar os alumnos e alumnas ao Foxo, pero a consellaría de educación nada fixo até hoxe, obviando por completo a petición e ignorando aoos pais e nais da vila que teñen escolarizados os fillos no colexio do Foxo”. Sigue leyendo →

Publicado en Educación e Sociedade, Política, Portada | Deja un comentario

A Festa da Primavera completa un fin de semana de actividades na rúa

IMG_1180A ACOE organiza para a tarde deste sábado unha nova edición da Festa da Primavera a partir das 17:00 horas. Este sábado pola tarde haberá actividades para os máis cativos polas rúas do centro e un concurso polos comercios asociados. Todos os que participen no concurso obteran premio. Os rapaces e rapazas que queiran concursar terán que anotarse esta semana nas oficinas da ACOE, aínda que ningún rapaz se quedará fora e poderá anotarse o mesmo día, solicítase a inscripción prebia para coñercer o número de obsequios necesarios.

Para non entorpecer as actividades da Feira do Libro organizadas polo Concello, as da feira da primaveira farán un alto ás 6 da tarde para que os cativos poidan acudir ao contacontos que estará nos Xardíns Municipais continuando ao remate deste evento.

O presidente da ACOE, Alfredo González, danos toda a información.

Publicado en Asociacións, Cultura, Portada | Deja un comentario

A Feira do Libro instalaráse este fin de semana nos Xardíns Municipais

01 constenla concelloO venres 8 e sábado 9 terá lugar nos Xardíns Municipais a Feira do Libro que virá cargada de actividades como contacontos, actuación da Escola de Música e Baile Tequexetéldere, entre outras.

Ademáis as 300 primeiras compras de libros irán acompañadas de 1 litro de leite adquiridas polo concello a productores locais.

Juan Constenla, concelleiro de Cultura danos todos os detalles sobre o evento.

Publicado en Cultura, Feiras, Portada | Deja un comentario

Este venres vámonos de compras pola Estrada

IMG_1203Alfredo González, presidente da Asociación de Comerciantes de A Estrada, preséntanos a próxima Edición da Noite de compras que terá lugar o venres 8 de Maio, en horario de 20:00 a 24:00 horas.

Ademáis da extensión do horario de apertura habitual nestas horas extra os comercios asociados a ACOE ofrecerán descontos especiais aos seus clientes. Participarán 50 comercios que se distinguirán cunha alfombra de moqueta verde.

Como parte dos comercios non pertencen ao centro terán a opción de instalarse en Jaimas pola rúa, así como postos de degustación e actividades

Para facilitar o desplazamento do público polo centro da vila, as rúas do centro estarán pechadas ao tráfico a partir das 19:30 horas.

Como novidade vaise levar a cabo por primeira vez unha enquisa de valoración, para saber de onde ven a xente, cal é o motivo, se lles gustan as campañas que a ACOE leva a cabo ao longo do ano, como se enteran destas actividades, etc.

Programa de actividades: Sigue leyendo →

Publicado en Asociacións, Empresas e Comercio, Portada | Deja un comentario

O MOME acolleu un concerto de música de cámara

O pasado venres Javier Otero Neira ao piano, Humberto Armas á viola e Mikolaj Konopelski ao cello, ofreceron un concerto de música de cámara no MOME.

 

Publicado en Cultura, Música, Portada | Deja un comentario